Bucaramanga
Coordenadas: 7°7′7″N 73°6′58″O / 7.11861, -73.11611
Bucaramanga é un concello colombiano, capital do departamento de Santander. Atópase no nordeste do país sobre a Cordilleira Oriental, rdos Andes, a beiras do río de Oro. Bucaramanga conta con 528.575 habitantes e, xunto con Floridablanca, Girón e Piedecuesta, conforma a área metropolitana de Bucaramanga cun total de 1 141 694 habitantes, sendo a quinta aglomeración urbana máis poboada do país. Atópase a 384 km de Bogotá, capital do país.
Bucaramanga | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Imaxes panorámica da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Santander | ||
Rexión | Soto | ||
Xeografía | |||
Altitude | 959 msnm | ||
Superficie | 162 km²[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 528 683 (2018)[2] | ||
Densidade | 3263,48 hab/km² | ||
Xentilicio | Bumangués, -a Bumangueño -a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 680001–680011[3] | ||
Alcalde | Rodolfo Hernández Suárez (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Por ser a capital do departamento de Santander, Bucaramanga alberga as sedes da Gobernación de Santander, a Asemblea Departamental, a sede seccional da Fiscalía e a área Metropolitana de Bucaramanga. Xunto co título de capital de Santander, Bucaramanga ostenta os títulos de capital da provincia de Soto e do núcleo de desenvolvemento provincial metropolitano. Bucaramanga está comunicada coas demais cidades do país por estrada; para o transporte aéreo, conta co Aeroporto Internacional Palonegro. Está rodeada polos municipios de Girón, Floridablanca e Piedecuesta, cos cales se conforma a área Metropolitana de Bucaramanga.
NotasEditar
- ↑ "Información general de Bucaramanga". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 9 de maio de 2018.
- ↑ "4-72 La Red Postal de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)