José Domínguez Rial
José Domínguez Rial, nado en Vigo o 10 de novembro de 1940 e finado o 30 de xuño de 2000, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa e centrocampista e desenvolveu a totalidade da súa carreira como profesional entre os dous equipos máis destacados de Galicia: o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. É o noveno futbolista con máis partidos oficiais da historia do club coruñés (329), co que conseguiu cinco ascensos á Primeira División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1940 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de xuño de 2000 (59 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1959 - 1974 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNaceu en Vigo o 10 de novembro de 1940, sendo fillo do empresario e directivo do Celta de Vigo José Domínguez e sobriño do futbolista Machicha.[1][2] Comezou a xogar ao fútbol no CD Traviesas da súa cidade natal e no colexio dos Maristas no que estudou.[3] Máis tarde ingresou no equipo xuvenil do Celta, no que militou durante tres anos e onde tivo como adestrador a Alejandro Scopelli.[4][2]
Aos 18 anos asinou o seu primeiro contrato profesional co club e o 3 de xaneiro de 1960 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun encontro diante do Condal en Balaídos, formando parella de defensas centrais con Pepe Villar e Bargayo.[5] Repetiu titularidade dez días despois, nun partido da Copa do Xeneralísimo contra o Córdoba.
Para a tempada 1960/61 e ante a falta de expectativas no Celta, decidiu deixar o club e fichar polo máximo rival deste, o Deportivo da Coruña, que militaba na mesma categoría.[2] Debutou co equipo de Jesús Barrio na terceira xornada de liga, ante o Sabadell no antigo estadio da Creu Alta. Titular indiscutible durante os seguintes 11 anos, xogou maiormente como defensa, pero en ocasións foi despregado tamén no medio do campo.[3]
Conseguiu cinco ascensos á Primeira División, catro deles como campión de Segunda, e viviu tamén catro descensos á categoría de prata. Marcou seis goles co Deportivo, sendo o máis importante deles o que anotou contra o FC Barcelona en decembro de 1968 e que supuxo a vitoria do club coruñés (1-0).[6] Deixou A Coruña tralo remate da tempada 1970/71, na que o equipo logrou ascender de novo a Primeira. Os seus 329 partidos oficiais co Deportivo convertíano naquel momento no segundo xogador con máis partidos da historia do club, só por detrás do mítico porteiro Acuña. Na actualidade ocupa a novena praza na táboa de futbolistas con máis partidos coa camiseta branquiazul.[7]
A continuación regresou ao Celta de Vigo e foi titular no histórico debut do club en competición europea, diante do Aberdeen na Copa da UEFA. Militou no Celta ata 1974, contabilizando un total de 51 partidos oficias co club.
Familia
editarEra sobriño de Machicha e curmán do tamén futbolista Ángel Iglesias Domínguez, alcumado tamén "Machicha", co que chegou a coincidir no Deportivo da Coruña.[8]
Palmarés
editar- Deportivo da Coruña
- Segunda división (4): 1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68.
Notas
editar- ↑ Leirachá, Vicente (2 de xullo de 2000). "Adiós a Domínguez". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fernández Trigo, Manuel (4 de febreiro de 1961). "Dice Domínguez, un vigués titular del Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán) (12246). p. 7. Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Leirachá, Vicente (27 de marzo de 1994). "Un celtista en Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). p. 87.
- ↑ González Chas, Jaime (17 de decembro de 1960). "Domínguez, el hombre que no fue tenido en cuenta en Vigo y que triunfó en el primer equipo coruñés". La Noche (en castelán) (12249). p. 5. Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ "El Celta vence por 2-1 al Condal". La Noche (en castelán) (11952). 4 de xaneiro de 1960. p. 10. Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ "El Deportivo superó al Barcelona". El Pueblo Gallego (en castelán). 3 de decembro de 1968. p. 14. Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ "Listado de jugadores del Deportivo de La Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2022.
- ↑ Martínez, José Antonio (7 de marzo de 1963). "Machicha confía en ser titular del Deportivo". El Progreso (en castelán) (17291). p. 6. Consultado o 10 de decembro de 2022.