La noche de los lápices
La noche de los lápices é un filme arxentino dramático-histórico, dirixido por Héctor Olivera e estreado en 1986. Está protagonizado por Alejo García Pintos, Vita Escardó, Pablo Novak e Leonardo Sbaraglia. Escrito por Olivera e Daniel Kon, baséase no libro homónimo de María Seoane e Héctor Ruiz Nuñez. O filme recrea a noite dos lapis, un suceso real ocorrido en setembro de 1976. Durante os primeiros meses da Proceso de Reorganización Nacional, a última ditadura militar arxentina, sete estudantes de secundaria da cidade de La Plata foron secuestrados, torturados e asasinados. Pertencentes, na súa maioría, á Unión Estudantil Secundaria (UES) da cidade de La Plata, reivindicaban o boleto estudantil, unha redución no prezo dos billetes de transporte para estudantes.
La noche de los lápices | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La noche de los lápices |
Director | Héctor Olivera |
Produtor | Fernando Ayala |
Guión | Daniel Kon Héctor Olivera |
Baseado en | La Noche de los Lápices (libro e obra teatral) de María Seoane e Héctor Ruiz Nuñez |
Intérpretes | Alejo García Pintos Pepe Monje Vita Escardó Pablo Novak Leonardo Sbaraglia Adriana Salonia Tina Serrano |
Música | José Luis Castiñeira de Dios |
Fotografía | Leonardo Rodríguez Solís |
Montaxe | Miguel López |
Estudio | Aries Cinematográfica Argentina |
Distribuidora | Aries Cinematográfica Argentina |
Estrea | 4 de setembro de 1986 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Personaxes
editar- Alejo García Pintos como Pablo Díaz
- Vita Escardó como Claudia Falcone
- Leonardo Sbaraglia como Daniel
- José María Monje como Panchito
- Pablo Machado como Claudio
- Adriana Salonia como María Clara
- Tina Serrano como Señora Falcone
- Héctor Bidonde como Señor Falcone
- Alfonso De Grazia como Sacerdote
- Lorenzo Quinteros como Raúl
- Juan Manuel Tenuta como Reitor
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- La noche de los lápices na IMDb (en inglés).