Ken Saro-Wiwa
Kenule Beeson Saro-Wiwa, nado o 10 de outubro de 1941 e finado o 10 de novembro de 1995, foi un autor, produtor de televisión e activista nixeriano.
Ken Saro-Wiwa | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1941 |
Lugar de nacemento | Bori (Nigéria) e Delta do Níger |
Falecemento | 10 de novembro de 1995 |
Lugar de falecemento | Port Harcourt |
Causa | enforcamento |
Soterrado | Port Harcourt Cemetery |
Nacionalidade | Nixeria |
Etnia | Ogoni |
Alma máter | Universidade de Ibadan e Government College Umuahia |
Ocupación | escritor, poeta, guionista, activista, ecoloxista e produtor de televisión |
Pai | Jim Wiwa |
Fillos | Ken Wiwa, Noo Saro-Wiwa e Zina Saro-Wiwa |
Premios | Bruno Kreisky Award for Services to Human Rights, Premio Medioambiental Goldman e Premios Nobel Alternativos |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ken Saro-Wiwa era un home de paz, un gran defensor dos dereitos humanos. Loitou de forma non-violenta pola dignidade dos pobos do Delta do Níxer. Concedéronlle o premio alternativo ao Nobel da Paz en 1994 polo "correcto modo de vivir" e Amnistía Internacional outorgoulle o estatuto de preso de conciencia. En 1995 galardoárono pola defensa do Medio Ambiente.
Preocupábao moito a situación de precariedade do seu pobo debido ás extraccións de petróleo que se estaban realizando na zona, contaminando e pondo en perigo o ecosistema, empobrecendo e reducindo as terras cultivábeis. En 1990 fundou o Movemento para a Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP), desde o cal reclamaban: autonomía política, participación nas riquezas petroleiras extraídas das súas terras e o dereito a controlar o seu contorno ecolóxico. Saro-Wiwa foi o seu voceiro.
Aproveitando a súa sona de escritor e das súas relacións con outros autores quixo atraer a atención do mundo sobre a situación do pobo Ogoni. Denunciou o goberno e a compañía petrolífera Shell de seren os culpábeis da destrución do ecosistema da rexión, reclamándolle á Shell indemnizacións. Isto causoulle conflitos co goberno e coa Shell, sendo encarcerado en varias ocasións.
En 1994 asasinan nunha manifestación na rúa catro xefes Ogoni. Saro-Wiwa é arrestado de novo, xunto con oito compañeiros culpados por incitación á violencia. Xulgouno un tribunal militar especial, e foi acusado de complicidade neses asasinatos sen posibilidade de defensa. Sentenciárono a morte e posteriormente aforcárono o 10 de novembro de 1995 en Port Hacourt cos seus compañeiros Ogoni.