Aleksandar Đorđević

(Redirixido desde "Saša Đorđević")

Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador do Panathinaikos.

Saša Đorđević
Posición Base
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Nacemento 26 de agosto de 1967 (52 anos)
Iugoslavia Belgrado, Iugoslavia
Carreira
Tempadas 19832005
Canteira Radnicki/Partizan
Internacional Iugoslavia Iugoslavia
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     2 869 (13,9 pp)
Asistencias     629 (3,1 pp)
Roubos     207 (1,0 pp)
Premios

TraxectoriaEditar

Base titular da selección de baloncesto de Iugoslavia dos anos 1990, participou activamente na consecución de importantes éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta, a medalla de ouro no Mundobasket de Grecia de 1998, e tres medallas de ouro en tres edicións do Eurobasket.

Chegou a xogar en Portland Trail Blazers da NBA na tempada 1996-97, aínda que o seu paso polo equipo foi breve xa que só xogou 8 partidos (61 minutos en total) nos que fixo unha media de 3,1 puntos por encontro. Tras o seu retiro como xogador profesional, iniciou a súa carreira como adestrador no club italiano Armani Jeans de Milán. En maio de 2003 obtén a nacionalidade española por carta de natureza outorgada polo consello de ministros.

EquiposEditar

PalmarésEditar

Títulos internacionais de SelecciónEditar

  • 1 Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
  • 1 Medalla de Ouro no Mundobasket de Grecia'1998.
  • 3 Medallas de Ouro no Eurobasket de Roma'1991, Atenas'1995 e Barcelona'1997.
  • 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Atenas 1987.
  • 1 Medalla de Ouro no Mundobasket Junior de Bormio'1987.
  • 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Junior de Gmunden'1986.
  • 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Xuvenil de Rousse'1985.

Títulos internacionais de ClubEditar

Títulos nacionais de ClubEditar

Distincións individuaisEditar

  • Elixido "Mellor Xogador" do Eurobasket de Barcelona de 1997.
  • Gañador do concurso de triplos do "ULEB All Star" de Valencia'1994.
  • Gañador do concurso de triplos do "FIBA All Star" de Tel Aviv'1997.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar