Premio Medioambiental Goldman

premio internacional anual para os activistas ecoloxistas

O Premio Goldman é un premio que se concede anualmente como recompensa a defensores da natureza e o medio ambiente, repartido en 6 categorías en función da zona xeográfica: África, Asia, Europa, as nacións insulares, América do Norte, América Central e América do Sur.

A congresista Pelosi saúda á familia Goldman e ós seis gañadores do Premio Medioambiental Goldman pola defensa ambiental de base en 2011.

O premio foi instituído en 1990 polos filántropos Richard N. Goldman (1920-2010) e Rhoda H. Goldman (1924-1996) para amosar que os problemas ambientais son internacionais, para dar atención pública a problemas globais de importancia crítica, para dar recoñecemento a individuos ordinarios que traballan para protexer e mellorar o medio ambiente, e para inspirar a outros para que sigan o exemplo dos gañadores do premio. A primeira cerimonia deste premio, coincidindo co Día da Terra, celebrouse o 16 de abril de 1990.

Richard Goldman fundou a Goldman Insurance Services en San Francisco. Rhoda Goldman era descendente de Levi Strauss.

Os nomeamentos aos premios son enviados por un grupo de institucións que traballen en temas ambientais, ao longo do mundo, e un grupo confidencial de 150 expertos ambientais, de máis de 70 nacións distintas.[1] Os nomeadores traballan sobre unha gran variedade de temas, incluíndo xustiza ambiental, dereitos indíxenas, protección aos recursos ambientais, biodiversidade e conservación, saúde ambiental, manexo de terras, entre moitos outros.

Os gañadores son seleccionados por un xurado interno.[1] Logo de notificados participan nunha xira de 10 días por San Francisco e Washington D. C., para participar na cerimonia de entrega de premios, conferencias e entrevistas.[2] O premio entrégase cada ano durante o mes de abril na cidade de San Francisco, e é considerado como o Premio Nobel da Ecoloxía ou Premio Nobel Verde.[3]

O Premio Goldman axuda a amplificar a voz aos gañadores e proporciónalles:

  • Recoñecemento internacional que mellora a súa credibilidade
  • Visibilidade mundial aos problemas que defenden
  • Soporte financeiro para que poidan seguir loitando para facer realidade a súa visión dunha contorna renovada e protexida

Das persoas ás que se lles outorgou o Premio Goldman, dous foron asasinados pola súa causa: Isidro Baldenegro López de México foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017 e Berta Cáceres de Honduras, asasinada o 3 de marzo de 2016.

Premiados editar

Ordénanse os gañadores de cada ano seguindo a orde: África, Asia, Europa, Illas e nacións insulares, Norteamérica, América do Sur e central.

1990 editar

1991 editar

1992 editar

1993 editar

1994 editar

1995 editar

1996 editar

1997 editar

1998 editar

1999 editar

2000 editar

2001 editar

2002 editar

2003 editar

2004 editar

2005 editar

2006 editar

2007 editar

2008 editar

2009 editar

2010 editar

2011 editar

2012 editar

2013 editar

2014 editar

2015 editar

2016 editar

2017 editar

2018 editar

2019 editar

2020 editar

Os gañadores do premio foron anunciados o 1 de decembro de 2020.[14]

2021 editar

2022 editar

2023 editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Páxina oficial do Premio Ambiental Goldman: Nomeadores (inglés)
  2. Sobre el premio (en castelán)
  3. "Columna | El Nobel de ecología". El País (en castelán) (Ediciones El País). 4 de xuño de 2008. ISSN 1134-6582. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  4. El asesinato de un ambientalista en México genera alarma en América Latina Publicado por The New York Times
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2011. 
  6. Prize Recipients
  7. Matan a Berta Cáceres, la hondureña que le torció la mano al Banco Mundial y a China Publicado por BBC Mundo
  8. "Máxima Acuña". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  9. "Zuzana Caputova". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  10. "Luis Jorge Rivera Herrera". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  11. "Edward Loure". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  12. "Leng Ouch". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  13. "Destiny Watford". The Goldman Environmental Prize. Goldman Environmental Foundation. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  14. ELCACHO CLEMENTE, JOAQUIM (2020-12-01). "Estos son los seis premios Goldman 2020, los ‘Nobel’ del medio ambiente". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-12-01. 
  15. Duggan, Tara (15 de xuño de 2021). "Goldman prize winners fought illegal logging, chemical plants and plastic pollution in their communities". San Francisco Chronicle. Consultado o 16 de xuño de 2021. 
  16. "Introducing the 2022 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  17. Lakhani, Nina (25 de maio de 2022). "Indigenous activists among Goldman environmental prize winners". The Guardian. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  18. "Introducing the 2023 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 24 de abril de 2023. Consultado o 24 de abril de 2023. 
  19. Lakhani, Nina (24 de abril de 2023). "2023 Goldman environmental prize winners include Texas Gulf coast defender". The Guardian. Consultado o 24 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar