Ramón Breijo

futbolista español
(Redirección desde «Ramón Breijo Cajareville»)

Ramón Breijo Cajareville, nado en Vigo o 15 de agosto de 1915 e finado o 20 de abril de 1988, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Ramón Breijo
Información persoal
Nome Ramón Breijo Cajareville
Nacemento 15 de agosto de 1915
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 20 de abril de 1988
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1941–1943 Deportivo da Coruña 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Combateu na guerra civil, recibindo metralla nunha perna, o que non impediu que continuase a súa carreira como futbolista.[1][2]

Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División. A súa estrea produciuse na xornada 11, da man do adestrador galego Celso Mariño, nun empate a domicilio contra o Atlético Aviación (0–0). Esa campaña xogou 4 partidos, non sendo un habitual do mediocampo, relegado á suplencia xunto a xogadores como Ramón Mayoral, Molaza, Hilario Marrero ou Fernando Quintas. Os centrocampistas habituais nesa temporada foron Reboredo, Muntaner, Bienzobas e Guimeráns.

Na campaña seguinte participou nun único partido.

Notas editar

  1. "Breijo, en La Coruña". El Ideal Gallego (en castelán) (5920). 26 de xuño de 1938. p. 4. Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  2. "El Deportivo a Salamanca". El Ideal Gallego (en castelán) (6318). 3 de febreiro de 1940. Consultado o 17 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar