Alfredo Blanco Rodríguez

futbolista galego

Alfredo Blanco Rodríguez, máis coñecido como Cholo, nado en Pontevedra o 7 de agosto de 1944, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Deportivo da Coruña.

Infotaula de personaAlfredo Blanco Rodríguez
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 1974 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Unión Popular de Langreo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Aínda que naceu na Pontevedra criouse dende pequeno na Coruña, onde xogou ao fútbol en equipos infantís como o Galera e o Júpiter, antes de ingresar no Orzán.[1] En 1962 pasou ao Fabril, adestrado por Neira, co que debutou na Terceira División o 30 de decembro contra o Foz no campo Martínez Otero.[2] Militou ata 1966 no equipo fabrilista, compartindo defensa entre outros con Manolete ou José Luis.

Na tempada 1966/67 foi cedido ao Langreo, da Segunda División, xunto aos seus compañeiros fabrilistas Giráldez e Guitián.[3] Debutou na categoría de prata na terceira xornada, contra o Calvo Sotelo en Puertollano, e disputou un total de 29 encontros, tendo como compañeiros na defensa a Jáuregui e Poladura. O equipo acabou por conseguir a permanencia nunha promoción contra a Ponferradina.

De volta na Coruña, pasou a formar parte do primeiro equipo deportivista para a tempada 1967/68, tamén en Segunda, categoría á que acababa de descender. Debutou co equipo de Eguiluz nunha vitoria a domicilio sobre o Rayo Vallecano e disputou un total de oito partidos na tempada, logrando o ascenso como campións de Segunda.

Na tempada 1968/69 xogou 17 partidos na Primeira División, da man do adestrador Cheché Martín, debutando na máxima categoría nunha vitoria por 1-0 sobre o FC Barcelona en Riazor. Cholo foi un habitual do once do Deportivo neses anos, nos que o Deportivo descendía e ascendía case cada ano. Disputou un total de 168 partidos oficiais co club galego, compartindo defensa entre outros con Aurre, Domínguez, Sertucha, Campanal, Bellod, Luis ou Zugazaga, e tendo como adestradores a Roque Olsen e Arsenio Iglesias.

A tempada 1972–73 foi difícil para o Deportivo e para o propio Cholo, relegado á suplencia. O equipo coruñés tivo catro adestradores esa campaña: o chileno Fernando Riera, Carlos Torres, Enrique Orizaola e José Antonio Irulegui, que non puideron evitar o descenso do club a Terceira División por primeira vez na súa historia. Cholo participou en 19 partidos, sendo relegado á suplencia en favor dun emerxente Ramón Piña, de 17 anos.

En agosto de 1974 foi traspasado ao Lugo, que militaba por aquel entón na Terceira División.[4] Foi titular durante case toda a tempada no club lugués, a carón dos defensas Álvarez, Miguel Galán e Fariña, disputando 35 partidos de liga e 5 de Copa.

Trala súa retirada involucrouse no xogo da chave, competindo e presidindo a Federación Galega de Chave dende a súa mesma creación en 1996.[5]

  1. "Cholo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 1994. p. 79. 
  2. "El Foz perdió en su campo contra el Fabril por 4-1". El Progreso (en castelán) (17235). 1 de xaneiro de 1963. p. 4. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  3. "Giráldez, cedido al Langreo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de novembro de 1966. p. 7. 
  4. "Cholo, al Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1974. p. 37. 
  5. "FEDERACION GALLEGA DE CHAVE" (en castelán). 15 de maio de 2009. Consultado o 15 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar