José Millán González
José Millán González, nado en Granada o 19 de febreiro de 1920 e finado en Almuñécar o 10 de xuño de 2008,[1] foi un futbolista e adestrador español que xogaba de defensa. Xogador histórico do Granada, é o segundo futbolista con máis partidos na historia do club (360), só por detrás de Lina.
Millán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Millán González | ||
Nacemento | 19 de febreiro de 1920 | ||
Lugar de nacemento | Granada | ||
Falecemento | 10 de xuño de 2008 | ||
Lugar de falecemento | Almuñécar | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1939–1950 | Granada | 250 | (11) |
1950–1952 | Deportivo da Coruña | 58 | (0) |
1952–1955 | Granada | 83 | (4) |
1955–1957 | Jaén | 34 | (0) |
Adestrador | |||
1947 | Granada | ||
1956–1957 | Jaén | ||
1960 | Real Murcia | ||
1961–1962 | Jaén | ||
1963 | Granada | ||
1964 | Eldense | ||
1965 | Hércules | ||
1970–1971 | Ceuta | ||
1971–1972 | Olímpic | ||
1973–1974 | Jaén | ||
1974–1975 | Real Granada | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarGranada (1ª etapa)
editarComezou a xogar ao fútbol durante a Guerra civil, nos Flechas e Pelayos, equipos da Falange e os requetés respectivamente.[2] Debutou como futbolista profesional en 1939, aos 19 anos, nas filas do Granada CF, chamado naquel entón Recreativo Granada. Iniciou a súa andaina co Granada no Campionato Rexional Sur e o 3 de decembro de 1939 xogou o seu primeiro partido na Segunda División, contra o Malacitano. Titular indiscutible durante as seguintes dúas tempadas, conseguiu o ascenso á Primeira División ao remate da 1940/41.[1]
Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 1941/42, nun empate 1-1 ante o Celta de Vigo. Militou na elite do fútbol español durante os seguintes catro anos, e a continuación xogou cinco anos en Segunda, tras descender na tempada 1944/45, na que unha lesión o deixou sen xogar nas derradeiras xornadas.[1] Xogou once tempadas na súa primeira etapa no Granada, sendo un habitual no once titular durante todo ese tempo, no que formou unha célebre parella de defensas xunto a González.[1] A pesar de non marcar ningún gol durante os seus primeiros oito anos no club, na campaña 1947/48 marcou sete tantos, aos que sumou tres na seguinte e un na 1949/50. Ademais na tempada 1946/47 exerceu como xogador-adestrador durante as últimas semanas, substituíndo nas labores de técnico ao destituído Antonio Conde.[3]
Deportivo da Coruña
editarEn agosto de 1950 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División, co que debutou nun amigable contra o Racing de Ferrol en Riazor (6-0).[4] Titular na defensa xunto con Ponte en case tódolos partidos do Deportivo durante os seguintes dous anos, acumulou 60 encontros oficiais. Pola súa actitude e simpatía foi homenaxeado en maio de 1952, nun partido amigable en Riazor entre o Deportivo da Coruña e o Estoril.[5]
Granada (2ª etapa)
editarA continuación regresou ao Granada, ao igual que González, e militou no equipo durante as seguintes tres tempadas na Segunda División.[1] Durante esta etapa elevou o seu número de partidos oficiais co Granada ata os 360. Deixou definitivamente o equipo en 1955, como o futbolista con máis partidos da historia do club, marca que se mantivo vixente durante 36 anos, ata que foi superada por Lina durante a tempada 1990/91.
Jaén
editarFinalmente en 1955, xa con 35 anos, fichou polo Real Jaén, da Segunda División. No equipo xienense foi titular en 29 dos 30 partidos de liga e formou unha sólida defensa con Emilio Ruiz e Sabino Anchía, rematando a tempada como o conxunto menos goleado da categoría e como campións. Xa en Primeira División, comezou a tempada 1956/57 como xogador, pero tralas primeiras xornadas colgou as botas e substituíu a Tomás como adestrador. Colleu as rendas do equipo cando este ocupaba a derradeira posición da táboa, e conseguiu a permanencia grazas a tres vitorias nas tres últimas xornadas.
Selección española
editarFoi internacional coa selección española nunha ocasión, o 11 de marzo de 1945. Convocado polo seleccionador Quincoces para un partido amigable contra Portugal no Estadio do Jamor de Oeiras,[6] formou na defensa xunto con Aparicio, acabando o encontro con empate a dous goles e con Millán lesionado.[7][1]
Como adestrador
editarDurante a década de 1960 adestrou varios equipos da Segunda División, aínda que a 1961/62 co Jaén foi a única que completou de xeito íntegro. Tamén dirixiu na categoría de prata o Murcia, o Granada, o Eldense e o Hércules, e en Terceira o Ceuta, o Olímpic e o Real Granada.
Palmarés
editar- Granada
- Segunda División (1): 1940/41.
- Jaén
- Segunda División (1): 1955/56.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Ramos, Ramón (11 de xuño de 2008). "Muere Millán, símbolo del primer ascenso rojiblanco" (en castelán). Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Millán tiene confianza ante el partido de mañana". La Noche (en castelán) (9744). 21 de maio de 1952. p. 3. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Dimisión colectiva de los directivos del Granada". El Progreso (en castelán) (12337). 13 de abril de 1947. p. 4. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ Henry (4 de setembro de 1950). "El Deportivo derrotó al Ferrol por 6 a 0". La Noche (en castelán) (9133). p. 4. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "El homenaje a Millán". La Noche (en castelán) (9743). 20 de maio de 1952. p. 3. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Designación de equipo nacional de fútbol". El Pueblo Gallego (en castelán) (6712). 2 de marzo de 1945. p. 5. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Las selecciones de Portugal y España empataron a 2 tantos, en Lisboa". El Correo Gallego (en castelán) (22779). 13 de marzo de 1945. p. 4. Consultado o 21 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en soccerdatabase.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015.