Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Deportivo da Coruña
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Deportivo da Coruña editar
Votación PECHADA: Rexeitada
Período de votación: 31 de xullo de 2016 - 30 de agosto de 2016
SI: 2 — NON: 1 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Rexeitada |
- Proposto por: Piquito (conversa) 31 de xullo de 2016 ás 23:42 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 31-07-2016 ata o 30-08-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre o club coruñés, con moitas imaxes, moi referenciado (169 referencias). O artigo repasa toda a historia do club ata a tempada 2016-17, toca temas como as rivalidades (principalmente co Celta, mais tamén a que mantivo co Real Madrid na época dourada, disputándolle títulos ao equipo branco), repasa os símbolos do club (persoalmente engadiría todos nun mesmo apartado chamado "identidade do club" ou algo así, mais non fixen nada para seguir a estética que se empregou co Celta de Vigo), repasa tamén os distintos campos nos que xogou os seus partidos como local, así como palmarés, xogadores destacados (eliminouse a listaxe aleatoria que contiña, agora está na conversa do artigo, hai un debate aberto aquí no que podemos pechar o tema), adestradores, presidentes... Creo que non deixa ningún tema por tratar e faino dun xeito amplo, sendo ao día da proposta un dos 10 artigos máis grandes da Galipedia (o 8º para ser exactos). Creo que sería positivo ter artigos de calidade dos dous equipos rivais e máis destacados do fútbol galego --Piquito (conversa) 31 de xullo de 2016 ás 23:42 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 31 de xullo de 2016 ás 23:42 (UTC)[responder]
- Concordo. --Regato das Tres Regueiras (Regato das Tres Regueiras) 2 de agosto de 2016 ás 15:02 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. O formato/maquetación en moitos lugares é mellorable, as táboas necesitan un repaso de código, a adaptación a html5 feita por esta ferramenta evidencia isto. Categoría:Artigos con ligazóns externas rotas desde agosto de 2016. Precisa referencias adicionais en lugares puntuais. Algúns dos contidos son debatiblemente relevantes. En parágrafos contiguos pásase dunha redacción en presente a outra en pasado e viceversa, non hai uniformidade. A galería de imaxes, de incluírse, precisa máis que dúas imaxes, de seguro que en Commons hainas dispoñibles. ☣Banjo tell me 14 de agosto de 2016 ás 17:40 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. --Mgl.branco (conversa) 5 de agosto de 2016 ás 09:09 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Non sei moito de fútbol, polo que toda achega de usuarios que controlen a materia é benvida. Grazas! Piquito (conversa) 31 de xullo de 2016 ás 23:42 (UTC)[responder]
- Comentario.A caixa histórica dos encontros entre o Depor e o Celta semella que esta mal se nos fiamos do que di o parágrafo anterior--Alfonso mande 1 de agosto de 2016 ás 19:56 (UTC)[responder]
- Alfonso, xa está arranxado, o problema foi que copiei o parágrafo da sección seguinte e esquecín corrixir o número. Grazas! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2016 ás 20:40 (UTC)[responder]
- Comentario. Antes de lle ser outorgada, precisa dunha sería corrección gramatical, ortográfica e de estilo. Creo que hai ademais algún anglicismo/castelanismo que é algo difícil buscarlle o termo galego, pero que paga a pena adicarlle un tempo. Mgl.branco (conversa) 5 de agosto de 2016 ás 09:09 (UTC)[responder]
- Comentario. Unha mágoa que a falta dun día esta votación non tivera interés, pensei que tratándose dun artigo relacionado con Galiza a comunidade implicaríase, votaría, e amañaría os posibles fallos que tivera o artigo. Para min é unha sorpresa, vendo que en calidade non está a un nivel inferior que os artigos do Breogán e o Celta pensei que sería doado sumar un artigo máis á lista con esta proposta. É unha mágoa que dun tempo para aquí os usuarios, en lugar de corrixir o que ven, se limiten a enumerar defectos (moitas veces irrelevantes sobre aspectos técnicos que @s que len o artigo non van ver nin valorar)... e por suposto, nunca dicindo ningunha cousa boa do artigo, non vaia ser que os que traballamos para que a Galipedia teña máis artigos de calidade nos creamos que somos capaces de facer bos traballos. Unha mágoa, porque ao final o que sae perdendo é a Galipedia. Piquito (conversa) 28 de agosto de 2016 ás 22:47 (UTC)[responder]