Abrir o menú principal

Conversa:Deportivo da Coruña

Active discussions

NomeEditar

debería ser "Deportivo de A Coruña", nonsi??--XoseL 11:16, 6 xaneiro 2006 (UTC)

  • O seu nome oficial é como figura no artigo. Agora os nomes dos clubs creo que non se adoitan traducir, aínda que queres a min f. que sexa La Coruña, con ben pouco respecto para a lingua do país e a súa toponimia.--Rocastelo(fálame aquí) 11:17, 6 xaneiro 2006 (UTC)
  • O seu nome oficial é "Real Club Deportivo La Coruña", como figura no escudo i en todas las páxinas oficiales, debería correxirse.


Dani MalloEditar

Dani Mallo xa non está no cadro de xogadores do Deportivo. Aí pon que os datos están actualizados a xuño de 2006. Eu por min quitaba a Mallo e metía a Arbeola, pero tamén me dá máis máis medo escarallar algo que facer ben. Como o vedes?--Xabier Cid 09:33, 30 xullo 2006 (UTC)

Español?Editar

Por certo, iso de definir o Deportivo como español, como se fósemos a wikipedia maorí, é por un ataque de celtismo exacerbado ou por obxectividade? ;) Non sería mellor galego?--Xabier Cid 09:42, 30 xullo 2006 (UTC)

  • Penso que debemos galeguizar o nome. Podemos deixar o nome oficial na táboa, pero o nome da páxina debería estar galeguizado. Igual penso con equipos como o Olimpique de Marsella, que debería ser así e non "Olimpique de Marseille".--Norrin_strange (Talk) 09:59, 30 xullo 2006 (UTC)
  • A min Norrin convenceume. Así a todo, creo que se debe galeguizar sempre, agás na primeira liña, na cal a maiores se especificaría o nome oficial --Lmbuga Commons - Galipedia 10:31, 30 xullo 2006 (UTC)
  • Non entendo... Que solución propós, Lmbuga? --Xabier Cid 12:32, 30 xullo

2006 (UTC)

  • Propoño timidamente que se utilice a forma galeguizada (co exemplo que vou poñer creo que quedará clara a causa, sen mesmo dicila). Creo que a discusión ten que ser válida para tódolos equipos de fútbol. Acepto que se recolla a denominación orixinal, pero ten que ser para todos; a outra alternativa é que se recolla a denominación traducida. Noutras palabras o Estrela vermella de Belgrado ou se chama así, ou se chama FK Crvena Zvezda Beograd. Se nese exemplo decidimos a primeira opción, sendo consecuentes, teremos que poñer Deportivo da Coruña; se decidimos a segunda, poñeremos Deportivo de La Coruña. Iso si, podo estar confundido e rectificar máis adiante se propondes algo que me semelle coherente --Lmbuga Commons - Galipedia 15:10, 30 xullo 2006 (UTC)
  • Non me parece tan sinxelo... e éntranme dúbidas. Porque ao Mánchester City e ao United como os chamamos? Cidade de Mánchester e Mánchester Unido? Eu en realidade preguntaba polo cualificactivo de equipo español, que me parece máis inaxeitado dentro da galipedia (non noutra wikipedia estranxeira).--Xabier Cid 22:40, 30 xullo 2006 (UTC)
  • Tes razón. Xa dicía timidamente porque non o teño claro. Quizais haxa que pensar en utilizar o termo orixinal como se fai nalgún caso que mirei en es.wiki. Non sei. Ademais o caso do Deportivo ten a maiores a complicación de ser galego. --Lmbuga Commons - Galipedia 01:39, 31 xullo 2006 (UTC)
  • Por que non facer unha votación a ver comop queda a cousa?--Norrin_strange (Talk) 08:52, 4 agosto 2006 (UTC)
  • Creo que antes habería que decidir qué opcións se dan. Non é tanto resolver o caso do Deportivo como trazar unha regra que poida ser de aplicación. Ademais, Lmbuga ten dito que esas cousas é mellor deixalas para setembro, cando todo o mundo poida opinar. E creo que leva ben de razón. A min ocórrenseme estas posibilidades:
    1. os nomes dos equipos déixanse sempre na forma orixinal
    2. os nomes dos equipos déixanse sempre na forma orixinal, pero a cidade ponse co nome en galego (p.ex. a Real Sociedad de Donosti ou o Steaua de Bucarest)
    3. a mesma cá anterior, pero facendo a salvidade (redireccións) con algúns equipos que internacionalmente se teñen traducido, como o Estrela Vermella de Belgrado (e non, p.ex., o Estrela - Steaua de Bucarest)
    4. tradúcense sempre: Cidade de Mánchester, o Bosque de Nótingham, o Español, o Ximnástico de Tarragona, a Estrela de Bucarest e o Locomotoras de Moscova.

Pero, insisto en que quizais deberiamos votar en setembro.--Xabier Cid 09:08, 4 agosto 2006 (UTC)

  • En setembro estamos xa, hai que facer unha votación. Vou levala á Taberna, copiando alí as propostas de Xabier.--Norrin_strange (Talk) 19:15, 12

setembro 2006 (UTC)


¿Como se fai para engadir novos xogadores?--Gtdanielz 18:54, 13 outubro 2006 (UTC)

Aviso de CommonsTickerEditar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

ALE! engadiu o marcador de borrado No license en Image:Flag_of_Portugal.svg: no license(diff);

-- CommonsTicker 14:16, 15 febreiro 2007 (UTC)


Falta de objetividad en las banderas de los jugadoresEditar

Hay que ser poco objetivo para que los jugadores gallegos y catalanes(no se si algunos más) se los ponga las banderas de sus respectivas comunidades y el resto de jugadores españoles, frances, alemanes etc se pongan las banderas de sus respectivos paises. Que alguien me explique cual es la razón para que los jugadores gallegos y catalanes, no lleven la bandera de su nacionalidad que en este caso es la española. Si esto sigue así se estará imcumpliendo unos de los grandes pilares de todas la wikipedias: La neutralidad y la falta de objetividad y se estará haciendo un flaco favor a la wikipedia en gallego donde las ideas personales de unos cuantos están por encima de la objetividad y la realidad. Matener esta situación puede tacharse de Vandalismo Consentido y es un Grave Error. Esperos respuestas. Juanki.

Fun eu quen desfixo por dúas veces os trocos de bandeiras nos artigos Real Club Deportivo Espanyol e Futbol Club Barcelona. Vaia por diante que non son moi partidario (por regra xeral) do uso de certas imaxes nos artigos —incluídas bandeiras—. Agora ben se o artigo foi creado con eses gráficos e un usuario anónimo como única contribución fai mudanzas baseadas na súa axenda de gustos, puntos de vista, prexuízos, etc, o troco desfaise. O mesmo ocorriría se o cambio fora ao revés do que fixo. É a xestión habitual que facemos con situacións semellantes, cando alguén muda Galicia por Galiza ou ao revés, ou troca as terminacións -bel por -ble ou ao contrario, desfaise. No caso dos futbolistas de España non temos ningunha política oficial establecida polo de agora, así que en principio ambolos dous tipos de bandeiras son admisibles (quitado das posibles excepcións). No caso particular de deportistas de orixe galega o feito de incluír un identificador de Galicia é unha información lóxica dentro do contexto da enciclopedia, mesmo recomendable se se se están usando gráficos e ten preferencia. Non hai nada extraño nelo nin tampouco ninguha valoración asociada. Así é todo se un usuario anónimo se adicara a facer eses trocos de bandeiras como única contribución non deixaría de ser un procedemento incorrecto. Un cordial saúdo.--Prevert(talk) 15:55, 12 maio 2007 (UTC)


"Entiendo" que no os guste que un anónimo haga cambios, pero creo que la wikipedia no restringe el uso de los anónimos para aportar lo que crea conveniente. Pero llegué a estos artículos por casualidad y de repente veo que el artículo denota una Parcilidad y falta de criterio respecto al origen o nacionalidad de los futbolitas. La falta de criterio es clamorosa, si no hay política al respecto, se debe uniformar todo lo que se pueda. Que fue lo que hice y lo revertistes.

Si un futbolista gallego se da a entender que su origen es Galicia, a un futbolista andaluz se le tendra que hacer entender que su origen es Andalucía, lo mismo con los manchegos, murcianos..., y lo mismo con el resto de jugadores de otros paises(regiones de alemania,regiones de francia,regiones de argentina..etc). Si no se hace esto, vuelvo a repetir que se está produciendo una falta grave de Objetividad y Realidad y me temo que se hace a conciencia. Y esto es totalmente denunciable.Yo ya he dado la explicación lógica por la que hice esos cambios, ahora dame tu a mi la explicación por la que se trata de forma diferente a distintos profesionales del fútbol.

Si se sigue con esta clara diferenciación de unas personas contra otras, se estará cometiendo como dije antes un Vandalismo Consentido por parte en primer lugar por tí y estarías actuando como un vándalo al revertir mis cambios donde lo único que se hace es tener un mismo criterio para un mismo asunto. Saludos. Junki.

Contesto en castellano porque parece que nos has leido la respuesta anterior o no la has comprendido. No hay nada más que añadir a lo ya dicho, tu réplica me confirma que cometí un grave error al entrar en esta conversación. Un cordial saludo. --Prevert(talk) 20:09, 16 maio 2007 (UTC)

AlcumeEditar

Observei que alguén introduciu o texto "Los Turcos" no espazo para o alcume, e de seguida foi borrado. En principio, mantéñome ao marxe desta decisión, xa que máis adiante explicarei a miña opinión ao respecto. O caso é que se borrou o citado texto, deixando dous alcumes: Depor (que penso eu que debería levar til) e SuperDepor (que me parece máis ridículo que "Los Turcos").

Ben, aquí a miña opinión:

Penso que no apartado de alcume deberían figurar os alcumes que se usan para referirse aos equipos en medios públicos como poden ser radio ou televisión. Isto suporía deixar só o de Dépor, xa que SuperDepor é un alcume que dudo moito que se use fóra da afición do citado equipo, e Turcos é un alcume que dudo que se use fóra da afición do equipo rival por excelencia, o Celta.

Pero penso, de todos xeitos, que debería haber no artigo un apartado no que se explicase o da rivalidade Celta-Dépor, de xeito que nese apartado se explicase as denominacións que se pon os rivais uns aos outros: Turcos e Portugueses. E de paso, se é que alguén o sabe, que se explique de onde provén o de Turcos, que non sei que me da ser do Celta e non saber a orixe do "alcume" que se lle puxo dende aquí ao rival. --Gallaecio 15:10, 26 setembro 2007 (UTC)

Estás moi errado Gallaecio. Ao Dépor chamóuselle SuperDépor en toda España. De feito cando ganou a Liga o Marca publicou literalmente "Por esto eres el SuperDepor".

http://www.google.es/imgres?imgurl=http://farm4.static.flickr.com/3545/3456040027_05908579bd.jpg&imgrefurl=http://flickr.com/photos/29863643%40N06/3456040027&usg=__aT5t62jFkzzg_qQrT7yL9lGCsx4=&h=375&w=500&sz=255&hl=es&start=61&sig2=QuTovHmAnN741kb0HTC1IA&zoom=1&tbnid=rsxSg0rsJfCSUM:&tbnh=123&tbnw=164&ei=NaJ3TZbVHY2XhQfZtNGOBw&prev=/images%3Fq%3Dsuperdepor%2Bmarca%26um%3D1%26hl%3Des%26client%3Dfirefox-a%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26channel%3Ds%26biw%3D1024%26bih%3D578%26tbs%3Disch:10%2C1739&um=1&itbs=1&iact=hc&vpx=732&vpy=225&dur=410&hovh=183&hovw=244&tx=198&ty=101&oei=K6J3TeGsGI_KtAaO88n-BA&page=5&ndsp=15&ved=1t:429,r:4,s:61&biw=1024&bih=578

Outra mostra:

http://www.marca.com/reportajes/2010/12/deportivomilan/2010/12/02/seccion_01/1291292487.html

ActualizaciónEditar

actualicei a plantilla actual pero non tenho a información de si ao final pablo alvarez keda ou marcha pois levo uns dias fora... ademais tampouko atopei o numero co que debutou chapi, se alguen pode axudar... a parte stiven pensando en aumentar a hisotria pois pareceme non pobre o artículo pois está ben xo si k kreo k sta algo carente de información. Un saudo :D --Santiago 15:19, 30 decembro 2007 (UTC)

Riazor BluesEditar

Por favor, si alguien puede que haga un artículo en la wikipedia en español sobre los Riazor Blues--89.129.30.64 17:36, 3 marzo 2008 (UTC)

¿con ou sen til?Editar

No texto do artigo úsase varias veces a forma "Depor" (sen til) pero no cadro de texto aparece como "Dépor" e "SúperDépor" (con til -e con demasiados tiles no segundo caso). Supoño que, seguindo as normas de acentuación, debería ser con til pero prefiro que o dilucide alguén con maior formación gramatical. En calquera caso, débese corrixir. Pedro --Lameiro (conversa) 15:31, 24 agosto 2008 (UTC)

Lista de xogadores famososEditar

Só é uma questão formal: haveria a possibilidade de pôr a lista em várias columnas??? É que uma soa parece interminável e fai-se mui pesada...

Si, é posible. Para ver como facelo podes mira-la segunte edición [1]. Ah, e non esquezas asina-las túas conversas. Alberte Si, dígame? 22:07, 4 abril 2009 (UTC)

EscudoEditar

No artigo do Deportivo da wiki en inglés aparece unha imaxe do escudo... Habería a posibilidade de pór esa imaxe no artigo do Deportivo desta wiki???--83.37.199.125 10:22, 13 setembro 2009 (UTC)

Bandeiras "nacionais" dos xogadoresEditar

Hai un problema con este asunto... o caso é que comprobei como un usuario mudou as bandeiras de varios xogadores que anteriormente tiñan bandeira española. Neste sentido, cal é a política que segue a wikipedia??? Aos xogadores orixinarios de Aragón, Asturias ou Cataluña este usuario púxolles a bandeira destes sitios, mentres que aos de orixe andaluza ou murciana lles mantivo a bandeira española... Que criterios se seguen para isto? O tema das bandeiras pode levar a un grande problema... —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.44.221.246 (conversacontribucións) ás 10:13 do 18 de setembro de 2009 (UTC)

  • Imaxino que é opción do primeiro editor, pero non estou seguro. O que si sei é que Galiza conta como entidade nacional se así o decide o editor. Como ademais é lóxico e coherente. --Atobar (conversa comigo) 10:29, 18 setembro 2009 (UTC)
  • Entón... neste caso concreto... na primeira edición só distinguía (dentro do estado español) aos galegos... despois daba igual que fosen dun ou outro sitio para pór a bandeira... como deberíamos facer neste caso? revertir os cambios feitos polo usuario, mantendo só as bandeiras españolas e galegas? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.44.221.246 (conversacontribucións) ás 10:33 do 18 de setembro de 2009 (UTC)
  • O tema das bandeiras non é un tema pechado, algo que está establecido é que non se permiten as guerras de edicións coas bandeiras e que nestes casos todo o relacionado con Galicia ten entidade de seu polo tanto pode levar ou leva a bandeira galega, os cambios que se fagan niso revértense (por exemplo, se alguén se adica a trocar a bandeira de Galicia pola de España). En ocasións por causa de vir os artigos mediante traducións poden traer o formato doutras Wikipedias e unha asignación de bandeiras de acordo con ditas Wikipedias, neses casos sería admisible modificar todo aquilo relacionado con Galicia ás convencións gráficas que aquí se teñen aínda que a miúdo poida que os artigos queden sen corrixir pola cuestión principal que é evitar leas ou por outros motivos. En canto ás bandeiras doutros territorios de España, non hai unha regra escrita en pedra, polo xeral en moitos temas respéctamos a primeira elección do editor como dixo Atobar e podería considerarse iso neste caso, debes ter en conta que non necesariamente a primeira elección do editor é a anterior á que se mudou, hai que revisar o no historial porque ás veces pode pasar desapercibido un cambio. Pola miña banda creo que sería preferible non ter bandeiras, pero só é unha opinión persoal e sendo a convención colocalas deben adecuarse ás convencións deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:10, 18 setembro 2009 (UTC)
revertido --Xabier Cid Conversa 11:52, 18 setembro 2009 (UTC)
Lo de poner banderas autonómicas de País Vasco, Galicia y Cataluña y para el resto de comunidades poner la española me parece un pelín fascistoide. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.43.141.41 (conversacontribucións) 4 de agosto de 2010 ás 00:59

Sección fútbol IndoorEditar

Tiña entendido que a equipa de veteráns non estaba ligada ao club. De feito na páxina oficial do Deportivo non aparece unha soa referencia a ningunha sección indoor. Na páxina web desta equipa indoor (http://www.veteranosdeldepor.com/) pódese comprobar como utilizan unha equipación e un escudo semellante aos do Deportivo, mais diferente. Por iso penso que se debería mudar dalgunha maneira o artigo, pois dase a entender que forma parte da estructura do club, cando en realidade, ainda que obviamente está relacionado ao reunir a vellas glorias do club, non forma parte da estructura do club e por iso debería ter unha entrada de seu.--83.53.124.76 16:25, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Nome do artigoEditar

  Movido o nome do artigo de Deportivo de La Coruña a Deportivo da Coruña. Ou se pon o nome completo e oficial que efectivamente ten esa barbaridade que é o La Coruña, ou se pon o nome polo que é coñecido en galego, que é Deportivo da Coruña, como pon en todo o interior do artigo. En fin, solucionado queda. --Atobar (conversa comigo) 14:14, 18 de xullo de 2011 (UTC)

SeareirosEditar

A sección seareiros está moi desactualizada, amosando datos sobre peñas do ano 2003. No artigo afírmase que o club ten 287 peñas, e a páxina oficial do Deportivo di que ten 156. No tocante ós socios, a cifra sempre anda variando. Paso a facer algúns trocos nesa sección. -- JonnyJonny (conversa) 19:56, 19 de abril de 2012 (UTC)

AlcumesEditar

Boas!! Teño dúbidas ao respecto de poñer turcos entre os alcumes do Deportivo, cértamente non me parece pertinente, agora que está proposto o artigo do Celta para calidade púxenme a comparar os dous e no do Celta non figura o alcume portugueses... entendo que tanto un como o outro son denominacións pexorativas que lles pon a afección rival, polo que de ser así coido que non debería figurar entre os alcumes. Propoño eliminar turcos no do Dépor ou poñer portugueses no do Celta (eu me decanto pola primeira). Un saúdo!!! Piquito (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 13:40 (UTC)

Véñome de fixar no mesmo e non o entendín ben. Penso que o Depor (con ou sen til) ten amosado algunha vez a bandeira turca e ata os riazor blues teñen amosado bandeiras turcas no campo, lembrar que cando xogaran contra un equipo penso que fora inglés e por mor duns desgraciados incidentes prohibiuse exhibir bandeiras turcas no campo e foron retiradas pola policía. ¿En Vigo exhiben bandeiras portuguesas e identifícanse con esa "definición"? O de turcos emprégase en sentido negativo. Habería que pensar ben e xustificar poñer turco no artigo. Saúdos --Nemigo     6 de marzo de 2013 ás 01:58 (UTC)
Sóame ter visto algunha bandeira de Portugal entre os seareiros do Celta, de todos xeitos eu non sigo o fútbol, non me gusta moito, miro se gañan o Dépor e o Celta e nada máis, non estou ao tanto dos piques que podan ter entre si os distintos equipos. Un saúdo!! 7 de marzo de 2013 ás 22:21 (UTC)

Rivalidade co S.D. CompostelaEditar

A rivalidade entre Deportivo e Compostela durou só unhas poucas tempadas (principalmente, as que coincidiron en Primeira División), e foi fabricada artificialmente pola prensa (existe máis información sobre isto no libro "O fútbol na sociedade galega" de Carlos Eiré, onde se explica como os medios de comunicación argallaron unha rivalidade ata daquela inexistente). O Deportivo mantén rivalidades máis fortes con outros equipos (o Valencia, por exemplo) as cales aínda perduran e que non se sinalan, e mesmo tampouco se indica a súa sobranceira rivalidade co Real Club Coruña nos primeiros anos de vida do club (menciónase na sección "Historia", mais non na entrada do artigo), a cal mesmo chegou a producir unha escisión durante catro anos cando os xogadores marcharon e formaron o Deportivo Auténtico por non acatar a decisión da directiva de non querer disputar encontros fronte ó Coruña, así que considero esaxerado sinalar a curta rivalidade co Compostela. Por esta razón, vou quitar a frase que fala do tema, porque senón habería que listar moitísimas máis rivalidades, e realmente non hai (ou houbo) unha rivalidade tan forte como a que existe co Celta (a única que se podería situar nun nivel equivalente é a que xa comentei do R.C. Coruña).

Sobre este tema tamén hai que dicir que ás veces hai rivalidades que son máis ben entre os grupos ultra e entre os xornalistas que entre os clubs e o groso dos seus seareiros, e non se pode falar neses casos de "rivalidade" porque non é representativa. - Jorges65 (conversa) 1 de marzo de 2015 ás 05:44 (UTC)

Xogadores destacados?Editar

Copio a sección sobre os "xogadores destacados" do club coruñés. Hai aberto un fío na taberna ao respecto desta sección (polo momento as poucas opinións que houbo son favorables á eliminación). Dado que a escolma de xogadores semella arbitraria e imposible de referenciar eliminei a sección completa, a continuación reprodúzoa aquí por se a comunidade considera finalmente que debe incluirse:

Galicia

España

Arxentina

Uruguai

Serbia

Canadá

Camerún

Inglaterra

Brasil

Portugal

Francia

Marrocos

México

Países Baixos

Perú

Saúdos! Piquito (conversa) 26 de xullo de 2016 ás 23:52 (UTC)

IntertotoEditar

Retirei a Intertoto do palmarés porque non aparece no palmarés da UEFA:

http://es.uefa.com/memberassociations/association=ESP/honours/index.html

O campión de 2008 foi o Sporting de Braga por se-lo equipo que máis lonxe chegou na Copa da UEFA de entre os 11 gañadores da Intertoto daquela tempada:

http://es.uefa.com/uefaeuropaleague/news/newsid=806131.html

Nas tres derradeiras edicións da Intertoto empregouse ese sistema para proclamar un campión de entre os once gañadores das finais.

Saúdos. - Jorges65 (conversa) 28 de abril de 2017 ás 22:01 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 07:09 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2018 ás 08:44 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 02:38 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de setembro de 2018 ás 03:41 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2018 ás 11:33 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de abril de 2019 ás 21:30 (UTC)

Imprecisión?Editar

Habendo un Dépor feminino [2] creo que habería que cambiar a entrada

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña.

por

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña.

Mais non teño o coñecemento suficiente como para facer o cambio. Lles (conversa) 22 de maio de 2019 ás 07:47 (UTC)

  Feito! Lles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:06 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2019 ás 13:22 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 25 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 18:42 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 26 ligazóns externas en Deportivo da Coruña. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 00:37 (UTC)

Volver á páxina "Deportivo da Coruña".