Pobo u'wa

pobo indíxena de Colombia

Os u'wa son un pobo indíxena que vive nos bosques húmidos do nordeste de Colombia. Historicamente, os u'wa chegaron a contar con 20 000 persoas, espallados nun territorio que se estendía a través da fronteira de Colombia con Venezuela. No presente, os u'wa son entre 7 e 8 000 persoas.

Pobo u'wa
Berito.jpg
Berito Kuwaru'wa, líder u'wa.
Poboación
Poboación total:
~7 000–8 000
Rexións principais:
Flag of Colombia.svg ColombiaArauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander
Aspectos culturais
LinguaLingua u'wa
Castelán
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Muisca
Lache
Guane
Guahibo

Os u'wa son coñecidos polos pobos indíxenas veciños como o "pobo que pensa" ou "o pobo que fala ben".[1] Eran anteriormente chamados tunebo, mais hoxe prefiren ser coñecidos como u'wa, que quere dicir "persoas".

TerritorioEditar

 
Mapa das linguas chibchas. Os u'wa representan o punto amarelo máis oriental.

Os u'wa viven no nordeste de Colombia, nos departamentos de Arauca, Boyacá, Casanare, Santander e Norte de Santander. Historicamente, tamén vivían no que hoxe é Venezuela.

NotasEditar

  1. UNESCO Centre of Catalonia, U'wa Dossier

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar