Francisco Reboredo

futbolista arxentino
(Redirección desde «Francisco Reboredo Mosquera»)

Francisco Reboredo Mosquera, nado en Buenos Aires o 3 de setembro de 1914 e finado o 22 de xaneiro de 1973 , foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino, de orixe galega.

Reboredo
Información persoal
Nome Francisco Reboredo Mosquera
Nacemento 3 de setembro de 1914
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 22 de xaneiro de 1973
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1932–1947 Deportivo da Coruña 168 (8)
1933Club Coruña (cedido)
1937–1939Porto (cedido) 28 (9)
1947–1948 Club Santiago
1948–1949 Xuvenil
Adestrador
1948 Club Santiago
1949–? Vila Real
1950? Porto
1852–1953 Deportivo Vasco
1962 Porto
1962–1963 Vitória de Setúbal
1964 Sporting de Portugal
Salgueiros
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Criado na Coruña foi un dos futbolistas máis destacados do Deportivo da Coruña nas décadas de 1930 e 1940, disputando máis de 200 encontros co club e participando nos dous primeiros ascensos deste á máxima categoría. Durante a Guerra Civil xogou no FC Porto, co que gañou un título de Primeira División e outro do Campionato de Portugal (actual Copa de Portugal).

A súa posición natural era a de centrocampista na banda esquerda, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar case en calquera posición dende a defensa ata a dianteira.[1] Tras a súa retirada dedicouse á labor de adestrador, dirixindo entre outros o Porto.

Era irmán do tamén futbolista Manuel Reboredo, que chegou a xogar no Celta de Vigo.

Traxectoria editar

Naceu en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos, e con sete anos instalouse na Coruña.[2] Comezou a xogar ao fútbol no Hércules coruñés e en 1932 ingresou no Deportivo da Coruña.[3][1] Foi asignado inicialmente ao equipo reserva, xunto a xogadores como Ferrón, Obanza ou Bebel. En xaneiro de 1933 foi cedido durante uns meses ao Club Coruña.[4]

De regreso no Deportivo subiu ao equipo titular despois da retirada de Fariña.[1][2] Xogou durante tres anos co equipo na Segunda División, compartindo medio do campo entre outros con Lelé, Cela e Triana.

Durante a Guerra Civil aproveitou o seu pasaporte arxentino para saír do país, xogando como cedido no Porto.[5] Militou no equipo portugués nas tempadas 1936/37, 1937/38 e 1938/39, xogando como dianteiro centro e conquistando un título de Primeira División e outro do Campionato de Portugal (actual Copa de Portugal).[1]

Regresou á Coruña en 1939 e formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que no ano 1941 ascendeu a Primeira División por primeira vez na súa historia, tras derrotar ao Murcia. Xogou os catro seguintes anos na Primeira división, perdendo a categoría na tempada 1944/45. A continuación participou nun novo ascenso antes de volver a caer a Segunda ao ano seguinte. O 6 de abril de 1947 disputou o seu último encontro co Deportivo, nun derbi fronte ao Celta de Vigo en Balaídos.

En decembro de 1947 fichou polo Club Santiago, onde coincidiu con xogadores como Padrón ou os ex deportivistas Breijo e López Vázquez.[6] Dende maio de 1948 foi ademais adestrador do equipo.[7] En novembro deixou Santiago e fichou polo Xuvenil, na Terceira División.[8] Millitou dúas tempadas no club coruñés, compartindo equipo con futbolistas como Otero, Docampo, Maristany, Lechuga, Rábade ou Juananco, ata a súa retirada en 1949.

Tras colgar as botas marchou a Portugal, onde dirixiu primeiramente ao Sport Clube Vila Real na Segunda División.[9] En abril de 1950 colleu as rendas do FC Porto, despois da dimisión de Augusto Silva.[10] Pouco despois partiu para Venezuela, onde pasou case ano e medio e exerceu como adestrador do Deportivo Vasco.[11] De volta en Portugal foi durante anos segundo adestrador do Porto, e en xaneiro de 1962 púxose de novo á fronte do equipo, co que acabou subcampión de liga a dous puntos do Sporting. Adestrou tamén o Vitória de Setúbal e o Salgueiros.[12] En 1964 adestrou brevemente o Sporting de Portugal.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Francisco Reboredo Mosquera". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1943. p. 4. 
  2. 2,0 2,1 "Francisco Reboredo, sirve al Deportivo desde hace 13 años". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1944. p. 6. 
  3. "Los partidos del domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 1933. p. 4. 
  4. "Hoy, a las tres de la tarde, se jugará en Riazor un partido de fútbol entre el Coruña y el Ferrolán". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xaneiro de 1933. p. 7. 
  5. Corcuera, José Ignacio. "Los otros extranjeros" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  6. "Ante el Santiago, el Deportivo Juvenil disputará dos valiosos puntos". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xaneiro de 1948. p. 5. 
  7. "Breve noticiario deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1948. p. 2. 
  8. "Reboredo, al Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de novembro de 1948. p. 5. 
  9. "Reboredo, entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 1949. p. 5. 
  10. "Reboredo, entrenador deI Oporto". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de abril de 1950. p. 5. 
  11. "Reboredo triunfó como entrenador en Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 1953. p. 5. 
  12. "Francisco Reboredo nos habla del Vitoria Futebol Clube". La Noche (en castelán). 28 de agosto de 1965. p. 5. Consultado o 11 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar