Lucie Pinson

ecoloxista francesa

Lucie Pinson, nada en Nantes en 1985, é unha ambientalista francesa, fundadora e directora da ONG Reclaim Finance, e unha dos 6 gañadores do Premio Ambiental Goldman 2020, o premio máis importante para os activistas ambientais.[1] Liderou unha campaña que convenceu a 16 bancos franceses para que non seguisen investindo en industrias baseadas na enerxía do carbono.[2]

Modelo:BiografíaLucie Pinson

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Fundadora Reclaim Finance
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversité Paris-Sorbonne
Universidade de Rhodes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTransición ecolóxica e transición enerxética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAmigos da Terra Editar o valor en Wikidata
MovementoDesinvestimento en combustibles fósiles e Ecoloxismo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm12238609 TED: lucie_pinson Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Lucie Pinson naceu en 1985 en Nantes. Obtivo unha dobre mestría en ciencias políticas e políticas de desenvolvemento na Universidade da Sorbona en París en 2010 e 2011. Durante os seus estudos, participou na organización dos contracumios do G8 e do G20.[3]

En 2013 uniuse a Friends of the Earth. En 2020 fundou Reclaim Finance.[4]

Recoñecementos

editar

O 30 de novembro de 2020, Lucie Pinson recibe o premio Medioambiental Goldman para a rexión de Europa. Este é un premio que se outorga cada ano ós máis grandes defensores do medio ambiente.[2] Este premio foille outorgado pola súa loita contra tres bancos franceses que investiron fortemente no sector do carbón. Trala súa loita, estes tres bancos, así como dúas grandes compañías de seguros, detiveron o financiamento directo de minas e plantas de carbón.

Lucie Pinson é a cuarta personalidade francesa en gañar o premio desde a súa creación en 1990, despois de Claire Nouvian en 2018, Bruno Van Peteghem en 2001 e Christine Jean en 1992.[5][2]

  1. L'Humanité, ed. (2020-12-01). "Lucie Pinson : prix Goldman pour la décarboneuse de banques" (en francés). Consultado o 2020-12-09. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Garric, Audrey (30 de novembro de 2020). "La militante anticharbon Lucie Pinson reçoit la plus haute distinction pour l’environnement" (en francés). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  3. GoodPlanet mag', ed. (2020-12-01). "Le Prix Goldman pour l’environnement récompense le combat de la française Lucie Pinson pour une finance décarbonée" (en francés). Consultado o 2020-12-11. 
  4. Chassepot, Philippe (16 de febreiro de 2021). "Lucie Pinson, la militante verte qui veut faire plier le banquier" (en francés). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  5. Goldman Environmental Foundation (ed.). "Recipient List" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2022. Consultado o 2020-12-09.