Dino Meneghin
Dino Meneghin, nado o 18 de xaneiro de 1950 en Alano di Piave, Véneto, é un ex xogador profesional de baloncesto italiano. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia de Euroliga. Cunha altura de 2,04 metros xogaba na posición de pivote. Membro do Basketball Hall of Fame, hoxe é o presidente da Federación Italiana de Baloncesto (Federazione Italiana Pallacanestro).
Biografía
editarMeneghin naceu na localidade véneta de Alano dei Piave un 20 de novembro de 1966. Cando tiña 16 anos, en 1966, xogou o seu primeiro partido na liga italiana co club Ignis Varese, prolongándose a súa carreira até 1996, onde xogou o seu último partido con 45 anos. En total, xogou 836 partidos e marcou 8.560 puntos. Para o equipo nacional xogou 271 partidos cun total de 2.847 puntos. Meneghin converteuse no primeiro xogador dunha liga europea en ser en ser elixido no Draft da NBA. Os Atlanta Hawks seleccionárono nas últimas roldas en 1970. Con todo nunca xogou en Estados Unidos.
En 1980 e 1983 foi elixido como o MVP en toda Europa. En 1991 foi elixido como o mellor xogador europeo de baloncesto de todos os tempos. O 5 de setembro de 2003 converteuse no segundo xogador italiano en entrar no Basketball Hall of Fame, despois de Cesar Rubini, que xogou e adestrou o Olimpia Milano entre os anos 1940 e os anos 1970 respectivamente. Un dos seus maiores logros da súa carreira é o número de Finais da Copa de Campións Europea. Xogou dez finais consecutivas co Varese (cinco gañadas e cinco perdidas) e dúas máis consecutivas con Olimpia Milano (ambas gañadas).
Clubs
editar- Pallacanestro Varese (1966–1981)
- Olimpia Milano (1981–1990)
- Pallacanestro Trieste (1990-1993)
- Olimpia Milano (1993-1994)
Trofeos
editarClubs
editar- 12 Campionatos Italianos (1969, 1970, 1971, 1973, 1974, 1977, 1978, 1982, 1985, 1986, 1987, 1989). Subcampión en nove ocasións.
- 6 Copas de Italia (1969, 1970, 1971, 1973, 1986, 1987)
- 7 Euroligas (1970, 1972, 1973, 1975, 1976, 1987, 1988)
- 2 Recopas de Europa (1967, 1980)
- 1 Copa Korać (1985)
- 4 Mundiais de Clubs (1967, 1970, 1973, 1987)
Selección nacional de Italia
editar- Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.
- Ouro (1983) e bronce (1975) no Eurobasket.