Gran Pirámide de Gizeh

Coordenadas: 29°58′45″N 31°08′03″L / 29.97915, 31.13422

A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops[Cómpre referencia]. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2 600 000 bloques de pedra cun peso medio de 2,5 toneladas por bloque,[1] aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso.[2] Orixinalmente, estaba recuberta por uns 27.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Os turcos otománs utilizaron o revestimento da pirámide para construír diversas edificacións no Cairo.[2] A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo ser humano ata a construción da Torre Eiffel en 1889.

Gran Pirámide de Gizeh
Gran pirámide de Gizeh.
Pirámide
Construción:2560–2540 AdEA
Medidas:146,5 metros (construída)
138,8 metros (actualidade)
Base:230,4 metros
Pirámide de Khufu

Cámaras e pasaxes interiores editar

Sección Sur-Norte
  1. Acceso orixinal, na cara Norte, actualmente obstruído
  2. Acceso actual, ordenado abrir por Al-Mamun
  3. Bloques de granito, selando o acceso á pasaxe superior
  4. Pasaxe que comunica coa Cámara subterránea
  5. Cámara subterránea
  6. Pasaxe de acceso á Gran Galería
  7. Cámara da Raíña
  8. Pasaxe que comunica coa Cámara da Raíña
  9. Gran Galería
  10. Cámara do Rei e cámaras de descarga
  11. Antecámara
  12. Pasaxe perforada que comunica coa Gran Galería e a Cámara subterránea
7-10 Canais de ventilación
 

Imaxes do interior editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar