Coñécese como a noite dos lapis a unha serie de secuestros de dez estudantes de Secundaria, ocorridos durante a noite do 16 de setembro de 1976 e días posteriores na cidade de La Plata, Arxentina. Este suceso é un dos máis representativos dentro do que se coñece como "a represión" imposta pola ditadura arxentina englobada no plan do Proceso de Reorganización Nacional, xa que as desaparicións se realizaron sobre estudantes, na súa maioría menores de idade.

O caso tomou notoriedade pública en 1985 logo do testemuño de Pablo Díaz, un dos superviventes, no Xuízo ás Xuntas. El mesmo participou da creación do guión que levou a historia en 1987 ao cine.

Tan só tres dos estudantes secuestrados sobreviviron ás posteriores torturas e traslados impostos pola ditadura. Aínda que algúns grupos de militares retirados negaron os feitos como válidos, o estado arxentino —na súa totalidade— recoñeceu o ocorrido.

Causas editar

As vítimas eran na súa maioría militantes ou ex-militantes da Unión Estudantil Secundaria (UES) de La Plata. Esta agrupación, xunto a outras, reclamara en 1975 ante o ministerio de Obras Públicas o outorgamento do boleto estudantil secundario, nese momento inexistente.

Aínda que ningún documento oficial asegura que as desaparicións se realizaron a causa do reclamo pola petición do boleto estudantil, e ata dous dos superviventes negaron a relación directa entre os secuestros e o reclamo estudantil específico, os diferentes testemuños achegados polos superviventes tanto na CONADEP como no Xuízo ás Xuntas intúen a esta teoría como válida.

Os secuestros editar

O operativo foi realizado polo Batallón 601 do servizo de intelixencia do exército e a Policía da provincia de Bos Aires, dirixida nese entón polo xeneral Ramón Camps.

Os secuestrados foron[1][2]:

Nome e apelido Idade (en 1976) Data da desaparición Estado actual Outros datos
Claudio de Acha 17 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecido Foi secuestrado na casa de Horacio Ungaro.
Gustavo Calotti 18 anos 8 de setembro de 1976 Supervivente Aínda que foi secuestrado o 8 de setembro, é considerado un sobrevivente posto que varios dos secuestrados eran os seus excompañeiros de secundaria e pasou con eles meses de prisión e tortura clandestina.[3].
Maria Clara Ciocchini 18 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecida Foi secuestrada xunto con María Claudia Falcone.
Pablo Díaz 18 anos 21 de setembro de 1976 Supervivente En 1985 fixo público o caso no Xuízo ás Xuntas.
María Claudia Falcone 16 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecida Foi secuestrada en casa da súa avoa xunto a María Clara Ciocchini que estaba vivindo xunto a ela.
Francisco López Muntaner 16 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecido
Patricia Miranda 17 anos 17 de setembro de 1976 Supervivente Era unha estudante de Belas Artes, non tivera militancia política nin participou dos reclamos polo boleto estudantil. Estivo nos centros clandestinos de detención de Arana, Pozo de Quilmes, Valentin Alsina e no cárcere de Devoto, onde quedou á disposición do Poder Executivo Nacional ata marzo de 1978.
Emilce Moler 17 anos 17 de setembro de 1976 Supervivente
Daniel A. Racero 18 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecido
Horacio Ungaro 17 anos 16 de setembro de 1976 Desaparecido

Segundo a CONADEP[4], a policía bonaerense preparara un operativo de escarmento para os que participaran da campaña polo boleto estudantil, considerada polas Forzas Armadas como «subversión nas escolas», e que "os adolescentes secuestrados foran eliminados despois de padecer tormentos en distintos centros clandestinos de detención, entre os que se encontraban: Arana, Pozo de Banfield, Pozo de Quilmes, Xefatura de Policía da Provincia de Buenos Aires e as Comisarías 5a., 8a., e 9a. de La Plata e 3a. de Valentín Alsina, en Lanús, e o Polígono de Tiro da Xefatura da Provincia de Buenos Aires".

Cultura popular editar

Os feitos foron levados ao cine nunha película titulada La noche de los lápices, do director Héctor Olivera.

O cantautor canario Rogelio Botanz compuxo unha canción baseada no testemuño de Pablo Díaz e que leva por título Noite dos Lapis.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar