Marcelo Campanal

futbolista español

Marcelino Vaquero González del Río, coñecido como Marcelo Campanal ou Campanal II, nado en Xixón o 13 de febreiro de 1931 e finado en Avilés o 25 de maio de 2020, foi un futbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.

Marcelo Campanal
Campanal en 1961.
Información persoal
Nome Marcelino Vaquero González del Río
Nacemento 13 de febreiro de 1932
Lugar de nacemento Xixón
Falecemento 25 de maio de 2020
Lugar de falecemento Avilés
Altura 1,77 m.
Posición defensa
Carreira xuvenil
Avilés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1966 Sevilla 349 (3)
1966–1968 Deportivo da Coruña 38 (1)
1968–1969 Avilés
Selección nacional
1952–1957 España 11 (0)
Na rede
BNE: XX1634595
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Sobriño do histórico futbolista do Sevilla Guillermo Campanal, este levouno para a capital hispalense despois de que comezase a destacar na canteira do Avilés.[1] Na tempada 1950/51 debutou co Sevilla na Primeira División, nun partido contra o Athletic Club, e xa non abandonou a titularidade durante a seguinte década. Co equipo andaluz disputou a Copa de Europa e a Recopa de Europa, e sumou un total de 403 partidos en 16 tempadas, ata converterse no futbolista con máis partidos na historia do club naquel momento. Marcou só tres goles, fronte a Espanyol, Deportivo da Coruña e Valencia.

Na tempada 1966/67 fichou polo Deportivo da Coruña, no que participou en 16 encontros e anotou un gol. Ao remate da campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1967–68 permaneceu no club galego, campaña na que volveron a Primeira División como campións do Grupo I, participando en 22 partidos.

Na tempada 1968–69 xogou no Real Avilés, en Terceira División.

Palmarés

editar
Deportivo
  1. "Marcelo Campanal, III Dorsal de Leyenda" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar