Nemonte Nenquimo

líder huaorani e presidenta de CONCONAWEP

Nemonte Nenquimo, nada na comunidade de Nemompare en 1985,[1] preto do río Curaray,[2] é unha líder dos huaorani de Pastaza, presidenta de Conconawep e cofundadora da organización indíxena Alianza Ceibo. No ano 2020 foi considerada pola revista Time como unha das 100 persoas máis influintes do mundo ese ano[3] polo seu liderado na defensa do territorio dos huaorani fronte ao extractivismo das compañías petroleiras, o cal culminou no ano 2019 coa protección legal de máis de 180 000 hectáreas do territorio ancestral huaorani.[4]

Infotaula de personaNemonte Nenquimo
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Pastaza, Ecuador Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo huaorani Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder amerindia , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua huaorani e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Instagram: nemonte.nenquimo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Localización do Yasuní e territorio huaorani en Ecuador.

Criouse na comunidade de Nemompare, na Amazonia ecuatoriana. O seu nome quere dicir "estrela" e púxollo o seu avó.[5] A súa lingua nai é o huaorani, da cal é activista, e aprendeu castelán nun colexio evanxélico en Quito.[5] Posteriormente, comezaría a aprender kichwa e inglés. Deixou a súa comunidade para estudar nun colexio misioneiro, pero acabou abandonándoo logo de decatarse que estaba sendo obrigada polos misioneiros a desbotar a súa cultura e identidade.

Regresou ao territorio huaorani co obxectivo de axudar ao seu pobo[2] e comezou a súa traxectoria como activista lingüística e como dirixente xuvenil de mulleres e familias.[5] Posteriormente dedicouse ao ensino dos nenos da súa comunidade. É unha dos membros fundadores da organización indíxena Alianza Ceibo, creada no ano 2015.[6] Alianza Ceibo é a primeira organización amazónica que engloba os pobos siona, secoya, cofán e huaorani, e ten como obxectivo defender os seus territorios da minaría, da extracción petroleira e dos colonos.[1]

A súa loita acadou sona internacional logo de que aparecese en varias reportaxes do escritor e produtor Mitch Anderson, fundador da organización Amazon Frontlines. Posteriormente, Nenquimo liderou varias demandas contra o estado de Ecuador en 2019, conseguindo unha vitoria xudicial para frear o avance de explotación petroleira na Amazonía.[4]

Awards editar

En 2020, Nenquimo foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman.[7][8][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ya basta de encender fuegos en la selva amazónica, dice la líder waorani Nemonte Nenquimo, una de las 100 personas más influyentes del mundo para la revista Time". El Universo. 24 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Nemonte Nenquimo. Country of Origin: Waorani Nation - Ecuador". ifnotusthenwho.me. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  3. "THE 100 MOST INFLUENTIAL PEOPLE OF 2020 - Nemonte Nenquimo". Time. 22 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 amazonfrontlines.org, ed. (23 de setembro de 2020). "Pueblo Waorani Celebra Reconocimiento de Nuestra Compañera Líder Nemonte Nenquimo como una de las 100 personas Más Influyentes del Mundo, Según Revista Time". Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Nemonte Nenquimo, una líder waorani entre las 100 personas más influyentes de 2020". 23 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  6. "Líder huaorani Nemonte Nenquimo, en la lista de las 100 personas más influyentes del 2020 de la revista Time". El Universo. 23 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  7. "Nemonte Nenquimo". Goldman Environmental Prize. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  8. "The Goldman environmental prize winners 2020 – in pictures". The Guardian. 30 de novembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  9. Buschschlüter, Vanessa (30 de novembro de 2020). "Nemonte Nenquimo: The indigenous leader named 'environmental hero'". BBC News. Consultado o 6 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar