Exipto

país do norte de África
(Redirección desde «Exipcio»)

Exipto[1][2][3] (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Modelo:Xeografía políticaExipto
جُمهورِيّةُ مِصرَ العَرَبيّةِ (ar)
مصر (ar)
Arab Republic of Egypt (en)
Egypt (en)
Republik Arab Mesir (ms)
Mesir (ms) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoBilady, Bilady, Bilady Editar o valor en Wikidata

Lema«مصر أمّ الدنيا» Editar o valor en Wikidata
EpónimoPtah e Mizraim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°N 29°L / 27, 29
CapitalO Cairo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación114.535.772 (2023) Editar o valor en Wikidata (113,36 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.010.407,87 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Nilo e Mar Vermello Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJabal Katrina (2.629 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoDepressão de Qattara (pt) Traducir (−133 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 28 de febreiro de 1922Reino de Exipto Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataAbdel Fatah al-Sisi (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataMustafa Madbuli (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Egito (pt) Traducir , (Escano: 596) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Constitutional Court of Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal424.671.765.456 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaLibra exipcia Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.eg e .مصر Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+20 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia122, 123 e 180 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísEG Editar o valor en Wikidata

BNE: XX450764

Exipto ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central.[4] Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potencias coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufriu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Franxa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Franxa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial.[5] Con máis de 95 millóns de habitantes, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km² onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial.[6] A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria).[7][8] Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

O nome galego do país, "Exipto", deriva do grego antigo "Aígyptos" ("Αἴγυπτος"), a través do latín "Aegyptus". Aparece nas táboas de Lineal B do grego micénico como "a-ku-pi-ti-yo". O adxectivo "aigýpti-"/"aigýptios" pasou ó copto como "gyptios", e del ó árabe como "qubṭī", onde xorde o termo "copto". As formas gregas proceden do exipcio tardío (Amarna) Hikuptah "Memphis", unha corrupción do nome exipcio
O6t
pr
D28Z1p
t
H
(ḥwt-kȝ-ptḥ), que quere dicir "fogar da ka (alma) de Ptah", o nome do templo do deus Ptah en Menfis.[9]

"Miṣr" (mesˤɾ; "مِصر") é o nome clásico árabe e a forma moderna oficial do nome de Exipto, mentres que "Maṣr" (mɑsˤɾ; مَصر) é a pronunciación local en árabe exipcio.[10] O nome ten orixe semítica, sendo un cognado con outras palabras semíticas para Exipto como o hebreo "מִצְרַיִם" ("Mitzráyim"). O rexistro máis antigo para este nome de Exipto é o acadio "mi-iṣ-ru" ("miṣru")[11][12] que está relacionado con miṣru/miṣirru/miṣaru, que quere dicir "límite" ou "fronteira".[13]

O nome en exipcio antigo para o país era
kmmt
O49
km.t, que quere dicir terra negra, en referencia ós solos fértiles negros produto dos asolagamentos do Nilo, o cal difire de deshret (dšṛt), ou "terra vermella" do deserto.[14][15] Este nome é frecuentemente pronunciado como Kemet, pero o máis probable é que fose pronunciado [kuːmat] en exipcio antigo.[16] O nome evolucionou como kēme e kēmə na fase copta da lingua exipcia, e aparece no grego antigo como Χημία (Khēmía).[17] Outro nome foi tꜣ-mry "terra da ribeira".[18] Os nomes do Alto e Baixo Exipto foron Ta-Sheme'aw (tꜣ-šmꜥw) "terra de xunqueiras" e Ta-Mehew (tꜣ mḥw) "terra do norte", respectivamente.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Exipto.

Política

editar
Artigo principal: Política de Exipto.

Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos. Non había límite constitucional respecto á cantidade de mandatos consecutivos dun presidente.

Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da sinatura dos acordos de Camp David.

 
Mapa de Exipto.
  • Nome oficial: República Árabe de Exipto
  • Sistema legal: baseado na Constitución de 1971.
  • Lexislación nacional: sistema unicameral (Majlis Al-Shaab ou asemblea do pobo).
  • Sistema electoral: sufraxio universal directo.
  • Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo.
  • O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro.
  • Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.

Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular.

En febreiro de 2005 o entón presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 houbo varios candidatos, por primeira vez desde 1952, e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.

Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións de Exipto.

Exipto está dividido en 27 gobernacións ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat).

En orde alfabética son:

 
Mapa das gobernaturas exipcias.
Gobernación Capital Localización Gobernación Capital Localización
Alexandría (6) Alexandría Delta Luxor (13) Luxor Alto Exipto
Asiut (18) Asiut Alto Exipto Matrú (24) Marsá Matrú Oeste
Asuán (17) Asuán Alto Exipto Mar Vermello (2) Hurgada Mar Vermello
Behera (3) Damanhur Delta Menia (10) Menia Delta
Beni Suef (19) Beni Suef Alto Exipto Menufia (9) Shibin o-Kom Delta
Caliubia (12) Banha Baixo Exipto Novo Val (14) Jarga Oeste
Dakahlia (1) Mansura Baixo Exipto Porto Saíd (20) Porto Saíd Canal
Damieta (21) Damieta Delta Quina (25) Quina Alto Exipto
O Cairo (11) O Cairo Centro Sharkia (15) Zaqaziq Baixo Exipto
Fayún (4) Fayún Alto Egpto Sinaí do Norte (26) O Arish Sinaí
Gharbia (5) Tanta Baixo Exipto Sinaí do Sur (22) O-Tor Sinaí
Guiza (8) Giza Alto Exipto Suez (16) Suez Canal
Ismailia (7) Ismailia Canal Suhag (27) Suhag Alto Exipto
Kafr el Sheij (23) Kafr el Sheij Baixo Exipto

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Exipto.

O río principal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desembocando no delta do Nilo sobre o mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno.

Alén da capital, O Cairo, as outras cidades importantes de Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig.

Exipto inclúe partes do deserto do Sáhara e do deserto Libio, onde existen algúns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa.

Exipto fai fronteira con Libia polo oeste, Sudán ó sur e Israel ó nordés. O país controla a canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello.

O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre África e mais Asia, e como ponte de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Exipto.

Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das enchentes anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao fertilizarse con produtos químicos e non polas enchentes do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parasitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.

Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor do 40 por cento da forza laboral dedícase aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto socializouse tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón da propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80 hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969.

As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación da presa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos.

O rendemento das terras agrícolas de Exipto está entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas por ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas.

A principal industria gandeira de Exipto é a cría de bestas de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral.

Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos de OMS para 2004).

 
Libra exipcia.

A unidade monetaria é a libra exipcia, que se divide en 100 piastras; circula cos seguintes valores:

  • Billetes en libras: 100, 50, 20, 10, 5 e 1.
  • Billetes en piastras: 50, 25, 10 e 5.
  • Moedas en piastras: 10, 5, 1 e 1/2.

Cambio oficial:

  • 1 dólar estadounidense: 5,75 libras exipcias (2006).
  • 1 euro: 7,5 libras exipcias (2006).

Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar o país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno.

As industrias máis produtivas son a téxtil, a dos fertilizantes e produtos de caucho e a do cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaxe de automóbiles.

Os socios comerciais principais do país son EEUU e algúns dos países da Unión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un grande impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda dos Estados Unidos, tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda dos Estados Unidos Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rixidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos.

Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento.

En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:

  • Privatizar 314 empresas públicas.
  • Mellorar a agricultura, que xera ao redor do 20% de Produto Nacional Bruto, cun ambicioso proxecto: a Canle de Toshka, inaugurada en xaneiro de 1997, cuxa finalidade é facer un delta alternativo e paralelo ao val do Nilo que recuperará terras do deserto.
  • Crear proxectos industriais, mineiros e turísticos así como novos asentamentos en Toshka para reducir a densidade de poboación das ribeiras do Nilo.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Exipto.

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Exipto.

Ver tamén os artigos sobre literatura exipcia e literatura copta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para exipcio.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1443. ISBN 9788482893419. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Midant-Reynes, Béatrix (2000). The Prehistory of Egypt: From the First Egyptians to the First Kings. Oxford: Blackwell Publishers. 
  5. "Constitution of The Arab Republic of Egypt 2014" (PDF). sis.gov.eg. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2015. Consultado o 13 de abril de 2017. 
  6. "Lessons from/for BRICSAM about south–north Relations at the Start of the 21st Century: Economic Size Trumps All Else?". International Studies Review 9. 
  7. "South Africa just lost its spot as Africa's second largest economy". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  8. "South Africa's Economy Falls To Third Behind Nigeria, Egypt". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  9. Hoffmeier, James K (1 de outubro de 2007). "Rameses of the Exodus narratives is the 13th B.C. Royal Ramesside Residence". Trinity Journal: 1. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  10. Z., T. (1928). "Il-Belt (Valletta)" (PDF). Il-Malti (en maltés) (2 ed.) (Il-Ghaqda tal-Kittieba tal-Malti) 2 (1): 35. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019. 
  11. p. 128) and Nadav Na’aman ("Shaaraim – The Gateway to the Kingdom of Judah" in The Journal of Hebrew Scriptures, Vol. 8 (2008), article no. 24 Arquivado 17 de outubro de 2014 en Wayback Machine., pp. 2–3).
  12. "On the So-Called Ventive Morpheme in the Akkadian Texts of Amurru". www.academia.edu. p. 84. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2015. 
  13. Black, Jeremy A.; George, Andrew; Postgate, J.N. (2000). A Concise Dictionary of Akkadian. Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-04264-2. 
  14. Rosalie, David (1997). Pyramid Builders of Ancient Egypt: A Modern Investigation of Pharaoh's Workforce. Routledge. p. 18. 
  15. Muḥammad Jamāl al-Dīn Mukhtār. "Ancient Civilizations of Africa". Books.google.co.za. p. 43. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2016. 
  16. Antonio Loprieno, "Egyptian and Coptic Phonology", in Phonologies of Asia and Africa (including the Caucasus). Vol 1 of 2. Ed: Alan S Kaye. Winona Lake, Indiana: Eisenbrauns, 1997: p. 449
  17. "A Brief History of Alchemy". University of Bristol School of Chemistry. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  18. Breasted, James Henry; Peter A. Piccione (2001). Ancient Records of Egypt. University of Illinois Press. pp. 76, 40. ISBN 978-0-252-06975-8. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Goberno
Xeral

Outros artigos

editar