Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 21

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Modelo cheo de errosEditar

Temos un "Modelo:Mapa de localización de Sudáfrica" que mostra numerosos erros. Non me extrañaría que se deba a este lío que temos con Suráfrica e Sudáfrica e as redireccións mutuas. A ver quen sabe solucionalo. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xaneiro de 2015 ás 22:13 (UTC)

Eu véxoo ben, e tamén nos artigos que o usan. Este modelo é un pouco raro cando se modifica non se visualiza correctamente por un tempo, non sei por que, pero logo xa aparece ben. Poida que fora iso, ou outra cousa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 00:36 (UTC)
@Lameiro: A min non me saen erros. Posiblemente sexa o que comenta Elisardojm, cando o modificas a primeira vez que recargas a páxina sae con errores, pero funciona ben. Cando volves a cargar xa te sae ben. --AMPERIO (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 13:17 (UTC)
Efectivamente, hoxe non ten problemas. Caprichos da informática. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 16:54 (UTC)

Annuntio vobisEditar

Anúnciovos que están abertas as votacións para escoller artigo de calidade Revolución de Outubro (que por mor do banner do editor visual non ten anuncio na cabeceira da wiki) e artigo destacado Estados Confederados de América. Tamén tedes aínda uns días para votar a Rubia galega como destacado sobre Galicia, e algunha das numerosas imaxes que temos para ser Imaxe da semana.--AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 10:08 (UTC)

Federico vs FredericoEditar

Segundo o Dicionario dos nomes, Frederico é variante de Federico e, polo tanto, sería válido, se ben a entrada principal é esta segunda. O caso é en portugués é Frederico, o que explica -para min- a presenza de 67 artigos contendo Frederico, é dicir, que supoño traducidos do portugués e con restos lusistas. Hai 2 artigos de persoeiros chamados Frederico (un portugués e un brasileiro). Fronte a estas 67 ocorrencias, temos 1.280 de Federico e máis de 40 persoeiros con este nome (cansei de contar cando cheguei a 42). Máis probas de que damos como normal Federico e non Frederico: hai 17 páxinas que mencionan a Federico II O Grande, e 1 a Frederico II O Grande; e 12 casos de Federico Barbarroxa [sen r e con x] fronte a 3 de Frederico Barbarrosa [con r e s]; ningún Frederico Barbarroxa nin Federico Barbarrosa. Non comprobo os posibles casos de Frederic. Antes de poñerme a corrixir Fredericos quixera saber máis opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 19:07 (UTC)

Eu creo que como mínimo hai que unificar a Federico II O Grande e a Federico Barbarroxa. Sobre o resto, se os nomes se poden traducir (segundo Wikipedia:Nomes_propios_de_persoas, son reis, papas, etc), e dado que os dous nomes son equivalentes, podería deixarse o Frederico (pola norma de deixar a escolla do primeiro editor). Eso si, eu creo que se a mesma persoa está en dous artigos distintos, un con Frederico e o outro con Federico, entón haberá que escoller un deles para que apareza en toda a Galipedia da mesma forma (habería que escoller o nome do primeiro que se editara). Un lío vamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2015 ás 22:56 (UTC)
Non podemos mitificar o principio do criterio do primeiro editor. Se a escolla dese primeiro editor é un lusismo ¿tamén haberá que respectalo? Insisto en que eses dous casos que citaba dos dous Fredericos non teñen problema xa que son un portugués e outro brasileiro, pero salvo estes casos e outros semellantes que poida haber nos que pode primar, sen problemas, o nome en portugués, no resto, por norma editorial, debería seguir o nome galego, sexa cal for a escolla do primeiro editor. Pero sigo aberto a outras opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 00:07 (UTC)
Só un par de exemplos: no artigo 1250 dicimos que morre Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio; non tendo artigo deste home, ¿imos respectar esa forma, Frederico, porque así o escribiu o editor dese artigo? Outro, en 1477 dicimos que Berruguete pintou o cadro "Frederico de Montefeltro e os seu fillo", ¿ten que valernos ese Frederico? --Lameiro (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 00:14 (UTC)
Se Frederico é correcto en galego, como entendo que dixeches, entón si pode quedar. Por que dis que Frederico é un lusismo?, se antes dixeches que era válido... Se é un lusismo entón está claro que hai que quitalo.
Vou supoñer que Federico e Frederico son formas igual de válidas, con que criterio collemos unha ou outra? Non podemos, por iso está a norma da escolla do primeiro editor, cada un usa a forma que prefira, sen mesturalas no mesmo artigo claro.
Eu penso que o que hai que aclarar, é se é realmente válido, nese caso penso que pode quedar, se é un lusismo entón non. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 01:00 (UTC)

Listings of code in articlesEditar

Wikipedia has a rule Wikipedia is not a mirror or a repository of source code. Some of the articles in your language using large listings of code in different programming languages. For example [1]. Please, could you translate the manual en:Wikipedia:WikiProject Computer science/Manual of style#Code samples in your language and discuss the possibility of using it in your language section. Or maybe you already have such a local rule? I will be grateful for the translation of this message to your own language, and transfer it into the more correct talk page. --Сунприат (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 10:21 (UTC)

Tradución rápida: comentan que a wikipedia non é un repositorio de ligazón, imaxes, ficheiros nin código fonte. Di que algúns artigos da nosa wiki teñen listados longos de diferentes linguaxes de programación. Por exemplo [2]. Pídenos que traduzamos o manual da wiki en inglés sobre exemplos de código e comentemos a posibilidade de usala na nosa wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2015 ás 16:02 (UTC)
Polo que vexo o artigo é unha tradución dunha parte do artigo en castelán (que ten bastante máis código e extensión) Supoño que facer un artigo dende cero levará máis tempo e suporá buscar outro enfoque. Non me parece prioritario crear artigos orixinais partindo de cero, a galipedia non ten medios nin xente para facer iso. Polo tanto o primeiro: contidos e despois -> melloralos. Lembrar tamén que certos usuarios estanse adicando a quitar contido dos artigos sen achegar material novo nin ampliar o existente. Esto pode malinterpretarse (desprezo ao esforzo alleo) e pode ser moi perxudicial para o proxecto.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 185.37.226.107 (conversacontribucións) 23:38

Artigos desactualizadosEditar

Acabo de ler no artigo SEAT que "Fabricou unhas 408.318 unidades o ano 2006 e prevese que aumentará a súa produción a 480.000 o ano 2008". Creo lembrar que temos un marcador para artigos desactualizados pero non se cal sería. Claro que quizais fose mellor evitar este tipo de datos no cabezallo dos artigos, datos que van quedar desactualizados nun prazo breve. Bueno, como ocorre coa poboación de tódalas cidades, parroquias e lugares. A pregunta é se existe ou non ese marcador e como é. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 19:31 (UTC)

{{Desactualizado}} --. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2015 ás 19:37 (UTC)
¡Érache ben fácil! Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 19:53 (UTC)

A wikipedia, cousa de homes?Editar

Ligo un artigo bastante interesante que trata sobre o tema do número de artigos sobre mulleres e o seu tratamento nas wikipedias. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 12:12 (UTC)

Petición de aprobación de BanjoBot 2.0Editar

Ola! Deixo un aviso por aquí para darlle máis visibilidade á petición que fixen para a aprobación de Usuario:BanjoBot 2.0. Ven sendo o mesmo que Usuario:BanjoBot, pode realizar as mesmas funcións, pero perdín a contraseña desa outra conta así que tiven que crear unha nova. A votación podedes atopala aquí. Saúdos! Banjo tell me 16 de febreiro de 2015 ás 23:22 (UTC)

A wikipedia en inglés vista como unha galaxiaEditar

O proxecto WikiGalaxy permite navegar polos 100.000 artigos máis populares do 2014 da wiki en inglés como se fosen unha galaxia... :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2015 ás 09:46 (UTC)

Doodle adicado a RosalíaEditar

Acabo de ver que o doodle do día está adicado a Rosalía de Castro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 01:15 (UTC)

EducacaoabertaEditar

Visto en menéame.net, educacaoaberta.org ten unha lista de software libre relacionado coa educación, para os que sodes profes ou estades interesados no sw libre. Posiblemente moitos xa a coñecíades. Saúdos -Banjo tell me 12 de marzo de 2015 ás 09:52 (UTC)

Categorización Estado historico/estado modernoEditar

A raíz da categorización das personalidades nadas en Moldavia surxiu un problema xa que a Moldavia histórica é diferente da actual, que se divide na rexión de Romanía, na República independente de Moldavia e nunha rexión de Ucraína, a Bokovina. O problema presentase cando a categorización pode levar a erro. A miña idea inicial era categorizala como ... na Rexión de Moldavia, ... na República de Moldavia e ... en Moldavia (referíndome á Moldavia histórica, e que incluiría as categorías anteriores). Pero é certo que Moldavia a secas pode levar a confusións así que quizais era mellor engadirlle un apéndice coma Moldavia histórica. Este problema tamén sería estrapolabel a outros casos coma Macedonia. Quedo a disposición do que comentedes, un saúdo! --Anton45 (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 14:55 (UTC)

A Moldavia actual é a que é, e as cats deben levar ese nome. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de marzo de 2015 ás 11:32 (UTC)
E os artigos, e biografías, relacionados coas outras "Moldavias" terán que ir nas súas categorías. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2015 ás 22:55 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Se hai que debater algo, será o nome dos artigos (inclusive unha páxina de homónimos). Fixados os nomes dos artigos, os nomes das categorías deben seguir os mesmos criterios. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2015 ás 09:54 (UTC)

Wrong connection on WikidataEditar

Hi, sorry for writing in english :) I saw that b:Persoal is connected to Wikidata item d:Q12397613, which is a disambiguation item. Would please tell me which is the correct corresponding item among those listed in Persoal? Thank you, bye. --Superchilum (conversa) 21 de abril de 2015 ás 10:12 (UTC)

Hi Superchilum, it's fixed now, linked to Pronome persoal. Thanks Banjo tell me 21 de abril de 2015 ás 10:51 (UTC)

Categorías de personalidadesEditar

Boas a todos! Quería comentar e debater algúns puntos sobre a categorización de personas, a ver que pensades.

1. Categoría:Personalidades da física de Galicia vs Categoría:Físicos de Galicia

Segundo lembro, cando se comezaron os traballos de categorización aló nos comezos da Galipedia, acordouse que o título das categorías sería do estilo Categoría:Personalidades da física no canto de Categoría:Físicos. Isto levou a que por exemplo teñamos a Categoría:Personalidades da bioloxía de Galicia no canto dunha hipotética Categoría:Biólogos de Galicia. Porén, coa expansión da wiki, non sei moi ben porqué, moveuse a tendencia a categorías do estilo Categoría:Científicos do Reino Unido (no canto de Categoría:Personalidades da ciencia do Reino Unido).

Isto non só aplícase á ciencia. Por exemplo, no ámbito político temos a Categoría:Personalidades da política de Galicia mais tamén Categoría:Políticos de España, e temos a Categoría:Anarquistas mais tamén Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia.

Temos tamén no eido relixioso a Categoría:Personalidades do cristianismo (e non Categoría:Cristiáns), e así sucesivamente.

Resumindo: Habería que optar por unha forma ou outra, para que haxa coherencia.

2. Categorías que etiquetan á xente por crenzas, ideoloxía, etc. Penso que deberíamos evitar este tipo de categorías. Neste sentido, penso que non deberíamos ter categorías do tipo Categoría:Musulmáns ou Categoría:Budistas, nin do tipo Categoría:Anarquistas ou Categoría:Neoliberais. Neste caso, as categorías do tipo Personalidades do XXXX penso que son máis útiles xa que só inclúen a aqueles con influencia nese campo particular (o budismo, o anarquismo ou o liberalismo) e non a aqueles que simplemente participan desa crenza ou ideoloxía.

Resumindo: Propoño transformar as (poucas) categorías que queden deste estilo.

3. Categorías de estados desaparecidos Algo habería que facer tamén coas categorías de estados desaparecidos. Temos a Categoría:Deportistas da Unión Soviética pensurada de Deportistas por países, mais coido que deberíamos limitar as categorías por países aos países actuais. Penso que unha posible solución sería clasificalas dentro de categorías do tipo Categoría:Personalidades da historia de {país} pendurada á súa vez dentro da categoría correspondente do país moderno. Así, por exemplo, a Categoría:Personalidades da Grecia antiga iría dentro de Categoría:Personalidades da historia de Grecia. Particularmente recoñezo non me convence demasiado a solución, mais algo habería que facer.

Espazo de debateEditar

1. Categoría:Personalidades da física de Galicia vs Categoría:Físicos de Galicia

  1.   Comentario Propoño optar por categorías do tipo Personalidades da {ciencia/relixión/campo} de {país}. --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2015 ás 12:04 (UTC)
  2.   Concordo --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 07:55 (UTC)
  3.   Concordo --Banjo tell me 9 de xuño de 2015 ás 13:17 (UTC)
  4.   Concordo. --AMPERIO (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 16:24 (UTC)
  5.   Concordo. --Chairego apc (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 17:45 (UTC)
  6.   Discordo. Hai categorías nas que a categoría Personalidades da {ciencia/relixión/campo} de {país} non teñen sentido, mais si o ten a outra opción, por exemplo: unha categoría chamada Compositores de Alemaña ten sentido, mais chamarlle Personalidades da composición de Alemaña queda rara. Creo que, ou cada quen decide crear as categorías como o estime máis oportuno, ou empregamos formas como a segunda (Físicos de Galicia), que sempre son válidas. De todos xeitos non sei que se está a votar exactamente, eu concordo con Categoría:Físicos de Galicia. Piquito (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 22:05 (UTC)
Efectivamente Piquito, hai casos (compositores, etc.) nos que non procede. Pero por exemplo, a categoría de Categoría:Políticos de España só debería incluir aos alcaldes, senadores, deputados, etc.; mentres que nunha categoría hipotética de Categoría:Personalidades da política de España poden tamén entrar politólogos, activistas, etc. É dicir, o de "personalidades de ..." é para conceptos máis xerais. Outro exemplo: "personalidades da arte" non son só os artistas, tamén o son os mecenas, etc. Outro máis "Personalidades do cristianismo de España" é claramente diferente á de "Cristiáns de España". E así sucesivamente. --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2015 ás 08:49 (UTC)

2. Categorías que etiquetan á xente por crenzas, ideoloxía, etc.

  1.   Comentario Propoño evitalas todo o posible. --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2015 ás 12:04 (UTC)
  2.   Concordo --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 07:55 (UTC)
  3.   Concordo --Banjo tell me 9 de xuño de 2015 ás 13:17 (UTC)
  4.   Concordo. Eu evitaría tamén as que temos de mortos do bando tal ou cal da Guerra Civil. --AMPERIO (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 16:24 (UTC)
  5.   Concordo. --Chairego apc (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 17:45 (UTC)
  6.   Neutro, creo que teñen a súa utilidade, pero non teño opinión sobre deixalas ou eliminalas. Piquito (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 22:05 (UTC)

3. Categorías de estados desaparecidos

  1.   Concordo Propoño penduralas dos estados actuais. --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2015 ás 12:04 (UTC)
  2.   Concordo --Banjo tell me 9 de xuño de 2015 ás 13:17 (UTC)
  3.   Concordo Ah, vale, entón si concordo :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 14:58 (UTC)
  4.   Concordo --AMPERIO (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 16:24 (UTC)
  5.   Concordo. --Chairego apc (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 17:45 (UTC)
  6.   Discordo con penduralas dos estados actuais, creo que hai que penduralas dos estados históricos. Nas personalidades do Sacro Imperio Romano Xermánico hai xente de moitos países, co Imperio Austrohúngaro tamén. Co caso que se cita da Antiga Grecia en concreto paréceme unha idea malísima, o mundo helénico extendíase por moitas máis rexións que a Grecia actual, polo que poñer esa categoría pendurada de tal de Grecia creo que é un disparate, non podemos poñer un grego que naceu na costa turca na época da Grecia antiga como unha personalidade de Grecia, iso é falso, é helénico, mais non grego (dende o punto de vista actual, que sería turco), e o mesmo con todos os da Península Itálica, Península Ibérica, mesmo os faraóns helénicos e todas as persoas que naceron nos territorios conquistados por Alexandre o Grande. Non me parece unha boa idea, creo que hai que pendurala das categorías dos estados desaparecidos. Piquito (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 22:05 (UTC)
  •   Comentario Aquí non estou seguro. Dis que a Categoría de Políticos da Grecia antiga non estea na categoría de Políticos de Grecia? Se é así non concordo porque aínda que os estados non sexan os mesmos, son políticos tamén e ese é o estado actual que teñen "de referencia" polo que para min si deberían estar nesa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 07:55 (UTC)
  Comentario Non, todo o contrario. Eu penso que a Categoría:Políticos da Grecia antiga debería pendurar de Categoría:Personalidades da Grecia antiga e da de Categoría:Políticos de Grecia, mais non da Categoría:Personalidades da política por países, que debería restrinxirse aos países actuais. Outro exemplo: as categorías sobre personalidades da URSS non estarían en personalidades por países, senón en Personalidades de Rusia, Ucraína, etc. --Norrin (Fálame) 9 de xuño de 2015 ás 13:01 (UTC)

Finnish citiesEditar

Many cities in Finland have both Finnish and Swedish names, and normally the name in the local majority language is used. However, Karis and Jakobstad, the names in the local majority language, Swedish, lead to Karjaa and Pietarsaari, the Finnish onesThere are also several links to pages that don not yet exist in this wiki that I have corrected, but have been reverted, and therefore I ask here. I see no point in using a different Standard with some cities, and I wonder if anybody else does, or if these pages could be moved. What comes to the political situation in Finland, Finnish and Swedish are both official languages with equal rights. K9re11 (conversa) 8 de xuño de 2015 ás 23:10 (UTC)

That has been replied properly on the user's talk page.   Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de xuño de 2015 ás 08:45 (UTC)

Problemiñas nos Artigos de CalidadeEditar

Veño de facer unha pequena "auditoría" interna nos artigos de calidade. Comecei por revisar e amañar Sirius pero vin que hai unha serie de problemiñas xerais en case tódolos artigos, así que antes de poñerme a cambiar nada reviseinos un por un e fun apuntando os problemas a modo de auditoría.

Podedes ver os resultados aquí: Usuario:Banjo/Control de calidade

(É probable que non detectara tódolos problemas en tódolos artigos, dous ollos só chegan para un tanto, así que si detectades algo que falte sodes máis que benvidos a indicarmo ou engadilo ahí directamente.)

A columna "Prioridade alta" indica problemas graves que hai que amañar canto antes, os artigos con estes problemas van en vermello. "Prioridade baixa" son problemas menores, incluso invisibles para o lector, pero que sendo artigos de calidade habería que resolver tamén, suponse que son artigos exemplares para o resto. Os que teñen estos problemiñas menores van en amarelo. En verde quedan os que en principio non teñen problemas, que polo momento só hai un (Pontedeume), pero aínda así podería mellorarse, como por exemplo diversificando o uso dos modelos de citas e non usando cita web por defecto (Isto último xa é un pouco perfeccionista de máis :D).

Hai moito vermello... O problema máis grave é que hai moitos artigos que carecen de referencias. Nalgúns casos son de fácil solución, pódense tomar doutras partes do artigo ou son fáciles de atopar. Noutros casos é máis grave, e precísase unha revisión e mellora completa... Alemaña por exemplo, tal e coma está, non debería estar considerado de calidade (na miña opinión persoal). Apenas 30 referencias para un dos artigos máis longos de toda a wiki non son suficientes nin de lonxe.

Anuncio esto aquí porque aínda que eu irei revisando e amañando pouco a pouco, a lista fáise moi larga para un só. Se tedes un ratiño libre e gañas agradécese toda a axuda posible para correxir estos problemas. A ver se pouco a pouco entre todos imos conseguindo máis verdes ahi :).

Grazas xente, e perdón pola parrafada. Saúdos Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 17:09 (UTC)

Boteille unha ollada a algúns artigos que dixeches, pero vaime levar tempo e ademais agora estou con outra cousa, pero xa o irei facendo. Polo momento revisei o artigo virus e puxen media ducia de referencias no apartado de partículas subvirais e borrei un par de ligazóns externas. O que non sei é que é Cita Harvard (ou mellor dito cal é a que hai que cambiar). Outra cousa que fixen foi poñer na páxina de conversa de núcleo celular o aviso de artigo de calidade, pero quedoume sen poñer o número que leva ese modelo, que é distinto en cada caso e eu non sei cal é. Xa irei facendo máis cousas cando poida. Un par de comentarios: O de modelos con argumentos duplicados non sei o que é; un día preguntei e HombedeHojalata dixo que non tiña importancia (a conversa está na páxina de Axuda). O das referencias nas introducións teño entendido que nas introducións non é obrigatorio poñer referencias, xa que son un resumo de cousas que se van repetir máis abaixo (onde si hai que poñer referencias), a non ser que se fagan afirmacións que non se repiten despois ou que pareza conveniente por calquera motivo poñelas. En núcleo celular a introdución non a fixen eu porque é o único que había na páxina antes de que eu fixese a ampliación, pero se ves algunha frase na que creas conveniente poñer unha referencia indícama. por favor, e intentarei buscala.--Miguelferig (conversa) 27 de xuño de 2015 ás 19:40 (UTC)
Ola Miguelferig! Grazas pola revisión! As refs que engadiches solucionan ese problemiña, doulle eu un repaso despois para engadir as citas harvard. O modelo é {{Cita Harvard}}, ten un par de variantes, pero están un pouco feitos á presa, teño que poñerme un día a revisalos. A indicación que poño no "informe" é para usalo nas referencias curtas, de tipo "autor, ano, páxina", que fan referencia ás entradas que hai na bibliografía. Cando se usa o modelo, estas referencias curtas ligan a eses libros, e ao pinchar nelas resáltanse ahí para marcar cal é o libro. Apáñoas eu nun rato ahi e xa nos queda Virus en verde, no worries :). Para núcleo celular xa lle engadín o número de revisión, sácase do historial. O de "modelos con argumentos duplicados" é algo menor si, moitas veces son as caixas de info/navegación ou os modelos de referencias "cita", que levan máis dun argumento igual pero non afecta para nada. Aínda así sería mellor solucionalo nos artigos de calidade, polo tema de dar exemplo, xa me encargo tamén de revisar ahí. Comprendo o que comentas do da introdución, supoño que se acordou xa fai tempo. De todas formas, ó meu parecer, o feito de que haxa a mesma info referenciada máis adiante non quita de tela referenciada na intro tamén, haberá moita xente que só lea esa parte e non lle podemos mostrar información así sin máis :D. Hei de tomar as referencias que hai máis adiante no propio artigo para engadir ahí, é un dos casos fáciles nos que se poden re-utilizar as que xa hai, pero se vexo que falta algunha avísote. Moitas grazas de novo polo chollo :D Banjo tell me 27 de xuño de 2015 ás 19:57 (UTC)
Xenial traballo Banjo, polo momento estou moi liado co tema da liberdade de panorama pero cando remate irei revisando algo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xuño de 2015 ás 22:28 (UTC)
Ah, e eu o das referencias na introdución, non sei se iso está indicado nalgún lado nin me lembro se se tratou nalgún momento, non o cambiaría, deixaríao a elección do editor. Como di Miguelferig, a información que está na introdución ten que estar comentada de forma ampliada no resto do artigo e aí é onde si teñen que estar as referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2015 ás 00:50 (UTC)

Reformei a sección de replicación de ébola e puxen 7 referencias. Deille formato a moitas referencias de noticias que non o tiñan, pero non sei se me falta algunha. Que lle ocorre exactamente á estrutura do Véxase tamén? Como se pode saber cales son as referencias con parámetros obsoletos? Aparentemente na páxina non sae ningún aviso sobre iso.--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 12:13 (UTC)

Ola de novo Miguelferig! Grazas por darlle unha revisada ahi. As referencias na sección esa quedan xenial, xa solucionan ese punto. O "véxase tamén" vai ordeado de forma "bibliografía->outros artigos->lig ext" segundo o Wikipedia:Libro de estilo, é para manter un orde máis que nada, xa o reorganicei. As referencias con parámetros obsoletos son as que usan parámetros non ideais, coma "coautores" ou "mes", é preferible usar listas numeradas nos autores e o parametro "data" no seu lugar. Hai máis info sobre isto en Modelo:Parámetros dos modelos de citas e Axuda:Erros nas referencias. Banjo tell me 29 de xuño de 2015 ás 12:28 (UTC)
Ben, pois eliminei os parámetros obsoletos "coautores" e "mes" das páxinas arqueas, núcleo celular e ébola. Creo que os eliminei todos.--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2015 ás 16:36 (UTC)

Síntoo, Banjo, pero non entendo que problemas atopaches polo que non sei como vou axudar na súa solución. Estiven mirando o artigo Caso do metílico, onde dis que faltan referencias nas secciìons Os comezos..., O alcohol metílico e As vítimas. Non vexo que en ningunha das tres se pidan referencias. Non sei que afirmación precisa ser referenciada. Supoño que nos outros artigos onde podo botar unha man tampouco se indicará qué hai que referenciar. Non sei se me explico porque non creo que queiras unha referencia para cada dato: sería interminable e ilexible. Por exemplo, na sección Vítimas do artigo do Metílico: afirmo quie houbo 51 mortos e 5 cegos, confirmados; que houbo moitas máis mortes pero que non se realizou autopsia; que foron en Ourense, Coruña, Canarias e Sahara; que a intoxicaciòn se manifestou entre o 13 de febreiro e o 18 de maio, en Galicia, e entre o 7 de febreiro e o 2 de abril, nas Canarias; etc. ¿Este tipo de cousas son as que cres que se deben referenciar? Todo isto vén dos libros citados na bibliografía (eu consultei os dous primeiros). ¿Debe citarse a páxina onde se di tal cousa? Xa ves. Quizais estea dando máis traballo que o que debìa resolver. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xullo de 2015 ás 22:02 (UTC)

Boas Lameiro. En principio nun artigo todo debería estar referenciado. Obviamente non cómpre referenciar que Alemaña é un país de Europa, mais si ten que quedar claro de onde saen os datos. A bibliografía, ademáis, non acaba de servir para isto, xa que a bibliografía non referencia necesariamente os datos do texto. Saúdos! --Norrin (Fálame) 2 de xullo de 2015 ás 07:51 (UTC)
Ola Lameiro. En Usuario:Banjo/Metílico hai unha aproximación de como creo que deberían ir indicadas as referencias nesas tres seccións. Se os datos están sacados das páxinas deses dous libros como comentas sería precisamente indicar o libro concreto e o número da páxina ou páxinas en cada caso. Banjo tell me 2 de xullo de 2015 ás 08:03 (UTC)
Un detalle, nunha referencia indicar o libro é obrigatorio, obviamente, pero o número de páxina xa é para sobresaínte. Está claro que se o que achega esa información pode indicar ese número entón a cousa queda perfecta, pero se agora hai que amañar unhas referencias, ou engadilas porque se esqueceron, con poñer o libro de onde se tirou a información xa chega. Ter o número de páxina da información facilita moito o traballo dos que queiran comprobar eses datos pero se no momento de poñer a referencia non se ten ou o que sexa, pois que lle imos facer, indícase o libro, que é o importante, e listo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 09:12 (UTC)
Fareino, xa que logo, esta finde, pero non me gusta nada. O resultado vai ser unha sucesión monótona e pesada de "Rodríguez Méndez (abril de 1998), px tal", "Rodríguez Méndez (abril de 1998), px cual". Vai dar traballo (volver a ler todo o libro e anotar a páxina de calquera dato) e non lle vexo a avantaxe, pèro vós sabedes máis disto. Creo que esa "norma" xeral non sería aplicable a casos coma este. Pero vale, no problemo. Deixádeme uns días. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 19:44 (UTC)
Lameiro, se pos o capítulo usando o parámetro "capítulo=" eu creo que chegaría abondo, logo poslle un nome á referencia e xa a podes reutilizar onde precises. Con iso redúcense as referencias para que a sección non sexa monstruosa. Se precisas máis detalles só tes que asubiar :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2015 ás 21:57 (UTC)
Outra cousa, se usas a Modelo:Cita Harvard tamén aforrarás traballo porque en cada referencia só tes que poñer o autor e o ano do libro, para identificar o libro, e logo a páxina. Isto tamén fai que as referencias saian menos extensas xa que na sección de notas só aparecen eses detalles cunha ligazón ó nome e resto de datos do libro na sección de bibliografía. O experto en citas Harvard é Banjo, por se tes calquera dúbida :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 08:11 (UTC)

Categorías de alumnos por universidadesEditar

Boas a todos. Recentemente eliminei a Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela do artigo de José Blanco. Entendo eu que as categorías do tipo "Alumnos da Universidade XXXX" deberían só incluir a aqueles persoeiros titulados por dita universidade, non aos que comezaron a estudar máis non remataron. Qué pensades? --Norrin (Fálame) 2 de xullo de 2015 ás 07:45 (UTC)

En principio estaba de acordo contigo Norrin, pero despois de pensalo bastante xa non o teño tan claro. Para que fose como dis ti habería que cambiar a categoría de nome e poñerlle "Titulados da Universidade XXX" ou algo así, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2015 ás 23:18 (UTC)
Penso que non hai que complicarse tanto. Na categoría Alumos da Universidade X deberían ir os Alumnos da Universidade X. --. HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2015 ás 05:44 (UTC)

Parabéns a tod@s!Editar

Moi boas a todos! Hoxe a Galipedia está de noraboa, coa elección de Händel como artigo de calidade conseguimos un feito histórico, e é que a estas alturas de ano xa levamos 11 artigos de calidade escollidos, os mesmos que o pasado ano (que tiña o récord), e con tan só 13 propostas! Con este xa temos 43 artigos de calidade, entre eles 10 dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter. Quero aproveitar para dar as grazas a tod@s @s que contribuíron a ampliar a lista de artigos de calidade participando nas votacións, corrixindo ortografía e gramática, mellorando e propoñendo artigos, mellorando o formato das referencias... Só animar á comunidade para continuar nesta liña e seguir medrando, conseguindo cada vez máis artigos de calidade e de máis temáticas. Parabéns a tod@s!! Piquito (conversa) 23 de agosto de 2015 ás 21:05 (UTC)

Xenial!, e únome ós parabéns. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2015 ás 22:53 (UTC)

Usuarios activosEditar

Segundo acabo de consultar nesta páxina, que está bastante actualizada, temos 270 usuarios activos no proxecto. Penso que temos que pensar formas de aumentar esta cifra porque é seguro que moita máis xente podería colaborar, só fai falta ver que a wikipedia en éuscaro ten 232 cando teñen moitos menos falantes ca nós. Acéptanse ideas para aumentar a colaboración e se fai falta poñer cartos, non vos preocupedes, se a idea o merece pode solicitarse unha subvención á Fundación Wikimedia aquí cando se queira e solicitando como mínimo uns 500 dólares. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2015 ás 08:47 (UTC)

Separo deste fío unha serie de comentarios para a conversa de abaixo titulada "Demasiados bibliotecarios na Galipedia", para non mesturar os temas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 15:30 (UTC)

Demasiados administradores na GalipediaEditar

Trouxen aquí os comentarios sobre este tema que derivaron da conversa "Usuarios activos" de arriba para non mesturar os temas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 15:30 (UTC)

272 usuarios con 14 admins, o que ven a ser un admin cada 20 usuarios. A wikipedia en inglés ten 1 admin por cada cen usuarios e a wikipedia en castelán ten 1 cada 200. --83.241.46.175 15 de setembro de 2015 ás 14:04 (UTC)
Poderías explicar en que é prexudicial en que haxa "moitos admin"? --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2015 ás 17:00 (UTC)
Onde pon que sexan "moitos admin"? Podes explicar ti en que beneficia (e para que serve) ter proporcionalmente 5 veces máis adminis que a wiki en inglés e 10 veces máis que a wiki en castelán? 83.241.46.175 17 de setembro de 2015 ás 12:43 (UTC)

Estamos a desviarnos do tema, este fío trata sobre que facer para achegar máis usuarios activos ó proxecto, por favor, se queredes tratar outros asuntos abride outro fío. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 13:20 (UTC)

Poida que este sexa precisamente o fío:
Comparativa relación admin/usuarios activos por wikipedia
wikipedia usuarios activos admins relación
  inglés 124,782 1,346 1/93
  alemán 18,514 249 1/74
  francés 14,784 166 1/89
  italiano 7,960 104 1/76
  castelán 16,087 75 1/214
  portugués 6,250 63 1/99
  catalán 1,231 26 1/43
  euskara 230 10 1/23
  galego 266 14 1/19

Segundo esa listaxe a galipedia está no posto 45 por número de artigos e no posto 8 (de 45) en relación admins/usuarios activos só superados en número de admins por usuarios activos por:

1/18 Malay
1/18 Croatian
1/13 Slovenian
1/12 Kazakh
1/11 Estonian
1/11 Uzbek
1/9 Minangkabau
1/7 Norwegian (Nynorsk)

Só a wikipedia Norueguesa (122.891) ten menos artigos que a galipedia. A galipedia é a wikipedia con menos artigos sento a 9 (de 46) con máis admins por usuarios activos. Como diría un pésimo profesor: queda como exercicio 83.241.46.175 17 de setembro de 2015 ás 14:18 (UTC)

Desculpa a miña torpeza, pero sigo sen ver o problema. Ilumíname, porfa. --. HombreDHojalata.conversa 17 de setembro de 2015 ás 20:11 (UTC)
100% desculpado, por certo: quén dixo que fose un problema? está o "problema" xunto con "moitos admin"? A pregunta segue sen resposta: en que beneficia (e para que serven) todos estos admin? 14, un para cada 19 usuarios activos 83.241.46.175 17 de setembro de 2015 ás 21:53 (UTC)
Pois mira, eu non son administrador nin quero selo, pero os administradores, segundo teño entendido, fan moitos traballos de formato na wikipedia, como arranxar as referencias nos debidos formatos, arranxar os modelos, as categorías, utilizar bots, resolver problemas coas imaxes e os dereitos das imaxes, poñer avisos nas páxinas (páxina sen referencias, esbozo, páxina sen formato wiki, páxina que pode ser borrada por ter certas deficiencias como sen traducir ou con tradución automática deficiente, atender aos bloqueos ou desbloqueos de usuarios por vandalismos, protexer ou bloquear páxinas etc.) e moitas cuestións técnicas das que ás veces eles entenden e os usuarios normais non entendemos (por exemplo, no meu caso como usuario de a pé a miña preparación en informática ou en formatos da wiki e resolución de problemas non é moi grande). Moitas desas cousas poden facelas tamén os usuarios/editores normais e outras non, pero xeralmente os usuarios/editores normais non nos dedicamos tanto a iso (polo menos no meu caso). Ao ser administrador tes algunhas potestades máis para poder facer algúns destes tipos de traballos na wikipedia. Ti preguntas "en que beneficia que haxa tantos administradores?", pero tamén se podería preguntar "en que prexudica que haxa tantos administradores?". Quen queira ser administrador (eu, por exemplo, non) só ten que cumprir certos requisitos de antigüidade no proxecto da wikipedia e ser presentado por calquera usuario (co seu consentimento, naturalmente) e pasar por unha votación para ser aprobado. Calquera pode chegar a ser administrador seguindo o procedemento. Tamén hai un procedemento para revocalos.--Miguelferig (conversa) 18 de setembro de 2015 ás 10:14 (UTC)
Se ti non es admin non entendín moi ben como sabes o que fan os admin. Ven a ser como se eu explico o que fai a garda civil e para que serve. Pero a cuestión a responder ten que vir por outros. O mesmo que ti dis que "fan", faise noutras wikipedias con menos admin. Logo ten que haber algunha explicación (ou non haber ningunha). Se noutras wikipedias teñen para o mesmo chollo ou para os mesmos resultados 3 admin (1 por cen usuarios activos) ou sendo sobrados empregarían 6 (1 por cada 50 usuarios activos) por que en galipedia fan falta 14 (1 por cada 19)? Cantos admins da galipedia empregan bots? Noutras wikipedias tamén empregan bots e teñen menos admins. Cantos admin revisan dereitos de fotos? Por certo, os dereitos de fotos xa os miran os admins en commons... que as borran sen mirar máis aínda que lles digas que hai máis fotos iguais ca túa que non borran. En canto a correccións, sobran exemplos de que non fan tal. Póñense etiquetas de: revisar ortografía, poñer referencias, wikificar, deswikificar, etc. Algunha desas etiquetas leva anos posta. Hai admins adicados a poñer comas ou quitar puntos. En canto a borrar artigos eu só pedín borrar un. Preguntoume o tal admin porque o había que borrar. Tiven que dicilo eu, non o mirou el. Houbo que insistirlle por certo. Cantos admins fan falla para ver que un artigo non ten referencias e non é verificable? Na galipedia 14. A pregunta máis concreta para os admin poidera ser: é necesario ser admini para o chollo que están a facer? Porque para correxir textos non é necesario ser admin. En canto a axudar a outros usuarios en programación ou con artigos pois tampouco. Axuda ter 14 admin? Son necesarios? Claro que podemos ter un garda civil na porta todos, todos poderiamos ser garda civil e vestir de verde... pero para que? Ten que haber unha reflexión interna no colectivo (non estou a rir) e eles mesmos ver se estar nas páxinas vandalizando o traballo dos usuarios é unha función que mereza ser admin. E queda como exercicio consultar as votacións nas que foron elexidos os admin. O que din que farán sendo admin pódese facer sen ser admin. Ou como dixo un deles: seré admin mientras tenga la confianza de la comunidad. Non dixo nada do chollo que estaba a facer nin do que faría. O seu posto é por "confianza", non polo que fai. 83.241.46.175 18 de setembro de 2015 ás 12:16 (UTC)
Ben, eu non teño especial interese neste asunto, porque, perosoalmente, nin me vén nin me vai, pero sigo sen entender que dano fai que sexan moitos.--Miguelferig (conversa) 18 de setembro de 2015 ás 15:45 (UTC)
Non entendo o debate, se alguén estima que hai moitos que propoña unha redución, se alguén pensa que hai poucos que propoña que se escollan máis, pero falar por falar, uns terán unha opinión e outros outra pero dese xeito non se arranxa nada.--HacheDous=0 (conversa) 18 de setembro de 2015 ás 16:21 (UTC)
Vou ir en contra da miña promesa persoal e vou participar no debate. Eu son un tanto escéptico no tema dos administradores: creo que os administradores son necesarios para exercer un control na Galipedia (refírome concretamente aos bloqueos por vandalismos) Sobre o número de administradores, burócratas, bibliotecarios... (non sei que fai cada un nin se son a mesma cousa con distinto nome), non creo que o número sexa relevante, ter un número elevado de administradores pode ser positivo, se a Galipedia tivera unha relación de 1/100 teriamos 2 ou 3 administradores, como vaian de vacacións o mesmo mes estamos perdidos... falouse da relación 1/200 da Wikipedia en castelán, creo que precisarían máis, se cadra así deixarían de ser a Wikipedia máis (ou unha das máis) vandalizadas do proxecto.
Co que non concordo é co sistema que temos para que un usuario sexa administrador ou se manteña no cargo. Hai tempo plantexei a posibilidade de mudar o sistema para que o cargo de administrador pasara a ser temporal, e unha vez finalizara ese período (poñamos 4 anos) tivera que pasar unha nova votación para ver se continúa a contar co apoio da comunidade (vamos, para ver se a comunidade considera que fixo ben o traballo de administrador), como cando escollemos nas eleccións aos nosos alcaldes ou presidentes. O sistema que hai agora é engorroso para o usuario, certamente eu non proporía a revogación de ningún administrador, xa que facelo me trouxo máis complicacións que outra cousa... é un proceso no que un usuario calquera se expón a ir contra "a cúpula", e non é agradable (de feito non é agradable tomar medidas contra ninguén)... dese xeito quen non considerase que ese administrador debera seguir podería dicilo sen que saíra del a proposta de "tomar represalias". No seu momento non se aceptou, nin creo que se chegue a aceptar agora, pero deixo aquí de novo a proposta por se queredes debatir sobre ela. Saúdos, Piquito (conversa) 18 de setembro de 2015 ás 17:25 (UTC)
Se os admin son para funcións administrativo-censoras... pois supoño que noutras wikis tamén farán esos chollos e volvemos ao comezo: a relación de admins é menor. Hai máis chollo por vandalismos na galipedia? Parece que non. Logo non debe ser ese o motivo. A wikipedia en inglés ou castelán ten máis deses problemas e non aumentan o número de admins. Que conste que a wikipedia en español é un páramo en tarefas administrativas pero tamén é que calquera crítica respóndese baneando ips e usuarios. A cousa é que seguimos sen saber por que e para que hai 14 admins da galipedia. Claro que nos corresponderían 3 polo tamaño do proxecto. Aceptamos 6 por non apurar o chollo? Pero 14? Claro que os admin deberan ter capacidade entre eles para ver se o seu chollo é necesario como admin ou o poden facer sen ter botóns. Editar ou facer artigos faise sen ser admin, eles deberano ver. Temos os usuarios que dicir cantos admin debe haber ou cal sobra? E logo eles mesmos non o ven? Ten que pasar como dis ti que sexan os usuarios os que propoñan botar a un admin que non fai o chollo? Como na wikipedia en español que tiveron que ser os usuarios os que pediron que se botase a un admin que baneaba usuarios porque lle petaba. Na votación saiu que seguise o elemento. Os que votaron contra o admin foron represaliados (entre eles un admin da galipedia) tal admin cuestionado non volveu dar sinais de actividade na wiki pero segue alí. Serve para algo todo esto? 83.241.46.175 18 de setembro de 2015 ás 23:24 (UTC)
Escribo para deixar constancia de que tampouco eu vexo onde está o problema co número actual de administradores. --Atobar (conversa comigo) 22 de setembro de 2015 ás 09:09 (UTC)
Non consta ningún problema polo número (sic) de admins. Estamos a falar da relación admins/usuarios activos existe unha relación que NON se da noutras wikipedias de semellante tamaño (véxase comparativa más arriba). Esa proporción polo tamaño da galipedia debera ser duns 10 pero hai 14. A pregunta é: en qué beneficia e para qué serve? Debe haber 14 admins? Pódese facer o mesmo ou máis con 10? Pode algún admin poñer unha táboa do chollo que fan esos 14 admins? Unha comparativa. Non vaia ser o demo que tendo 14 fagan falta máis. 83.241.46.175 22 de setembro de 2015 ás 22:12 (UTC)

MensaxeEditar

Aparéceme esta mensaxe: "Information: You are importing User:Lupin/popups.js into your common.js or <skin>.js! This script is unmaintained. Please remove this inclusion and enable the Navigation popups Gadget in the preferences of your account instead". ¿Que significa? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18 de setembro de 2015 ás 22:51 (UTC)

Lameiro, iso quere dicir que tes desactivar o trebello de Ventás emerxentes de navegación das túas preferencias, na sección trebellos. Parece ser que vai deixar de funcionar. Tamén o comentou Banjo aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2015 ás 01:20 (UTC)
Ah, tamén di que se queres podes activar o trebello en probas "Ventás emerxentes", está no apartado "Características en probas". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2015 ás 01:25 (UTC)

Artigos principais inexistentes en artigosEditar

Boas! Veño de revertir varias edicións nas que se eliminaron "artigos principais" e "véxase tamén" en diversos artigos de calidade. Hai algún problema por ter estes artigos inexistentes nos artigos de calidade? Se cadra deberiamos plantexarnos que sexa obrigatorio que estes artigos estean creados á hora de nomear un artigo como artigo de calidade, e se están sen crear que eses artigos non sexan de calidade, pero poñerse a eliminados creo que non é a solución, de feito creo que é contraproducente, xa que se están alguén os pode crear, pero se os quitamos ninguén os creará. Eu non creo que deba ser obrigatorio que estean, pero prefiro iso a que despois se eliminen e poidan quedar sen facer. Un saúdo! --Piquito (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 15:22 (UTC)

Wikipedia:Ligazóns vermellas#Evitar a creación de certos tipos de ligazóns vermellas. Non é política oficial, polo menos de momento, e está aberto a discusión e consenso. Está tomado da wiki inglesa, e concorda coa miña opinión ao respecto, de ahi as eliminacións. O consenso decidirá, podemos debatilo aquí ou na propia páxina de conversa da proposta. Banjo tell me 29 de setembro de 2015 ás 15:30 (UTC)
A túa propia explicación vai en contra dos teus actos, non podes escudarte nunha política que non foi votada para facer calquera acción, primeiro se deberan aprobar as políticas, xa que se cando se vote a política a comunidade decide non aplicar ese punto como está agora, que facemos? buscamos todos os artigos aos que se lles eliminaron eses artigos principais e véxase tamén? Sería para tolear. Pregaríache desfixeras as edicións similares que fixeches noutros artigos. --Piquito (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 16:27 (UTC)
Non me escudo en ningunha política. Non hai nada escrito de forma oficial en contra ou a favor de manter esas ligazóns. Elimineinas baixo a miña propia opinión persoal, e fíxeno nos artigos de calidade por ser supuestamente os exemplos a seguir do resto de artigos. A decisión sobre a propia política que determine un camiño oficial a seguir virá despois cando se debata e vote de forma oficial. Ata entón é o consenso xeral o que ten que decidir se mantelas ou eliminalas. Se o consenso indica que hai que mantelas, desfarei o que haxa que desfacer, para iso están os historiais. Banjo tell me 29 de setembro de 2015 ás 16:39 (UTC)
Home, se engades a política á túa explicación supoño que é porque actúas atendendo ao que di. Ti dis que o consenso xeral terá que decidir se se manteñen ou se se eliminan, pero actúas sen atender a ningún consenso, non hai consenso para eliminar iso, non entendo logo o teu proceder e que aínda por riba digas que só o desfarás iso se hai consenso, logo ti podes actuar sen consenso? Por outra banda, non sei que problema hai agora con iso, ti mesmo votaches a favor de Bach e Händel hai meses e mesmo propuxeches ambos para a portada malia teren esa eiva... que cambiou dende aquela? Podías ter indicado nas votacións que era imprescindible facer iso, podías ter proposto que se eliminaran estes artigos complementarios para que houbera consenso no tema, podías ter pedido a algún usuario que os creara... pero decidiches, así, por obra e gracia do Espírito Santo, que os había que borrar, certamente non entendo o proceder. Pregaríache de novo que desfixeras todas esas eliminacións á espera dun consenso sobre o tema. --Piquito (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 16:56 (UTC)
  • Moi de acordo con Banjo. Eu faría exactamente o mesmo ca el. --Atobar (conversa comigo) 29 de setembro de 2015 ás 16:58 (UTC)
  • Quedan desfeitos os cambios que quedaban. O resto xa os reverteu Piquito. A redacción desa proposta foi posterior a votación dos artigos de calidade. As opinións cambian cando se adquire máis información sobre un tema concreto. Engado a proposta de política para ilustrar a miña opinión, non para apoiala. Actuei sen atender a ningún consenso porque todavía non hai ningún consenso. Banjo tell me 29 de setembro de 2015 ás 17:11 (UTC)
Concordo con Banjo/Atobar. Para min non ten moito sentido ligar un {{artigo principal}} ou un {{véxase tamén}} que non existe, ligando polo simple feito de que noutra wikipedia o fixeron. O que fai iso é reforzar a imaxe de "simple tradución" dos artigos que son "simples traducións" de artigos doutras wikis.
Así mesmo. Paréceme moi acertada a política proposta (Wikipedia:Ligazóns vermellas). --. HombreDHojalata.conversa 29 de setembro de 2015 ás 20:13 (UTC)
Pois eu non entendo esa teima que tendes cos artigos en vermello, se tiveramos 1.000.000 de artigos sería para mosquearse o feito de ter moitos artigos principais en vermello, é algo normal, e quilalos é contraproducente, xa que o feito de que estean aí pode facer que alguén se anime a facelos. É normal, creo, (falo no meu caso) que despois de traballar moito tempo nun artigo non teñas ganas de traballar en artigos relacionados e deixes os artigos principais para máis adiante, tamén hai que desintoxicar, creo que é normal. Sobre o da mostra de artigos traducidos que di Usuario:HombreDHojalata, pois tampouco vexo problema, que máis dá que o artigo sexa total ou parcialmente unha tradución de outro? o importante é que a xente o poida ler en galego, por outra banda, o de "simples traducións"... pois non dan choio nin nada as traducións para ser tan "simples", e se xa o fas traendo cousas de dúas ou tres Wikipedias nin te conto!! --Piquito (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 21:59 (UTC)
Eu tamén concordo, en xeral, co indicado coa proposta da política, as ligazóns en vermello poden animar á xente a crear artigos que faltan, pero como di esa proposta, as ligazóns de Artigo Principal e Véxase tamén son axudas á navegación para os lectores, se non existen non axudan nada e non da boa impresión. Pola contra, se esas ligazóns AP e VT non se poñen, o artigo non deixa de ser de calidade nin nada, sigue a ter información correcta, completa e de calidade e se no futuro un usuario quere ampliar o artigo a pouco que busque nos interwikis atopará as ligazóns AP e VT das outras wikis.
Haberá que debater a proposta e ver se é aceptada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 07:40 (UTC)
Eu xa comentei unha vez que tendo en conta o número de editores activos e o número de artigos xa feitos na Galipedia hai que ter paciencia (paciencia de anos). Non se poden facer as páxinas en vermello dun día para outro, e o tempo libre que temos é limitado. Por exemplo, no primeiro ano que empecei eu a interesarme pola Galipedia fixen a páxina ARNm, que tiña moitos artigos principais, como ocorre con moitas páxinas de tipo xeral nas cales tes que facer un resumo de cada capítulo sen entrar en grandes profundidades, polo que se amplían en artigos principais específicos. Ao primeiro estaban todos en vermello (porque a Galipedia tiña poucos artigos dese campo), pero un par de anos despois xa estaban todos en azul, polo que hai que ter paciencia, como digo, de anos. A páxina de ADN está toda en azul agora (tanto artigos principais coma ligazóns normais), pero ese traballo foise facendo en dous ou tres anos desde que se ampliou a páxina (antes un esbozo). É imposible facelo inmediatamente; hai que esperar. Por outra parte, pode non poñerse artigo principal e si unha ligazón normal en vermello, o que é case igual. Pero o feito de poñer os artigos principais ou as ligazóns en vermello é un aliciente, mesmo para o propio autor da páxina, para facelos posteriormente (cando se poida e con paciencia). É unha especie de traballo pendente, que xa queda sinalado. É tamén unha forma de construír a enciclopedia, porque se se pon un Véxase tamén que parece ser unha páxina relacionada e interesante, é con vistas a facela máis adiante (máis adiante pode ser dous anos despois ás veces) ou a que alguén se anime a facela, e despois as ligazóns xa están feitas e non hai que buscar o termo polas páxinas para poñer ligazóns. Ademais, un editor non é especialista en todo, e pode ser que teña que facer unha páxina en vermello dun tema que non controla e entón déixase aí indicado en vermello para que alguén se anime a facelo. Por exemplo, podo facer a páxina da bacteria Yersinia pestis, pero non haber unha páxina de tipo histórico sobre a Peste Negra (neste caso si a hai), pero quen entende de bacterias pode non entender de historia medieval. Concordo con que dá mala imaxe ter termos en vermello, pero iso débese a que aínda temos poucos artigos (é unha realidade, un estado actual, que temos que aceptar). O que dá mal aspecto son as ligazóns en vermello en xeral, sexan do tipo que sexan. Para navegar e procurar máis información serven tamén as ligazóns vermellas no corpo do texto do artigo, as cales tampouco levan a ningures. Pero insisto en que hai que ter paciencia. Eu lembro páxinas que fixen eu inzadas de vermello por todo o texto, que agora teñen case todo en azul (e non só os artigos de calidade, senón páxinas correntes), e non porque me empeñase eu en facer páxinas de todas esas ligazóns, senón que espontaneamente fóronse facendo outras variadas páxinas e resulta que como consecuencia outras páxinas quedaron con case todo en azul. En canto aos artigos de traducións, estou tamén de acordo que, se pode ser, é mellor un artigo orixinal que traducido, pero sempre cunha clara condición, que é que o artigo orixinal sexa MELLOR que o traducido, porque en caso contrario, eu como usuario que consulta a enciclopedia, prefiro claramente o artigo TRADUCIDO, ou consúltoo na lingua orixinal se a entendo. Por outra parte, facer un artigo orixinal leva moito tempo, e nese tempo fas 5 ou 6 artigos traducidos (que tamén dan moito traballo), e no estado actual da Galipedia cómpre facer moitos artigos (e se se traducen, que sexa das mellores wikipedias, naturalmente, para que non diminúa a calidade).--Miguelferig (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 10:19 (UTC)
Usuario:Miguelferig creo que o expresou mellor ca min. Ao meu ver esa política non é unha boa idea, temos que ser conscientes da nosa propia realidade, que por desgracia dista muito da da wiki en inglés (non temos 3 millóns de artigos nin miles de usuarios activos) Non podemos traer sen máis políticas aplicadas á wiki en inglés, do mesmo xeito que no Estado español non se lexisla igual que na India, porque teñen realidades socioculturais ben distintas. Neste caso en concreto creo que esta parte da política é contraproducente, eu persoalmente levo ampliados moitos artigos nos últimos meses e sería incapaz de dicirche todos os "AP" e "VT" que teñen. Creo que ese aspecto da política vai ser dar máis traballo aos editores ao teren que buscar nos historiais ou nas páxinas das que traduciron os artigos (se fora o caso) cales eran eses artigos... un lío, creo que hai que tentar facilitar o traballo en lugar de poñerlle máis complicacións, que somos poucos e temos o tempo que temos... Na wiki en inglés o poden facer porque son moitísimos, por exemplo, no Wikiproxecto do hóckey sobre xeo teñen un equipo coordinado unicamente para os artigos relacionados cos Canucks, para flipar!! Iso aquí é impensable, e como iso en todo, aquí (case) nunca se dá a situación de dous editores traballando de xeito coordinado nun artigo, repartíndose tarefas e creando os artigos principais, simplemente porque somos menos e temos intereses diversos (e menos mal que así é). Creo que Usuario:Banjo, Usuario:HombreDHojalata, Usuario:Atobar e Usuario:Elisardojm deberan ter en conta isto, xa que se aplicamos iso vai ser máis complicado traballar... Miguelferig o explicou moi ben, eu tentei engadir algo máis dese punto de vista, pero creo que estaría ben que se replantexara ese punto do proxecto de política. Un saúdo! --Piquito (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 22:45 (UTC)
Eu non vexo os problemas que hai en quitar os AP e VT en vermello, pero tampouco penso que a política sexa imprescindible... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2
O problema está en que a presenza deses artigos, a moitos usuarios (entre os que me inclúo) sérvenlles de guia para o traballo, isto é, facilítanlle saber se queda algo pendente relacionado cun determinado artigo, por exemplo: se me quitas os AP e PV de Calgary Flames te podo asegurar que non sei que artigos me quedarían por crear, tería que ir ao historial (como pase moito tempo e haxa correccións de moitos usuarios terei moito que rebuscar ata atopar eses artigos) ou ir ao artigo de onde o traducín (se é o caso, que aínda que os artigos sexan traducidos ás veces o editor engade artigos que considera, como neste caso o da historia da franquía)... en resumo, o problema é engadir pasos para os editores, que sexan eles quen os teñan que facer (se non os hai ninguén pode velos e dicir "pois vou crear este artigo"), e en definitiva, que perdan máis tempo e teñan máis trabalo, polo tanto, que se avance de xeito aínda máis lento. Por outra banda, que unha política dígalle a un editor que eses artigos secundarios teñen que estar creados en certo modo guía o seu traballo (fas este artigo e despois todos os artigos principais do mesmo) e penso que debemos ter liberdade para traballar noutros artigos sen perder esa referencia de traballo pendente. Non sei se entendes ao que me refiro... --Piquito (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 23:36 (UTC)015 ás 23:20 (UTC)
Insistides no punto de vista da edición. A vosa opinión é válida, pero estades a obviar o punto de vista do lector. A propia proposta mencionao en varias ocasións, {{AP}} e m {{VT}} son axudas de navegación para o lector, igual que {{outros homónimos}} por exemplo. Deberían guiar ao lector a outros artigos xa existentes, facilitando a navegación a temas relacionados ou información a maiores dun tema concreto. Se non existen eses artigos, os modelos deixan de cumplir o seu propósito principal. Non ten nada que ver con que o artigo teña moitos vermellos no corpo do texto, só co propósito concreto deste tipo de modelos, a proposta é clara nese sentido. Banjo tell me 1 de outubro de 2015 ás 06:39 (UTC)
Bueno, pero é que son os editores os que fan a enciclopedia, e sendo un traballo voluntario creo que hai que facilitarlles o traballo para que non gasten tempo de máis, o lector está de paso, e mesmo podería iniciarse cun deses artigos, pero repito, o primeiro deberían ser os editores porque sen eles non haberá lectores porque non haberá nada que ler, se os editores non están cómodos deixarán de editar, ou no mellor dos casos eses artigos secundarios nunca se crearán. Eu o vexo razoable.--Piquito (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 07:00 (UTC)

Reportaxe galipedistas e wikipedistas de LugoEditar

Ola, rapaces. Creo que xa houbo algún aviso neste foro de que queremos facer unha reportaxe con galipedistas e wikipedistas de Lugo para o xornal El Progreso. Eu chámome Sabela Corbelle e sería a xornalista que faría a reportaxe. Úrxeme contactar convosco porque pretendiamos sacar xa a reportaxe esta fin de semana e escribila o xoves. Polo tanto, teríamos que contactar entre hoxe e mañá.

Para axilizar as cousas, mandaríavos un cuestionario por correo e pediríavos tamén unha foto vosa, se non tedes reparo en saír.

Parece que o sistema non me deixa meter o meu enderezo electrónico, así que pásovos o meu teléfono. Podedes mandarme un whatsapp cos vosos enderezos electrónicos.--178.60.37.51 29 de setembro de 2015 ás 16:02 (UTC)

Animádevos! E, se vos decidides, grazas anticipadas pola vosa colaboración--178.60.37.51 29 de setembro de 2015 ás 16:02 (UTC)

  • Oscurecín o número, cuestións de privacidade. É lexible da forma que os editores habituais ben saben. Cando pase o tempo indicado na mensaxe hai que borralo. Posiblemente tamén no historial. Banjo tell me 29 de setembro de 2015 ás 16:47 (UTC)
  • Retirado do post e do historial. Banjo tell me 4 de outubro de 2015 ás 18:57 (UTC)

Marcho e pechoEditar

As reversións radicais feitas por HombreDHojalata en 30 de setembro, 2 de outubro e 3 de outubro, sen avisar nin preguntar, desfacéndoo todo, coma se eu fose un vándalo, ofendéronme.

Non estou seguro de que non as fixese precisamente para que eu marche. Nun perfecto acto de vandalismo.

Corrixir custa moito pero reverter, un sábado á unha da madrugada, non custa nada.

Mais tamén, falar e preguntar tampouco custaba gran cousa.

Así que marcho. E isto si que é irreversible.

Non foi ningún pracer. Nerk (conversa) 10 de outubro de 2015 ás 23:55 (UTC)

Ola Nerk.
Revertín as túas edicións en tres artigos de efemérides diarias (30 de setembro, 2 de outubro e 3 de outubro) porque constituían unha eliminación de gran cantidade de información útil, froito do traballo doutros editores. Certamente, en wikipedias nalgunhas linguas (poucas) non se inclúen nestes artigos persoeiros que non teñen artigo de seu, mais, polo momento, ese non é o criterio na Wikipedia en galego.
En calquera caso, como sabes, accedendo a través do historial das paxinas, podes volver a unha edición vella e recuperar calquera información que consideres de interese para seguir mellorando eses artigos, que, como todos, están en constante evolución.
Por outra banda, lamento que, a miúdo, te sintas ofendido cando as edicións doutros usuarios son contrarias aos teus propios criterios e recoméndoche, se tes algo de tempo, a lectura de Wikipedia:Asuma a boa fe.
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2015 ás 09:59 (UTC)
HombreDHojalata, creo que a reversión neste caso foi excesiva, Nerk eliminou contido, é certo, pero tamén é certo que non é un usuario con gran experiencia e que edicións anteriores e posteriores á eliminación de contido que fixo no mesmo artigo penso que foron axeitadas (non sei se estes artigos teñen algún formato definido pero, en principio, parecen correctas). Polo tanto era moito máis axeitado comentar o problema con el e dicirlle que restaurara o contido borrado e non desfacer todo o seu traballo, tanto o incorrecto coma o correcto.
Un pode pensar, non hai problema, restáuranse as edicións correctas do historial e xa se amaña a cousa. Si, iso pode amañar as edicións, pero como se borra a decepción dun usuario que se preocupou de mellorar unha cousa e ó revisalo atopa que o traballo de dous días foi desbotado?
E se un usuario está a facer unha cousa que non segue os usos do proxecto hai que explicarlle como debe facela, eles tamén teñen que aprender igual que o fixemos nós.
Penso que debemos ter máis coidado ó tratar ós usuarios, máis se son usuarios novos e que están a contribuír de forma correcta á Galipedia, hai que falar con eles, explicarlles como funcionan as cousas no proxecto, tratar de entender os seus puntos de vista, e reverter só nos casos obvios, porque non podemos permitirnos perder nin unha soa man... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2015 ás 09:03 (UTC)
  • Eu secundo completamente a actuación de HombreDHojalata. A súa explicación exposta aquí é completa (faltoulle -é fácil dicilo pasada a serra- comentarllo ao usuario afectado xusto tras a reversión). Paréceme, como digo, unha reversión de libro, pois o artigo perdera contidos útiles e válidos. Lamento, obviamente, que Nerk se ofendese, e convídoo a que asuma a boa fe do resto de nós e que se anime a seguir editando conforme aos criterios da Wikipedia. --Atobar (conversa comigo) 14 de outubro de 2015 ás 11:01 (UTC)
 
Lugo map.
Eu non estou de acordo en que os admin fagan o que lles peta.
Está visto que os admin aplican o dereito de pernada de xeito consciente e coordinado. Veño de ver como unha achega miña é quitada da páxina de Lugo sen máis explicación que unha presunta decisión normativa-cosmética tomada sen explicación razoada e deixando ben ás clara que o importante é que catro se adiquen a exercer de censor-corrector. As achegas dos usuarios son contribucións sospeitosas que deben pasar un filtro consistente en quitar contidos e borrar engadidos. Pero todo esto segundo normas nas que se fala de páxinas de diálogo nas que eles non están. Non hai aportacións propias. Se hai que engadir contido do 100% aportado quedará o 20% tras o paso do trasquilador editor. Xa non era dos que editaba con nick, esto é imposible. Pero dende agora xa nin penso engadir contido gráfico e moito menos correxir erros que nin me van nen me veñen. A pasalo ben. Internet é moi grande e eu tamén asino o de: o último que peche a porta ou a deixe aberta por se veñen máis. E xa sabedes todos como di un dos admin: vai á zona de probas. Alí seguro que se poden pedir contidos e atopar colaboracións. Nemigo   29 de outubro de 2015 ás 14:16 (UTC)

Sobre os marcadoresEditar

Boas! Comecei a editar o artigo de Israel pola "malla" e quixera plantexar unha cuestión relacionada cos marcadores. Creo que debemos ter coidado á hora de poñer marcadores (neste caso o marcador tiña máis dun ano)... non sei quen puxo o marcador nin que criterio se segue á hora de poñer ou non un marcador. Certamente non entendo por que se puxo ese marcador no artigo, deixo os dous últimos parágrafos da sección de historia para ver que vos parecen:

Na súa breve historia moderna leva desenvolvido sucesivas guerras contra os seus veciños árabes, con diversas tomas de territorio e é acusado de discriminación polo pobo palestino; por outra banda, o estado de Israel xustifica as súas accións militares como medio de defensa contra o terrorismo árabe. No ano 2003 comezou a construír un valado nos territorios conquistados para se protexer do terrorismo. Esta decisión levantou moita polémica no mundo occidental, de feito, aínda que o nome oficial é Valado de seguridade, é frecuente que se aluda a el coma 'muro da vergoña'.

Nos últimos anos volveuse norma do estado israelí bombardear territorios aínda ocupados por árabes coa desculpa de seren obxectivos militares ou que poñen en risco a seguranza nacional. O resultado destes é unha masacre constante do pobo palestino Estas accións que deberían ser consideradas crime contra a humanidade lamentablemente non son regulados pola comunidade internacional ou a Organización das Nacións Unidas por motivos de carácter relixioso e económicos-políticos como a compra de armamento a outros países ou a influencia que Israel ten pola súa situación xeográfica respecto dos países do Oriente Medio (que son grandes produtores de petroleo)

Creo que eses dous parágrafos non merecían un marcador, deberan ter sido eliminados directamente, especialmente o último, que toma partido a todas luces. Penso que quen vexa casos así debería eliminar de inmediato eses contidos (nada enciclopédicos) en lugar de poñer un marcador de "atención"... A imaxe que dá da nosa Wikipedia non é boa, non debemos defender aquí ao pobo palestino nin xulgar as políticas de Israel cara a ese pobo, entendo que podamos ter simpatías polos palestinos, pero a realidade é que isto é unha enciclopedia e debemos expoñer friamente o que hai, dun xeito obxectivo e sen tomar partido por ningunha das partes por inxusta que nos poida parecer a situación.

Por outra banda, coa que está a caer, creo que poderiamos plantexarnos a protección da páxina fronte a futuros vandalismos, xa que as cousas parece que están tensas e o artigo é controvertido por natureza.

Un saúdo a todos. --Piquito (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 21:15 (UTC)

O primeiro parágrafo paréceme case correcto (o de desenvolvido varias guerras habería que matizalo, porque algunhas lle foron declaradas). O segundo parágrafo non me parece correcto. Non hai que tomar partido, pero tamén hai que dicir as cousas como son. É como se falamos do holocausto xudeu e lle damos predominancia ás xustificacións que lle daban os nazis para facelo ou lle damos ao mesmo peso ao negacionismo dos que aínda hoxe din que nunca existiu. Agora as principais vítimas son os palestinos e Israel está nunha posición de forza, mais tamén hai terrorismo e non hai unha aceptación xeral en Oriente Medio da existencia do estado de Israel. Iso non pode xustificar calquera medida que se tome contra os palestinos (non só é o muro, senón moitas máis cousas), e non é falta de neutralidade explicar cales son; todo depende de como se redacte. Pero en xeral, estou de acordo contigo, que hai que buscar unha redacción máis ponderada a problemas que son moi complexos como ese.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 21:56 (UTC)

Igual deberiamos facer algoEditar

Boas a todos! Nestas semanas teñen pasado cousas na Galipedia sobre as que penso deberiamos reflexionar todos e facer autocrítica. Supoño que moitos usuarios xa saben do abandono dos usuarios Nerk e Nemigo a causa de incidentes con dous administradores. Penso que ás veces non somos conscientes de que detrás de cada alcume ou IP hai persoas, penso que debemos ser máis empáticos, e especialmente os administradores, que deberían ser os que guiaran aos novos usuarios.

No caso dos administradores penso que non hai a suficiente comunicación co resto dos usuarios, eles fan e desfán sen moitas veces dar explicacións, moitas veces se desfai o traballo dun usuario sen falar previamente ou como mínimo explicar a posteriori os motivos, de xeito tranquilo. Eu persoalmente considero que é mellor intentar falar antes co usuario que fixo a edición (se é un vandalismo non, loxicamente) para que cada un poida expoñer os seus argumentos. Creo que se debe ter máis tacto para todo, todos podemos meter a zoca, o tema é recoñecelo e rectificar poñéndote no lugar da outra persoa (pode que nós nos expliquemos mal ou nos entendan mal, pero hai que aclaralo)

Retomo pois unha idea que expuxen hai meses. Penso que deberiamos limitar o tempo en activo dos administradores mediante votacións periódicas (alguén o definiu como unha reválida), creo que é o mellor xeito de exercer un "control" sobre o traballo dos administradores. Certo é que hai un proceso para revogar os dereitos dos administradores, mais considero que ese proceso de votación debera empregarse só en casos extremos que non poidan esperar á "reválida" (por exemplo, faltas de respecto a outros usuarios). A votación para revogar os dereitos é "un marrón", xa que o que inicia o proceso está a propoñer un castigo contra un adinistrador, e iso é moi exposto e desagradable... eu logo de telo feito non o faría de novo a pesar de ter algún que outro deosencontro, non é un proceso agradable.

Agora é tempo de recapacitar, eu propoño esa solución (no seu día todos os administradores que se pronunciaron o fixeron en contra, non así os usuarios "normais"), pero vendo que nun mes tivemos dúas baixas relacionadas coa actitude dos administradores penso que debemos facer algo, pero iso xa é cousa da comunidade. Un saúdo, --Piquito (conversa) 5 de novembro de 2015 ás 23:14 (UTC)

Boas quero falar neste caso como usuario. Concordo contigo Piquito en que temos que ter máis tino ó tratar cos demais usuarios, pero todos non só os administradores... O traballo de todos, se non é un vandalismo, hai que respectalo e fomentar máis o diálogo, mantendo as formas en todo momento e asumindo boa fe.
Tes razón en que os administradores teñen máis responsabilidade neste caso, e é unha cousa na que creo que podemos mellorar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 09:42 (UTC)
Usuario:Elisardojm, eu non digo que sexa cousa exclusiva dos administradores, eu son o primeiro que mete a zoca, pero si que tendes unha maior responsabilidade ao ter ese cargo. Creo que me explico. --Piquito (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 17:37 (UTC)

Notas na páxina de conversa dun artigoEditar

Non estaba totalmente convencido de si era posible incluír Notas na páxina de conversa dun artigo. Estiven buscando información e atopei algo na en:Wikipedia sobre Notas en páxinas de conversa.

Ó parecer existe un Modelo que suxiren empregar, Template:Talkquote. Penso que non existe na Galipedia, e vou deixar a Conversa:Amy Winehouse tal como está, se non hai ningunha outra proposta.

Poño un exemplo: Conversa:Dragón da en:Wikipedia. --Dodro (conversa) 23 de decembro de 2015 ás 22:57 (UTC)

Grazas Banjo! mais perdeuse o Índice. De tódolos xeitos así e como se deberían incluír as Notas na páxina de conversa dun artigo. --Dodro (conversa) 23 de decembro de 2015 ás 23:29 (UTC)
O índice aparece automáticamente cando hai máis de 3 seccións :). Pódese forzar a que apareza sempre engadindo __ÍNDICE__ ao comezo da páxina. Banjo tell me 23 de decembro de 2015 ás 23:36 (UTC)