Gizeh

(Redirección desde «Giza»)

Coordenadas: 29°59′13″N 31°12′42″L / 29.987, 31.2118


Gizeh[1] ou Xizá[2] (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).

Gizeh
الجيزة
ⲅⲓⲍⲁ
Flag of Giza Governorate.png
Coat of arms of Giza Governorate.png
Al-Ahram Street, Giza district.jpg
Vista da cidade
Localización
Gizeh en Exipto
Gizeh
Gizeh
PaísExipto Exipto
GobernaciónGizeh
Xeografía
Altitude19 msnm
Superficie1.579,75 km²
Demografía
Poboación3 628 062 hab. (2012)
Densidade2.300 hab/km²
Outros datos
Páxina web

Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo. Conta cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.

A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.

Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esfinxe.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar