Michael Werikhe
Michael Werikhe, nado en Mombasa o 25 de maio de 1956 e finado en Nairobi o 9 de agosto de 1999, foi un conservacionista kenyano coñecido como o "home rinoceronte" . Fíxose famoso polas súas marchas de recadación de fondos na rexión dos Grandes Lagos Africanos e noutros países. Comezou a súa campaña despois de coñecer que a poboación de rinoceronte negro diminuíra drasticamente en toda África. Por onde camiñaba, a súa chegada era recibida con moita fanfarria pública e atención dos medios de comunicación. Isto axudou a recadar fondos para a conservación dos rinocerontes e outros mamíferos africanos en perigo de extinción. En 1990, recibiu o Premio Medioambiental Goldman.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1956 Mombasa, Kenya |
Morte | 9 de agosto de 1999 (43 anos) Nairobi, Kenya |
Actividade | |
Ocupación | científico, conservacionista |
Premios | |
Traxectoria
editarA primeira andaina de Werikhe comezou o 27 de decembro de 1982. O seu camiño dende a súa cidade natal de Mombasa ata Nairobi durou 27 días. En marzo de 1985 comezou a súa primeira andaina internacional dende Kampala ata Dar es Salaam, e finalmente Mombasa, onde chegou o 25 de maio. Tres anos despois, en 1988, Werikhe percorreu varios países de Europa, incluíndo Italia, Suíza e Alemaña Occidental. A súa andaina de 3000 quilómetros rematou nas escaleiras de entrada do Museo de Historia Natural de Londres o 14 de setembro de 1988. Werikhe tamén visitou os Estados Unidos en 1991, onde realizou un paseo que rematou no zoolóxico de San Diego. En 1993 realizou dúas "camiñadas de rinoceronte" en Taiwán, unha país que é un gran consumidor de cornos de rinoceronte.
Aínda que Werikhe adoitaba camiñar só, a miúdo tiña acompañantes e guías. A súa campaña foi apoiada por Nehemiah Rotich (daquela xefe da East African Wildlife Society (EAWLS)), Richard Leakey, Juanita Carberry, Filipe de Edimburgo e Bernaldo de Lippe-Biesterfeld, entre outros.
Werikhe morreu o 9 de agosto de 1999 tras sufrir feridas nun asalto preto da súa casa ao saír ao traballo. Estaba viúvo no momento da súa morte e deixou dúas fillas (Acacia e Kora). Foi enterrado no cemiterio de Emmanuel, Kisauni, Mombasa.[1] Michael Werikhe Trust fundouse na súa memoria. Ademais, a EAWLS doa un premio Michael Werikhe cada ano.[2]
Notas
editar- ↑ "'Rhino man' buried". Arquivado dende o orixinal o 2000-03-05.
- ↑ "Rhino Ark - Humans in Harmony with Habitat and Wildlife - Kenya news". Arquivado dende o orixinal o 2007-10-11. Consultado o 2006-11-24.