Rafael Franco

futbolista arxentino

Rafael Franco Reyes, nado en Rosario o 17 de xuño de 1923 e finado na Coruña o 25 de outubro de 1997, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino, que xogaba de dianteiro.

Infotaula de personaRafael Franco
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1923 Editar o valor em Wikidata
Rosario, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1997 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Racing de Ferrol
- Deportivo da Coruña Editar o valor em Wikidata

Tras xogar no seu país natal, no Uruguai e en México aterrou en Galicia, onde pasaría a maior parte do resto da súa vida. Triunfou no Deportivo da Coruña, onde foi un dos cinco membros da Orquestra Canaro, a famosa dianteira que completaban Tino, Oswaldo, Corcuera e Moll.

Tivo unha ampla carreira como adestrador, destacando a súa etapa en Venezuela, onde dirixiu entre outros ao Deportivo Galicia e durante unha década á selección venezolana.

Traxectoria

editar

Inicios en América (1923-1948)

editar

Comezou a súa carreira futbolística no Newell’s Old Boys, debutando co primeiro equipo aos 16 anos. Xogou co equipo rosarino nas tempadas 1939 e 1940, tendo tamén un breve paso polo Nacional de Montevideo, co que disputou un par de amigables en 1939.

En 1941 foi cedido ao River Plate, co que gañou ese ano o Campionato de Primeira División, aínda que só disputou un partido en toda a tempada, fronte a Estudiantes, pois a súa posición ocupábaa no equipo o Charro Moreno, un dos mellores xogadores do mundo.[1]

En 1942 volveu ao Nacional, co que debutou oficialmente na sétima xornada do Torneo Competencia. Estreou a súa conta goleadora no Uruguai o 12 de xullo, na segunda xornada do campionato de Primeira División, anotando 4 dos 10 goles que o seu equipo lle fixo a Defensor. Con todo, pouco despois sufriu unha lesión que o afastou un tempo dos terreos de xogo, nunha tempada na que o equipo acabou campión. Volveu a continuación ao Newell’s Old Boys, co que disputou a tempada 1943.

En 1944 fichou por Chacarita Juniors, co que disputou 7 partidos antes de marchar a México para xogar no Marte. Xogou tres anos na liga mexicana, ata 1948.[2][3]

Deportivo da Coruña (1948-1951)

editar

En xullo de 1948 aterrou na Coruña xunto ao tamén arxentino José Gómez, procedente do Atlante.[4] Gómez marchou para o Celta de Vigo, mentres que Franco asinou polo Deportivo da Coruña o mesmo día que outro arxentino, Rafael Ponce.[5] Debutou na primeira xornada da liga de Primeira División fronte ao Alcoyano no Collao e unha semana despois anotou os seus tres primeiros goles, na vitoria por 5-2 contra o Sabadell en Riazor.[6] No primeiro partido da segunda volta marcoulle catro goles ao Alcoyano en Riazor, nun partido que acabou 6-1.[7] A pesar das goleadas o equipo acabou un só punto por riba dos postos de descenso. Rafael Franco foi o máximo goleador do equipo con 14 goles, empatado con Manuel Marquínez.

Todo cambiou na tempada seguinte (1949/50) coa chegada ao banco de Alejandro Scopelli e da incorporación de xogadores como Tino ou Moll. O equipo conseguiu goleadas fronte ao Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid e Valencia entre outros e acabou subcampión de liga, a un só punto do Atlético. Franco foi o máximo goleador do equipo, de novo con 14 goles.

Ao ano seguinte chegou outro técnico arxentino, Oso Díaz, e novas fichaxes. Formouse entón o que a prensa chamou a Orquestra Canaro, unha dianteira que pasou á historia polo seu espectacular xogo e as súas cifras goleadoras. Os cinco integrantes da dianteira eran o propio Rafael Franco, Tino, Corcuera, Oswaldo e Moll. Entre os cinco anotaron esa tempada 59 goles. A orquestra desfíxose ao ano seguinte, coa marcha de Franco ao Valladolid e de Tino ao Zaragoza.

Valladolid e Estoril (1951-1953)

editar

A súa etapa no Valladolid foi pouco frutífera, debido a unha lesión muscular que só lle permitiu xogar 6 partidos. Ao remate da campaña volveu á Coruña, onde xogou co Deportivo un amigable fronte ao Estoril, en homenaxe a Millán.[8] Co club portugués asinou pouco despois un contrato para xogar unha tempada na Primeira División de Portugal.[9]

Volta a Galicia (1953-1957)

editar

Ao remate desta regresou de novo á Coruña, onde adestrou o equipo xuvenil do Deportivo da Coruña primeiro e logo ao Español SD.[10] Na tempada 1955/56 comezou como xogador-adestrador no Fabril en Terceira División pero en outubro chegou a un acordo co Racing de Ferrol para a súa incorporación.[11] Xogou no equipo ferrolán dúas tempada ata que rescindiu o seu contrato en 1957, cando aínda lle quedaba un ano, para marchar a Colombia a adestrar o Independiente de Santa Fe, en Colombia.[12]

Adestrador en Venezuela (1957-1971)

editar

Camiño de Colombia, fixo escala en Caracas e xa non continuou a viaxe, pois alí recibiu unha oferta para adestrar o Catalonia Fútbol Club. Dirixiu o equipo durante tres partidos da nova Primeira División Venezolana pero tivo que deixalo polas protestas dos demais clubs que consideraban que o seu pase da Federación Española era para Colombia e non servía para Venezuela.[12] Instalou entón unha zapataría na cidade, un negocio que lle saíu mal e co que perdeu todos os seus aforros.

En 1959 foi contratado como profesor de educación física e adestrador de fútbol do colexio Fray Luis de León, e levou o equipo a proclamarse campión da Liga Menor durante tres anos consecutivos con números de récord (45 goles a favor e 1 só en contra na terceira delas).[12] Tamén en 1959 foi xogador-adestrador do La Salle Fútbol Club, logo foi adestrador durante anos do Deportivo Galicia e a continuación do Litoral, a UD Canarias e o Portuguesa.[13][12][14] En 1960 foi contratado ademais polo Instituto Nacional de Deportes de Venezuela como profesor na Escola de Preparadores. Foi tamén fundador e presidente da Asociación de Adestradores de Venezuela.[14]

Entre 1961 e 1971 estivo á fronte da selección venezolana, e disputou a Copa América 1967, a primeira na que participou o país caribeño.[15] Volveu a Galicia en 1971.

Adestrador en España (1971-1984)

editar

Na novena xornada da tempada 1971–72 foi contratado polo Racing de Ferrol, en Segunda División, en substitución de Saturnino Grech, que só conseguira un punto en oito partidos. Debutou con vitoria o 14 de novembro de 1971 fronte ao Pontevedra CF (0–1). Ao final da campaña o equipo descendeu a Terceira División, como 18º clasificado. Continuou unha tempada máis no cadro ferrolán e en xullo de 1973 fichou polo Atlètic de Ciutadella, en Ciutadella de Menorca.[16]

Na 1975/76 adestrou ao Manresa e na seguinte volveu a Galicia para dirixir o Arousa en Terceira.[17] Con todo, non rematou a campaña, deixando o club en marzo de 1977 polos malos resultados.[18] Na tempada 1978/79 foi o adestrador do Turista de Vigo, e na entre 1980 e 1982 do Lemos. Posteriormente dirixiu o Atlético de Riveira e o Eume Deportivo en Terceira.

Últimos anos (1984-1997)

editar

Nos seus últimos anos de vida coordinou as Escolas Deportivas Municipais da Coruña.[19][20] Faleceu na cidade herculina o 25 de outubro de 1997.[21]

Vida persoal

editar

Casou coa coruñesa Lara Victoria Iglesias López, e tiveron unha filla, Lis Franco. Esta seguiu os pasos do pai, pois foi futbolista, xogando de dianteira no Karbo Deportivo e na selección española.[22]

Palmarés

editar

River Plate

editar

Nacional

editar
  1. Uría, Rubén (28 de maio de 2015). "El único Franco que recordaba Alfredo Di Stéfano" (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  2. "Liga mexicana 1945/46". rsssf.com (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  3. "Liga mexicana 1947/48". rsssf.com (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  4. "Rafael Franco, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1948. p. 3. 
  5. "Franco Reyes y Rafael firmaron ayer por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 1948. p. 3. 
  6. "La primera victoria del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1948. p. 3. 
  7. "Otra goleada que refleja el buen momento deportivista". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de decembro de 1948. p. 3. 
  8. "El Deportivo venció al Estoril por 2 a 1 en el homenaje a Millán". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1952. p. 5. 
  9. "Dobaño regresa a Portugal". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xullo de 1952. p. 5. 
  10. "El equipo juvenil del Deportivo sale hoy para Gijón". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 1954. p. 5. 
  11. "Rafael Franco, Lexo y Antelo, nuevos jugadores del Club Ferrol". La Noche (en castelán). 26 de outubro de 1955. p. 4. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 "Rafael Franco siente nostalgias coruñesas". La Voz de Galicia. 15 de xullo de 1962. p. 4. 
  13. "Rafael Franco, antaño jugador del Deportivo, hogaño seleccionador de Venezuela". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de maio de 1963. p. 7. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "5 minutos de charla con Rafael Franco". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 1970. p. 13. 
  15. "Copa América 1967". rsssf.com (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  16. "Rafael Franco, entrenador del Atlético Ciudadela". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1973. p. 22. 
  17. "Rafael Franco, suevo entrenador del Arosa". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 1976. p. 45. 
  18. "Rafael Franco deja al Arosa". La Voz de Galicia. 26 de marzo de 1977. p. 38. 
  19. "Rafael Franco: «Las escuelas de fútbol siempre son rentables para los clubs»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 1985. p. 36. 
  20. "Crece el interés entre los aficionados al aproximarse las fechas del Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 1988. p. 35. 
  21. Fernández, C. (26 de outubro de 1997). "El ex deportivista Rafael Franco falleció ayer". La Voz de Galicia (en castelán). p. 69. 
  22. "Entrevista a Lis Franco" (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar