Luis García Mosquera
Luis García Mosquera, nado en Viveiro o 13 de maio de 1946 e finado o 12 de xaneiro de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.
Luis | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luis García Mosquera | ||
Nacemento | 13 de maio de 1946 | ||
Lugar de nacemento | Viveiro | ||
Falecemento | 12 de xaneiro de 2024 | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1961–1963 | Liceo de Monelos | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1963–1964 | Liceo de Monelos | ||
1964–1968 | Fabril | ||
1968–1976 | Deportivo da Coruña | 190 | (2) |
1976–1977 | Getafe Deportivo | 16 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNaceu en Viveiro e aos 14 anos trasladouse á rúa Vizcaya da Coruña. Alí ingresou no Liceo de Monelos, onde xogou primeiro como xuvenil e logo dous anos na categoría de modestos. En novembro de 1964, Vizoso levouno para o Fabril,[1] no que xogou durante catro campañas ata que no verán de 1968 pasou ao Deportivo da Coruña.[2]
Na tempada 1968–69 debutou co Deportivo en Primeira División, na primeira xornada de liga contra o CD Málaga a domicilio que rematou con derrota deportivista (3–1). Nesa campaña participou en 27 partidos, formando parte da defensa habitual no esquema de Cheché Martín, acompañado por José Domínguez, José Manuel Sertucha e Antonio Benlloch.
Xogou un total de oito tempadas no Deportivo, disputando máis de 200 partidos e vivindo tres descensos e dous ascensos. En 1976 fichou polo Getafe Deportivo de Segunda División, no que militou durante unha tempada antes de retirarse e volver á Coruña.[3]
Notas
editar- ↑ "Mal partido en Riazor con victoria del Fabril sobre el Europa por 4-1". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1964. p. 4.
- ↑ "Luis pasó al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1968. p. 8.
- ↑ "Luis". La Voz de Galicia (en castelán). de xuño de 1994. p. 95.