Pobo guane

pobo indíxena de Colombia

Os guanes son un pobo indíxena de Colombia que viviron na área de Santander e no norte de Boyacá, ámbolos dous departamentos do centro do país. Eran un pobo labrego que falaba a lingua muisca e que cultivaba o algodón, o ananás e outros cultivos, e eran habelenciosos artesáns que traballan os téxtiles de algodón. Os guanes vivían ó norte do río Chicamocha, na área arredor do canón do Chicamocha dende Vélez no sur até Bucaramanga no norte.[2] Porén, outras fontes indican que o seu territorio non se estendía tan ó norte.[3] Guane, un correxemento de Barichara, Santander, era supostamente a capital dos guanes.

Pobo guane
Cranio de individuo pertencente ó pobo guane, con deformación ósea intencional.
Poboación
Poboación total:
c  200 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaBoyacá, Santander
Aspectos culturais
LinguaLingua muisca
Castelán
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Muisca
Lache
U'wa
Muzo
Territorio histórico dos guanes.

Etimoloxía editar

A verba guane na lingua muisca quere dicir "árbore" ou "parte baixa dunha folla" ou "saia".[4][5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Alejandro Navas Corona e Martín David Acevedo - "Entre Rostros y Tumbas" - Fundación El Libro Total - Editado por Sic. Editorial (2010)
  • Alejandro Navas Corona e Erika marcela Angulo Moreno - "Los guanes y el arte rupestre xerirense" - Fundación El Libro Total - Editado por Sic. Editorial (2010)
  • Ardila Díaz, I. 1986. El pueblo de los Guanes. Instituto Colombiano de Cultura. Bogotá.
  • Giraldo-Jaramillo, G. 1954. El cementerio indígena de los Santos. En: Temas de anropología e indigenísmo. Sociedad Colombiana de Arqueología. Bogotá.
  • Lleras, R. e A. Vargas. 1990. Palogordo: La prehistoria de Santander en los Andes orientales. Boletín del Museo del Oro nº 26: 64-129. Bogotá.
  • Morales, J. e G. Cadavid. 1984. Investigaciones arqueológicas y etnohistóricas en el área Guane. FIAN. Bogotá.
  • Simón, F.R.P. 1981. Noticias historiales de las conquistas de tierra firme en las Indias Occidentales. Biblioteca. Banco PopularF