Defensor Sporting Club


O Defensor Sporting Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo. A actual entidade é o resultado da fusión en 1989 entre o Club Atlético Defensor (que contaba con división de fútbol e baloncesto nado en 1913) co Sporting Club (equipo de baloncesto nacido en 1910). En marzo de 2021 descendeu á Segunda División logo de 56 anos de permanencia na Primeira División[1].

Defensor Sporting
Escudo Defensor Sporting Club.png
NomeDefensor Sporting Club
Alcume(s)La Viola, El Violeta, La Farola, El Tuerto
Fundación13 de marzo de 1913 como "Defensor Football Club". 15 de marzo de 1989
EstadioLuis Franzini
Montevideo, Uruguai
Inauguración31 de decembro de 1963
Capacidade15 000
PresidenteUruguai Ney Castillo
AdestradorUruguai Eduardo Acevedo
LigaPrimeira División do Uruguai
202014ª
Páxina web
Na casa
Fóra

OrixeEditar

 
Estadio Luis Franzini (Montevideo)

O club ten unha importante vinculación cos barrios de Punta Carretas, onde se fundou o Defensor, e Parque Rodó, no que naceu o Sporting, de Montevideo. O nome de Defensor segundo se considera popularmente, en recoñecemento dos obreiros que defenderan unha folga dos traballadores dunha fábrica de vidro[2]. Ademais dos equipos de baloncesto e fútbol profesional, o Defensor Sporting tamén é unha sociedade recreativa para os seus socios contando cun club social, piscina e outras instalacións a disposicións dos seus socios[3].

PalmarésEditar

Como equipo de fútbol:

  • Campionato do Uruguai de fúbtol: 1976, 1987, 1991, 2008
  • Campionato Federal de Uruguai (Baloncesto): 1934, 1936, 1938, 1949, 1950, 1951, 1955, 1980, 2003
  • Liga Uruguaia de Baloncesto: 2003, 2009-2010

NotasEditar

  1. "Defensor Sporting descendió a la Segunda División Profesional después de 56 años". Fútbol Uy. Consultado o 31-3-2021. 
  2. "106 años de pasión violenta y 30 de una fusión histórica". Defensor Sporting. Consultado o 31-3-2021. 
  3. "Presentación". Defensor Sporting. Consultado o 31-3-2021. 

Véxase taménEditar