Javier Manjarín

futbolista español

Javier Manjarín Pereda, nado en Xixón o 31 de decembro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Javier Manjarín
Información persoal
Nome Javier Manjarín Pereda
Nacemento 31 de decembro de 1969 (54 anos)
Lugar de nacemento Xixón
Altura 1,71 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1978–1984 Colegio La Inmaculada
1984–1989 Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1993 Sporting de Gijón 115 (16)
1993–1999 Deportivo da Coruña 153 (19)
1999–2001 Racing de Santander 61 (3)
2001–2002 Atlético Celaya 32 (3)
2002–2003 Santos Laguna 30 (3)
2004–2005 Atlético Arteixo 15 (0)
Selección nacional
1990 España sub-20 1 (0)
1990–1992 España sub-21 5 (3)
1991–1992 España sub-23 4 (0)
1995–1997 España 13 (2)
Na rede
FIFA: 155145 UEFA: 12929 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Manjarín incorporouse aos 15 anos á Escola de Mareo do Real Sporting de Gijón procedente do Inmaculada, onde destacou desde os seus inicios como futbolista. Pasadas as súas etapas no fútbol base, foi incluído no persoal do Sporting B cando o segundo equipo xogaba en Terceira División. Neste equipo coincidiu con xogadores que logo alcanzarían gran fama, como Juanele e Luis Enrique. Debutou co primeiro equipo do Sporting, en Primeira División, o 8 de outubro de 1989, nun partido fronte ao Athletic Club disputado en El Molinón (0–1), participando en 29 partidos durante esa tempada.

Ao ano seguinte foi titular xogando como dianteiro ás ordes de Ciriaco Cano e clasificando ao Sporting para a Copa da UEFA.

En 1993 fichou polo Deportivo da Coruña, onde permaneceu até 1999, ano no que realizou o seu traspaso ao Real Racing Club de Santander. Tras dúas tempadas no Racing, onde disputou 61 partidos, foise xogar á Primeira División de México, primeiro no Atlético Celaya e posteriormente no Santos Laguna.

Na tempada 2004–05 fichou polo Atlético Arteixo, acabado de ascender a Segunda División B. Xogou 15 partidos sen lograr ningún gol.

Selección nacional editar

Formou parte da selección española sub-21 que conseguiu o ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Tralo éxito na selección olímpica, debutou como internacional absoluto coa Selección de fútbol de España o 6 de setembro de 1995 en Granada, ante a Chipre. Foi internacional en 13 partidos, disputando a Eurocopa de fútbol 1996.

Palmarés editar

Club editar

Deportivo

Selección editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar