Máxima Acuña

activista medioambiental e labrega peruana

Máxima Acuña Atalaya, nada en 1970, é unha activista defensora ambiental e labrega peruana. É coñecida pola súa loita contra o megaproxecto mineiro Conga de propiedade de Newmont Mining Corporation e Compañía de Minas Buenaventura, polo cal recibiu en abril de 2016 o Premio Medioambiental Goldman.[1][2]

Infotaula de personaMáxima Acuña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Máxima Acuña Atalaya Editar o valor em Wikidata
29 de maio de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Sorochuco, Perú (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , ecoloxista , labrega Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Premios

Traxectoria editar

En 1994, Acuña e o seu esposo mercaron un terreo de 24,8 ha na zona alto andina de Sorochuco, provincia de Celendín, departamento de Cajamarca,[3] preto dunhas lagoas onde Minera Yanacocha solicitara expandir a súa explotación co Proxecto Conga. Newmont Mining Corporation dixo en 2015 que eles adquiriran aquelas propiedades de parte da comunidade local en 1997.[4]

En 2011, a casa de adobe e a horta dos Chaupe foron destruídas: primeiro en maio de 2011, cando os enxeñeiros de Yanacocha, a súa seguridade privada e a policía, destruíron a súa vivenda de adobe. Cando os Chaupe decidiron denunciar o feito na comisaría de Sorochuco, estes rexeitaron tomar parte dos feitos. A segunda vez sería en agosto de 2011, cando Máxima e a súa filla foron golpeadas e deixadas inconscientes, sendo testemuña o seu esposo. A familia intentaría denunciar o feito perante a fiscalía de Celendín mediante fotos e vídeos; porén, non foron tidos en consideración.[3]

No ano 2012, as protestas contra o proxecto Conga volvéronse masivas en varias partes da rexión Cajamarca, e en xullo, cinco protestantes morreron. O 21 de outubro, Acuña deulles a benvida ós protestantes para que estivesen nas súas terras. Unha semana despois, sería sentenciada a pagar S/. 200 soles (aproximadamente US$70) a Yanacocha, deixar as súas terras dentro dos seguintes 30 días e a tres anos de cárcere suspendida, por ter ocupado ilegalmente terreos da mineira.[3] As súas apelacións entre 2012 e 2014 non tiveron éxito, e os xulgados reafirmarían a sentenza inicial.

O 5 de maio de 2014, a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) da OEA pediulle ó goberno peruano adoptar medidas preventivas para salvagardar os dereitos de 46 líderes comuneiros, incluíndo a familia Chaupe.[5]

En decembro de 2014, as denuncias de Newmont contra os Chaupe por actos criminais foron rexeitadas, e en febreiro de 2015 as forzas de seguridade da mineira destruíron os alicerces dunha casa que tiñan pensado construír os Chaupe. As protestas estenderíanse cara a Lima e internacionalmente.[4] Amnistía Internacional mobilizouse na súa defensa. A CIDH pediulle ó estado peruano medidas de protección para os Chaupe, pero este non tomou acción algunha.

O 18 de abril de 2016, Máxima Acuña foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman pola súa loita na defensa do medio ambiente.

Notas editar

  1. Jim Carlton Recipients of the Goldman Environmental Prize to be honored. Wall Street Journal, 18 de abril de 2016
  2. "Máxima Acuña recibe el prestigioso Premio Ambiental Goldman". La República. Grupo La República Digital. 18 de abril de 2016. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Roxana Olivera (21 de novembro de 2012). "‘Life yes, gold no!’". New Internationalist Magazine. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Ben Hallman (12 de febreiro de 2015). "One Peruvian Woman Is Standing Up To A Gold-Mining Goliath". Huffington Post. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  5. "PM 452/11 - Leaders of Campesino Communities and Campesino Patrols in Cajamarca, Peru". Inter-American Commission on Human Rights. Organization of American States. 5 de maio de 2014. Consultado o 19 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar