Francia Márquez
Francia Elena Márquez Mina, nada en Suárez o 1 de decembro de 1981,[1] é unha activista ambiental, defensora dos dereitos humanos, feminista, avogada, política colombiana e vicepresidenta da República de Colombia dende o 7 de agosto de 2022.[2] É a primeira muller de orixe afrocolombiana e a segunda muller en ocupar a vicepresidencia do país.
(2023) | |
Nome orixinal | (es) Francia Elena Márquez Mina |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de decembro de 1981 (42 anos) Suárez (Colombia) |
Ministro de Igualdade e Equidade de Colombia | |
12 de decembro de 2022 – | |
Vicepresidente de Colombia | |
7 de agosto de 2022 – Gabinete ministerial: Goberno de Gustavo Petro | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Afrocolombianos |
Educación | Universidade Santiago de Cali - dereito Universidade Pedagóxica Nacional de Colombia - educación |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos civís, avogada, ecoloxista, política, Vicepresidente |
Partido político | Pacto Histórico |
Membro de | |
Movemento | Ecoloxismo e feminismo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Igualada (mul) |
Páxina web | franciamarquezmina.com |
Foi representante legal do Consello Comunitario do correxemento de La Toma de Suárez, ao norte do departamento do Cauca onde se opuxo á explotación mineira indiscriminada e á entrega indiscriminada de títulos mineiros debido ao impácto negativo destas actividades, como a deterioración do medio ambiente e o desprazamento forzado de comunidades. Isto valeulle ameazas e atentados contra a súa vida, mais tamén o recoñecemento internacional como líder comunitaria e defensora do medio ambiente.[3] Foi precandidata á presidencia nas eleccións de 2022, competindo na coalición Pacto Histórico en representación do seu movemento "Soy porque somos" e avalada polo Polo Democrático Alternativo. Obtivo a terceira votación a nivel nacional con máis de 785 000 votos, e o 23 de marzo de 2022 foi anunciada como candidata á vicepresidencia como fórmula de Gustavo Petro nas eleccións presidenciais de 2022.[4] Recibiu varias distincións polas súas actividades sociais e ambientais, entre elas os premios Goldman e Joan Alsina de Dereitos Humanos.[5][6]
Foi precandidata á presidencia na consulta para elixir o candidato da coalición Pacto Histórico en representación do seu movemento Soy porque somos e avalada polo Polo Democrático Alternativo. Na votación a nivel nacional obtivo o terceiro posto con máis de 785 000 votos e o 23 de marzo de 2022 foi anunciada como candidata á vicepresidencia como fórmula de Gustavo Petro para as eleccións presidenciais de 2022.[4]
Traxectoria
editarMocidade e estudos
editarNaceu o 1 de decembro de 1981 en Yolombó, correxemento do concello de Suárez do departamento do Cauca,[7] situado en territorio dunha comunidade afrodescendente.[8] A súa infancia, segundo conta, "estivo marcada por pasar tempo en casa dos meus avós maternos, outro tempo coa miña nai e o resto cos meus avós paternos".[9] A súa nai é parteira, labrega e mineira. O seu pai, agromineiro e obreiro.[10] Francia Márquez é nai de dúas fillas.[11]
Márquez graduouse como técnico agropecuaria no Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA). En 2020, obtivo un título en Dereito da Universidade Santiago de Cali.[11][1]
En 2021, iniciou unha especialización en escritas creativas na Universidade ICESI.[12]
Activismo ambiental
editarDefensa do río Ovejas
editarDende 1994 até 1997 participou no proceso de avaliación dos impactos que xeraría á súa comunidade e ao territorio o megaproxecto de desviación do río Ovejas ao encoro Salvajina, en particular os impactos que este proxecto traerían á vida de todos os membros da súa comunidade, incluíndo o efecto negativo sobre o seu territorio considerado como ancestral, e polo tanto sobre a identidade étnica e cultural dos seus habitantes. No 2005, participou no proceso á Corporación Autónoma Rexional de Valle del Cauca (CVC) e á Empresa de Energía del Pacífico (EPSA) para a reparación dos impactos creados polo megaproxecto Salvajina,[13] proceso que non tivo en conta dereito fundamental ao consentimento libre, previo, e informado as comunidades, con vía a reparar os impactos xerados nos 35 anos de vida do encoro.[14]
Oposición á minaría indiscriminada
editarNo 2009, iniciou un proceso de protesta co obxectivo de evitar que as comunidades afrodescendentes do Consello Comunitario de La Toma no concello de Suárez fosen desaloxadas forzosamente do territorio ancestral, por mor dun goberno que entregou a Héctor Sarria, a empresas multinacionais como AngloGold Ashanti e a outras persoas foráneas, títulos de explotación mineira, violando o debido proceso á implementación do dereito fundamental ao consentimento libre, previo e informado. Ese mesmo ano, o Consello Comunitario de La Toma e varios dos seus líderes e lideresas foron declarados obxectivo militar por parte dos grupos paramilitares Águilas Negras, Los Rastrojos e Bloque Capital, pois segundo estes actores armados, a comunidade estaba a oporse ao desenvolvemento e impedindo a entrada de empresas multinacionais. Márquez instaurou unha acción de tutela exaltando a violación dos seus dereitos fundamentais á vida digna, á permanencia no territorio, ao debido proceso e á consulta previa, libre e informada, os cales foron tutelados mediante a sentenza T-1045A de 14 de decembro de 2010.[15]
No ano 2013, foi nomeada como representante legal do Consello Comunitario de comunidades afrodescendentes do correxemento La Toma, cargo que exerceu até o 12 de decembro de 2016.[16] Tamén participou na Asemblea Permanente declarada polas comunidades afrodescendentes do Cauca, na cal se lle esixiu ao INCODER (hoxe Axencia Nacional de Terras) protexer os territorios ancestrais de comunidades negras e avanzar na titulación colectiva, así como garantir o acceso á terra por medio de compras realizadas por devandita entidade.[17]
No 2014, participou na mesa interétnica e intercultural do Norte do Cauca debde a cal se lle esixiu ao Goberno Nacional deter a minaría ilegal e o outorgamento de títulos mineiros sen consulta previa en territorios étnicos. Así mesmo, pedíuselle realizar accións que permitisen identificar posibles actos de corrupción institucional fronte á minaría ilegal que estaba a contaminar o territorio. En outubro de 2014, foi desprazada forzosamente do territorio e declarada, xunto cos seus fillos, obxectivo militar por parte de grupos paramilitares.[18][19]
Marcha dos Turbantes
editarEn 2014, Márquez Mina foi unha das líderes que organizou unha marcha á que se uniron ao redor de 70 mulleres afrodescendentes que usaban turbantes que identificaban a súa orixe étnica e que foi coñecida como "A Marcha dos Turbantes" tamén coñecida como "Mulleres Negras polo Coidado da Vida e os Territorios Ancestrais". A marcha partiu o 17 de novembro do correxemento de La Toma en Suárez con 15 mulleres lideradas por Márquez Mina. Durante o percorrido uníronse á marcha mulleres doutros concellos do norte caucano que igualmente padecían o problema da minaría ilegal nos seus territorios como Santander de Quilichao, Buenos Aires, Guachené e Caloto[20] e chegou a Bogotá o 27 de novembro despois de percorrer ao redor de 600 quilómetros a pé.[21][22] O obxectivo era esixir ao goberno o cumprimento da sentenza da Corte Constitucional que ampara os territorios ancestrais das comunidades negras da rexión e esixir o fin da minaría ilegal e a minaría inconstitucional que estaba a causar a contaminación do río Ovejas e o desprazamento forzado de comunidades.[23]
As mulleres ocuparon un salón da sede do Ministerio do Interior coñecida como Casa La Giralda no centro de Bogotá e na Casa Afro, onde habitaron até o 11 de decembro.[22] Tras a mobilización, as mulleres lograron o recoñecemento de 27 Consellos Comunitarios do Norte do Cauca como suxeitos de reparación colectiva.[12]
Participación nos diálogos de paz
editarEn decembro de 2014, Márquez Mina viaxou á Habana para participar nos diálogos de paz entre o goberno de Juan Manuel Santos e a guerrilla das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Exército do Pobo (FARC-EP), como vítima na quinta delegación.[24] Neste proceso participou ante a mesa dos diálogos de paz co seu relato sobre a forma na que o conflito armado político e económico afectou historicamente de maneira desproporcionada ás comunidades afrocolombianas, e de maneira específica ás mulleres negras. Así mesmo, falou sobre a necesidade de garantir a participación efectiva dos pobos étnicos no proceso para lograr a paz estable e duradeira.[24]
Ameazas contra a súa vida
editarA finais de 2014, foi desprazada da súa vila de orixe debida a ameazas que recibiu tras liderar iniciativas de loita en contra da minaría ilegal no seu territorio.[25] Na súa condición de desprazada pola violencia armada, foi convidada a viaxar a Cuba a desenvolver actividades coas delegacións do goberno e as FARC-EP no marco do proceso de paz colombiano.[26]
Outras mobilizacións
editarEn xullo de 2015, participou nunha asemblea permanente organizada pola asociación de Consellos Comunitarios do Norte do Cauca, a cal levou a cabo sobre a vía Panamericana, co obxectivo de esixirlle ao goberno nacional garantías de protección aos líderes e lideresas do norte do Cauca debido a que permanentemente reciben ameazas de morte. Tamén pediu o cumprimento dos acordos anteriormente pactados entre o goberno e as comunidades negras desta rexión. En setembro de 2015, a organización sueca Diakonia outorgoulle o premio como Defensora de Dereitos Humanos.[27][28]
En 2016, participou no paro realizado polo Cume Nacional Agrario, Campesiño, Étnico e Popular. Estivo na mesa política e enfocando o seu traballo ao tema das vítimas.[29] En abril deste mesmo ano, Márquez viaxou a Suíza para dialogar sobre os retos e desafíos do proceso de paz, e os dereitos dos pobos étnicos afrocolombianos e indíxenas. Posteriormente, no mes de maio, viaxou a París ao Foro sobre minaría e boas prácticas, organizado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
Recoñecemento internacional
editarMárquez viaxou aos Estados Unidos, Ecuador, Panamá, México, Cuba, Suíza e Francia para levar a coñecemento internacional as violacións sistemáticas aos dereitos humanos ás que como pobo afrocolombiano permanentemente foron sometidos, e para salientar a resistencia e a loita por permanecer nos territorios recoñecidos como ancestrales.
Márquez participou en diferentes foros e conferencias en varias universidades, e participou en reunións con parlamentarios de Congreso dos Estados Unidos, en institucións gobernamentais e non gobernamentais, e eventos académicos expondo a súa visión sobre como funciona o racismo estrutural en Colombia, e como as mulleres negras "son fortemente violentadas e os seus corpos usados como un instrumento de guerra".[30]
Participación política
editarMárquez Mina foi candidata á Cámara de Representantes do Congreso de Colombia no ano 2018, co aval do Consello Comunitario do río Yurumanguí para a circunscrición especial de afrodescendentes.[12] O 4 de maio de 2019, foi vítima xunto a outros activistas dun atentado perpetrado con armas de fogo e granadas no Cauca que deixou dous feridos.[31]
En xuño de 2020, foi electa membro do Consello Nacional de Paz e Convivencia do cal foi presidenta,[32] creado a través do decreto 885 de maio de 2017, como instancia para o seguimento ao cumprimento dos acordos de paz.[12]
Candidatura presidencial e vicepresidencial de 2022
editarEn agosto de 2020, Francia Márquez anunciou que se lanzaría como precandidata ás eleccións presidenciais de 2022 dentro da coalición coñecida como Pacto Histórico.[33] En abril de 2021, no marco da Convención Nacional Feminista, oficializou a súa candidatura, o Movemento Estamos Listas ofreceulle o seu apoio, e á tamén precandidata, Ángela María Robledo.[34]
En decembro de 2021, o partido Polo Democrático Alternativo deulle o aval para participar na consulta interna do Pacto Histórico, isto despois de que a campaña da candidata non lograse recoller as firmas necesarias para a súa inscrición.[35]
En marzo de 2022, obtivo máis de 780.000 votos dentro da consulta para a elección de candidato presidencial da coalición, deixándoa en segundo lugar detrás do exalcalde de Bogotá, Gustavo Petro e situándose como a terceira votación máis alta de todas as consultas a nivel nacional.[4] Márquez foi considerada como "revelación electoral" por medios como Forbes Colombia e CNN en Español.[36][37]
O 23 de marzo de 2022, aceptou o nomeamento como fórmula vicepresidencial do Pacto Histórico, acompañando a Gustavo Petro, cara ás eleccións presidenciais de Colombia que se produciron o 29 de maio de 2022.
Vicepresidenta de Colombia
editarMárquez Mina foi elixida como vicepresidenta de Colombia o 19 de xuño de 2022, sendo a fórmula de Gustavo Petro. Durante a campaña anunciouse que Márquez estaría a cargo do novo Ministerio da Igualdade, onde velaría polos dereitos das mulleres, poboación LGBTI, poboación vulnerable e pola loita pola igualdade social e económica dos pobos excluídos.[38]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Quienes somos – Francia Márquez Mina" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2022. Consultado o 2022-03-24.
- ↑ "Madre adolescente. Empleada doméstica. Activista. ¿Vicepresidenta?". The New York Times. 6 de maio de 2022.
- ↑ "Las luchas de la comunidad negra del corregimiento La Toma, en el norte del Cauca". El País (Cali). 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Francia Márquez, de líder social a fenómeno político en las elecciones en Colombia". France 24. 2022.
- ↑ Líder colombiana Francia Márquez gana "Nobel de medioambiente", El Espectador, consultado o 23 de abril de 2018.
- ↑ CNRS, REGARDS. "Entrega Premio Joan Alsina de Derechos Humanos a la medioambientalista Francia Márquez (Colombia)". Redial & Ceisal (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ Proenza, Anne (5 de xuño de 2018). "D’or et de sang, le combat de Francia Marquez pour les terres des Afro-Colombiens". Le Temps.
- ↑ "Etnoterritorios". www.etnoterritorios.org. Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ "Hasta los espantos se fueron". Semana rural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ "¿Quién es Francia Márquez de 'Soy porque somos'?". Revista Diners. Revista Colombiana de Cultura y Estilo de Vida (en castelán). 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 "Francia Márquez, la mujer que puso en jaque a la minería ilegal y a las represas en Colombia y acaba de ganar el "Nobel ambiental”". BBC News Mundo (en castelán). 25 de abril de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2022.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 "Biografía – Francia Márquez Mina" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "La Toma: más que un nombre, un presagio". Hugo Mario Cárdenas, El País. 2020.
- ↑ "Francia Márquez: de desplazada a ‘Nobel de medioambiente’". El Tiempo. 25 de abril 2018.
- ↑ "Francia Márquez: historia de un milagro social". las2orillas. 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Francia Márquez fue elegida presidenta del Consejo Nacional de Paz". El Tiempo. 2020.
- ↑ "Tras acuerdo con gobierno nacional, líderes afro son amenazados en Cauca". 2016.
- ↑ "Francia Márquez, la mujer que puso en jaque a la minería ilegal y a las represas en Colombia y acaba de ganar el premio Goldman.". BBC.
- ↑ "¿Quién es Francia Márquez de 'Soy porque somos'?". Revista Diners. 2018.
- ↑ "Francia Márquez: luchar contra la minería".
- ↑ "Marcha de mujeres afro del Norte del Cauca llegó a Bogotá". Las 2 Orillas. 2014.
- ↑ 22,0 22,1 "La Marcha de los Turbantes". Jaime Arocha, El Espectador. 2014.
- ↑ "Francia Marquez, une femme au cœur de la lutte afrocolombienne". TV5MONDE (en francés). 23 de xuño de 2017. Consultado o 25 de febreiro de 2018.
- ↑ 24,0 24,1 "En La Habana no nos están escuchando: Francia Márquez, líder afrodescendiente del Cauca". El País. 2016.
- ↑ "“En La Habana no nos están escuchando”: Francia Márquez, líder afrodescendiente del Cauca". El Pais (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ "Hablamos con Francia Márquez, la lideresa negra que puso contra la pared al presidente Santos". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ "Ganadores y ganadoras año 2015 - Premio a Defensores de los DDHH en Colombia 2017". Premio a Defensores de los DDHH en Colombia 2017 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2018.
- ↑ ""We are defenders of life" – Francia Elena Márquez Mina - Latin America Working Group". www.lawg.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2018.
- ↑ "La canción que escribió Márquez cuando salió desplazada de Buenos Aires". Dejusticia.
- ↑ "“El pueblo se salva a sí mismo en la medida en que asuma que es poder”: Una entrevista a Francia Márquez". Lanzas y Letras. 2021.
- ↑ "Ataque contra Francia Márquez y otros líderes sociales en Colombia deja dos heridos". www.dw.com. Deutsche Welle.
- ↑ "Elegido nuevo comité del Consejo Nacional de Paz". Gobierno de Colombia. 2020.
- ↑ FM, La (26 de agosto de 2020). "Francia Márquez, la líder social, anuncia que se lanzará a la Presidencia". www.lafm.com.co (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ "Estamos Listas: la estrategia feminista para cambiar la política". La Silla Vacía (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 2021-04-12.
- ↑ Contreras, Alejandra Cetina (16 de decembro de 2021). "Polo Democrático anuncia apoyo a la candidatura presidencial de Francia Márquez". Caracol Radio (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- ↑ "Francia Márquez, la revelación de la política colombiana". Forbes Colombia. 2022.
- ↑ "Francia Márquez, el fenómeno electoral que logró la tercera votación más alta en las consultas internas en Colombia". CNN en Español. 2020.
- ↑ "Francia Márquez sería también ministra de la Igualdad en eventual gobierno de Petro". RCTV. 2022.