Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 23

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26


Opening RFC editar

Dear users. A request has opened to decide if apply a Global ban against Marrovi. Other users who have relevant information can participate. Here is the link; You can also review the guidelines here. For the same policies I have to notify in the projects that he participate. Regards. --Akapochtli (conversa) 17 de novembro de 2016 ás 01:09 (UTC)[responder]

Se para algo serve ese RFC independentemente do seu resultado, é para chamar a atención sobre as contribucións deste usuario. Moitas delas son micro bosquexos, conteñen erros tanto de ortografía como nos feitos e datos indicados etc. Chama moito a atención isto en particular. Cómpre unha revisión polo miúdo aquí na Galipedia. Banjo tell me 24 de novembro de 2016 ás 11:17 (UTC)[responder]
Os seus artigos teñen bastantes erros ortográficos, nalgúns artigos intúo que usou un tradutor automático, o problema é que ten 2.369 edicións... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 13:19 (UTC)[responder]
Páxinas creadas son unhas 332, e moitas desas 2000+ contribucións son edicións cumulativas nesas páxinas. Así a todo vai dar chollo, pero considéroo necesario, porque polo que indica o RFC queda claro que se precisa unha revisión a fondo de todo o que editou este usuario aquí. Pola tarde marcarei as súas contribucións con {{atención}} para ir comezando a revisalas unha a unha. Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 10:29 (UTC)[responder]

  Comentario Quedan marcadas as súas edicións, 296 páxinas en total. Irei revisándoas pouco a pouco, toda axuda nesta tarefa é máis que benvida. Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 18:51 (UTC)[responder]

¿E non hai forma fácil de saber cales son esas 296 páxinas? Algo do tipo categoría:Marrovi_atención. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de novembro de 2016 ás 22:43 (UTC)[responder]
Categoría:Atención desde novembro de 2016. Son máis do 90% dos artigos nesa categoría, a maioría deles están relacionados con México. Banjo tell me 26 de novembro de 2016 ás 09:45 (UTC)[responder]
Creo que Marrovi xa volveu a editar hoxe na páxina de Inmigración española en México, que está practicamente sen traducir.--Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2016 ás 21:18 (UTC)[responder]
Acabo de borrar esa páxina porque non está en galego. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2016 ás 21:46 (UTC)[responder]

Levo revisados 16 artigos de Marrovi. Todos eles contiñan algún erro, nalgúns casos de moito vulto. O usuario foi emendando algunha cousa e iso permitiu retirar a marca de atención en 3 casos; máis outro que xa o corrixín eu por ser un erro menor. Todo isto sen mencionar os erros de lingua. Creo que 16 artigos con erros dun total de 16 artigos revisados é como para pensarse ben se paga a pena seguir repasando (só levo feito o 5%). A colaboración do usuario é nula, sen dar explicacións e soltando impertinencias. Por outra banda, a relevancia dos artigos (a superficie, poboación e municipios colindantes dunha chea de concellos mexicanos, que é a información que fornece) é discutible, sobre todo pensando no traballo que nos está dando. Así que propoño cortar polo san e borrar directamente tódolos artigos deste editor. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 18:29 (UTC)[responder]

Estou de acordo, Lameiro. Con todo, cres que sería posible dar un prazo de 15 días para que outros editores poidamos aquelar algúns (amais dos 16 aos que ti xa lles metiches man) deses 296? Por exemplo, unha semana de moratoria. Dígoo por non ver todos borrados de vez, e coa esperanza de que algúns de nós nos poñamos a aquelar unha pequena parte. Do que non teño dúbida, en todo caso, é de que son de borrado; de feito, aínda hai pouco vin que o Estevo tivo que facer fronte a unha serie de artigos similares que precisaban borrado. --Atobar (conversa comigo) 30 de novembro de 2016 ás 21:05 (UTC)[responder]
Non teño présa ningunha, por suposto, pero insisto en que non creo que sexa bo para a Galipedia que apliquemos moitos esforzos en solucionar este problema. Si que me gustaría ler máis opinións ó respecto. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]
Eu tamén estou de acordo en que moitos dos artigos, tal e como están, non pagan moito a pena, como di Lameiro moitos deles case non teñen información relevante e habería que borralos por ser demasiado curtos. Pero tamén concordo en deixar un prazo por se algúns deles poden amañarse. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2016 ás 01:50 (UTC)[responder]
Boas. Case un ano despois os artigos afectados por estas edicións foron borrados ou arranxados e revisados, non foi sen tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]

Recursos CELGA editar

De casualidade acabo de atopar agora que no portal da Lingua Galega da Xunta, no apartado de recursos teñen unha ligazón ó Curso de lingua galega que hai en wikilibros. Que, como quedades? :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 10:34 (UTC)[responder]

¡Sorprendido me has! --. HombreDHojalata.conversa 28 de novembro de 2016 ás 15:48 (UTC)[responder]
Pois é que aínda é máis, se buscas en "Recursos para aprender galego", filtras por tipo e seleccionas "curso", e sae o primeiro da lista! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 15:57 (UTC)[responder]

Elementos químicos editar

Ola!

Igual que cando se fusionan concellos, agora é necesario actualizar numerosos artigos en relación á nova denominación de catro elementos químicos: o nihonio, moscovio, téneso e oganesón (aquí referencia para os nomes). Cómpre revisar que as ligazóns aos nomes provisionais que tiveron quedan amañadas co novo nome, actualizar a etimoloxía, etc etc etc. Usuario:Miguelferig? Usuario:Xoio? Usuario:Lameiro?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2016 ás 09:09 (UTC)[responder]

Creo que, máis ou menos, está feito, Estevo. Pero cómpre que Miguel ou Xoio, que controlan idiomas, boten un vistazo á páxina de conversa de Nihonio. Puxen alí dous parágrafos que saquei do texto do artigo porque, segundo o que din na web de Gciencia non teñen que ver con este elemento senón co Moscovio e o Téneso; por se non é así preferín non borralos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de decembro de 2016 ás 12:42 (UTC)[responder]

Nomes en galego de Nh, Mc, Ts e Og editar

Unha vez que a IUPAC asignou os nomes dos elementos Ununtrio, Ununpentio, Ununseptio e Ununoctio comprendo que queiramos ter unha solución inmediata á procura dos seus nomes en galego. Así e todo, o galego é unha lingua de seu e non ten obriga de seguir as escollas da FundéuBBVA para o castelán (nihonio, moscovio, téneso, oganesón), independentemente que no futuro poidan chegar a coincidir. Sei que consultar as escollas doutras linguas da mesma familia é un procedemento común e pode axudar como orientación, no caso de Ts e Og hai máis solucións que as propostas pola entidade castelá. Para finalizar, aínda que as páxinas xornalísticas contribúen a construír a lingua, nun tema tan recente, mesmo sendo un sitio galego de temática científica, creo que non pode considerarse que teñan a capacidade normativa das fontes normativas habituais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 3 de decembro de 2016 ás 16:31 (UTC)[responder]

A min estráñame especialmente que se o nome proposto para o elemento 117 é tennessine (tennessine IUPAC) se traduza por tenesio. Téñase en conta que en elementos como berkelio (de Berkeley) pode parecer superficialmente que cortan o nome Berkeley en Berkel e engaden io, pero en realidade o nome da IUPAC dese elemento é berkelium, polo que é lóxico que se chame berkelio (Cita dos descubridores: ""It is suggested that element 97 be given the name berkelium (symbol Bk) after the city of Berkeley"). Pero se o nome proposto neste caso é tennessine o máis lóxico sería tennessino e non téneso ou ténnesso. Aínda que o nome procede de Tennessee, non estamos poñendo o seu xentilicio, nin abreviando a palabra ao noso gusto, senón que estamos a traducir o nome dado pola IUPAC tennessine. Se a IUPAC dese como nome tennessum (igual que se fixera con berkelium) sería lóxico dicir téneso, pero o que dá a IUPAC é tennessine. Por último, o elemento 118 está na mesma columna que neon, argon, kripton, xenon e radon, polo que me parece que poñelo como palabra con acentuación aguda é discutible tamén; por analoxía cos anteriores debería ser oganesson mellor que oganessón (en castelán o recomendable sería todo o contrario).--Miguelferig (conversa) 3 de decembro de 2016 ás 17:21 (UTC)[responder]
Despois de ler o documento da IUPAC, apoio, polas razóns que indico,
  • Nh Xaponio (o nome corresponde a 'Xapón' en xaponés)
  • Mc Moscovio
  • Ts Tennesio (en honor ó estado de Tennessee)
  • Og Oganessio (en honor a Y. Oganessian)

--Agremon(contacto) 24 de decembro de 2016 ás 17:12 (UTC)[responder]

O de xaponio é como se lle quixeses chamar alemanio ao elemento que se chama xermanio. O nome do elemento da IUPAC é germanium, o que orixina xermanio. Tradúcese a partir da palabra que dá a IUPAC como nome oficial, non do seu significado ou etimoloxía.--Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2016 ás 18:39 (UTC)[responder]
Tes razón no de Xaponio, ao menos en parte. Pero coido que hai que ter en conta a tradición latina... ben diferente da xaponesa. Agremon(contacto) 27 de decembro de 2016 ás 14:16 (UTC)[responder]
Na miña opinión, urxe recuperar os nomes provisorios mentres non haxa unha fonte autorizada que ditamine os nomes en galego, polo menos, para Ts e Og. Non podemos manter por máis tempo a proposta de nomes en castelán para Ts e Og como nomes en galego. Noutras ramas do coñecemento títulos de páxinas con esas características non permanecerían na Galipedia nin un só día. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de decembro de 2016 ás 19:35 (UTC)[responder]
  Concordo con Prevert, para os 4 elementos. Banjo tell me 26 de decembro de 2016 ás 21:30 (UTC)[responder]
Pero é que nós non podemos "escoller" nada, nós non podemos poñer os nomes ós artigos, temos que buscar fontes nas que basear a información en galego, e se non hai entón usar os nomes orixinais... Eu non coñezo o tema pero polo momento vexo que temos unha fonte científica en galego, eu penso que é abondo para nomealos, se no futuro aparecen outras fontes de maior entidade xa se cambiarán, mentres temos que usar o que temos agora. A non ser que non se considere abondo fiable esa fonte que niso xa non entro, nese caso non quedaría máis remedio que usar os nomes oficiais ata que aparezan referencias de máis calidade. Pero usar nomes que non estean baseados nunha referencia, non. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2016 ás 23:03 (UTC)[responder]
Elisardojm, o que se debate é que a fonte non é tal. Polos condicionantes de inmediatez do traballo xornalístico a fonte recolle a proposta de nomes en castelán da FundéuBBVA. Na miña opinión, o que expoñen Miguelferig e Agremon é que eses nomes, en particular os de Ts e Og, non concordan con escollas anteriores de nomes en galego e achegan razóns para demostralo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de decembro de 2016 ás 23:35 (UTC)[responder]
Prevert, non sei por que dis que o artigo segue as escollas da FundéuBBVA, no artigo non di nada sobre iso, que coinciden na nomenclatura?, si, pero iso non se aclara. O que si di o artigo literalmente é: "En galego serían nihonio, moscovio, téneso e oganesón (aínda que a decisión final queda agora en mans da Real Academia Galega)." Temos dúas opcións, aceptar esta fonte polo momento ou poñer os nomes oficiais ata que se pronuncie a RAG ou outra autoridade ó respecto. Se movemos os artigos ós nomes oficiais ó final teremos que movelos todos a narices, se os deixamos como están agora, cunha fonte científica e en galego, pode que teñamos que movelos, ou non, todos ou algún. Penso que é máis óptima a segunda opción... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2016 ás 23:48 (UTC)[responder]
Elisardojm, que algo apareza escrito nun sitio web, aínda que trate temas científicos, non quere dicir que sirva de fonte. Non estou entrando a valorar, neste momento, a calidade como fonte do sitio web, o que digo é que o proceso de produción da información xornalística leva a publicar información que non é precisa. A afirmación "En galego serían nihonio, moscovio, téneso e oganesón (aínda que a decisión final queda agora en mans da Real Academia Galega)" ten o mesmo valor que o puidera dicir eu nun bar nunha conversa informal. É unha simple especulación. Miguelferig explicouno moi ben arriba respecto a Og: "o elemento 118 está na mesma columna que neon, argon, kripton, xenon e radon, polo que me parece que poñelo como palabra con acentuación aguda é discutible tamén". Na táboa periódica podes comprobalo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 00:06 (UTC)[responder]
Vale, paréceme perfecto que se queiran usar fontes de maior calidade para referenciar os nomes. Entón entendo que neste caso a única posibilidade, segundo o que comentades, é usar os nomes oficiais da IUPAC, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 01:49 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Que Prevert corrixa se me trabuco, pero o que se propón é manter os títulos dos artigos e nomes en galego dos elementos como Ununtrio, Ununpentio, Ununseptio e Ununoctio, mantendo os novos símbolos e referencia ós nomes en inglés xa asignados pola IUPAC nos seus artigos, ata que haxa fontes máis fiables nas que basearnos para recoller os nomes en galego. Banjo tell me 27 de decembro de 2016 ás 07:56 (UTC)[responder]

Eu entendo que non, eses son os nomes provisionais que tiñan, agora a IUPAC xa presentou os nomes oficiais que son nihonium, moscovium, tennessine e oganesson... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 12:20 (UTC)[responder]
É a outra opción. Deixar os nomes oficiais en inglés como os nomes para os elementos... Pero así quedarían un pouco raros en comparación co resto, a verdade :S Banjo tell me 27 de decembro de 2016 ás 13:08 (UTC)[responder]
Estou con Banjo. Deixar os nomes provisionais. En todo caso, cunha notiña que diga que polo momento en galego non hai fontes fiables, ou mesmo, que temos varias opcións non consolidadas.--Agremon(contacto) 27 de decembro de 2016 ás 14:14 (UTC)[responder]
Pero os nomes provisionais..., tiñan referencia en galego? Eu non lla vin, ó mellor antes xa estaban mal e debían chamarse ununtrium, ununoctium, ununpentium, e ununseptium... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 16:08 (UTC)[responder]

A miña proposta é a que resumiu Banjo: recuperar Ununtrio, Ununpentio, Ununseptio e Ununoctio ata que poidamos substituílos polos nomes definitivos en galego. Ademais podemos engadir redireccións desde os nomes en inglés e, mesmo, considerar a posibilidade doutras redireccións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 16:10 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Bermejo, M. R.; González-Noya, A. M.; Vázquez, M. (2006). O nome e o símbolo dos elementos químicos (PDF). Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-4325-8.  Banjo tell me 27 de decembro de 2016 ás 16:23 (UTC)[responder]
Perfecto Banjo, eu agora xa o teño claro e concordo tamén en cambialos, grazas pola información. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 16:30 (UTC)[responder]
E hai referencia en galego para copernicio? Porque se non habería que movelo tamén a ununbio... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 16:33 (UTC)[responder]
O mesmo que para o Flerovio e Livermorio... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 16:38 (UTC)[responder]
Non atopei ningunha na rede para eses tres. Banjo tell me 27 de decembro de 2016 ás 16:55 (UTC)[responder]
No bUSCatermos aparecen Copernicio, Flerovio e Livermorio aínda que nas entrada remite ao Vocabulario de química da Facultade de Química da USC e aí non aparecen. Tamén inclúe nihonio, moscovio, ténnesso e oganesson nas mesmas circunstancias polo que non serve, polo de agora, como referencia. Haberá que investigar máis polo miúdo pero os casos de Copernicio, Flerovio e Livermorio semellan diferentes aos de Ts e Og polas regras de formación de nomes. Copernicio, Flerovio e Livermorio mesmo coinciden en castelán e portugués agás polo til. En todo caso, haberá que procurar fontes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 17:28 (UTC)[responder]
Se non hai referencias estamos no mesmo caso, é igual que coincidan co nome en castelán ou non, eses nomes son "inventados" e habería que cambialos ó nome antigo que é o que ten referencias en O nome e o símbolo dos elementos químicos que indicou Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 18:28 (UTC)[responder]
Elisardojm, quizais non me expresei ben. O nome e o símbolo dos elementos químicos é de 2006, polo tanto, non pode recoller os nomes en galego dos novos elementos químicos. No caso de Copernicio, Flerovio e Livermorio a marxe de "invención" é pouca, mudar -ium por -io seguindo a mesma regra que cos outros elementos que acaban en -ium. O exemplo que acheguei de portugués e castelán non foi co propósito de copialos senón para amosar que a variación neses elementos e en linguas da mesma familia só consistía nun til. Por suposto, que non podemos inventar nomes nin para uns elementos nin para outros. Respecto a Copernicio, Flerovio e Livermorio teño a impresión (podo estar trabucado) que habería que facer unha procura minuciosa sen limitarse a Internet. Outra cousa é adicar tempo a facela, pola miña banda non teño moito. Así que se a decisión é mudar eses nomes tamén a non ser que atope novos datos non direi nada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 19:32 (UTC)[responder]

Non entendo esta polémica (e menos retrotraernos a elementos anteriores). Temos unha páxina web que fixo unha proposta de nomes galegos para estes catro novos elementos, o Portal da Ciencia Galega (unha publicación dunha sociedade limitada, un xornal dixital, en definitiva) do que se discute se é referencia acreditada ou non. Non teñen, evidentemente, capacidade normativa, pero tampouco teñen tal capacidade moitas outras fontes que non discutimos aquí. Son unha xente con formación científica recoñecida, publicacións e Eduardo Rolland foi Premio Xunta de Galicia de Xornalismo Científico no ano 2004. Non son un ninguén. Non teñen capacidade normativa nin presumen diso, fixeron unha proposta e hai que recoñecer que teñen coñecementos para facelo. Mañá, a RAG poderá seguir ou non os seus razoamentos e sancionar, ou non, os catro nomes propostos. Mañán, xa que logo, faremos os cambios que cómpra facer. Non ten sentido manter aqueles nomes provisionais que, en calquera caso, hoxe xa non son válidos: mañá será Nihonio ou non, pero o que temos que ter claro é que Ununtrio xa non nos vale. Cabe engadir que hai unha lista de correo, USC-LEXITERM (nótese a sigla USC), coordinada por Xusto Rodríguez, que chegou ás mesmas conclusións que o Portal da Ciencia Galega. Así que, deixádeo estar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 20:39 (UTC)[responder]

Lameiro, se tes referencias para Ts, Og non tes máis que achegalas. Unha nova de urxencia feita nos días en que a IUPAC publicou o acordo asinada de xeito xenérico como GCiencia non semella moi fiable para quen coñeza como funcionan os medios de comunicación. O resto do que expós semella un xeito de tentar dar respectabilidade a algo que de por si non a ten. Resúltame difícil crer que as propostas de nomes en galego para Ts e Og sexan Téneso e Oganesón. Se hai persoas ou institucións que apoien eses nomes ten que ser ás claras cos nomes das persoas que as propoñen e as institucións que avalan esas propostas. Para finalizar, claro que poden permanecer os nomes Ununtrio, Ununpentio, Ununseptio e Ununoctio porque son os únicos que neste momento, na práctica, teñen existencia real. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de decembro de 2016 ás 21:25 (UTC)[responder]

Preguntas e respostas sobre propiedade intelectual editar

Boas, atopei esta páxina web que comenta bastantes conceptos de propiedade intelectual de forma bastante sinxela e indicando os artigos da lei nos que se basea. Decateime así que os sons gravados dos paxaros, e outros similares, só teñen dereitos de autor durante 50 anos desde a publicación deses sons. Pode ser interesante para algúns contidos que poderían reutilizarse. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 18:47 (UTC)[responder]

Grazas. Moi boa! Lédea! --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2016 ás 22:54 (UTC)[responder]

Ola a tod@s! Hai uns días un administrador retirou a ligazón a IMSLP de dous artigos canto menos (Johann Sebastian Bach e Gilles Binchois). Logo de tentar dialogar con el para fecerlle ver a importancia desta ferramenta persiste en eliminar a ligazón a este sitio web, polo que consulto á comunidade sobre o seu futuro. O que se pretende facer é que a ligazón a IMSLP apareza exclusivamente no "control de autoridades" en lugar de na sección "ligazóns externas" (o que se viña facendo ata agora, e que é o que se fai nas grandes Wikipedias como en, es, fr, de, it, pt, zh, ja, sv...), isto provoca que a ligazón a IMSLP permaneza practicamente oculta para a maioría dos usuarios que entran a consultar a Galipedia e que moitas veces non coñecen o seu funcionamento, e que mesmo coñecéndoo non consiguen ver a ligazón porque non esperan vala nese sitio (o lóxico é buscar ligazóns externas na sección "ligazóns externas"). O principal motivo para manter dita ligazón na sección "ligazóns externas" é a gran importancia que ten para os artigos, xa que IMSLP é a maior biblioteca de partituras libres que hai na rede, é polo tanto unha ferramenta moi útil que debería ser visible e facilmente accesible dende unha enciclopedia que comparte a visión do coñecemento libre (de feito dende IMSLP diríxen á Wikipedia para ver as biografías e outras páxinas relacionadas cos compositores). Os motivos que se expoñen para eliminar IMSLP da sección "ligazóns externas" son a existencia dos membros de pago (algo que non afecta ao acceso aos contidos, como calquera pode ver se intenta descargarse algunha partitura, senón que ofrece "outras vantaxes") e o feito de que sexa outro sitio wiki que calquera pode editar (algo evidente, xa que todo o mundo pode subir partituras cuxos dereitos de autor venceran). A calidade da Galipedia non reside só nos seus contidos, senón tamén nos recursos que achegue ás persoas que a consultan, tales como bibliografía e sitios web de interese que poden dar unha visión máis ampla do que calquera artigo pode chegar a ser. O que debería primar por riba das políticas é o servizo que se ofrece ás persoas que consultan a Galipedia, e deixar unha páxina desa relevancia nun lugar pouco accesible e visible mingua moito o servizo que pode ofrecer a Galipedia.

As solucións:

  1. Duplicar a ligazón a IMSLP para que apareza nas "ligazóns externas" e no "control de autoridades".
  2. Eliminar a ligazón a IMSLP do "control de autoridades" para deixala só nas "ligazóns externas".

Grazas a tod@s pola vosa participación. --Piquito (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]

Penso que esa ligazón externa non ten porqué ter máis peso nos artigos, nin tratamento máis privilexiado, que as ligazóns a Dialnet, Galiciana, BNE etc que poden ter artigos doutras temáticas e que estamos poñendo no Control de autoridades (exemplo). A Galipedia puxo en funcionamento este sistema das ligazóns externas no control de autoridades, antes incluso que wikipedias grandes como a Wikipedia en castelán. Agora o empregan 90 wikipedias, tirando dos datos centralizados en Wikidata. É algo que está moi ben e é unha mellora, fronte a poñer máis e máis liñas na sección de "ligazóns externas". --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2016 ás 00:06 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, ambos casos non son comparables, a obra dun escritor pode estar en 20 bibliotecas virtuais e obviamente non se van poñer as 20 nas ligazóns externas; no caso das partituras non é así, se queres atopar unha partitura sen dereitos de autor de xeito gratuíto vas procurar en IMSLP, é o sitio web de referencia, non hai nada comparable a esa páxina, non é o mesmo que no caso que citas ti de Rosalía. No caso dos compositores é importante ter acceso ás partituras, o resto de bibliografía é accesoria e xa se presenta unha escolma na sección de "bibliografía" (isto é, para un artigo dun compositor é máis relevante que apareza o IMSLP na sección de ligazóns externas que unha ligazón a Galiciana, BNE, Dialnet... ou a que queiras, que poden ir perfectamente onde van). A Wikipedia en lingua inglesa emprega o "control de autoridades" (creo que mesmo antes de implantarse aquí) e decidiron non incluir IMSLP, por algo será, teñen moita xente que entende do tema e se deciden non incluílo será por algo, non é teima miña. Hai que ver cada caso, e no caso desta ligazón en concreto o mellor é dar acceso directo dende a sección de ligazóns externas, aparecendo de xeito visible e accesible sen maior complicación. En resumo, que para unha páxina web con acceso gratuíto a partituras que que hai vamos poñela, oh. Piquito (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 21:24 (UTC)[responder]

Categorías de seres vivos por países editar

Unha reflexión sobre as categorías de localización xeográfica por países nos artigos sobre seres vivos, a ver que opinan os demais. Na miña opinión non teñen moito sentido as categorías de seres vivos por países, é dicir, por exemplo, categoría aves de Paquistán, aves de Bolivia, aves de Estados Unidos, aves de Nixeria, aves de... ou mamíferos de... ou réptiles de... A única excepción que si creo conveniente é a categoría de seres vivos de Galicia, xa que é lóxico e ten interese na nosa wikipedia agrupar os seres vivos da flora e fauna galegas, e, por tanto, podería haber aves de Galicia, réptiles de Galicia etc. (e xa hai). Se se quere facer unha localización xeográfica dos seres vivos en categorías creo que é moito máis lóxico facer categorías por continentes, é dicir, mamíferos de África, mamíferos de Europa, aves de América etc. (en parte xa os hai). Opino que por países non deberiamos facer categorías porque as áreas de distribución son case sempre rexións do mundo relativamente amplas que non se ateñen a fronteiras dos estados (por iso as categorías por continentes son máis axeitadas), máis que ter un interese científico teñen principalmente un interese político ou particular (por iso para nós é bo ter a categoría aves de Galicia, por exemplo, pero non o é tanto aves de Mongolia), hai centos de países no mundo e habería que facer centos de categorías (a sección de categorías de cada páxina quedaría moitas veces ateigada de categorías), as páxinas xa teñen unha sección sobre área de distribución do animal ou planta onde se di onde vive ese ser vivo (non hai perda de información). Noutras wikipedias de idiomas falados en varios países é máis lóxico que utilicen estas categorías por países. Así, se un estadounidense crea a páxina mamíferos de Estados Unidos, pois despois un inglés creará mamíferos de Reino Unido (lóxico, a ambos lles interesa igual que a nós nos interesa a categoría de fauna galega), pero despois fan o mesmo os australianos, canadenses, neozelandeses, irlandeses e moitos países con lingua oficial ou cooficial inglesa (Nixeria, Suráfrica, India...) e como xa empezaron a facer iso, pois teñen que estendelo a todos os países. Pero eu non vexo que para nós sexa práctico nin mellore gran cousa a galipedia.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 17:28 (UTC)[responder]

Concordo absolutamente, e xa era tempo que alguén chamase a atención sobre o absurdo que resulta categorizar un ser vivo polos países onde se poida atopar. Faltouche dicir que non temos un criterio para decidir cando categorizar un animal por país: ¿cando vive alí, cando cría, cando se detecta a súa presenza (estable, ocasional)? Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 18:48 (UTC)[responder]
De acordo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 30 de decembro de 2016 ás 19:40 (UTC)[responder]
Eu non o vexo tan claro, se non o facemos para o resto de países, aplicando o mesmo criterio non deberíamos facelo tampouco para Galicia. E se o facemos para Galicia, cando se queira/poida facer, debería permitirse facerse para o resto de países/comunidades. Con isto non estou dicindo que teñamos que facelo, se non que debemos ter posibilidade de facelo. A principal razón para isto é que esta non é a wikipedia de Galicia, é a wikipedia en galego. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 20:17 (UTC)[responder]
É a wikipedia en galego, pero os que falan galego viven normalmente en Galicia ou son de procedencia galega, agás casos anecdóticos, a diferenza do exemplo que puxera eu de países do antigo Imperio Británico. Paréceme lóxico reunir nunha categoría as especies da fauna e flora galega, porque na galipedia teremos que facer artigos de todas as especies do mundo e é útil saber cales delas podemos velas por aquí. Pero se non queredes, por min poden deixarse só as de continentes. Pero por países creo que non estaría ben. Estou lembrando agora unha especie de ave que tiña un mapa de distribución cunha banda que ía desde Inglaterra a Xapón pasando por todo o centro de Asia (só estaba ausente de Siberia e das zonas tropicais de máis ao sur); para ela habería que poñer unhas trinta ou corenta categorías de países. É mellor poñer só dúas: aves de Europa e aves de Asia.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 20:44 (UTC)[responder]
  Concordo con Miguelferig (clasificamos o ser humano como mamífero dos 200 estados?); e si, faría a excepción con animais presentes en Galicia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2016 ás 21:56 (UTC)[responder]
Si que o facemos Estevo(aei), temos Categoría:Pintores de Alemaña, Categoría:Escritores da China, Categoría:Actores do Xapón... Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 00:26 (UTC)[responder]
Pois claro, un escritor, un investigador etc. teñen nacionalidade (unha categoría por artigo), pero unha gaivota non ten nacionalidade, e o ser humano tratado zooloxicamente como ser vivo mamífero tampouco; en todo caso habería que dar a súa área de distribución que son todos os países do mundo (dúascentas categorías, pero TODAS XUNTAS na mesma páxina), e ese foi o exemplo que puxo Estevoaei sobre o ser humano.--Miguelferig (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 01:02 (UTC)[responder]
Cambio de terzo, credes entón que todas estas categorías, en:Category:Mammals_by_country e es:Categoría:Mamíferos por país, non as podemos ter na Galipedia? Se as teñen 30 wikis, por que nós non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 01:50 (UTC)[responder]
Elisardo. Non vale utilizar unhas veces o argumento de que somos unha wiki coas nosas propias regras cando alguén pon os precedentes doutras wikis; e noutras ocasións lembrar que as outras wikis o fan así como argumento para facelo tamén nós. ¿Por que eles si e nós non? Porque aquí temos un Miguelferig que pon riba da mesa o absurdo desta categorización, e eles non son tan afortunados. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:07 (UTC)[responder]
:D, niso tes toda a razón do mundo Lameiro, moitas grazas ós dous por desborricarme e ter tanta paciencia. Saúdos e que teñades unha noitevella para lembrar!! Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:21 (UTC)[responder]
  Concordo Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 12:23 (UTC)[responder]

Siglas e nomes sindicatos editar

Veño de comprobar no artigo Confederación Nacional do Traballo‎ que traducimos moitas siglas, e incluso nomes como o do propio artigo, cando non deberíamos. Por exemplo, o noso artigo chámase Confederación Nacional do Traballo mentres que na páxina oficial do sindicato (en galego) refírense a si mesmos como Confederación Nacional del Trabajo. Lendo o corpo do artigo lin moitos UXT, porén na web deste sindicato (tamén en galego) aparecen as siglas como UGT véxase ugtgalicia.org. O cal me leva a lembrar outros casos de traducións de siglas que non debíamos traducir (MS-DOUS!!). Pode que estea equivocado eu, pero a primeira vista habería que cambialo. --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 11:19 (UTC)[responder]

No caso de MS-DOUS non é unha tradución (ben feita), senón un erro porque DOS non se refire ao número 2, senón a D.O.S. En cambio UXT é unha tradución ben feita; outra cousa é que sexa conveniente traducilo ou non.--Miguelferig (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 11:41 (UTC)[responder]
@Miguelferig: Xa sei que é Disk Operating System, o que dicía é que hai máis de un que pensa que é un 2 e por iso o cambian a MS-DOUS. De todas formas o importante non é o MS-DOS son os nomes dos sindicatos, o que pretendía era poñer outro exemplo de "traducións ao galego" que non son necesarias. --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 11:45 (UTC)[responder]
A UXT en galego é Unión Xeral de Traballadores, como pode verse aquí no apartado Que é a Unión Xeral de Traballadores?, e tamén podes velo nas imaxes de publicidade da súa web, unhas poñen UGT e outras UXT. De sempre, en galego, vin e escoitei UXT, penso que o que habería que cambiar é o artigo Unión General de Trabajadores a Unión Xeral de Traballadores. O problema é que cada caso é do seu pai e a súa nai... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 13:51 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Non sei como se adoitan dicir en galego os nomes destes sindicatos, por iso preguntaba. Se é como dis haberá que cambialo ao haber referencias en galego para os nomes. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 10:47 (UTC)[responder]
Eu o que quería dicir é que hai que tratar cada caso por separado e con coidado porque cada un ten unha historia diferente... Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 13:03 (UTC)[responder]
Eu concordo co que comenta Elisardo (cada caso é cada caso) e tamén con Miguelferig (unha cousa é unha sigla errada, outra unha sigla traducida). Non vexo polo tanto maiores problemas. Pódese pór CXT ou CGT, UXT ou UGT, ACNUR ou UNHCR, ONU ou UNO, PNV ou EHJ. Os vascos, por exemplo, empregan seguido o dobre siglado. Simplemente cómpre ter coidado e man esquerda para non levar o lector a confusión, pero máis nada. Por outra banda, coido que colocar un marcador de atención por unha cuestión como a sigla resulta excesivo. Para casos concretos de especial dificultade, todo o máis penso que habería que chantar un cómprereferencia no lugar que o precise. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 5 de xaneiro de 2017 ás 17:55 (UTC)[responder]
Ok. Só preguntaba desde o descoñecemento tampouco hai que facer un mundo disto. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 18:15 (UTC)[responder]

Aínda que xa que sae o tema do marcador de atención, habería que facer unha revisión dos artigos que teñen ese marcador a ver se realmente o necesitan... Artello (nunha páxina de homónimos sobre se hai que poñer referencias ou non), Cabo San Lucas (un artigo dunha frase no que Cómpre revisión completa de datos, contido, lingua e referencias!), por poñer algún exemplo. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 18:22 (UTC)[responder]

Artello leva o marcador de atención porque hai que retirar as referencias nesa páxina segundo marca a política que se indica. Engadino eu porque no seu momento non tiven tempo de pararme a arranxalo, deixándoo indicado para que outro puidese revisalo. Cabo San Lucas leva o marcador (engadido por bot) por estar relacionado con isto, sendo tan curto só precisa un repaso rápido (ou borrado, segundo se vexa) para quitarlle o marcador. Banjo tell me 5 de xaneiro de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]
Cabo San Lucas é un dos moitos artigos creados por Marrovi. Eu propuxen borralos todos, polos seus erros patentes e diversos e pola súa irrelevancia, pero non me deixaron, había que darlle un prazo a ver que facía. Canto ó fondo da cuestión (traducir ou non as siglas), eu creo que si. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 18:55 (UTC)[responder]
Eu creo que as siglas só deben poñerse en galego se o sindicato/partido as usa así ou hai referencias do seu uso, noutro caso non podemos. Agora ben, de onde podemos sacar referencias en galego para este tema? Pois non teño nin idea, o único que se me ocorre é que esas entidades teñan sección en Galicia e publiquen información en galego co seu nome traducido. Noutro caso non sei doutras fontes de calidade que poidan ter esa información. Pensade que se non o facemos así, nos artigos tería tamén que admitirse o uso destas siglas traducidas, cousa que, se non tiveran referencias, sería incorrecta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2017 ás 23:57 (UTC)[responder]

Mapa de parroquias de Galicia editar

Se alguén quere un mapa das parroquias de Galicia pode descargalo en pdf aquí, ademais a licenza é compatible coa de Commons! Óllo, o tamaño é de 90 MB. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 12:41 (UTC)[responder]

E actualizado co último concello fusionado de Cerdedo-Cotobade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 12:46 (UTC)[responder]
Moitas grazas polo aviso! Eu xa o descarguei ;) --Chairego apc (conversa) 25 de xaneiro de 2017 ás 14:45 (UTC)[responder]
Inda que no enunciado di que son 90 MB, realmente son menos de 29 MB. Elisardo, súbeo a Wikimedia Commons. Dalle! --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2017 ás 15:06 (UTC)[responder]
Grazas Elisardojm. Moi bo recurso, como referencia para verificar os mapas que xa temos e como fonte para facer os mapas das parroquias de cada concello. Un cordial saúdo. --Prevertgl 25 de xaneiro de 2017 ás 15:48 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Para iso, Prevert, hai unha ferramenta mellor: http://mapas.xunta.gal/visores/descargas Proba a consultar os límites dunha parroquia concreta. Para iso hai que premer (na parte superior dereita) na lupa. Selecciónar TerritorialProvincia (a que sexa) → Concello (ídem) → Parroquia (ídem) e premer na lupa. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2017 ás 16:21 (UTC)[responder]

Grazas HombreDHojalata. Moi bo recurso tamén, a vantaxe que lle vexo á primeira é que xa están incluídos os límites de todas as parroquias, así e todo coa combinación das dúas a información é exacta. (Imos ter que retirar os mapas que temos nalgunhas parroquias que non reproducen correctamente os límites, xa que a fonte é clara). Por certo, temos algunha páxina que recolla todos estes recursos? Un cordial saúdo. --Prevertgl 25 de xaneiro de 2017 ás 16:31 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, intentei subilo onte pero deume erro porque di que ten algo de código que pode afectar ó navegador e non me deixou. Pedín axuda en Commons para ver se pode solucionarse, se non intentarei pasalo a jpg, se é que se pode. Prevert, temos as páxinas Wikipedia:Recursos de dominio público e Wikipedia:Recursos útiles pero a verdade é que non están actualizadas coas achegas que se van facendo na taberna :(. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Aí van:

--. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2017 ás 11:34 (UTC)[responder]

Moitas grazas HombreDHojalata, tes pendente explicar como fixeches para que che deixara subir o pdf :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 15:15 (UTC)[responder]
Pois non son consciente de ter feito nada especial. Dinlle a Subir un ficheiro… e subiu. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]

Grazas Elisardojm. Haberá que actualizalas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de xaneiro de 2017 ás 18:04 (UTC)[responder]

Ah, pois é que eu usei o asistente, estará aí o problema... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2017 ás 22:16 (UTC)[responder]

¿Por que non se visualiza a imaxe no artigo Os Campaneiros de Vilagarcía? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 29 de xaneiro de 2017 ás 18:41 (UTC)[responder]

Xa está arranxado. Ese modelo precisa poñer os corchetes e ficheiro con dous puntos para que se vexan as imaxes. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 29 de xaneiro de 2017 ás 18:49 (UTC)[responder]

traballo para un bot editar

Temos 158 ocorrencias de "a penas", cando a forma correcta segundo o DRAG é apenas, xunto (e como en castelán, si). Demasiados erros para corrixilos á man, así que ¿non podería encargarse un bot de revisar os casos erróneos? Pedro --Lameiro (conversa) 29 de xaneiro de 2017 ás 21:30 (UTC)[responder]

Feito. Non todos son "apenas", hai moitas condenas "a penas" de prisión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 30 de xaneiro de 2017 ás 00:49 (UTC) Nota: quedaron algúns que non detectou o bot. --Prevertgl 30 de xaneiro de 2017 ás 00:58 (UTC) Mudou 105. --Prevertgl 30 de xaneiro de 2017 ás 01:02 (UTC) Completo. En total 141. --Prevertgl 30 de xaneiro de 2017 ás 13:50 (UTC)[responder]

100 artigos de calidade editar

Ola a tod@s! Hoxe, 2 de febreiro de 2017, a Galipedia alcanzou a marca de 100 artigos de calidade. Creo que podemos sentirnos tod@s moi felices e orgullosos por ter conseguido este logro. Quen ía pensar hai non moitos anos que a estas alturas iamos acadar os tres díxitos! Quero aproveitar para agradecer e felicitar a tod@s @s usuari@s que algunha vez participaran nas votacións, tanto propoñendo artigos, como valorándoos, corrixíndoos, mellorándoos nalgún aspecto... Agora temos 100 artigos excepcionais, dun altísimo nivel todos eles, e de moitas temáticas distintes, e se chegamos a 100 podemos chegar a 150, ou a 200... quero felicitar a toda a comunidade por este éxito colectivo e animar a tod@s @s usuari@s a seguir participando para seguir medrando e que a Galipedia consiga ser a fonte de consulta de referencia na rede. Saúdos e parabéns a tod@s!! Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]

Xenial!!, que veñan pronto os 100 seguintes! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 04:05 (UTC)[responder]

Categoría para canción editar

Estou redactando un artigo sobre unha canción de Emilio Cao e crear unha categoría (Cancións de Emilio Cao), mentres non haxa máis artigos, para un só artigo paréceme excesivo. Penso que, polo de agora, é mellor clasificalo na categoría Cancións de Galicia (que colgue de Cancións), que tampouco existe pero que ten máis posibilidades de poboarse que a anterior. Comento isto aquí por se tedes outra opinión. Un cordial. --Prevertgl 14 de febreiro de 2017 ás 20:20 (UTC)[responder]

@Prevert: "Cancións de Galicia" sona un pouco forzado... resúltame difícil acoutar unha canción a un país/territorio/rexión... Eu diría que case mellor sería "cancións en lingua galega" e "cancións de artistas de Galicia" ou "cancións de grupos musicais de Galicia". Así teríamos unha base para seguir as estruturas de "Cancións en lingua XXX" e "Cancións de artistas de XXX" e/ou "Cancións de grupos musicais de XXX". Banjo tell me 14 de febreiro de 2017 ás 21:00 (UTC)[responder]
Ok Banjo. Pensei niso pola estrutura que hai, gústame máis Cancións en lingua galega. Paso a cambiala. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de febreiro de 2017 ás 21:05 (UTC)[responder]

Nome de elemento químico editar

Ne-on, Arg-on, Cript-on, Xen-on, Rad-on, Oganes-ón? (ss?) ※ Sobreira ►〓 parlez 20 de febreiro de 2017 ás 13:45 (UTC)[responder]

  • Vexo que xa se comentou en decembro, cando estaba de baixa. Recoñezo que nós non podemos propór ou decidir ó noso gusto, senón buscar en fontes acreditadas. Se non parece haber máis que GCiencia, avaliar se é fiable ou non. Para min, a tónica de oganesón desacredita a fonte. Vou ver se podo investigar respecto á decisión da RAG. ※ Sobreira ►〓 parlez 20 de febreiro de 2017 ás 14:03 (UTC)[responder]
No bUSCatermos teñen oganesson e ténnesso. Segue sendo unha referencia feble pero, na miña opinión, mellor que a de GCiencia polo xa dito no outro fío. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de febreiro de 2017 ás 20:48 (UTC)[responder]
Xa está pasado pola Comisión: oganesson & ténnesso. Con tanto código non sei se é dependente da sesión ou da IP de orixe; con todo, non é difícil ir a Tergal (ou [1]) e buscar pola palabra correspondente. ※ Sobreira ►〓 parlez 22 de febreiro de 2017 ás 16:04 (UTC)[responder]
Moitas grazas Sobreira. Un saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 16:10 (UTC)[responder]
Desculpa. Non me decatei ata que rematei os cambios. --Prevertgl 25 de febreiro de 2017 ás 14:52 (UTC)[responder]

Poboación de hai anos editar

¿Como conseguir a poboación dun concello determinado (Sanxenxo, neste caso) de 1900, 1930, 1950 e 1981? Necesito eses datos para encher o modelo Hab info. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 19:42 (UTC)[responder]

En http://www.ine.es/intercensal/ . Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de febreiro de 2017 ás 19:51 (UTC)[responder]
Moi ben, grazas. Xa teño as cifras que me faltaban pero... ¿cales son as que usamos na Galipedia: a poboación de feito (como tal, 12.003 en 1950) ou a de dereito (12.548)? Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 12:01 (UTC)[responder]
Entendo que é a de dereito, na páxina di que a partir de 2001 a poboación é a de residentes, que é a de dereito. De feito a partir desa data a poboación de feito xa non a poñen... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 13:17 (UTC)[responder]
Corrixido. E volvendo ó artigo de Sanxenxo, hai un gráfico de barras que recolle a evolución da poboación ata 2013. Agora que temos os datos ata 2016 habería que engadir novas barras, pero nin idea de como se fai. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 14:18 (UTC)[responder]
E acabo de fixarme que nese gráfico de barras, os datos de 1930 e 1950 correspponden á poboación de feito (outros anos non o sei), co que hai unha incoherencia entre ese gráfico e a táboa "Hab info" que puxen inmediatamente debaixo. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 14:25 (UTC)[responder]

Sobre poboación de feito e de dereito. Cando comezamos con eses marcadores, se a memoria non me engana, comezamos coa poboación de feito. No artigo Ourense repasei o historial e vexo que se confirma. Haberá que mirar máis. Ademais, a advertencia nos modelos sobre as diferenzas entre INE e IGE era porque cando había datos en ambolos sitios web en certos períodos non coincidían. Por outra banda, no artigo Lugo onde o dato é mais recente puxeron a poboación de dereito. Iso quere dicir que non todos os datos editados seguen o mesmo criterio. Dúas cousas: penso que habería que seguir coa de feito pero en todo caso nas refrencias advertir de cal delas se trata. Neste momento non teño tempo para máis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 14:29 (UTC) (Nota: estaba escribindo isto cando houbo un conflito de edición). --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 14:30 (UTC)[responder]

Que usemos nuns casos un criterio (feito) e noutros casos outro (dereito) non me estraña nada: somos cojonudos pero un pouco caóticos. E cómpre ir fixando criterios, coma este, no libro de estilo, nos modelos ou onde sexa. O que non comparto é esa advertencia "de cal delas se trata", xa que -por coherencia- só podemos ter un único criterio. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 14:55 (UTC)[responder]
Estou de acordo en que hai que fixar un criterio. O criterio cando comezamos con iso era poñer a que agora aparece como de feito tal como ti mesmo comprobaches. Como sabes na Galipedia editan moitas persoas, e algunhas vía traducións ou por outros motivos non seguiron ese criterio. O que dixen antes, e aclaro, é que se non se vai seguir o criterio de feito quen consulte a Galipedia debe ter algunha indicación de que poboación se trata. Se ti queres unificar todos os artigos segundo un criterio, ben un ben outro, por min adiante. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2017 ás 15:05 (UTC)[responder]

Fonte para lugares das parroquias editar

Boas, Antes de nada perdón se non é a sección axeitada. Son o profe coordinador do proxecto CPI_Coristanco_2016, que estamos a tentar reanimalo un pouquiño. Pensabamos facer unha actividade na que tentar que o alumnado do centro completase os artigos dos lugares e parroquias de Coristanco e se nos plantexa unha dúbida. En que nos baseamos para incluír un lugar? por exemplo, o lugar de "o cerrapio" aparece no nomenclator, pero logo non o fai no INE nin no IGE, polo que non podemos poñer, por exemplo, datos demográficos. Existe algunha outra referencia aceptada para obter información sobre estes lugares? Abonda con que existan no nomenclator para incluílos? Grazas Procastino (conversa) 23 de febreiro de 2017 ás 19:04 (UTC)[responder]

Non hai un criterio mínimo, aínda que sería recomendable que seguisen o modelo establecido para os lugares, coa caixa de información e de outros lugares e parroquias. O Nomenclátor da Xunta é a base para a súa creación, e o INE/IGE para a poboación, aínda que como comentas moitas veces non coinciden. A partir de aí pode usarse calquera fonte acreditada que haxa dispoñible, se é que existe. Para moitos lugares probablemente non haxa moita información dispoñible. Precisamente hoxe atopei esta web da Xunta onde se pode consultar os PXOMs, aí pode que haxa algo. Banjo tell me 23 de febreiro de 2017 ás 19:15 (UTC)[responder]
Ok, moitas grazas... non sei logo se aínda se daría o caso, pero unha das cousas que estabamos a pensar era en poñer imaxes dos lugares igual que os hai das parroquias. Se non atopamos máis información acreditada dun lugar, sería correcto crear o seu artigo unicamente cunha imaxe? Procastino (conversa) 23 de febreiro de 2017 ás 20:08 (UTC)[responder]
Seguindo a estrutura xeral dos artigos de lugares e incluíndo un contido mínimo adicional a maiores da imaxe (introdución básica, caixa de información, caixas de outros lugares e parroquias, categorías, marcador de en progreso) poden crearse sen problemas. Banjo tell me 23 de febreiro de 2017 ás 20:16 (UTC)[responder]
Si Procastino, poden crearse os artigos dos lugares, sempre e cando aparezan no Nomenclátor da Xunta. Se para un lugar non atopades referencias para indicar a súa poboación, pois non as poderá levar, non pasa nada. Pero tampouco hai que limitarse ás referencias na web, ó mellor o concello ten algunha información sobre iso ou publicaron algún libro. Iso si, como di Banjo debedes seguir a estrutura dos outros artigos dese tipo, como por exemplo o de Agrilloi de Abaixo, A Agualada, Coristanco. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 11:07 (UTC)[responder]
Usuario:Procastino/Usuario:Elisardojm/Usuario:Banjo En cuestión de días (ou dúas semanas, dado o antroido) teño idea de conseguir tódalas poboacións dos últimos anos de concellos, parroquias incluídas. Aviso por se queredes agardar para metelo nun bot. Xa que é para o choio conto con facelo seguro antes ou despois. ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de febreiro de 2017 ás 09:23 (UTC)[responder]
E por certo, non me restrinxiría ó nomenclator (refírome ó nomenclátor pequeno, de ~37k, descoñezo se é ese o colgado). En breve estará a nova páxina do ProxTopoGz e aí aparecerán poboacións, entidades, lugares, etc. a esgalla. Precisamente o do choio que comentaba será para actualizar algunhas delas (as deshabitadas). ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de febreiro de 2017 ás 09:48 (UTC)[responder]

Ok, comprendido! grazas polas respostas :) Procastino (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 10:28 (UTC)[responder]

E, dándolle máis voltas ás fontes. Estou traballando no artigo de Sanxenxo e as súas parroquias, e acabo de comprobar que teño dúas fontes escritas (Os concellos galegos, 1993, e Galicia en Comarcas, 2005) que dan cifras diferentes na superficie das parroquias. Ás veces as diferenzas son menores (Nantes mide 4,3 km2 en Os Concellos e 4,24 en Comarcas), pero noutros casos as diferenzas son substanciais (Gondar mide 2,5 e 4,09 respectivamente). Estas diferenzas teñen consecuencia, naturalmente, na superficie do concello: 44,1 e 44,96 km2, respectivamente. ¿Hai algunha fonte oficial da que tomar este dato? As dúas fontes que vos dou son, ó meu criterio, referencias fiables, serias ... pero contraditorias, e non teño argumentos para confiar máis nunha que noutra. ¿Como solucionar isto? Non o comprobei pero seguramente estas mesmas diferenzas se dean nos outros concellos. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 12:20 (UTC)[responder]

Eu tamén as teño nos meus datos (que asumo que son os do PTG). Non sei a solución, pero eu axustaríame á última medición (12 anos despois). En concreto de Sanxenxo (44,93-17.077) teño: Parroquia-Superficie-Poboación Adina (Santa María) 7,45 4.630 Arra (San Amaro) 1,95 376 Bordóns (San Pedro) 2,50 601 Dorrón (San Xoán) 4,20 1.376 Gondar (San Tomé) 3,93 833 Nantes (Santa Baia) 4,33 772 Noalla (Santo Estevo) 10,90 2.524 Padriñán (San Xenxo) 4,91 3.692 Vilalonga (San Pedro) 4,77 2.273 As parroquias son como as cascudas: Tamén se recalculan, mesmo cambian e desaparecen. ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de febreiro de 2017 ás 14:11 (UTC)[responder]

@Sobreira: ¿que é o PTG? Os teus datos son distintos dos que achegan as miñas dúas fontes, co que xa temos tres valores a escoller. Dás máis fiabilidade ó estudo máis recente (no meu caso Galicia en Comarcas, 2005, o que me parece un criterio sensato, pero ¿de que data é ese PTG? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 18:29 (UTC)[responder]

Pois tampouco parece hacer acordo co que mide unha praia, mesmo a de Silgar que ten os extremos ben definidos. No artigo Sanxenxo dicimos que mide 800 m; no artigo sobre a propia praia de Silgar mide 750 m, e neste damos como referencia a web de Turismo.gal, ¡que di que mide 600 m!. Unha colección de folletiños sobre as praias que publicou La Voz (non anotei a data), mide 785 m, pero en "Disfrutar Galicia", tamén de La Voz (2014) mide 750 m, o mesmo que nunha Guía das praias de Pontevedra de 1993. E se colles o Sixpac e mides a praia á man, son 763 metros. Non é que isto teña maior problema pero fixádevos que tódalas fontes dan 750-785 metros fronte a Turismo.gal que a reduce a 600 m (non teño en conta Galipedia como fonte). E Turismo.gal é unha referencia que consideramos fiable, como mínimo para isto das praias. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de febreiro de 2017 ás 20:00 (UTC)[responder]

  • User:Lameiro O PTG é o Proxecto de Toponimia de Galicia. Se non lembro e sei mal son do 2012, pero non sei onde están públicas, de momento. Eu téñoas para traballar con elas, pero non sei se son confidenciais. Quizais no SIXPAC haxa algo. O luns podo preguntar, e confirmar a data. E se non están públicas pedir que se inclúan eses datos cando se colguen. ※ Sobreira ►〓 parlez 25 de febreiro de 2017 ás 21:47 (UTC)[responder]
  • Lameiro, alégrome que o recurso sexa útil. Respecto ao tema das praias, parece o típico dato que uns copian a outros. Os 750 m da praia de Silgar penso que saen da guía de praias do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Formulas unha cuestión moi interesante co exemplo de Silgar: por unha banda, como se fan as medidas, por outra, a precisión das mesmas. Nun temario para as oposicións de axentes forestais da Xunta falan de distancia real ou topográfica; distancia natural ou xeométrica; distancia horizontal, reducida ou reducida ao horizonte. Para o caso a segunda e a terceira son iguais, na praia non hai diferenzas de nivel, polo tanto, as dúas miden a liña recta que une os extremos da praia (este valor é o que obtemos nos mapas). Esa cifra é distinta da distancia real resultante de medir o contorno da praia (segundo a precisión desa medición, para isto o número de tramos que trazamos, obtemos un dato máis ou menos preciso). Nun regulamento de concesións marítimas da Armada de Chile atopei algo sobre que se medía coa preamar, non sei se iso é extensible a todos os casos. Se te fixas na guía de praias do ministerio, non é mesmo medir sobre a ortofoto que sobre o mapa base. Ambalas medicións dan un valor superior a 750 m (refírome ao contorno). Habería que saber en que data fixeron a medida, se a praia cambiou co tempo ou onde establecen os límites para comezar e rematar a medida. Penso que facer unha medida sobre os mapas e recursos de satélite pode servir para desbotar datos erróneos, pero sen saber en que condicións fixeron a medición dificilmente podemos determinar se o valor que ofrecen é exacto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de febreiro de 2017 ás 02:07 (UTC)[responder]
Grazas Sobreira, haberá que comezar a poñer referencias nas superficies dos concellos (os que non as teñan). Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de febreiro de 2017 ás 14:28 (UTC)[responder]
Grazas pola información Sobreira. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 01:43 (UTC)[responder]
@Prevert:@Lameiro:@Procastino:@Elisardojm:Para a fonte de User:Sobreira/topo#Censo, superficie, webs, coordenadas e toponimia dos concellos de Galicia, acabo de explicitala mellor. ※ Sobreira ►〓 parlez 30 de marzo de 2017 ás 11:25 (UTC)[responder]

De onde sae que ó Grupo Galaico de Arte Rupestre se lle chame así e non doutro xeito? ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de febreiro de 2017 ás 14:27 (UTC)[responder]

  • É unha denominación xa vella, de 1992 polo menos. Aparece, por exemplo, en traballos de arqueoloxía, publicados na revistra do CSIC por De la Peña Santos e outros: "El millar largo de complejos de grabados rupestres al aire libre sobre soporte granítico que integran lo que en otro lugar hemos definido como "Grupo Galaico de Arte Rupestre" (Peña Santos, 1992; Peña Santos y Rey García, 1993), con su acusadísima personalidad y fuerte carga estética, constituye sin lugar a dudas el fenómeno más peculiar de los producidos en el área galaica durante la Antigüedad" ("El arte rupestre galaico: una reflexión crítica sobre el presente y una propuesta para el futuro", en Trabajos de Prehistoria, 51, 1994). Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 16:01 (UTC)[responder]

Barbanza, Barbantia, Brabantia, Bravantia e Brabante editar

Nin flowers (nin atopei ó buscar). Polo que di [2] o dolmen é DO. Entón o único DA sería a Comarca da Xunta, pero si que é certo que as comarcas tenden a ser femininas, sobre todo no norte (A Ulla, A Ulloa, A Mariña; BUT O Eume, O Sar, Os (montes) Ancares, O Ca/ourel) e no sur case todas masculinas (O Salnés, O Morrazo, O Condado, O Ribeiro BUT A Paradanta, A Limia). Non semella haber regularidade tampouco se o nome vén dun río ou non, salvo que sexa pola terminación en -a (para ríos en -a, "o" sería para o río e "a" sería para a comarca), e/ou que Eume e Sar poidan ser de nova creación (por iso contrastaría co anterior, ademais de que non rematan en -a), é dicir, non patrimonais nin tradicionais. ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de febreiro de 2017 ás 21:56 (UTC)[responder]

@Lameiro: Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#BandeSobreira ►〓 parlez 28 de setembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]

Referenciar a información editar

Estou vendo estes días que temos cifras diferentes da poboación de concellos, parroquias e lugares (e acabo de ver que tamén da propia Galicia) porque se refiren a uns anos, nus casos, e a outro ano, noutros. Por veces no mesmo artigo damos ata tres datos diferentes porque son de anos distintos (véxase a conversa de Pobo galego). Por veces facemos referencia ó ano ó que se refire un dato, e outras veces non (véxase o cadro da sección Dispersión poboacional do artigo Demografía de Galicia).

Propoño incluír unha instrución (no Libro de Estilo ou onde sexa) que esixa:

  • Indicar sempre o ano ó que se refire calquera dato numérico (ou polo menos, cando se dea un dato de poboación, que necesariamente vai cambiar ano tras ano)
  • Comprobar, cando se engada ou cambie un dato de poboación, que no mesmo artigo (e posibles artigos relacionados) non se recolla xa ese dato referido a outro ano, para evitar incoherencias (como as indicadas)

Pedro --Lameiro (conversa) 28 de febreiro de 2017 ás 18:49 (UTC)[responder]

Xa a temos, máis ou menos:
WP:LE#Intemporalidade da información: A información que deamos nos artigos debe estar contextualizada no seu momento e recoméndase dar sempre unha referencia temporal, evitando así que a redacción leve a considerar actuais datos que só foron certos no seu momento.
Se ves que é unha indicación insuficiente mételle man para explicala mellor con eses dous puntos que indicas, sen medo. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 21:44 (UTC)[responder]

exemplo de borrado editar

Acabo de ver e reverter as edicións que fixo un tal Currykhan no artigo Colexio Maior San Clemente, creado en 2010 por Mayansantos que só editou neste artigo e nunca máis volveu aparecer. Desde aquela, o contido é basicamente o mesmo con algunha corrección formal. O artigo incumpre o primeiro piar dos nosos cinco piares: "Todos os artigos deben ser verificables: o material non referenciado pode ser eliminado". Nunca tivo referencias e as dúas ligazóns externas que se achegan non dan a información contida no artigo (a segunda, a web da USC nin menciona o Colexio). ¿Por que non se borrou este artigo, por carecer de referencias, non ser obxectivo e semellar ¿investigación? primaria, hai sete anos? ¿Por que non respectamos os cinco piares? Pedro --Lameiro (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 19:42 (UTC)[responder]

Pois haberá que borralo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 00:39 (UTC)[responder]
Pois ... borrado. Neste mes e pico transcorrido non houbo ninguén que achegase razóns para manter o artigo, nin tampouco sufriu modificación ningunha que corrixise as eivas sinaladas daquela por Banjo (non neutral, sen referencias, investigación orixinal). Pedro --Lameiro (conversa) 19 de abril de 2017 ás 22:43 (UTC)[responder]

Novos usuarios e subida de ficheiros editar

Boas, dentro do proxecto do meu centro, dúas das rapazas participantes se ofreceron a facer un obradoiro sobre a Galipedia para 1º da ESO, tentando replicar, na medida do posible, o que nos viñeron dar o curso pasado Elisardojm e Estevoaei. Unha das actividades sería que se creasen a súa páxina de usuario e que subisen unha imaxe a ela. Logo a nosa idea sería que toda a comunidade educativa participase enviando ao correo do centro imaxes dos lugares de Coristanco e que os rapaces que asistiron ao obradoiro se encargasen de editar axeitadamente os artigos destes lugares incluíndo as imaxes. Hoxe preparando a sesión vimos que os usuarios recentes non poden subir ficheiros, mas eu creo lembrar que no obradoiro do curso pasado si que o fixeran os alumnos... Hai algunha maneira de solucionar isto da que eu me esqueza? Se non, podemos modificar a actividade e ver algunha alternativa. Saúdos! Procastino (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 19:48 (UTC)[responder]

Boas Procastino, un par de cousas:
Primeiro, xenial que lle deades un novo pulo ó proxecto!
Segundo, os novos usuarios poden subir imaxes en Commons dende o primeiro momento, o servidor de Commons está para iso. Subir imaxes "localmente" na Galipedia non sei se ten algunha restrición, pero podedes obviala subindo as imaxes directamente en Commons, só tedes que poñerlles un nome descritivo e poñelas na categoría Coristanco (se son todas dese concello, cada concello ten a súa categoría)
E terceiro, non podedes subir as imaxes que fagan outras persoas porque os que teñen os dereitos de autor son os que as fan, teñen que subilas eles. Se lles é máis doado de usar, poden publicalas en Flickr poñéndolles unha licenza libre e logo vós poderiades pasalas a Commons con esta ferramenta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 20:03 (UTC)[responder]
Ok, xa probei a facelo no Commons e arranxa o problema da subida de ficheiros, moitas grazas Elisardojm! Respecto ao de subir as imaxes doutras persoas... non se podería pedir que incluísen no correo no que a envían un parágrafo de cesión de dereitos? O Flickr é algo que non creo que usen moitos e creo que restaría participación. Outra idea que se me está a ocorrer é que publiquen en Instagram, que agora é o que teñen case todos os alumnos e moitos dos seus pais... botando un ollo rápido ás condicións do servizo parece que con que puxesen na foto que é dominio público chegaría. Credes que valería? Procastino (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 20:30 (UTC)[responder]
Eu non coñezo Instagram nin sei que posibilidades ten de indicar a licenza, preguntei a outro compañeiro de Commons a ver se el me comenta algo e xa vos digo.
Outras cousas, se queredes a presentación que usei eu para o obradoiro, avisádeme e mándovola por correo. E a maiores do voso proxecto de lugares de Coristanco, non habería algún profesor de lingua galega que poida estar interesado en usar a Galipedia na aula? teño unha proposta para eles :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]
Procastino, xa me responderon, o que pasa é que era o que eu dicía, non hai unha forma sinxela de facelo. As posibilidades son as seguintes:
Que as poñan en Instagram, e que vós as pasedes a Commons engadindo o modelo Licensereview, que indica que un usuario con permisos de revisión de licenzas terá que comprobala.
Que se faga un grupo en Flickr e que as poñan aí cunha licenza libre. A vantaxe disto é que hai ferramentas de Commons que axudan a copiar as fotos para Commons, revisando automaticamente a licenza, cousa que axuda moito.
Que vos manden as fotos e vós as subades a Commons identificando ós autores e poñendo un modelo de pendente OTRS, e a maiores, os autores teñen que mandar un correo electrónico ó sistema OTRS de Commons cedendo explicitamente os seus dereitos.
Se pensas que o mellor é usar Instagram pois tedes que usar a primeira opción, eu podería revisar as licenzas se non son moitas fotos, pero eu creo que unha boa opción sería usar Flickr porque a validación da licenza faise automaticamente. Pero tamén entendo que non queirades meter á xente a usar novas ferramentas, así que, vós decidides :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 10:02 (UTC)[responder]
Elisardojm Pensei que sería menos complicado, igual o que facemos é reformular a actividade e que sexan os alumnos os que tiran as súas propias imaxes e as suben, que é máis doado. Póñoche en contacto coas profes de galego? Saúdos e grazas! Procastino (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 20:10 (UTC)[responder]

Procastino, aínda que tarde, penso que atopei exemplos de imaxes en Instagram que teñen licenza CC-BY-SA, por se che pode ser de utilidade. Mira por exemplo esta páxina ou esta (ten licenza CC0 que é similar a Dominio Público). Penso que se os propietarios das fotos en Instagram poden poñer comentarios en cada foto, poderían incluso indicar a licenza só a cada foto en concreto, e así a licenza non afectaría a tódalas fotos da súa conta, só se lle aplicaría ás fotos que eles indicaran. En resumo, que penso que si se podería usar o Instagram, pero os usuarios terían que indicar en cada foto a licenza libre coa que a queren liberar, e sempre que fose compatible con Commons, é dicir, CC-BY-SA, CC-BY, CC0 e Dominio Público. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 05:50 (UTC)[responder]

Ah, iso si, se usades así o Instagram cando copiedes as fotos en Commons teredes que poñer coma fonte a dirección web das imaxes orixinais e engadir o modelo {{Licensereview}}. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 10:04 (UTC)[responder]
Perdón por tardar en contestar, Elisardojm. Con isto que comentas non vos daría o traballo de ter que revisar todas as licenzas? Se é así, para nós sería a solución ideal, indicariamos que as fotos que se suban se etiquetaran co nome do proxecto e que se indicase a licenza "Dominio Público" nos comentarios. Teríamos en conta o da ligazón orixinal coma fonte, iso non sería problema. Moitas grazas pola axuda! Procastino (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 19:02 (UTC)[responder]
Si, habería que revisar as licenzas, pero iso faise en Commons e alí hai outra comunidade de editores que se ocupan desas tarefas, entre moitas outras. Non é necesario que poñan a licenza Dominio Público, incluso eu non a recomendo, porque poñelas en DP para min é "abandonar" as obras, é moito máis recomendable a licenza CC-BY-SA, isto obriga a manter a licenza e tamén a recoñecer ó autor, que aínda que é pouca cousa penso que é o mínimo que se debe facer ó reutilizar contidos. Con tal que poñan nas fotos: "Licenza: CC-BY-SA, Autor: Tal" (Tal pode ser o nome real ou un alcume, o que se prefira), chega ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 08:55 (UTC)[responder]
Se queres, antes de avisar a toda a xente, facede unha proba con dúas ou tres fotos, subídeas a Commons, avisádeme para que as revise (eu avisarei a maiores a algún administrador de Commons para que tamén as revise e teñamos unha confirmación dobre) e se todo está OK xa poderíades avisar á xente de como facelo sen problema e poñervos a traballar a tope! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2017 ás 09:00 (UTC)[responder]

Categoría ¿oculta? editar

Nos artigos dos lugares de Ribadumia, ¿non debería estar oculta a Categoría "Ribadumia poboación 2016"? ¿Como fago para ocultala? Pedro--Lameiro (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 22:48 (UTC)[responder]

Moi boas noites Lameiro. Para ocultala diríxete á mesma e engade ao principio o modelo {{Categoría oculta}}. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 22:54 (UTC)[responder]
  Feito! --RubenWGA (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 22:59 (UTC)[responder]
Moitas grazas. Nunca te acostarás... Pedro --Lameiro (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 23:13 (UTC)[responder]

Cómpre pequeno arranxo editar

Moi boas tardes. Hoxe reparei en que ao premer en editar nun artigo, nas tres raias a carón do lapis na sección "Configuración da páxina" pódese ler "Mostrar o táboa de contidos", non sería "Mostrar a táboa de contidos"? Moitas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 18:49 (UTC).[responder]

  Feito! Tardará uns días en verse reflectido o arranxo. Banjo tell me 18 de marzo de 2017 ás 19:35 (UTC)[responder]

Aínda que en galego non temos unha páxina específica, cada certo tempo é preciso lembrar a política da Wikipedia respecto ao proselitismo, ao carrexo, ás campañas, á promoción das propias ideas,... En Wikipedia:Canvassing está o conxunto de normas a ter en conta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de marzo de 2017 ás 15:33 (UTC)[responder]

E non te animas, Prevert, a facer a versión en galego? --. HombreDHojalata.conversa 20 de marzo de 2017 ás 19:14 (UTC)[responder]
É algo que me gustaría ter feito hai anos pero agora non teño tempo abondo para facelo ben. No caso de ser varios a repartir o traballo, axudaría a editar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de marzo de 2017 ás 19:37 (UTC)[responder]
  Feito! Wikipedia:Proselitismo Precisa unha revisión de ortografía, redacción e contido, pero é unha boa base para unha proposta futura. Eu engadiría tamén cuestións coma a definición de uso do Sitenotice ou das mensaxes en masa, aínda que esas cuestións tamén se poden revisar á marxe desta redacción. Banjo tell me 21 de marzo de 2017 ás 11:04 (UTC)[responder]
Banjo, moitas grazas polo traballo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 16:52 (UTC)[responder]
A tradución de Forum shopping, admin shopping, and spin-doctoring semella complicada, a única aproximación que atopei foi en ca.wp "Pesca en fòrums i de partidaris". Quizais poidamos usar "andar á pesca" e o concepto "spin-doctoring" paréceme que se achega a "orquestración". Un cordial saúdo. --Prevertgl 21 de marzo de 2017 ás 19:23 (UTC)[responder]

Nomenclátor editar

Non me funciona o Nomenclátor. Aparece unha mensaxe de "erro ó cargar as provincias" e non sae de aí. ¿Pásavos tamén a vos? Pedro --Lameiro (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 17:43 (UTC)[responder]

A min funcióname estupendamente. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 26 de marzo de 2017 ás 21:03 (UTC)[responder]

A min dame erro, di "Ocorreu un erro inesperado", pero aínda o usei antonte e funcionaba. Debe haber un problema temporal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 21:09 (UTC)[responder]
Boas noites. No meu caso sucédeme o mesmo que a Elisardo, di "Ocorreu un erro inesperado" en calquera busca que fago. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 21:17 (UTC).[responder]
Como digo en Wikipedia:A Taberna (técnica)#Bande, a min fállame [3]. ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de marzo de 2017 ás 09:51 (UTC)[responder]

Artigos que precisan de revisión ortográfica editar

Boas, Seguindo a proposta de Elisardojm, as profes de galego do meu centro van tentar empregar os artigos que están na categoría de "precisan revisión ortográfica" para traballar na asignatura. Pregúntanme, e non souben contestarlles, se teñen que facer algo unha vez revisados, avisar a alguén ou directamente marcalos elas como revisado, supoño que eliminándolles a categoría "ortografía". Saúdos e grazas! Procastino (conversa) 7 de abril de 2017 ás 10:29 (UTC)[responder]

Simplemente teñen que quitar o modelo {{Ortografía}} que hai ó comezo do artigo. Sería moi boa idea que fixeran un proxecto similar ó teu. É para levar constancia do traballo que se está a facer, para poder facer un seguimento e para que sirva de exemplo para outros. Eu podo axudarlles a crealo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2017 ás 10:42 (UTC)[responder]
Perdón que se me pasou contestar... así faremos. En canto ao do proxecto, eu creo que estaría mellor que o incluísemos dentro do proxecto de centro que xa está en marcha, por non dispersar. Grazas e saúdos! Procastino (conversa) 11 de abril de 2017 ás 09:30 (UTC)[responder]
Procastino, podedes facer como mellor vos sexa, pero penso que sería mellor non mesturar as cousas. O teu proxecto ten uns obxectivos e o outro terá outras metas diferentes..., ademais así, vanse creando novos proxectos e pode comezar a "verse" que a cousa avanza :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2017 ás 17:10 (UTC)[responder]

Wikidata nas fichas de autoridades da Biblioteca Nacional editar

De casualidade acabo de atopar que nas fichas de autoridades da BNE teñen o elemento de Wikidata, como aquí, por exemplo. Curioso :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2017 ás 17:13 (UTC)[responder]

Moi boa observación Elisardo. Un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 19 de abril de 2017 ás 22:51 (UTC).[responder]

Gráfico de barras editar

Alguén saberá facer un gráfico de barras no artigo Camiño de Santiago co número de visitantes ó longo dos anos, para que a evolución se aprecie dunha forma máis clara que a táboa numérica que temos hoxe. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de abril de 2017 ás 19:48 (UTC)[responder]

Fáigoo eu entre hoxe e mañá. Pero os datos precisan revisión e referencias, a que teñen agora di que só chega ata 2009 e a ligazón está morta e irrecuperable. Banjo tell me 20 de abril de 2017 ás 20:10 (UTC)[responder]
A fonte destes datos é a Oficina do Peregrino, que dá cifras desde 2004. Dos anos anteriores non respondo: xa vexo que o arcebispado xa non dá eses datos antigos pero é de supoñer que son correctos. Para simplificar o gráfico, pon só o número total de peregrinos, logo engadirei eu en texto algún dato sobre o reparto nacionais e estranxeiros. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de abril de 2017 ás 20:30 (UTC)[responder]
Eu non podo supoñer que sexan correctos, sen unha fonte non podo tomalos como válidos. Se se toman de aquí haberá que indicalo como tal e deixar os valores dende 2004. Se non hai fonte para anos anteriores non se poden deixar sen máis. Banjo tell me 20 de abril de 2017 ás 20:46 (UTC)[responder]
Non podemos poñer en dúbida sistematicamente o traballos dos que nos precederon. O editor que puxo eses datos tivo que consultar, necesariamente, esa fonte, e non podemos supoñer que quizais se inventou esas cifras. Se a web do arcebispado prescindiu desa sección e iso supón a desaparición da referencia é lóxico supoñer que eses datos estean publicados nalgunha parte, en papel. Eu deixaríaos, desde logo, engadindo en nota ó pé que a fonte xa non achega esa información. Perder eses datos sería unha mágoa. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de abril de 2017 ás 21:36 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Eu poño en dúbida ata o meu propio traballo... Anyways, recuperei o que supoño foi a fonte no seu momento. Banjo tell me 20 de abril de 2017 ás 22:11 (UTC)[responder]

Home de pouca fe... Pedro --Lameiro (conversa) 20 de abril de 2017 ás 23:47 (UTC)[responder]
O que move as montañas aquí son as referencias, non a fe, e se as referencias non van a Mahoma... Queda o gráfico listo, modifica como vexas conveniente. Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 07:23 (UTC)[responder]
Perfecto. ¿Podes poñer en amarelo as barras correspondentes ós Anos Santos? Pedro --Lameiro (conversa) 21 de abril de 2017 ás 12:53 (UTC)[responder]
  Feito! Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 13:17 (UTC)[responder]

Cultura ¿popular? editar

No artigo Noite dos lapis hai unha sección denominada cultura popular que recolle a pegada daquel feito no cine e na música (actual). Tamén en medula ósea hai unha sección semellante que tamén fala da medula no cine (son dous exemplos, pero xa o teño visto máis veces, referidas ó cine, á televisión, á literatura, á música). Ninguén dubida -salvo Montoro- que o cine sexa cultura, pero creo que todos temos claro -para min está clarísimo- que non se pode cualificar de cultura popular, que é a que nace do pobo e se mantén grazas a el. O caso é que non se me ocorre outra denominación para estas seccións. ¿Alguén propón unha alternativa? Pedro --Lameiro (conversa) 29 de maio de 2017 ás 21:18 (UTC)[responder]

Ía tempo que non participaba na taberna. Lameiro, toda a cultura é (ou debería ser) popular, debería ser o pobo o que a sustentara e que todo o mundo tivera acceso a ela. É a miña opinión. --Piquito (conversa) 29 de maio de 2017 ás 22:31 (UTC)[responder]
Non, non. Hai música popular e música clásica, música sinfónica e seguramente outras: Sigfrido non é música popular. Hai arquitectura e arquitectura popular (muíños, lagares, hórreos, etc): ninguén clasificaría o Gaiás como arquitectura popular. Hai medicina e medicina popular: un trasplante de pulmón nunca será catalogado como medicina popular. E hai cultura popular (crenzas, lendas, contos, refráns, baile, rituais, etc) e outras formas de cultura. Iso non desmerece unha sobre outra senón que é unha forma de catalogar. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de maio de 2017 ás 22:42 (UTC)[responder]
Repercusión/reflexo na(s) arte(s) é unha posibilidade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de maio de 2017 ás 22:48 (UTC)[responder]
Lameiro, hai moitos exemplos na música clásica de obras, fragmentos, melodías... que pasaron ao pobo (véxase "va pensiero"). Onde se traza a liña do popular? A música pop é popular? Hai moitos exemplos de cancións pop e rock (e doutros xéneros) que empregan unha melodía clásica como base, por exemplo. O Gaiás pertence ao pobo, igual que a catedral de Santiago de Compostela... Creo que o popular non debe estar medido pola formación de quen faga a obra de arte, algo debería ser popular por pertencer ao pobo, porque o pobo teña acceso a iso. Non sei se me explico, pero repito que é só a miña opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de maio de 2017 ás 22:53 (UTC)[responder]
E por suposto, Lameiro, non nos podemos esquecer de compositores como Bartók, que se inspiraron nos elementos "populares", ou como outra das maiores personalidades da historia da música, Mahler, recoméndoche que escoites o 3º movemento da Sinfonía n.º 1 (atopei esta con Dudamel, por exemplo), seguro que o tema inicial sóache. En fin, que a suposta liña é moi fina en ambos sentidos como para poder delimitar o que é popular e o que non. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de maio de 2017 ás 23:48 (UTC)[responder]
Piquito, aínda que un compositor de música "clásica" se basee nunha melodía popular, a complexidade da súa composición é moito maior que a da música popular. Como en todo, sempre é difícil de catalogar unha composición que está a medio camiño entre as dúas, pero iso pasa frecuentemente coas cousas que se catalogan en tipos distintos. Pero xeralmente son doadas de distinguir. Ás veces as composicións populares chegan a ter moita calidade, pero case sempre son bastante sinxelas na súa forma. Por exemplo, moitos romances do Romancero eran de orixe popular e moitos son de gran calidade, pero está claro que non teñen a complexidade dun poema de Góngora, o cal non se pode cualificar como "popular" (aínda que ao mellor nalgún caso se poida inspirar nalgún elemento popular). Tamén os poemas das regueifas son populares, xeralmente cunha rima facilona e non son moi elaborados.--Miguelferig (conversa) 30 de maio de 2017 ás 11:00 (UTC)[responder]
Pedro del Llano escribio un magnífico tratado sobre la Arquitectura popular en Galicia, onde describe a tipoloxía das casas do rural galego segundo as zonas xeográficas. ¿Tería claro o matiz da palabra popular para titular así o seu libro? Bouza Brey pasou anos e anos recollendo o que chamou Cantigas populares da Arousa, ¿por que utilizaría o cualificativo de populares na título; e Domingo Blanco no seu traballo A poesía popular en Galicia recolle cantigas de toda Galicia. Zamora Mosquera tamén recolleu e publicou os Refráns e ditos populares galegos, ¿por que populares? Non é que eu o vexa diferente: tamén esta xente distingue estas manifestacións da cultura popular doutras formas de arquitectura, música e literatura máis formais e con outros valores. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de maio de 2017 ás 13:55 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Miguelferig, eu non considero que haxa esa diferenza, non creo nesa liña, para min está a cultura (con trazos comúns a toda a humanidade) e variantes locais (o que viría sendo o folclore). A diferenza (falando da música) entre a "clásica" e a tradicional ou folclórica non reside na súa complexidade (a prinicpios do século XX os compositores europeos quedaron abraiados polo gamelán da illa de Xaba, que é tradicional e ten unha rítmica complexa, por poñer un exemplo), a complexidade reside nas diferentes tradicións que se crearon no mundo (sen ir máis lonxe temos aos xitanos, que teñen microtonalismo, a tradición húngara... moitos exemplos que a nós poden parecernos complexos); de feito, dende o punto de vista formal moita da música "clásica" é extremadamente sinxela, con formas ABA, ABACA..., non todo son as grandes composicións orquestrais (que formalmente moitas veces tamén son sinxelas). Lameiro, a min paréceme respetable que eles opinen así, e non digo que estean engañados, só digo que o meu punto de vista é outro... eles teñen libros publicados e terán seguramente moito prestixio, pero dende o meu punto de vista non fan un bo uso do termo "popular", que podería substituirse por "tradicional", por exemplo ou mudar o título por Cantigas do folclore arousán ou Cantigas tradicionais da Arousa (por exemplo). O feito de poñer a un artista fóra do "popular" sitúao fóra do pobo, e polo tanto tamén á súa obra, cando a arte está feita para o pobo e moitas veces reflicte as súas realidades. Todos os señores que cita Lameiro, e que eu non coñezo, teñen libros publicados, eu non, pero aínda así creo que a miña opinión segue a ser tan respectable como a deles, a de Lameiro, ou a de Miguelferig. Un saúdo, Piquito (conversa) 30 de maio de 2017 ás 21:09 (UTC)[responder]

Referencia para restos arqueolóxicos editar

Boas, acabo de atopar a web http://megalitos.arqueoloxico.com que contén información sobre megalitos, túmulos e outros restos arqueolóxicos indicando a bibliografía onde se citan. Pode ser de interese para achegar información ós artigos de concellos e para referenciar outros datos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 08:36 (UTC)[responder]

A Galipedia en E-dixgal editar

Boas, veño cunha nova que non sei se todos coñeceredes. E-dixgal é unha contorna virtual de aprendizaxe (unha páxina web onde os rapaces teñen os libros en formato dixital, con exercicios e algunhas cousas máis) da Xunta de Galicia para nenos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, e resulta que na súa páxina principal inclúe unha ligazón directa á portada da Galipedia. Non sei dende cando estará esa ligazón, o que si sei é que o proxecto E-dixgal arrancou no curso 2014/2015, eu entereime a comezos do curso 2016/2017 (si, podía ter avisado antes pero con tantas cousas na cabeza sempre queda algo para o final) porque o meu fixo estivo usando esa plataforma.

Creo que este é outro gran fito do proxecto e que debemos estar ben orgullosos del, pero tamén decatarnos aínda máis da responsabilidade que temos para seguir facendo da Galipedia un proxecto de calidade para os nosos nenos. Parabéns a todos polo voso esforzo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 17:59 (UTC)[responder]

Día mundial... editar

Na portada de hoxe dicimos que é o Día Mundial dos Refuxiados. Intentei cambiar ese plural polo máis común en singular pero non fun quen de conseguilo. Google só mostra a forma plural (dos Refuxiados) na web da ONU e na wiki española. Tódalas demais ocorrencias, e son moitas, comezando por ACNUR, son en singular (do Refuxiado). Pedro --Lameiro (conversa) 20 de xuño de 2017 ás 21:03 (UTC)[responder]

Buscando en Google "Día mundial de los refugiados" e "Día mundial del refugiado" saen case o mesmo número de páxinas 211 e 240 mil, pero se a ONU (que é a que escolle eses días) di que é en plural, penso que está ben, non? O que se pode facer é unha redirección dende o singular ó plural. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2017 ás 07:32 (UTC)[responder]
  Feito! Elisardo. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 21 de xuño de 2017 ás 10:24 (UTC).[responder]
Grazas RubenWGA, pero..., se estamos a dicir que o artigo se chame Día Mundial dos Refuxiados, por que lle puxeches de nome Día Mundial das Persoas Refuxiadas? Se ademais é o nome que usan na referencia que tes no artigo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2017 ás 10:38 (UTC)[responder]
O novo título deillo eu. A referencia está traducida a través do castelán, pero o orixinal en inglés é Refugee Day; o correcto sería "Da persoa refuxiada", quizais. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xuño de 2017 ás 11:30 (UTC)[responder]
Ah, se nos baseamos no nome en inglés, entón si que debería ser en singular porque é World Refugee Day, Día Mundial da Persoa Refuxiada. O que xa non sei é se deben usarse tantas maiúsculas ou poñer Día mundial da persoa refuxiada (disto sabe máis Isili0n). Ó final tiña razón Lameiro... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2017 ás 11:52 (UTC)[responder]

As ortografías indican que se escriben con maiúscula inicial todos os substantivos e adxectivos que compoñan o sintagma, polo tanto, o correcto sería Día Mundial da Persoa Refuxiada, Día Internacional da Muller Traballadora, Día das Letras Galegas... Saúdos.--Isili0n (conversa) 21 de xuño de 2017 ás 12:59 (UTC)[responder]

Concordo con Atobar, o nome oficial do día é "World Refugee Day" en inglés, "Día Mundial de los Refugiados" en castelán, e "Journée mondiale des réfugiés" en francés; a tradución destes tres nomes é, invariablemente, "Día Mundial dos Refuxiados". --Norrin (Fálame) 22 de xuño de 2017 ás 10:20 (UTC)[responder]
Eu tamén estou de acordo con Atobar. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 22 de xuño de 2017 ás 10:23 (UTC).[responder]
Atobar, Norrin e RubenWGA, "Día Mundial dos Refuxiados" non é a única tradución posible, Día Mundial das Persoas Refuxiadas tamén expesa a mesma información, e a maiores ten a vantaxe de non levar a dúbidas. A tradución usando o masculino xenérico, a priori, produce dúbidas, hai tamén o Día Mundial das Refuxiadas? Usar a forma "Persoas Refuxiadas" non produce dúbida do que se está a tratar e é máis inclusivo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xuño de 2017 ás 11:02 (UTC)[responder]
Non, é unha tradución-adaptación, non é a tradución máis exacta. Vale que en inglés non teñen xénero, pero en francés e castelán si, e as formas oficiais nesas linguas están en masculino xenérico. E por outra parte "Día Mundial dos Refuxiados" non leva a dúbida, todo o mundo sabe que inclúe tamén ás refuxiadas, precisamente porque estamos afeitos ao masculino xenérico. --Norrin (Fálame) 22 de xuño de 2017 ás 11:05 (UTC)[responder]
Norrin, é unha tradución, as traducións non teñen que ser literais e incluso en moitos casos é imposible que o sexan. Non dixen que fose máis exacta, só dixen que é menos ambigüa. "Día Mundial dos Refuxiados" non te leva a dúbida porque non queres, pero se te preguntas polo seu significado exacto si que as pode crear. Pola contra, a tradución de "Persoas Refuxiadas" non xera ningún tipo de dúbida porque non ten esa posibilidade, persoas son todas, homes e mulleres... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xuño de 2017 ás 13:04 (UTC)[responder]

Concurso de engadido de imaxes de monumentos editar

Boas, aquí hai un concurso para engadir imaxes a artigos sobre monumentos, poden participar wikipedistas de calquera wiki. Comeza hoxe, acabo de atopalo, e remata o 31. Sendo un concurso no que poden participar os editores de calquera wiki non entendo por que só o anuncian na wiki en inglés. De tódolos xeitos, se alguén se anima, boa sorte! Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 23:26 (UTC)[responder]

roteiro editar

Ola!

Estou a argallar unha camiñata para este sábado. Vou facer un tramo da ruta que o 4 de xullo de 1927 fixeron Otero Pedrayo, Risco e Ben-Cho-Shey, no marco do proxecto de ir desde Ourense a Santo André de Teixido que deu pé ao libro Pelerinaxes I. Vou ir, con outra xente, desde O Empalme de Cambeo (concello de Coles, no cruzamento das estradas N-525 e N-540 cara ao norte até Viana (concello de Chantada). Pasaremos por Penas Albas, Reádegos (aldeas de Gándara Longa, A Pena e O Pilo), Vilamarín e As Lamas antes de xantar na Barrela. Despois seguiremos pola Touza, O Coedo, Buciños, Trasar de Sabugueiro e Trasar de Carballo, para xa rematar en Viana.


Convídovos a vir. A idea é estar ás 11 da mañá en Viana para deixar algún coche para o regreso, e saír desde O Empalme ás 11:30. Por proximidade xeográfica aviso especialmente a Xas, Loischantada, Satna, Servando.

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xullo de 2017 ás 21:51 (UTC)[responder]

Que chulo! A min quédame un pouco lonxe, pero cando vos acheguedes máis a ver se me podo xuntar. E non te esquezas das fotos!, por exemplo Reádegos, Vilamarín está sen ela :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 00:30 (UTC)[responder]
Mágoa que non puiden ir. A ver na seguinte etapa, que me vai pillar máis de perto. Moi bo apuntamento o de Elisardo, sempre atento ás parroquias aínda sen foto. Saúdos --Satna (Ti dirás) 6 de xullo de 2017 ás 19:22 (UTC)[responder]
Desfrutade moito, merecédevolo. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 17:58 (UTC).[responder]

suevos en Galicia? editar

V. pregunta en conversa:vándalos. ※ Sobreira ►〓 parlez 7 de xullo de 2017 ás 08:27 (UTC)[responder]

Agradecemento editar

Ola a tod@s! Hoxe, coa elección do artigo Estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado como artigo de calidade, chegamos aos 25 artigos de calidade relacionados coa música clásica. A Galipedia está xa próxima a igualar en artigos de calidade desta temática á Wikipedia en lingua castelá (lingua que é predominante neste ámbito no noso país), creo que é motivo de ledicia que a nosa lingua pouco a pouco poida ir tendo máis peso neste ámbito tradicionalmente dominado pola lingua castelá, e espero que a Galipedia contribúa a iso. Quero agradecer a todas as persoas que fixeron posible chegar a esta cifra coas súas propostas, a súa participación nas votacións, as melloras neses 25 artigos, e por suposto na creación de tantos outros artigos que aínda non teñen recoñecemento, e pido desculpas de antemán a aquelas persoas das que me esquecera: CristianCb, Agremon, RubenWGA, Miguelferig, Elisardojm, Breogan2008, Piterleik, Xoacas, Unhanova, AMPERIO, Alberte, Alfonso Márquez, Isili0n, Viascos, Toliño, Xoio, Atobar, Regato das Tres Regueiras, Norrin, ArtaiGZ, Gobraves, Pontevedra78, Banjo, Victortpr, Plugee, Chairego apc, MrCarlete, Woden, Servando2, Lameiro, Magoqu, Adorian, Xas, Joao Xavier, HombreDHojalata, Paradanta, Xabier Cid, Nemigo, JonnyJonny, JaviP96... Oxalá veñan moitos máis nesta temática e en moitas outras, pola miña banda seguirei traballando para que así sexa. Grazas a tod@s! Piquito (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 13:46 (UTC)[responder]

Grazas a ti tamén polo teu tremendo traballo neste campo e que espero que siga mellorando moito máis. E parabéns tamén a tódolos que contribuíron a acadar eses artigos de calidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 14:57 (UTC)[responder]
É para min un verdadeiro pracer e un honor poder ter contribuído na medida do posible a que isto poidese ser factible e contribuír a que mellore e mellore día a día o noso gran e tan estimado proxecto da Galipedia. Parabéns e grazas por tanto e por moitísimo máis que queda por vir! Deséxovos desde xa, a todos, que estedes a pasar un feliz verán. Un saúdo e a seguir, --RubenWGA (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 15:13 (UTC).[responder]

Estou confuso. Por que hai unha foto do Valle-Inclán? No texto fala de dous ou tres traslados, foi o V.-I. sede nalgún momento? ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de agosto de 2017 ás 08:20 (UTC)[responder]

Revisión de artigos de Judcosta editar

Veño a comentar un novo caso de edicións problemáticas na Galipedia. Moitos dos artigos creados polo usuario Judcosta teñen gran cantidade de erros ortográficos e de redacción que fan que en moitos casos sexan dificilmente comprensibles. Avisei algunha vez na súa páxina de conversa que debía mellorar a ortografía e a redacción dos artigos, pero veño de comprobar que este usuario segue creando artigos con problemas, e polo momento xa leva máis de 500 artigos novos e máis de 8.000 edicións.

Ante a cantidade de artigos que hai que revisar, propoño unha actuación semellante á do usuario Marrovi, marcar con atención tódalas súas edicións e pedirlle ó usuario que non siga creando novos artigos ata que todos os problemas sexan arranxados. A maiores, e para que eses artigos non queden na categoría Atención ata o infinito, propoño que os artigos que non se amañen antes dunha data, determinada pola comunidade neste debate, sexan borrados. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de agosto de 2017 ás 00:20 (UTC)[responder]

Moi sensato. Grazas, Elisardo. Respecto ao tempo de graza propoño que sexa a un mes vista, que é o que se concede para un marcador enuso. --Atobar (conversa comigo) 13 de agosto de 2017 ás 18:59 (UTC)[responder]
A ver, que facemos con isto? Marcámolos para revisar ou bórranse directamente? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 22:29 (UTC)[responder]
Eu estou a favor de marcalos en atención. Como son tantos non sei se sería mellor facelo cun bot. --Chairego apc (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 22:45 (UTC)[responder]
O certo é que deixou de editar desde o 14 de agosto. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 18:17 (UTC)[responder]
Pero Lameiro, iso non importa, os artigos están aí e hai que amañalos, para iso o mellor sería marcalos e poñelos nalgunha categoría onde poidan irse collendo para revisalos todos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 20:17 (UTC)[responder]
Si, claro. Por suposto que haberá que marcar e revisar (en non me podo comprometer a botar unha man ata dentro de 20-30 días). Só constataba o feito de que xa non edita, que non dwixa de ser un bo dato do que alegrarnos. Pedro —o anterior comentario sen asinar foi feito por Lameiro (conversacontribucións) 25 de setembro de 2017 ás 21:19‎
Xa, pero iso non asegura nada Lameiro, xa tivo outras tempadas sen editar e logo volveu a crear máis artigos. Entón o que precisamos, polo momento, é marcar e categorizar eses artigos. Banjo, poderías facer ti o mesmo proceso que fixeches coas edicións de Marrovi? É que sen a túa axuda non se vai a dar feito a marcar todas esas edicións porque este caso vai ser máis grande que o de Marrovi. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 08:24 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────   Feito! 521 artigos marcados. Banjo tell me 26 de setembro de 2017 ás 08:45 (UTC)[responder]

Incrible Banjo, moitísimas grazas. Pois os artigos están en Categoría:Atención desde setembro de 2017, así que, o que queira, pode irlle dando :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 08:55 (UTC)[responder]
Borrei o aviso nun artigo meu de bacterias (filos bacterianos), que non ten nada que ver con Judcosta (o aviso dicía que era de Judcosta), así que algo debe funcionar mal no bot. Pero só pasou nese que eu saiba.--Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 17:43 (UTC)[responder]
O mesmo pasaba no artigo Norma Shearer, no que a única relación con Judcosta era que incluíu unha referencia.--Jglamela (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 18:23 (UTC)[responder]
Xa sei o que pasou coa páxina filos bacterianos: Judcosta engadiu unha categoría (correcta).--Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 19:32 (UTC)[responder]
Si, Miguelferig e Jglamela, están marcados todos artigos creados por Judcosta e os que foron modificados por el porque non se pode saber que tipo de información engadiu, nuns casos será unha categoría, pode que noutros sexa unha referencia, noutros unha frase que pode ter erros ortográficos ou non..., nas edicións que sexan correctas o único que haberá que facer é quitar o aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 20:52 (UTC)[responder]

Escudos e bandeiras non oficiais editar

Estou facendo unha revisión dos escudos e bandeiras municipais dos concellos de Galicia, principalmente engadindo ou correxindo aqueles que non están ou non están ben. Teño tamén observado que en certos casos, como o de Oia, aparece un escudo que non está aprobado pola autoridade competente, a Xunta de Galicia. No meu parecer, os símbolos oficiosos deberían estar no corpo do artigo, e non no Modelo. Cal é a vosa opinión? --Pontevedra78 conversa 27 de agosto de 2017 ás 13:47 (UTC)[responder]

Non hai necesidade de quitalos do modelo cando os propios concellos empregan eses escudos nas súas webs e documentos e cando hai fontes que verifican o seu uso por parte dos mesmos, aínda que non estean aprobados oficialmente pola Xunta. Banjo tell me 27 de agosto de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]
Eu concordo con Banjo, se o concello está a usar ese escudo, aínda que non sexa o oficial diante da Xunta, é o "oficial" para eles, é o que usan en toda a súa documentación e comunicación, polo tanto ten referencias abondo do seu uso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 00:27 (UTC)[responder]

Vídeos libres en galego sobre xeoloxía editar

Boas, acabo de atopar a web Xeoclip e os seus vídeos en yutube, teñen licenza libre compatible coa Galipedia (aínda que algunhas imaxes a licenza non está ben porque só pon que é Creative Commons, sen especificar o tipo), están en galego e explican conceptos de xeoloxía. Aínda non os mirei pero supoño que serán bastante amenos porque son curtos e usan plastilina e playmobils, polo menos nalgúns casos. A ver se lle valen a alguén para achegar algún contido novo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de setembro de 2017 ás 07:41 (UTC)[responder]

Guineas editar

Boas! Na definición de guineano da RAG define como "Da Guinea (África), ou dos seus habitantes", e como "Persoa natural ou habitante de calquera destes países". Polo tanto, habería que revisar as categorías e artigos de Guinea, Guinea Ecuatorial e Guinea-Bisau para ter isto conforme. --Norrin (Fálame) 7 de setembro de 2017 ás 09:33 (UTC)[responder]

Imaxino que tamén habería que revisar as páxinas de golfo da Guinea, Guinea Española, galiña da Guinea. --Chairego apc (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 20:28 (UTC)[responder]
Sobreira, o artigo Canadá non leva o artigo no título... Queres dicir que eses artigos deberían titularse O Canadá e A Guinea, ou que simplemente o artigo de Guinea debería comezar con "A Guinea..."? Norrin, ti que dis? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 09:40 (UTC)[responder]
Opino. Para min Brasil, Canadá, China, Xapón, etc. teñen ese nome (sen artigo). Outra cousa é que cando se fagan frases con eles se diga economía do Brasil, ou fauna do Canadá. Isto é distinto a O Salvador/El Salvador. Cada idioma ten algúns países que levan o artigo ao formar frases, que non sempre coinciden noutros idiomas (queijos da Bélgica, en portugués, pero o nome é Bélgica). --Miguelferig (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 12:15 (UTC)[responder]
O artigo non forma parte do nome. É como o caso do Canadá ou da Arxentina. --Norrin (Fálame) 16 de novembro de 2017 ás 13:26 (UTC)[responder]

Hai un fío aberto en Conversa:Os verbos galegos. A ver se nos pode iluminar alguén que teña máis criterio ca min nese tema. --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2017 ás 10:03 (UTC)[responder]

A Categoría:Gramática da lingua galega no seu conxunto está proposta para o seu traslado ó Galilibros. Hai que ir caso por caso, algúns dos artigos si semellan enciclopédicos. Banjo tell me 19 de setembro de 2017 ás 10:08 (UTC)[responder]

Tentativa fallida de entrar na súa conta a partir dun dispositivo novo. Ocorrelle a alguén máis? Vaia semaniña... editar

Ola a todos! Pois iso, que levo unhas semanas nas que me intenta alguén entrar na conta, xa cambiei non sei cantas veces de contrasinal e seguen probando. É algún ataque de bots que non esté sufrindo solo eu ou e un caso illado de acoso? Podería ser cousa da app de Android? Saúdos--Iagocasabiell (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:52 (UTC)[responder]

Iagocasabiell, eu non sei, normalmente entro dende un ordenador, non sempre o mesmo, pero non me da ese erro. Unha cousa, tecleas ben o contrasinal? É que podería ser que se te trabucas ó tecleala, o sistema pense que é un intento de entrar na túa conta. Tamén cambiar varias veces de contrasinal podería facer que o sistema dera falsos positivos, ou algo así... Eu non cambiaría máis o contrasinal e esperaría a ver. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 22:24 (UTC)[responder]
Ok grazas, polo momento non me volveu a aparecer. A semana pasada chegáranme 4 mensaxes de intentos múltiples de acceso, por iso me asustei. Comento por aqui se volve a pasar. Saúdos--Iagocasabiell (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 22:48 (UTC)[responder]

Ligazóns mortas cara Galiciana editar

En moitos artigos teño utilizado como fonte antigos xornais dixitalizados en Galiciana, a biblioteca dixital da Xunta, pero os administradores da biblioteca cambiaron a ruta de varias publicacións e agora as ligazóns están mortas polo cambio de enderezo web. Enviei un correo electrónico para lles comenta-la situación e suxerir que fagan redireccións dende as rutas antigas cara as actuais, xa que modificalas aquí manualmente é unha tarefa moi pesada. Xa veremos se me fan caso, pero de tódolos xeitos aproveito para volo comentar e que saibáde-la problemática existente. Saúdos. --Jorges65 (conversa) 15 de outubro de 2017 ás 17:31 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso Jorges65, haberá que ir amañando esas ligazóns ós poucos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2017 ás 20:25 (UTC)[responder]
Hoxe recibín unha resposta. As ligazóns mudaron porque os xornais foron redixitalizados con maior calidade. Tamén dixeron que ían tentar establecer redireccións tal e como eu lles propuxen. Saúdos. --Jorges65 (conversa) 16 de outubro de 2017 ás 14:15 (UTC)[responder]
Boa proposta Jorges65, e agora que me lembro, eu tamén lles mandei un correo esta finde ós de Galiciana :) Resulta que na páxina que tiñan de Manuel Curros, vin que tiñan a ligazón ó artigo da wiki en castelán, e díxenlles que, polo menos na versión en galego, deberían poñer a ligazón á Galipedia. Respondéronme hoxe que xa modificaran esa páxina e que ían a engadir ligazóns á Galipedia no resto :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]

Recadación da Fundación Wikimedia de 2016-2017: 91 millóns de USD editar

 

A Fundación Wikimedia xa publicou o informe da recadación de fondos de 2016-2017, en todo o mundo recadáronse 91 millóns de dólares. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2017 ás 08:09 (UTC)[responder]

Uso do Editor visual noutros espazos de nomes editar

Se alguén quere usar o editor visual noutros espazos de nomes, pode engadir este código no seu ficheiro common.js. Non vale para as conversas e non funciona en tódolos espazos de nomes, pero si permite o uso nalgúns máis dos que hai por defecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 18:16 (UTC)[responder]

$wgVisualEditorAvailableNamespaces = [
    NS_MAIN => true,
    NS_USER => true,
    NS_WIKIPEDIA => true,
    4 => true,
    NS_IMAGE => true,
    NS_MEDIAWIKI => true,
    8 => true,
    NS_TEMPLATE => true,
    10 => true,
    NS_HELP => true,
    NS_CATEGORY => true,
    NS_PORTAL => true,
    100 => true,
    NS_BOOK => true,
    NS_MODULE => true,
    828 => true,
    "_merge_strategy" => "array_plus"
];

Novo programa educativo vasco editar

Na wiki en vasco parece ser que van facer un proxecto educativo a nivel universitario xunto co Goberno Vasco. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 01:23 (UTC)[responder]

A nova sobre o proxecto está aquí. O Goberno Vasco vai investir 600.000 euros en tres anos para mellorar uns 1.600 artigos da wiki.eu de interese para alumnos de 12 a 16 anos. A coordinación está a cargo de Euskal Wikilarien Kultura Elkartea, a Asociación de Wikipedistas Vascos. Outro documento sobre o proxecto. Oxalá algún día aquí poidamos facer algo semellante, @Sobreira: @Estevoaei: @Unhanova: @Xas: @Lameiro: @Agremon: @MAGHOI: @Servando2:, para iso deberíamos darlle un pulo á creación da asociación... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 08:48 (UTC)[responder]
Que boa iniciativa! --Chairego apc (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 14:41 (UTC)[responder]
É o que pasa cando hai país. Por certo, onde se poden mirar as estatísticas da Galipedia? Por exemplo número de visitas, artigos máis visitados... cousas así. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 16:17 (UTC)[responder]
MAGHOI, mira na miña páxina de usuario no apartado estatísticas, aí hai de todo. En concreto, para número de visitas dun artigo específico tes esta ferramenta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2017 ás 19:47 (UTC)[responder]
Boa ferramenta a que indicas, Elisardo!Agremon(contacto) 7 de novembro de 2017 ás 20:38 (UTC)[responder]

Moi boas tardes. Xa que eu non posúo de moito tempo como antes para andares por aquí, preguntábame se alguén podería continúar sen ningunha présa e ao voso ritmo o artigo Historia universal que quedou a medias na tradución do artigo en castelán. A pouquiños seica poderémolo ir rematando e actualizando. Un saúdo cordial e sinto non poder estar tan activo como adoitaba, --RubenWGA (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 17:48 (UTC).[responder]

Fito en Wikidata editar

A Wikidata vén de acadar hoxe os 40 000 000 de elementos. -Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2017 ás 22:09 (UTC)[responder]