Arka Gdynia
O Arka Gdynia é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Gdynia. Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco, así como na Euroliga. Fundado como STK Trefl Sopot en 1995, na súa curta historia conseguiu converterse nun dos mellores equipos de Polonia, así como competir nas mellores competicións internacionais europeas. O club xoga os seus partido como local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, pavillón con capacidade para 4.010 espectadores.
Arka Gdynia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | PLK |
Fundación | 1995 |
Historia | Trefl Sopot (1995–1998) Prokom Trefl Sopot (1998–2008) Asseco Prokom Sopot (2008–2009) Asseco Prokom Gdynia (2009–2013) Asseco Gdynia (2013–2018) Arka Gdynia (2018–presente) |
Cores | Amarelo, azul |
Presidente | Przemysław Sęczkowski |
Adestrador | Przemysław Frasunkiewicz |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | Gdynia, Polonia |
Pavillón | Gdynia Sports Arena |
Capacidade | 5.500 |
Inauguración | 22 de decembro de 2008 |
Campionatos | |
Liga | 9 (2004−2012) |
Copa | 4 (2000−2001, 2006, 2008) |
Supercopa | 2 (2001, 2010) |
assecogdynia.pl |
Traxectoria
editarO equipo foi fundado en 1995 co nome de STK Trefl Sopot. Dende aquela o equipo cambiou de denominación e de sedes, variando entre Sopot, Gdansk e Gdynia. O mesmo ano da súa fundación ascendeu da terceira á segunda división, e na tempada seguinte ascende á primeira división polaca, é dicir, a Dominet Bank Ekstraliga.
As tres primeiras tempadas na elite foron complicadas, habendo numerosos trocos no equipo e na dirección técnica. Porén, a partir do ano 2000 chegou a época máis exitosa do club, abrindo o seu palmarés coa consecución da Copa de Polonia ese mesmo ano. Un ano despois, no 2001 chegaría o primeiro dobrete cunha nova Copa e a Supercopa de Polonia. Co adestrador Eugeniusz Kijewski chegou unha etapa de certa estabilidade. O podio na liga e unha nova Copa foron un éxito. No entanto o primeiro gran logro do club chegou na tempada 2003-04, cando acadou o seu primeiro título de Liga.
No 2003, o Prokom Trefl xogou a final da Eurochallenge. A partir daquela participou sempre na Euroliga. Na súa primeira participación na Euroliga o Prokom converteuse no primeiro equipo polaco en chegar ao top 16 (2004-05). Ese ano o equipo estaba composto por xogadores como McNaull, Zidek, Josip Vrankovic, Markovic ou Jagodnik.
Denominacións
editar- STK Trefl Sopot (1995−1998)
- Prokom Trefl Sopot (1998−2008)
- Asseco Prokom Sopot (2008−2009)
- Asseco Prokom Gdynia (2009−2013)
- Asseco Gdynia (2013−2018)
- Arka Gdynia (2018−presente)
Pavillón
editar- Artigo principal: Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia.
Nun principio o Asseco Prokom xogaba nun pavillón situado en Sopot, mais para nos encontros da Euroliga xogaba no Hala Olivia de Gdansk. Este pavillón, inaugurado en 1972, conta cunha capacidade de 5.500 espectadores. Este pavillón foi sede do Eurobasket.
Porén, dende 2009 o Aseco Prokom xoga os seus partido coma local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, un pavillón deportivo situado na cidade de Gdynia. Inaugurado inaugurado o 22 de decembro de 2008 ten capacidade para 4.010 espectadores, albergando os encontros como local do equipo tanto na Polska Liga Koszykówki como na Euroliga.
Xogadores
editarCadro actual
editarAsseco Gdynia 2014−2015 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés
editar- Campión (9): 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012
- Subcampión (2): 2002, 2003
Copa de Polonia
- Campión (4): 2000, 2001, 2006, 2008
- Subcampión (2): 2007, 2009
Supercopa de Polonia
- Campión (2): 2001, 2010
- Subcampión (4): 2000, 2007, 2011, 2012
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial do Arka Gdynia Arquivado 28 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés) (en polaco)