Zuzana Čaputová

política eslovaca

Zuzana Čaputová, nada o 21 de xuño de 1973 como Zuzana Strapáková, é unha política, avogada e activista eslovaca, actual presidenta de Eslovaquia dende o 15 de xuño de 2019. Čaputová é a primeira muller que ocupa a presidencia, así como a presidenta máis nova da historia de Eslovaquia, accedendo ao cargo con 45 anos.[1]

Infotaula de personaZuzana Čaputová

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sk) Zuzana Strapáková Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Bratislava Editar o valor em Wikidata
Presidente de Eslovaquia
15 de xuño de 2019 –
← Andrej Kiska
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovaquia (1993–)
Checoslovaquia (1973–1992) Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Law at Comenius University in Bratislava (en) Traducir - ciencias do dereito (1991–1996)
Universidade Comenius de Bratislava - Mestrado (1991–1996) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Q113958160 Traducir e política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , ecoloxista , activista , política , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoProgressive Slovakia (en) Traducir (2017–2019) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovaca, lingua rusa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIvan Čaputa (en) Traducir (–2018), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaJuraj Rizman (en) Traducir (2020–)
Peter Konečný (en) Traducir (2018–2019) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm10511992 Facebook: zcaputova Twitter: ZuzanaCaputova Instagram: zuzana_caputova LinkedIn: zuzana-caputova Youtube: UCpKEbrT6wer3TCrr4IC2WwA Editar o valor em Wikidata

Deuse a coñecer nunha loita dunha década contra a localización dun vertedoiro tóxico na súa cidade natal de Pezinok. Por isto, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.

Čaputová gañou as eleccións de 2019 para a presidencia cun 58% dos votos en segunda volta.[2]

Traxectoria editar

Zuzana Strapáková naceu no seo dunha familia de clase traballadora[3] en Bratislava.[4] Viviu na cidade próxima de Pezinok,[4] por aquel entón de Checoslovaquia, durante as dúas primeiras décadas da súa vida. Describiu o ambiente da súa crianza como "de mente aberta".[3]

Estudou na Facultade de Dereito da Universidade Comenius de Bratislava,[4] graduándose en 1996.[5] Entre 1998 e 1999 completou o ciclo formativo "Xestión Xeral - Xestión do Cambio" e en 1999 o curso ARK - Mediación, acreditado polo Ministerio de Educación de Eslovaquia.[6]

Carreira editar

Despois de concluír a súa educación, Čaputová traballou no goberno local de Pezinok, primeiro como axudante no departamento xurídico, e despois como deputada ao alcalde da cidade.[7]

Máis tarde, trasladouse ao sector sen ánimo de lucro da Open Society, onde se ocupou da administración pública e o problema dos nenos maltratados e explotados. Posteriormente, traballou como responsable de proxecto na asociación cívica EQ Klub no desenvolvemento da comunidade local.[8]

Entre 2001 e 2017, Čaputová traballou con Via Iuris, unha organización cívica, como avogada (desde 2010),[7] e con Greenpeace na planificación de campañas.[9] En Pezinok estivo á fronte dunha campaña pública contra a autorización doutro vertedoiro que agravaría a contaminación do solo, do aire e da auga da cidade e dos seus arredores. A loita contra o vertedoiro culminou en 2013, cando a Corte Suprema de Eslovaquia sentenciou que o novo vertedoiro era ilegal e violaba as normas ambientais.[10]

Čaputová dirixiu o seu propio bufete de avogados e é autora de varias publicacións. É membro de Alliance Law Alliance Worldwide (ELAW), unha rede de avogados e xuristas ambientais.[11]

Actividades políticas editar

 
Čaputová falando aos xornalistas, 2019

En decembro de 2017, 'Čaputová anunciou a súa entrada no emerxente partido político Eslovaquia Progresista e, en xaneiro de 2018, foi elixida vicepresidenta no primeiro congreso do partido. Como membro cofundador[12] de Eslovaquia Progresista, un partido socio-liberal e progresista non parlamentario, exerceu como presidenta adxunta ata marzo de 2019, cando renunciou debido á súa candidatura presidencial.[13] Čaputová foi a candidata do partido nas eleccións presidenciais de Eslovaquia de 2019[14] e foi elixida presidenta na segunda volta, despois de recibir máis do 58% dos votos e vencer ao seu opoñente, o vicepresidente da Comisión Europea Maroš Šefčovič, un independente que estaba apoiado polo partido dominante Smer-SD.[15]

Presidencia editar

 
Čaputová e Robert Mistrík, candidato inicial que se retirou e lle deu o seu apoio.

Nunha rolda de prensa celebrada o 29 de marzo de 2018, Čaputová anunciou a súa candidatura á presidencia da Eslovaquia na carreira presidencial de 2019, sendo apoiada por Eslovaquia Progresista, xunto con Liberdade e Solidariedade e SPOLU, despois de que o seu principal rival, Robert Mistrík, se retirase da carreira e a apoiase a ela o 26 de febreiro de 2019.[16] Dixo que se sentiu obrigada a presentar a candidata á presidencia despois do asasinato do xornalista investigador Ján Kuciak.[17][18][19]

Čaputová gañou a primeira volta das eleccións o 16 de marzo de 2019, cun 40,57% dos votos. Despois derrotou ao segundo máis votado, Maroš Šefčovič, por un 58% contra un 42% na segunda volta o 30 de marzo de 2019.[20] A participación na segunda volta, de só o 41,79%, foi a menor de todas votacións dese tipo de eleccións en Eslovaquia. O número de votos cos que Čaputová foi elixida para o cargo foi tamén o máis baixo para calquera presidente eslovaco elixido directamente ata a data.[21] A súa toma de posesión tivo lugar o 15 de xuño de 2019 durante unha sesión especial do Consello Nacional en Bratislava.[22]

Posicións políticas editar

Igualdade editar

Na páxina web da súa campaña, Čaputová dicía que "a xustiza en Eslovaquia non se aplica igualmente a todos". De acordo coas súas declaracións durante a campaña, planea introducir cambios no sistema xudicial policial e xudicial de Eslovaquia. Realizou unha campaña para que a policía fose unha institución independente sen influencia política, encabezada por un profesional imparcial con servizo contrastado. Ademais afirma que é necesario transformar a fiscalía nunha institución xestionada publicamente.[23]

Medio ambiente editar

Čaputová é unha activista ambiental que foi comparada a miúdo coa estadounidense Erin Brockovich.[24][25] sostén que a protección ambiental debería incluír a paralización da deforestación ilegal e que o 5% do territorio máis valioso para o medio ambiente debería permanecer como unha zona estritamente protexida.[23]

Dereitos LGBT editar

Čaputová declarou que apoia as parellas de feito do mesmo sexo e a educación da poboación en xeral sobre estas relacións. Nunha discusión organizada por SME Journal, falou sobre a posibilidade de adopción por parte de parellas gais: "Prefiro que o neno teña unha nai biolóxica e un pai biolóxico. Se tivese que medrar nun orfanato, creo que estaría mellor con dous seres queridos, aínda que sexan do mesmo sexo".[26]

Aborto e dereitos reprodutivos editar

Čaputová apoia o mantemento do statu quo no que se refire ao aborto e aos dereitos reprodutivos: "Se hai unha situación extrema e o dilema está entre decidir se adoptar unha norma legal que invadirá a vida persoal dos cidadáns ou deixar a responsabilidade ás mulleres e á súa elección persoal, elixo a responsabilidade dunha muller".[27]

Vida persoal editar

Čaputová está divorciada e ten dúas fillas.[1] Practica ioga zen.[3] Aínda vive en Pezinok.[1]

Premios editar

 
Čaputová (terceira pola dereita) xunto aos outros gañadores do premio Goldman en 2016 e Nancy Pelosi.

Polo seu decidido esforzo no asunto da vertedura de Pezinok, Čaputová foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2016.[28] Os premiados con este galardón son seleccionados por un xurado internacional e expertos de todo o mundo que se distinguiron por ter un impacto duradeiro e significativo na protección ambiental. O premio Goldman foille entregado a Čaputová en San Francisco. A súa loita longa e finalmente triunfadora foi comparada coa do estadounidense Erin Brockovich.[14] O texto do premio establece que foi galardoada pola súa "campaña implacable contra a apertura dun vertedoiro na cidade de Pezinok, que, se de ser aberto, agravaría aínda máis os posibles riscos para a saúde e contribuiría á "contaminación urbana".[29] Como recoñecemento ao seu esforzo pola democracia europea, Čaputová foi galardoada co premio europeo de cultura política en agosto de 2019.[30]

Honras editar

Honras nacionais editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Santora, Marc; Germanova, Miroslava (30 de marzo de 2019). "Zuzana Caputova Is Elected Slovakia's First Female President". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  2. "Zuzana Čaputová, the spiritual liberal who beat Slovakia's populists". The Guardian. 13 de abril de 2019. Consultado o 13 de abril de 2019. The country’s first female president says she won’t compromise on progressive values in her search for pragmatic solutions 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kalan, Dariusz (28 de marzo de 2019). "Can Zuzana Caputova Save Slovakia?". Foreign Policy (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Juhasz, Laszlo (29 March 2019). "Outsider Caputova wins Slovak presidency" (en inglés). AFP. Consultado o 31 de marzo de 2019 – vía Yahoo! News. 
  5. Fabok, Martin. "Profile of Presidential Candidate Zuzana Caputova – News Now". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  6. "Profile" (PDF). Zuzana Čaputová. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019.  Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
  7. 7,0 7,1 "Profile of Zuzana Caputova". TASR. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  8. "Profil prezidentskej kandidátky Zuzany Čaputovej". Teraz.sk (Bratislava: TASR). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  9. "Q&A with Zuzana Čaputová". Goldman Environmental Foundation. 9 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  10. "From attorney and activist to president of Slovakia. Who is Zuzana Čaputová?". Spectator.sme.sk (The Slovak Spectator). Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  11. "Goldman Prize Winner Zuzana Caputova is Newest ELAW Fellow". Environmental Law Alliance Worldwide. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  12. a.s, Petit Press. "Progresívne Slovensko neprekvapilo, povedie ho Štefunko. Trúfa si na 15 percent". Domov.sme.sk. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  13. a.s, Petit Press. "Čaputová sa vzdala funkcie podpredsedníčky Progresívneho Slovenska". domov.sme.sk (en eslovaco). Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  14. 14,0 14,1 Santora, Marc (15 de marzo de 2019). "In Slovakia, Unlikely Presidential Candidate Signals a Backlash Against Populism". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  15. Santora, Marc and Miroslava Germanova (30 de marzo de 2019). "Zuzana Caputova Is Elected Slovakia's First Female President". The New York Times. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  16. Patricolo, Claudia (27 February 2019). "Robert Mistrík pulls out of Slovak presidential race, backs Zuzana Čaputová". Emerging Europe. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  17. a.s, Petit Press (31 de marzo de 2019). "Čaputová framed the election "as a struggle between good and evil"". spectator.sme.sk. 
  18. "Slovakia's first female president hails victory for progressive values". 31 de marzo de 2019 – vía www.theguardian.com. 
  19. "Humanist lawyer becomes Slovakia's first female president". Emerging Europe. 31 de marzo de 2019. 
  20. "Zuzana Caputova becomes Slovakia's first female president". BBC News. 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 March 2019. 
  21. Terenzani, Michaela (31 de marzo de 2019). "Čaputová won on a record low turnout". spectator.sme.sk (The Spectator). Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  22. "Zuzana Caputova inaugurated as 1st Slovak female president". foxnews.com. Associated Press. 15 de xuño de 2019. 
  23. 23,0 23,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019.  Arquivado 25 de maio de 2019 en Wayback Machine.
  24. "Slovakian president-elect is a green campaigner who will fight coal subsidies". Climate Home News (en inglés). 2019-04-01. Consultado o 2019-11-04. 
  25. "Slovakian president-elect to fight coal subsidies". The Ecologist (en inglés). Consultado o 2019-11-04. 
  26. a.s, Petit Press. "Čaputová sa nevzdá v prospech Mistríka len preto, ak by mal vyššie preferencie". domov.sme.sk (en eslovaco). Consultado o 2019-03-17. 
  27. a.s., Denník N (2019-02-17). "Zuzana Čaputová – pre kresťana neprípustný kandidát? Analýza.". dennikn.sk. Consultado o 25 de marzo de 2019. 
  28. "Zuzana Čaputová". Goldman Environmental Foundation (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2019. 
  29. ""Nobelovku" za životné prostredie dostala Slovenka. Za skládku v Pezinku". Aktuality.sk. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  30. "Slovak president awarded European Prize for Political Culture". Emerging Europe. 12 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar