Julia "Judy" Bonds, nada o 27 de agosto de 1952 e finada o 3 de xaneiro de 2011, foi unha organizadora e activista das montañas Apalaches de Virxinia occidental, Estados Unidos. Criada nunha familia de mineiros do carbón, traballou desde unha idade temperá en empregos de soldo mínimo. Bonds era a directora da Coal River Mountain Watch (CRMW), ("Garda montañeira do río Coal").[1] Foi alcumada "a madriña do movemento en contra da minería de carbón a ceo aberto".[2]

Infotaula de personaJulia Bonds

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Virxinia Occidental, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Thompson-83722

Activismo ambiental editar

Moita da súa actividade organizadora centrouse no papel desempeñado pola compañía mineira Massey Energy de Richmond, Virxinia, e a devastación en Marfork Hollow, do val do río Coal, así como noutras comunidades nos Apalaches.[3] Bonds testificou en contra da compañía en audiencias reguladoras, demandou á minería de superficie e liderou protestas contra Massey. Cara a 2003, levara á CRMW a asociarse con United Mine Workers Union ("Sindicato de traballadores mineiros unidos") para deter o perigoso uso de camións carboeiros sobrecargados por parte das compañías mineiras e para convencer á axencia de responsabilidade mineira estatal a protexer mellor as comunidades do val das voaduras mineiras.[4] En 2009, trouxo á actriz Daryl Hannah e ao científico da NASA James Hansen para protestar contra a proximidade dun dique e un silo de almacenamento para residuos de carbón xunto a unha escola de primaria de Virxinia Occidental.[5] A CRMW, o Sierra Club e outros grupos puxeron un preito en abril de 2010 acusando á Massey Energy de violar a Clean Water Act dos Estados Unidos.

Durante anos soñou cunha "marcha dos mil montañeses" en Washington DC, En setembro de 2010, aquel soño faríase realidade ao marchar miles até a Casa Branca polo "Ascenso de Apalachia"', un movemento de masas co fin de persuadir ao Congreso dos Estados Unidos para que detivese a expedición de recheos do val e outros tipos de permisos que permitirían ás empresas arrasar as montañas por completo coa prospección carboeira.[6] Trala sentada nas oficinas do Corpo de enxeñeiros do exército, bloqueando a EPA e o Banco PNC, foron arrestados na Casa Branca un número sen precedentes de aproximadamente 100 manifestantes.[7]

Recoñecementos editar

A Bonds outorgóuselle o Premio Ambiental Goldman en 2003, por liderar a loita contra a práctica mineira denominada minería de carbón a ceo aberto na cordilleira dos Apalaches.[8] Nunha entrevista despois de recibir o premio, Bonds relatou como os seus principios se baseaban nas ensinanzas da súa nai, as súas conviccións relixiosas (de ambos os proxenitores, baptistas e cherokís) e das escrituras de Martin Luther King e Gandhi:

O meu sentido da xustiza e a ultraxe veñen da miña nai. (...) Estamos aquí para coidar e responsabilizarnos desta terra (...) Sei que o que fago está ben. Poden chamarme como queiran. Non vou parar.[9]

Vernon Haltom, codirector da CRMW, escribiu sobre a paixón de Bonds pola xustiza ambiental en Apalachia:

Judy soportou moito sufrimento persoal polo seu liderado. Mentres persoas con moita menos coraxe adozarían as súas palabras ou sinxelamente calarían e sentarían, Judy falaba en voz alta en canto pasaba algo. Soportou agresión física, abuso verbal e ameazas de morte porque se mantivo firme pola xustiza para a súa comunidade.[1]

Bonds morreu de cancro o 3 de xaneiro de 2011, con 58 anos.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Remembering Judy Bonds". Coal River Mountain Watch. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Kate Sheppard (4 de xaneiro de 2011). "Mourning the Loss of the "Godmother of the Anti-Mountaintop Removal Movement". Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  3. Judy Bonds on Mountain Top Removal and its impacts. 
  4. "West Virginia activist Julia Bonds takes on mountaintop-removal mining". 15 de abril de 2003. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  5. PressHerald-Dispatch.com, The Associated. "Activists plan protest at Massey coal plant". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  6. Freeman, Jordan. "More than 100 Arrested at White House Demanding End to Mountaintop Removal". Appalachia Rising. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 5 de xaneiro de 2011. 
  7. "North America 2003. Julia Bonds. United States. Oil & Mining". Goldman Environmental Prize. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  8. "Personal Perseverance". ACF News Source. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar