Berito Kuwaru'wa

ecoloxista colombiano do pobo u'wa

Berito Kuwaru'wa é un ecoloxista colombiano do pobo u'wa. Foi galardoado no ano 1998 co Premio Medioambiental Goldman[1] polo seu papel como líder na campaña non violenta do pobo u'wa contra a industria do petróleo[1] e a súa extracción nas súas terras tradicionais.

Infotaula de personaBerito Kuwaru'wa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoBarranquilla, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo u'wa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua u'wa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Nado no seo dunha comunidade u'wa, cando era neno Berito Kuwaru'wa foi secuestrado por misioneiros católicos e levado a vivir nunha misión.[2] Puxéronlle o nome de Roberto Afanador Cobaría (aínda recoñecido oficialmente polo goberno colombiano), por ser o río Cobaría un río que discorre preto da misión,[2] e aprendeu algo de castelán. Viviu na misión durante varios anos até que a súa nai conseguiu rescatalo. Como resultado desa experiencia, dende moi novo Kuwaru'wa traballou pola defensa do seu pobo.

Nomeado como representante dos u'wa co resto do mundo, Kuwaru'wa dirixiu unha campaña internacional contra a extracción de recursos nas terras u'wa. Isto valeulle o apoio de grupos medioambientais e pola defensa dos dereitos humanos, e en 1995 conseguiu apelar con éxito nas cortes colombianas para evitar que Oxy explotase petróleo nestas terras.[3] Porén, o goberno colombiano exerceu presión para revogar esta decisión e que a licenza fose autorizada de novo.

En maio de 1997, Kuwaru'wa viaxou ós Estados Unidos en compaña de Edgar Méndez, membro da Organización Nacional Indíxena de Colombia,[4] para reunirse cos executivos de Oxy, en California.[5] Alí explicou a cosmoloxía dos u'wa, segundo a cal o petróleo é o sangue da terra e extraelo é un matricidio,[6] insistindo en que os seus territorios tradicionais non son negociables.[4]

En xuño de 1997, a Universidade Harvard realizou un estudo de mediación coa Organización dos Estados Americanos (OEA) recomendando a "suspensión inmediata e indefinida do proxecto". Os u'wa tamén levaron o seu caso á Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, onde argumentaron que o seu dereito básico á vida estaba sendo denegado se o goberno continuaba no seu plan de desenvolvemento do petróleo.

En xullo de 1997, Kuwaru'wa foi asaltado na súa cama por un grupo de homes encapuchados con rifles. Os asaltantes esixiron ó líder tribal que asinase un acordo de autorización de extracción ou sería asasinado. Despois de negarse a asinar, Kuwaru'wa foi golpeado e abandonado nun río onde case afoga. En protesta pola presenza de Oxy nas súas terras, Kuwaru'wa e outros 5 000 u'wa ameazaron con saltar dun cantil se se producía a explotación do petróleo.[6]

En maio de 1998, Oxy anunciou a súa retirada das terras tradicionais u'wa en virtude da lei colombiana pero que que quería manter os dereitos de perforación do petróleo. Ese mesmo ano, foi galardoado co Premio Medioambiental Goldman, considerado como os "Nobel" do ecoloxismo, polo seu papel como líder na campaña non violenta.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 goldmanprize.org (ed.). "Berito Kuwaru’wa 1998: Goldman Prize Recipient South and Central America". Consultado o 5 de agosto de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Ling, Jake (10 de maio de 2016). "The Legacy of Berito Cobaría". Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  3. Knight, Danielle (9 de outubro de 1997). Inter Press Service, ed. "COLOMBIA: Indígenas querellan a gigante petrolera ante la OEA". 
  4. 4,0 4,1 El Tiempo, ed. (7 de maio de 1997). "Los u'was llevan su lucha a E.U.". Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  5. LATimes, ed. (7 de maio de 1997). "Oxy Meets With Colombian Tribal Chief". Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  6. 6,0 6,1 El Tiempo, ed. (22 de abril de 1998). "Galardón para los u'wa en San Francisco". Consultado o 6 de agosto de 2019.