Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 5

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Creación de Wikimedia EspañaEditar

Boas a todos. Estes días comezouse a falar na Wikipedia en castelán da creación do capítulo de Wikimedia España. Finalmente esta discusión trasladouse ás páxinas de Meta por ser un proxecto que englobaría non só á Wikipedia en castelán se non tamén ó resto de proxectos (Wikcionario, Wiksources, etc) así como ás Wikipedias nas distintas linguas do país. Isto non quere dicir que ese organismo sexa xestor de nada deses proxectos, tan só será unha expansión, representante e impulsor dos proxectos da Fundación Wikimedia en España.

Esta idea está comezando a desenrolarse polo que invito a tódolos interesados a que se pasen pola páxina ou que se apunten na lista de correo. Polo momento a cousa está comezando polo que lles pido que teñan pacencia con todo isto. Saúdos.--Elisardojm 14:39, 1 outubro 2007 (UTC)

  • Pregunta a toda a Comunidade da Galipedia: Cal vai ser a nosa actitude cara Wikimedia España? Eu vexo, a priori, 4 liñas de actuación:
  1. Pasar totalmente do tema e seguir como até agora.
  2. Creación de Wikimedia Galiza fóra de Wikimedia España.
  3. Creacion de Wikimedia Galiza como capítulo "rexional" (ou nacional ou local ou como queirades chamalo) dentro de Wikimedia España, tendo a nosa representación, peso e capacidade de toma de decisión ó mesmo nível que a Wikipedia en Castelán.
  4. Implicación total da Galipedia en Wikimedia España, tendo a nosa representación, peso e capacidade de toma de decisión ó mesmo nível que a Wikipedia en Castelán, pero sen crear un capítulo "rexional".

A miña opción persoal, é a 2. E logo a 3 e logo a 4, por ese orde. Primeiro, está a cuestión de se é posíbel organizar un capítulo ó noso nível. Deduzo disto que sí: Wikimedia Nova Iorque, Wikimeda Pennsylvania. Pero sobre todo está o feito de que, aínda non tendo nin unha política consensuada para a elección de administradores, é demasiado prematura a creación dun capítulo "rexional". Polo tanto, a miña preferencia agora mesmo e a 4, e habería que comezar a traballar e a aportar xa nese senso. Fica nas vosas máns. Fryant 00:47, 5 outubro 2007 (UTC)

Respecto ó punto catro creo que hai que matizar que os membros dos capítulos non son representantes, nin nada polo estilo, de ningún dos proxectos da Fundación Wikimedia, simplemente son membros del e poden traballar nalgún dos proxectos ou non. Os membros non teñen poder de decisión ningún sobre os proxectos, e como dicía antes o seus obxetivos fundamentais son promocionar os proxectos da Fundación Wikimedia (todos os que se atopen no seu ámbito xeográfico), darlle tódolos medios que podan e ser unha representación da Fundación diante do goberno, medios de comunicación e sociedade dentro do seu ámbito xeográfico.
Como di Fryant penso que, na teoría, sería posible a creación do capítulo de Wikimedia en Galicia pero creo que na práctica non sería moi doado, a non ser que se conseguira un bó número de membros que a impulsaran. No proxecto de Wikimedia España, aínda que está comezando agora mesmo, tan só hai 17 persoas apuntadas neste momento, o cal paréceme que é bastante pouco tendo en conta a cantidade de usuarios que hai na Wikipedia.
Eu persoalmente, en principio, voto por darlle impulso ó capítulo de Wikimedia España simplemente porque penso que é un proxecto que realmente pode sair adiante e que é moi necesario para a comunidade do coñecemento libre. Si sae adiante Wikimedia España e funciona, penso que co tempo tamén podería facerse algún tipo de subdivisión autonómica do capítulo de Wikimedia España.
E que conste que apoio á Galipedia ó cento por cento, aínda que non lle aporte todo o que me gustaría. --Elisardojm 14:52, 9 outubro 2007 (UTC)
Mais que nada, ó que me refería no punto 4 co termo "representantes", é editores da Galipedia que aporten e tamén decidan dentro do Consello de Administración de Wikimedia España, nas decisións que ésta tome en canto a publicidade dos proxectos e outras cousas, de xeito que os proxectos en galego non queden fóra dos medios de comunicación, e que tódolos esforzos sexan para os proxectos en castelán, que sendo realistas, é o que vai pasar se non tomamos algunha decisión con respecto a este tema.
Se os editores que estean involucrados na toma de decisións de Wikimedia España proceden dos proxectos en castelán, o lóxico é que o pulo procedente do capítulo vaia, aínda que sexa de xeito inconsciente, ós proxectos en castelán, pois son os que máis coñecen e os que máis "queren". Por iso é importante que alguén da Galipedia esté alí, para equilibrares o peso dos idiomas á hora da publicidade e recursos. Un saúdo.---- FryantTralarí Tralará 19:08, 14 outubro 2007 (UTC)

  Concordo Co que dis Fryant, e por como o dis non darías mal perfil para ser o que andivese neses lares ;) Lansbricae (Ti dirás) 19:15, 14 outubro 2007 (UTC)

Eu apostaría por crear Wikimedia Galicia e/ou pasar da Wikimedia España. Temos obxectivos distintos á Wikimedia España (nós temos a Xunta, eles o Goberno de España; os medios de comunicación nos que aspiramos aparecer son do ámbito galego, etc.). Eu polo menos vou pasar da Wikimedia España. Esa é a miña opinión. AlberteSi, digame? 19:17, 14 outubro 2007 (UTC)

Alberte, se te fixas, todo o que enumeraches como obxectivos diferentes non o son realmente, só son medios e pasiños intermedios para acada-lo obxectivo común a tódalos proxectos da Fundación Wikimedia, a creación de contidos libres, de balde e de calidade dun xeito colaborativo. Remítoche á cabeceira da Portada: O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. Eu tamén aposto pola creación de Wikimedia Galiza, pero sendo realistas, é demasiado cedo. E temos que reaccionar dalgún xeito, pasar de todo é o peor que podemos facer, creo eu.
Lansbricae, a mín non me importaría, pero antes de nada, teño que mirar se realmente teño tempo dispoñíbel para a carga de traballo que implica, se podo compaxinalo cos meus estudos, e sobre todo, se teño ganas.---- FryantTralarí Tralará 20:01, 14 outubro 2007 (UTC)

Pasando o ratoEditar

Levo un rato "argallando" por ahí e atopei esto na wiki inglesa: en:Wikipedia:Do not disrupt Wikipedia to illustrate a point e en:Wikipedia:Gaming the system (esta última non a atopei eu, pilleina prestada doutra discusión da taberna). Estaría ben que tódos lle botásemos unha visual, se alguen non entende algunha parte podo traducir/resumir o seu contido :D --Banjo tell me 18:50, 4 outubro 2007 (UTC)

    •   Concordo por que non as traduces e empezamos un proceso para engadirlles modificacións para adaptalas á Galipedia someténdoas ao consenso de toda a comunidade. Creo que son básicas. Alma 18:56, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Non as vou traducir para engadilas á galipedia, non teño interés niso, simplemente deixoas ahí por se alguén quere botarlles un ollo e reflexionar un pouco. O de traducir e resumir faríao só se alguén lle interesa saber de qué van e non sabe inglés. --Banjo tell me 19:06, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Creo que xa a estaba a traducir alguén, polo menos a de non xogar co sistema (algo necesario xa que se está asuceder isto constantemente), así que isa de momento non fai falla que a traduzas. Son políticas que din moito. Que existan na wiki inglesa significa que eles xa tiveron eses comportamentos e identificáronnos. Concordo completamente. AlberteSi, digame? 19:09, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Resumín e traducín Crank, deume unha venada :D --Banjo tell me 20:41, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Alégrome, eu tamén me estou a preparar para cando poña por todas partes conversa ou conversar, vai ser esto como un chat. Está moi lindo que compartamos vivenzas. Por certo, xa que te ofreciches a traducir eu o que non entendo é no primeiro artigo a parte dos examples, sí a páxina do disrupt ese. Grazas Bango. Lansbricae (Ti dirás) 20:45, 4 outubro 2007 (UTC)
    • Banjo: paréceme ben que crees artigos relativos a termos pexorativos ou insultantes. Sei que o fas con toda a boa intención, no terreo de termos insultantes quedan moitos artigos por crear. Ademais, sendo termos ingleses danlle un aire mais "cool" á Galipedia. O que sería interesante é que esas "traducions" non foran "capadas". Explicome: non me parece que a tradución de ""Crank" is a pejorative term for a person" sexa "Crank é un termo coloquial da lingua inglesa ..". Obviamente, foi un erro benintencionado, non te deches conta. Tamén me parece conveniente o momento elixido, cando todo está calmo, é moi beneficioso para a Galipedia e a convivencia. --213.170.46.26 09:09, 5 outubro 2007 (UTC)

Correxido --Banjo tell me 17:07, 5 outubro 2007 (UTC)


Non vou traducir todos, que son moitos, pero algúns deles veñen a dicir esto:

Exemplos

  • Se alguén suxire que a Wikipedia debería convertirse nunha comunidade democrática maioritaria...
    • Si sinala que é perfectamente posible para os Wikipedistas crear usuarios monicreque e votar máis dunha vez.
    • Non crees 7 usuarios monicreques e faigas que concorden contigo.
  • Se desexas cambiar un procedemento existente ou guía ...
    • Si organiza unha páxina de discusión e tenta establecer un consenso
    • Non presiones á norma existente ata os seus limites nun intento de probar que é erronea
  • Se estas enfadado con alguén que non seguíu os procedementos para facer un cambio...
    • Si descobre porque o fixo e tenta convencelo do contrario
    • Non desfagas un bo cambio discutible por ningunha razón outra que "fora de proceso"
  • Se pensas que alguén eliminou inxustificablemente as tuas adicións nun artigo có sumario "sen fontes"...
    • Si atopa unha fonte para as túas adicións
    • Non elimines toda a información sen fontes na páxina ou volvas a engadir o teu reclamando que tóda a páxina está sen fontes

--Banjo tell me 21:00, 4 outubro 2007 (UTC)

Wikipedia:Erros de ortografíaEditar

Acabo de crear esta páxina para que se engadan nela os erros máis comúns que poden aparecer nos artigos, para que tanto os bots que corrixan ortografía coma calquer usuario poda identificar máis facilmente os erros e correxilos nos artigos. Botádelle un ollo, facédelle os cambios ou engadidos que creades sexan necesarios e a engadir erros todo o mundo! :D --Banjo tell me 21:21, 5 outubro 2007 (UTC)

O do espazo de nomesEditar

Non atopo en Meta a petición do cambio de nomes do espazo de nomes. Poderiades dicirme onde está? Graciñas.---- FryantTralarí Tralará 16:01, 20 outubro 2007 (UTC)

  • Normal que non o atopara, non estaba en Meta....hehehe. Graciñas de novo, Xosé.---- FryantTralarí Tralará 16:04, 20 outubro 2007 (UTC)
  • Finalmente, como en Betawiki parecen ir moi lentos, creei duas solicitudes en Bugzilla:. Corresponden ás solicitudes número 11716 e 11718. Non sei moi ben como funciona todo isto. Espero que se resolva dunha das duas maneiras --Xosé (✉) 16:48, 20 outubro 2007 (UTC)
  • Non é que vaian lentos, simplemente nos din hoxe que farán o cambio despois de que traduzamos todos os nomes dos espazos, así que habería que axilizalo eiquí para ter os nomes e poder solicitar o cambio e que no lo fagan porque en betawiki senón están todos, deixan claro que non o fan. Alma (fálame eiquí) 16:55, 20 outubro 2007 (UTC)
  • Vaia, non o vira. Levo todos estes dias consultando diariamente e Siebrand ainda non respostou ás preguntas que lle deixei. En fin, haberá que poñerse outra vez! --Xosé (✉) 17:55, 20 outubro 2007 (UTC)

Pois entón o tema de consensua-lo que nos queda urxe bastante, propoño que se nun tempo razoábel (1 ou 2 semanas), pasemos a votación.---- FryantTralarí Tralará 17:59, 20 outubro 2007 (UTC)

  •   Concordo con Fryant, deberíamos sometelo a votación nunha o dúas semanas se non se chega a consenso antes e rematar dunha vez co tema. Alma (fálame eiquí) 20:11, 21 outubro 2007 (UTC)

Doazóns á WikipediaEditar

  • Se queredes contribuír, se non con diñeiro, si con ideas, os comentarios que aparecen aleatoriamente en distintas linguas pódense ampliar (en galego) aquí. --Xosé (✉) 21:35, 25 outubro 2007 (UTC)

Frase ... raraEditar

Na Portada incluímos esta frase: "O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír". Non acabo de saber por qué pero non me resulta nada eufónica. Ese "a todo o interesado" paréceme unha construción forzada, que eu nunca utilizaría. Propoño cambiala por "a toda persoa intersada". Pedro --Lameiro (conversa) 12:39, 3 novembro 2007 (UTC)

Ofensas contra brasileiros.Editar

O que tem afastado muitos brasileiros de contribuir nesta versao eh o fato de receberem ofensas gratuitas e principalmente ofensas ao pais. Inclusive indo nos artigos relativos a Galiza na wikipedia em portugues e ofender por la. Nao sei qual o problema dos galegos contra o Brasil, apenas acho que deveriam respeitar o pais que recebeu de bracos abertos muitos galegos quando a Galiza era mais pobre. Abracos. Santista1982 00:51, 5 novembro 2007 (UTC)

  • Non creo que o comentario o fixera ningún galego, máis ben parece un español ou sudamericano. En moitos casos somos obxectivo vandálico tanto de castelánfalantes como de lusofalantes, o vandalismo non ten fronteiras. Ademais xeralizar sobre que temos algo contra os brasileiros todos os galegos non é correcto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:44, 5 novembro 2007 (UTC)

Wikimedia GalizaEditar

Boas a todos. Lévame uns días roldando pola cabeza a viabilidade da creación de Wikimedia Galiza, e cheguei a unha conclusión: É viábel. Por qué?

  1. Wikimedia Galiza non se debe restrinxir só á Galipedia e ós proxectos irmáns, senón que debe abrirse a tódolos contribuíntes cos proxectos de Wikimedia. Esto inclúe á xente que colabora nos proxectos en español, e á que colabora nos proxectos en portugués.
  2. Só na Galipedia, hai uns 15 habituais.
  3. Os requerimentos para capítulos da Fundación din que entre 10 e 20 persoas chegan dabondo como masa crítica dun.
  4. Conque 5 persoas de aquí, e outras 5 da española colaboren de xeito habitual, xa hai xente dabondo para que WM GZ sexa viábel.

Estariades dispostos a contribuír e colaborar se se tenta algo?--FryantTralarí Tralará 22:24, 5 novembro 2007 (UTC)

  • Pero os da wiki española van colaborar en WM Galiza? Se poden eles, poden os portugueses? Sobre este tema só me surxen dúbidas. AlberteSi, digame? 22:27, 5 novembro 2007 (UTC)
Non me expliquei ben niso. Referíame a que WM GZ non se pode fundar só en criterios lingüísticos, senon en territorias. Quería dicir que os galegos que colaboren neses proxectos poderían colaborar tamén en WM GZ.--FryantTralarí Tralará 22:39, 5 novembro 2007 (UTC)

SidneyEditar

Ola! Ainda que levo tempo na Galipedia fai pouco que estou a participar activamente nela, asín que o meu descoñecimento é grande e non sei se estou a meter a zoca escrevendo ou tratando isto aquí.

O caso é que son galego vivendo en Sidney así que se alguen precisa axuda ou material (fotográfico especialmente) desta our relacionado con esta cidade ou Austratia en xeral (tambén Auckland ou Nova Celandia en xeral) que mo diga e se me he posíbel tento de proporcionarllo.

--Jurjinho 05:56, 6 novembro 2007 (UTC)

Ola Jurjinho. Un dos feitos máis fermosos deste proxecto é atoparse con galegos que están vivindo en distintos lugares do mundo. Na miña opinión é algo que contribúe a darlle sentido. Dispor de material gráfico dos lugares que citas na túa mensaxe é moi importante, sobre todo tendo en conta a posibilidade de que fagas algunha imaxe concreta non dispoñible por outros medios. Quen mellor te pode indicar os pasos a seguir é Lmbuga colaborador tanto aquí como en Commons (o repositorio de imaxes común dos wikis da Fundación Wikimedia) nos temas relacionados coas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:14, 6 novembro 2007 (UTC)

Artigo máis antigoEditar

Na páxina "Artigos máis antigos" [1] aparece en primeiro lugar República Federal Alemana ‎(14 decembro 2004, 17:45). Remexendo en Actualidade, os primeiros artigos foron editados o 12 de marzo do 2003, ano e medio antes (Ou, cal, Ciencias experimentais, Ciencias Humanas, Ciencias Ocultas, Ciencias Aplicadas e Botánico). Non sei se paga a pena revisar esa "antigüidade". PD. Habería que normativiza-lo título desa páxina por "República Federal Alemá". Pedro --Lameiro (conversa) 20:29, 14 novembro 2007 (UTC)

  • Esa é unha páxina xerada automaticamente. Realmente o que aparecen son os artigos que levan máis tempo sen seren tocados, non os máis antigos no wiki. Sirve para detectar páxinas que talvez habería que actualizar. Neste caso, por exemplo, sobre o artigo sobre a República Federal Alemá sabemos que non hai datos novos desde hai tres anos. --Xosé (✉) 22:24, 14 novembro 2007 (UTC)

GalizionarioEditar

¿Alguén se decide a actualizar Wiktionary:Actualidade? Leva dous anos de retraso... Pedro --Lameiro (conversa) 21:12, 14 novembro 2007 (UTC)

*pranta -> plantaEditar

Aviso ós bots que teñan pouco traballo: temos 38 páxinas que conteñen "pranta" e 11 "prantas". A forma correcta, para calquera das súas acepcións, é planta. Pedro --Lameiro (conversa) 17:34, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Veña a esta vou eu :D. Xa correxira algúns estes días atras. Aviso cando esté feito. --BaNjO tell me 17:43, 17 novembro 2007 (UTC)
    • Xa está, aínda que igual se escapou algunha (espero que non) :D --BaNjO tell me 18:49, 18 novembro 2007 (UTC)

*alemana -> alemáEditar

Outro traballo para os bots: temos 1.369 páxinas que conteñen "alemana". O DRAG admitía este feminino, pero o VOLGa e as Normas ortográficas sancionan a forma alemá. Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Púxen ao bot nesta tarefa, en canto esté rematado aviso. Un saúdo --BaNjO tell me 22:03, 1 decembro 2007 (UTC)
  • Rematou o bot, espero que xa esté amañado :). Un saúdo --BaNjO tell me 01:48, 2 decembro 2007 (UTC)

erro no calendarioEditar

Out- Novembro -Dec
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10
11 12 13 14 15
16 17 18 19 20
21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
Os 366 días do ano
Out- Novembro -Dec
lu ma xo ve sa do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
Os 366 días do ano

O calendario de novembro (non sei o doutros meses) que ilustra os artigos de cada día está mal: hoxe, sábado 17 de novembro, aparece como venres. Pra min que isto xa o dixen hai meses... Pedro --Lameiro (conversa) 18:47, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Si, Alberte tamén puntualizou algo diso noutro lado (non me acordo donde). Aparte diso para o ano que ven estarán tódolos meses errados, hai que revisar eses templates e actualizalos. --BaNjO tell me 19:08, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Pouca utilidade lle vexo, como axuda na navegación entre días e anos, pero si que está a dar desde fai tempo bastantes problemas de mantemento que eu non me vexo moi preparado para solucionar polo que, se é cuestión de opinar non lle vexo problema na súa eliminación. Se se arranxara e se mantivese tampouco me parecería mal pero recoñezo que só o usei unha vez. Lansbricae (Ti dirás) 20:07, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Que tal se os cambiamos por algo deste estilo? (ver cuadro dereita :D) Así teríamos un modelo de navegación para os días dese mes e os meses anterior e posterior, pero ao non ser un "calendario" non vai estar "desactualizado". --BaNjO tell me 20:17, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Se poñemos un calendario, ten que ser un calendario como dios manda (luns.. domingo), e non un cadro de 31 números. A verdade é que serve de ben pouco e supoño que todos tendemos a escribi-lo día que buscamos en vez de darlle ó calendario. Se tecnicamente é tan difícil poñelo e mantelo ó día, case prefiro que desapareza (ou quizais, como alternativa, esa fórmula de ´día anterior<día actual< día seguinte, proposta que tampouco será de moita axuda, por outra banda). Pedro --Lameiro (conversa) 20:32, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Bueno logo, imos coa segunda proposta :D -> O segundo cadro (o da esquerda) ven sendo o calendario para novembro e actualizado. O que poderíamos facer sería arranxalos todos pero ademáis deixalos así, máis pequeniños é menos molestos, sen que perdan utilidade. Se queredes eu encárgome de cambialos e arranxalos, tanto os 2 que quedan deste ano coma os do ano que ven. --BaNjO tell me 20:40, 17 novembro 2007 (UTC)
Moito xeito ten, si. --Xabier Cid 20:59, 17 novembro 2007 (UTC)
¡Pero canto vale este Banjo! Tenche recursos para todo. Que che poñan unha copa. Pedro --Lameiro (conversa) 21:54, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Outra copa máis non, por favor, que aínda me dura a resaka do Xoves :D. A mín tamén me gusta máis a segunda opción, vou comezar a choiar neso logo :D. --BaNjO tell me 22:27, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Feito :D. Se falta algo ou hai algun dato incorrecto avisádeme e o cambio --BaNjO tell me 23:54, 17 novembro 2007 (UTC)

Adán e EvaEditar

Temos un artigo Adán e Eva ó que redirixe Adán e redirixía Eva, agora convertida en artigo propio. Necesito que este artigo Adán e Eva se convirta de novo en Adán, só, para logo meterme a amplialo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 18 novembro 2007 (UTC)

  • O artigo Adán foi borrado xa que levaba moitos dias baleiro, xa podes poñerte a traballar nel :D --BaNjO tell me 21:56, 1 decembro 2007 (UTC)

Problema de marcos entre concellos e parroquiasEditar

Ola, pouso esta pregunta aquí porque non sei moi ben qué facer con ela. Aí atrás batín con Portomourisco, Petín e Portomourisco, Larouco, que a wikipedia ten como dúas parroquias distintas. Estiven fedellando nelas por outras razóns, e atopei que a primeira ten dous lugares, Portomourisco e A Portela de Portomourisco, e que a segunda ten só un, chamado tamén A Portela de Portomourisco. É máis, esta segunda parroquia de Larouco tiña só 20 habitantes conforme os datos galipédicos. Así que algo non me encaixaba e fixen as miñas pescudas. Respondeume un veciño, chamado Eulogio Diéguez, e webmaster da web de Portomourisco. E, efectivamente, son a mesma parroquia, con parte nun concello e arte no outro, pero a mesma parroquia. Teño varias preguntas...

  • Como se debería chamar o artigo correspondente á parroquia? Portomourisco?? Portomourisco, Petín e Larouco?
  • No caso de ter que referenciar esta información, como poderiamos facelo cun correo que manda un veciño? Deberiamos consideralo unha fonte fiábel?--Xabier Cid 20:23, 19 novembro 2007 (UTC)

Imaxe para os 30.000 artigosEditar

Estaria ben crear un logo para conmemorar os 30.000 artigos. Os anteriores están aquí. --Xosé (✉) 22:49, 19 novembro 2007 (UTC)

Que vos parece mellor? Continuamos a serie? Ou inventamos algo novo? --Xabier Cid 15:02, 20 novembro 2007 (UTC)
O que fixo o deseño anterior creo que foi Beninho, que igual non anda con tempo para facer o dos 30.000, así que os que queiran que fagan o seu deseño. Se hai varios pois se elixe, e se hai un pois queda ese. Non? AlberteSi, digame? 15:13, 20 novembro 2007 (UTC)
  • Que tal algo así? Está feito as présas, hai que melloralo moito, pero é unha idea :D --BaNjO tell me 14:41, 23 novembro 2007 (UTC)
    • Podes-lle dar efecto 3D? (tes que clarear a parte superior esquerda e escurecer a inferior dereita). Eu poria-lle un punto para os miles e Artigos en minúscula. --Xosé (✉) 15:15, 23 novembro 2007 (UTC)
  • Fíxeno co Gimp as presas, e non controlo moito o programa. Moi boa a idea o de 3D, vou instalar o "Potochop" que o piloto mellor e intento facelo, a ver se dou. Vou poñerlle o punto e a minúscula tamén, pero ademáis vou mirar de cambiarlle algo a letra, a ver se me sale algo máis "chulo" :D --BaNjO tell me 15:27, 23 novembro 2007 (UTC)
  • Gústame,   Concordo. AlberteSi, digame? 16:34, 23 novembro 2007 (UTC)
    • Que tal asi? Cambia un pouco eh! :D. A ver por partes: A banda intentei facerlle o de 3D, pero non me quedou de todo ben, hei de mirar de facelo algo mellor. As letras púxenas nunha fonte que teño que se chama "gallaecia". Non ten minúsculas, de ahí que vaia todo en maíusculas. Pasei media hora para elexir a cor, así en verde queda ben, pero igual aínda podo facer algo mellor. Outra cousa sobre a banda é que quitei a parte onde falta a "ficha" da bola, creo que queda máis orixinal así, pero espero os vosos comentarios e suxerencias :) --BaNjO tell me 16:35, 23 novembro 2007 (UTC)
    • Volvín cambiar a banda, a ver agora que tal, se non gusta sempre se pode volver a versión anterior :). Xa non se me ocorre que máis facerlle :). Espero que guste así --BaNjO tell me 16:47, 23 novembro 2007 (UTC)
    • Agora si que xa non lle podo facer nada máis :D. Fíxenlle algúns arranxiños, para tentar marcar algo máis as letras (que non as dou feito máis "gordas", cousa da fonte) e facer un pouco mellor a banda. Se vos gusta pos ahi queda :). --BaNjO tell me 13:49, 24 novembro 2007 (UTC)
  • aclarando que non me gusta a iconografía en xeral, discordo coa cor verde das letras. demasiado luminoso. quizais un azul?, (máis escuro cá banda, claro). --Estevoaeipa o que queiras... 14:38, 24 novembro 2007 (UTC)
  • En azul non queda ben xa que non se distingue ben coa banda, aínda poñéndoo máis escuro. Probei con vermello e cun amarelo dorado, non queda mal tampouco, sobre todo có dorado, destaca ben pero non queda tan "cantoso" coma o verde. Se queredes súboa, se non deixo esta, queda á vosa elección :) --BaNjO tell me 15:10, 24 novembro 2007 (UTC)
    • A min gústame moito a imaxe e a cor verde pero, claro, sen poder ver outrs cores entre as que escoller... pouco máis se pode dicir. Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 24 novembro 2007 (UTC)
    • Eu tamén creo que sería unha boa idea que subises varios exemplos. E se tal, proba unha tonalidade de verde un pouco máis escura para as letras. Quizáis o actual sexa un pouco cantoso, pero creo que a cor verde é un símbolo de Galicia, e a ser posible debería de estar nas letras. --GallaecioE logo? 16:10, 24 novembro 2007 (UTC)
  • O verde vouno deixar con ese ton, aínda que "cante" un pouquiño, xa que ao facelo máis escuro perden moita profundidade as letras e non quedan tan ben. Subín tamén outra coas letras douradas para que comparedes. O vermello descarteino, queda ben pero non queda nada "harmónica" a imaxe. Persoalmente eu prefiero o verde, pero vos decidides :D. --BaNjO tell me 16:58, 24 novembro 2007 (UTC)
    •   Concordo, o verde é o que máis me gusta, e non se me ocorre mellor cor. --GallaecioE logo? 17:06, 24 novembro 2007 (UTC)
    •   Concordo moito mellor en verde. Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 24 novembro 2007 (UTC)
    •   Concordo, é tan duro ser verde... :) --Xabier Cid 22:41, 27 novembro 2007 (UTC)
    •   Concordo co verde (o amarelo vese moi apagado). --Toliño Fala aquí comigo 21:27, 1 decembro 2007 (UTC)
    •   Discordo - pois a min gústame máis o amarelo (e non é por levarvos a contraria jeje). O verde paréceme un pouco cantoso de máis. --Beninho 08:24, 2 decembro 2007 (UTC)

Máis categorías dupricadas e solapadasEditar

Temos unha categoría Personalidades da arte que contén unha subcategoría Mulleres na arte, con 3 artigos. ¿Que sentido ten separa-las “mulleres na arte”?

Esa categoría Personalidades da arte contén 7 artigos. Ó mesmo nivel temos Personalidades da escultura (con 45 artigos, unha muller) e unha subcategoría Escultores galegos (con 11 artigos, algunha muller). Tamén ó mesmo nivel temos Personalidades da música, da danza e da pintura. Por sitar só artes puras, xa que non sei ben qué facer coas Personalidades da literatura ou do cine.

E tamén temos, ó mesmo nivel, outra categoría confusa: Artistas, que parece recoller só cantantes (solistas e grupos) aínda que logo hai unha subcategoría de Vocalistas.

Propoño:

  1. Eliminar esa subcategoría de Mulleres na arte
  2. Converter Personalidades da escultura, da pintura, da música e da danza (e vós diredes se tamén cine e literatura) en subcategorías de Personalidades da arte.
  3. Definir qué entendemos por cada un destes conceptos.
  4. Recategorizar tódolos artigos contidos como Personalidades para evitar dupricidades e ambigüidades

Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 21 novembro 2007 (UTC)

  •   Concordo e personalidades do cine e da música os metería tamén dentro de Personalidades da arte. AlberteSi, digame? 13:31, 22 novembro 2007 (UTC)
  •   Concordo, xa fixen o paso número 1 que sinala Lameiro. --BaNjO tell me 19:41, 2 decembro 2007 (UTC)

Wikipedia:votaciónsEditar

Solicito a protección desta páxina. Se ninguén parece opoñerse ó fondo da cuestíón e só leo discrepancias nas formas, non entendo estes borrados e pido que se respecte o seu contido. Se alguén se opón ás porcentaxes que se establecen, que o diga claramente. E se o que quere é tirar das orellas a alguén, que o siga tamén. Mentres tanto, prefiro ter unha política clara -que cambiará cando se propoña o contrario e nos convenzan desa proposta- antes que non ter nada. Pedro --Lameiro (conversa) 22:43, 22 novembro 2007 (UTC)

Suxerencia --> suxestiónEditar

Ó editar algunhas páxinas vexo que aparece algo así como "<!-- Suxerencia de presentación do Véxase tamén. Axuda: ...". Non sei de que vai pero supoño que servirá para algo. Só quería indicar que non é *suxerencia, senón suxestión. Pedro --BaNjO tell me 18:53, 26 novembro 2007 (UTC)

Vaia cagueina. Arranxei o comentario poñendo os "nowikis", pero resulta que o servidor tomou daquela a miña firma o facer eu a edición!!! :s. Sorry. Por se acaso o comentario anterior é de Lameiro. Sorry pola desfeita :) --BaNjO tell me 18:54, 26 novembro 2007 (UTC)

Efemérides de decembroEditar

¿Onde están as Efemérides destacadas de decembro? Quero engadir algunha cousa nova na do 1 de decembro e non as atopo (en Wikipedia:Efemérides Destacadas, se dou a "editar as efemérides de mañá" [por certo, é mañán, non *mañá] mándame ó 1 de novembro. Pedro --Lameiro (conversa) 16:41, 30 novembro 2007 (UTC)

Están aquí Wikipedia:Efemérides Destacadas/Decembro (pero é mañá, non *mañán)--Lmbuga Commons - Galipedia 16:50, 30 novembro 2007 (UTC)

Privilexios de administradorEditar

Acabo de comprobar que xa foron revogados os privilexios de administrador segundo as votacións que se pecharon o 22/11/07, porén, tamén lle foron revogados os permisos ao Usuario:Andre Engels (pódese ver aquí a lista de administradores), aínda que se rexeitou a súa revogación (a súa votación aquí). Que algún burócrata arranxe iso o antes posíbel, por favor. --Toliño Fala aquí comigo 19:00, 30 novembro 2007 (UTC)

  • Non é que non se che faga caso oh, simplemente a xente non anda 24 horas aquí metido, tedes que darlle un mínimo de marxe aos burócratas e aos admins (a min tamén hehe). Deixei unha mensaxe no taboleiro dos burócratas e mandeille un correo a Usuario:Lmbuga, a ver se o pode revisar. Grazas polo aviso --BaNjO tell me 21:51, 1 decembro 2007 (UTC)

Imaxe da Fundación Carlos CasaresEditar

Se hai alguén de Vigo, ten tempo e ten cámara ou teléfono móvil con cámara ou dispositivo afín :), podería facerlle unha foto á Fundación para que o artigo quedase xa completiño: poño o enderezo por se xurden voluntarias/os: R/ Elduayen, 36-2º 36202 Pontevedra. Vigo. Grazas e saúdos.-- Alma (fálame eiquí) 19:13, 3 decembro 2007 (UTC)

  • Eu síntoo, pero aínda que cumplo ambas as dúas condicións, non teño cámara. De todos xeitos, xa teño que lle pedir aos meus reis magos. ;-D --GallaecioE logo? 16:29, 6 decembro 2007 (UTC)

Galiza, ¿nación?Editar

Nos dos artigos sobre o noso país definese esta como nación. Creo que esta definición debería ser rexeitada. Se ben a certo que nos mesmos artigos hai una nota onde se aclara que Nación é Comunidade de individuos cunha lingua, territorio, vida económica e idiosincrasia colectivos, con vínculos culturais e historia común, todo o mundo pode ver que hasta unha cidade ou un pobo como o meu, pode ser chamado nación xa que contén as características desa definición.

Existen correntes políticas que defenden a existencia da nación galega, pero para que a Galipedia defina a Galiza como unha nación primeiro hai que ver si é que Galiza é unha nación. O normal sería que cando non se sabe o que é algo, é preguntar como se chama, no caso de Galiza é imposible preguntarlle a Galiza como tal, polo que o único medio válido e lexitimo para saber que é Galiza é preguntarlle os galegos. A verdade é que poucas veces os galegos, en conxunto, manifestámonos sobre algo, pero unha das poucas veces foi a referendo do Estatuto de Autonomía, e nel dise que Galiza é una nacionalidade histórica.

Vaia por diante que a min o actual estatuto non me gusta (e o concepto de nación parece incorrecto), pero se a maioría dos galegos definiron a Galiza como nacionalidade histórica, iso é o que é Galiza, porque so o pobo galego ten a lexitimidade para dicir que é o seu país. Polo tanto creo que sería pertinente que a definición fose cambiada polo de nacionalidade histórica, aínda que poderíase por que Galiza contén certas características da definición de nación. Pór outra cousa iría contra o punto de vista neutral, que é unha política fundamental da Galipedia. Saúdos, --—Ric delg Falemos   21:10, 21 decembro 2007 (UTC)

  • Dubido moito que no teu pobo teñades lingua propia... O de nación xa é a enésima vez que se saca a colación, non ten sentido discutilo máis. Xa se menciona o que é oficialmente, xa se di que oficialmente pertence a españa e é una comunidade autónoma... --Norrin_strange (Talk) 22:22, 30 decembro 2007 (UTC)
  • Será a enésima, pero ten que saír. Para definir unha cousa hai que ter consenso e definir de forma que unha o ampla maioría considere acertado (e unha ampla maioría non é só a dos usuarios rexistrados na wikipedia). O problema do termo nación non é que sexa ou non correcto na visión individual. É cuestión de que hai moitas persoas que non o consideran así, por tanto non pode estar na definición principal dunha forma tan clara e definitiva. Da forma en qeu está non da posibilidade de dúvida, e ainda que moitas persoas non teñen dúvida de que Galicia é nación (para min que Galicia sexa considderada oficialmente nación non me preocupa nin me parece ben nin mal) hai muitas persoas que tampouco teñen dúvidas de que non o sexa. Por favor, non podemos ser parciais en temas desta clase. O termo nacionalidade histórica, que é oficial responde moito mellor na definición. O asunto nación debe tratarse nun apartado que fale da polémica do termo.Xermánico! 18:12, 31 decembro 2007 (UTC)
Norrin_strange, que eu saiba non é necesario ter lingua propia diferenciada doutra nación para ser unha nación, ¿que sucede nos casos de EUA ou os países hispanofalantes? ¿son nacions independentes ou son a nación inglesa e españala, respectivamente?. Para decir que Galiza é unha nación teste que basear nalgo, sobre todo cando estamos nun lugar que non é fonte primaria, polo tanto hai que citar fontes, é por a definición que da a RAG sobre nación no é unha fonte, xa que en ningún momento a RAG di que Galiza é unha nación, o único que fas é coller a definición de nación que da a Academia e unilo a Galiza, sen ningunha proba ou base que apoie tal feito. Hai que buscar unha fonte que diga que Galiza é unha nación, cando a atopes, entón si que se pode por ese termo, ata ese momento non.--Ric delg Falemos   21:19, 1 xaneiro 2008 (UTC)
Engado que tamén hai países plurilingües que se definen como unha soa nación sen termos intermedios como "nación de nacións" : Suiza sen ir máis lonxe. Xermánico! 23:59, 1 xaneiro 2008 (UTC)
  • De todas formas temos que lembrar que:
    • O termo nación non é representativo da maioría dos galegos. Non é unha cuestión de campaña política, é un feito contrastado. É por iso unha falta grave de respeto para aqueles que non sinten ou recoñecen a Galicia como nación e que están respaldados por unha lei e estatuto de autonomía democrático e non imposto.
    • A legalidade vixente ten un termo semellante, "Nacionalidade histórica" que si está recoñecido e aceptado.
    • O termo é polémico, polo que non se pode por, no encabezamento do texto, como dogma.
    • As valoracións persoais individuais, moi respetables, non poden ser postas alegremente neste tipo de temas polémicos.
    • A wikipedia non é unha plataforma propagandística, e mentres este termo non sexa oficial e estea no centro dunha polémica política non pode ser exposto no artigo como base fundamental da definición.Xermánico! 23:59, 1 xaneiro 2008 (UTC)

Santos e santasEditar

Estou comprobando que temos un verdadeiro lío cos títulos de artigos de santos e santas e a súa categorización. Temos varias categorías que se medio solapan: Categoría:Haxiografía, con 9 santos e 4 artigos relacionados; Categoría:Santos, con 31 santos; e Categoría:Santos de Galicia, con 5 santos. Logo están os Categoría:apóstolos (dos que só temos a San Pedro e a Santiago).

  • Un primeiro problema a resolver é definir qué é "Haxiografía" e qué son "Santos", para mante-las dúas categorías ou fusionalas.
  • Un segundo problema será decidi-los títulos. O único artigo de santos que atopo con "San" diante é San Paio (en Santos), que resulta que é o mesmo santo que temos no artigo Paio (en Santos de Galicia) e que haberá que fusionar.
  • Unido a este está o problema dos enlaces. Temos moitos enlaces de santos (ver, por exemplo Santoral) que remiten a cousas que nada teñen que ver: Santa Lucía remite a un país do Caribe, San Xoán remite ás fogueiras de San Xoán, San Miguel remite a un departamento do Salvador, outros santos remiten a parroquias con ese nome.

Non sei qué propoñer, polo que isto é só unha chamada de atención para poñer de manifesto un problema que hai que resolver. A ver a quen se lle ocorre unha solución. Pedro --Lameiro (conversa) 15:57, 23 decembro 2007 (UTC)

BO NADAL !!Editar

Quixera expresarlle a toda a comunidade os meus máis sinceros desexos de felicidade nestas fermosas festas.

BO NADAL !!

  • Igualmente, pola parte que me toca, que pases un moi bo Nadal cos teus e teñas un próspero aninovo. Saúdos. AlberteSi, digame? 17:00, 24 decembro 2007 (UTC)