Salvador González Marco

futbolista español

Salvador González Marco, máis coñecido como Voro, nado en L'Alcúdia (Valencia) o 9 de outubro de 1963, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.

Voro
Información persoal
Nome Salvador González Marco
Nacemento 9 de outubro de 1963 (60 anos)
Lugar de nacemento Valencia
Altura 1,82 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1984 Valencia B
1984–1985Tenerife (cedido) 32 (1)
1985–1993 Valencia 216 (8)
1993–1996 Deportivo da Coruña 102 (1)
1996–1999 Logroñés 45 (1)
Selección nacional
1993–1995 España 9 (0)
Adestrador
2002–2004 Valencia B
2008 Valencia (interino)
2012 Valencia (interino)
2015 Valencia (interino)
2016 Valencia (interino)
2016–2017 Valencia
2020 Valencia (interino)
2021 Valencia (interino)
2023 Valencia (interino)
Na rede
FIFA: 77900 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Voro foi un central produto da fértil canteira valencianista. Como varios dos seus compañeiros de xeración como Giner, Arias ou Camarasa é recordado pola súa sobriedade e a contundencia do seu xogo. Con todo xunto a iso engadía unha notable calidade técnica que, xunto coa súa grande altura, se facía moi difícil de superar no xogo por alto.

Tras un período de formación na escola do Valencia CF, o xogador foi cedido durante a tempada 1984-85 ao Club Deportivo Tenerife, entón en segunda, xa que foi destinado á Illa para cumprir co servizo militar.

Trala súa volta, e debido ao seu gran traballo no conxunto chicharrero, gañouse un posto no primeiro equipo co que disputou unha gran cantidade de partidos na tempada do seu retorno que por desgraza acabou co único descenso do club che a Segunda división.

Tralo rápido retorno a Primeira e cun club plenamente consolidado de novo na elite do fútbol español converteuse nun xogador insubstituíble dentro da aliñación valencianista. Con todo ao acabar o seu contrato ao final da tempada 1992–93 recibiu unha grande oferta económica do Deportivo da Coruña que o Valencia CF non igualou debido á recente contratación do, por entón, considerado mellor defensa do mundo, o romanés Miodrag Belodedici, polo que Voro emigrou desde o seu club de toda a vida ao equipo galego.

Aí viviu o inicio da mellor época do conxunto coruñés co que conseguiu a Copa do Rei e a Supercopa de España de 1995 ademais de alcanzar a internacionalidade absoluta.

Tras tres tempadas triunfais no club galego e xa con trinta e tres anos firmou co CD Logroñés onde permaneceu unha tempada xa que as lesións cebáronse con el e obrigáronlle a retirarse.

Traballa actualmente como delegado do Valencia CF, aínda que en abril de 2008 houbo unha paréntese cando trala destitución de Ronald Koeman foi nomeado adestrador do equipo con José Manuel Ochotorena como o seu segundo ata a finalización da tempada.

O seu debut no banquiño valencianista foi o 27 de abril de 2008, no triunfo de 3-0 ante Osasuna.

Selección nacional editar

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en nove partidos. O seu debut produciuse o 13 de outubro de 1993 ante Irlanda en Dublín gañando o combinado español por 1:3.

Foi convocado por Javier Clemente para o Mundial 94 no que disputou un único partido ante Bolivia

Palmarés editar

Valencia
Deportivo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar