Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 4

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Poltica da norma sobre a wiki galegaEditar

Sobre a wiki occitana estamos a falar dunha "carta lingüistica" para regularizar os usos ortograficos d'a lingua occitana. Como sei que o galego ten tamén como o occitano moitas normas, que esta la politica d'uso das normas sobre a wiki galega? Tendes unha regla comuna? (non la hei trobada pero non hei ben buscado...) (Perdon pel meu Galhèc de cosina e espèri que tòci pas a una causa sensible...) --Gavach 10:41, 13 xaneiro 2007 (UTC)

  • A wikipedida galega emprega a normativa oficial da lingua galega, pódela ver aquí Normativa oficial do galego. Fóra da Galipedia, outra proposta que se utiliza no galego é a da AGAL, que ten unha certa presenza en internet pero que non acaba de callar como norma literaria, xa que moi poucos autores a empregan. Ata hai pouco existía a chamada normativa de mínimos e aínda que hai quen a segue empregando non hai ningunha asociación que a reivindique. Deixo fóra os que consideran que o galego é portugués xa que eses empregan a norma portuguesa con algunha variante. A diferenza do occitano o galego non ten normativas rexionais, agás unha norma para o galego de Asturias realizada pola Academia de la LLingua Asturiana que non considera que esa variedade pertenza á lingua galega. Existe tamén o galego de Estremadura (Fala de Estremadura) que é un caso complexo e que non ten unha norma estándar.--Miñato 11:19, 13 xaneiro 2007 (UTC)

LANEditar

Ao passar por aqui, descobri os artigos LAN e Rede de acceso local. Os interwikis são os mesmos. Não deveriam ser fundidos estes 2 artigos? pt:User:Malafaya 82.154.212.217 00:45, 18 febreiro 2007 (UTC)

encima vs. enzimaEditar

Observo un uso indistinto de "encima" e "enzima" (co significado de sustancia que favorece reaccións químicas), en diferentes artigos da wikipedia, e cómpre poñernos de acordo.

O VOLGa só acepta "encima" (e "encimático"). O DRAG, anterior, acepta "enzima". As Normas (2003) só admite a grafía "ci", pero acepta "zinc". O Gran Xerais prefire con C pero non condena con Z. O "Dicionario galego de termos médicos" (2002) só usa a forma "enzima".

--Lameiro 00:21, 6 marzo 2007 (UTC)

HomónimosEditar

Non hai forma, como adoita acontecer coas páxinas de "axuda". A páxina de COMOS para crear páxinas de homónimos explica o que son, pero non cómo se fan.

Que alguén o faga (e mo explique): "Teo" pode significar 1) concello da Coruña (existente); 2) enfermidade das ovellas (sen desenvolver).

--Lameiro 22:07, 6 marzo 2007 (UTC)

Non estou seguro de como habería que facer porque hai artículos apuntando alí. Ademais, son novo en Galipedia.
Pero sei isto doutras wikis:
'''Teo''' pode ser
#[[Teo]], un concello da Coruña
#Unha enfermidade das ovellas, tamén chamada [[teo (enfermidade)|]]

ou algo parecido--Nethac DIU 21:03, 8 marzo 2007 (UTC)

WikiEncontroEditar

Olá a todos! Sou administrador do Commons e da Wikipédia em português e gostaria de convidar a todos os amigos galegos a participar de um WikiEncontro que será realizado no fim do mês de abril (ou começo de maio) na cidade de Guimarães ou Braga. Vivo em Vigo e, portanto, disponibilizo-me a levar comigo mais duas ou três pessoas até a cidade escolhida. De qualquer maneira, ambas estão a pouco mais de cem quilómetros da cidade olívica. Espero que algum colega se anime a passar uma tarde de sábado conosco! Dantadd 23:11, 10 marzo 2007 (UTC)

Ola Dantadd. En primeiro lugar parabéns pola recente elección como admnistrador en Commons e grazas pola invitación. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:15, 11 marzo 2007 (UTC)
Grazas...pero espero que alguén queira participar tamén! Ánimo! Dantadd 16:27, 11 marzo 2007 (UTC)
Gustaríame participar pero por desgraza non vou poder pola falta de tempo, espero que o WikiEncontro saia ben e que algún compañeiro teña ocasión de acudir e coñecervos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:58, 16 marzo 2007 (UTC)

Proposta de Artigos destacadosEditar

Popoño marcar os nosos artigos destacados cunha estrela como fan noutras wikis. Habería que crear unha categoría onde irían os artigos. Ademais o template podería ser algo así:


  • Template:Artigo destacado

Pode mirarse aquí: User:Albert galiza/Template:Artigo destacado


Este template iría na páxina de discusión do artigo.


  • Tamén habería que arranxar o {{Link FA}} para que nos intirwikis se mostrase a estreliña, que é moi útil ó lector porque pode pescudar así información extensa e de calidade.

Creo que máis ou menos esto era o que quería dicir. Agardo as vosas suxerencias e comentarios.--AlberteSi, digame? 15:56, 18 marzo 2007 (UTC)

  •   Concordo Creo que é unha moi boa idea e concordo en tódolos puntos expostos. --BaNjO talk 16:07, 18 marzo 2007 (UTC)
  •   Concordo Eu tamén creo que é moi boa idea e moi útil xa que temos moi bos artigos que o merecen.--Hugo22 17:22, 18 marzo 2007 (UTC)
  •   Concordo En case todo, xa que sería interesante, na miña opinión, preestablecer unha serie de criterios que deban cumplir todos os artigos a considerar como destacados con esta mención e tampouco se deberían esquecer os artigos destacados sobre Galicia. A periodicidade de artigo do mes tampouco me parece mala pero o deixo en meras especulacións xa que descoñezo o funcionamento deste sistema noutras wikis --Lansbricae 21:18, 18 marzo 2007 (UTC)
  •   Comentario Xa hai tempo Fryant propuxo algo ao respecto e comezou a traballar nunha política sobre iso. A miña opinión daquela era que mentres non houbera un proceso de revisión exhaustiva dos artigos destacados non deberiamos por en marcha o tema do destaque mediante estrelas, porque en realidade o artigo non estaba sometido a un procedemento de comprobación completo. Sobre o tema da categoría, xa existe pero non se lle deu apenas uso polo motivo exposto antes. Na miña opinión temos que establecer o procedemento e as características que debe ter un artigo destacado antes de continuar co destaque visual. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:06, 19 marzo 2007 (UTC)
  •   Concordo, coas apreciacións expostas por Prevert. Albert galiza está a traballar niso agora mesmo, así que talvez teñamos unha proposta de proceso de revisión nuns días. Hai que facer notar, por outra banda, que os artigos que considerámos destacados ao principio talvez agora non o serían xa tanto - temos mellorado tanto! :-) --Xosé (✉) 15:48, 19 marzo 2007 (UTC)
  •   Comentario Concordo coa apreciación de Xosé e co feito de que se estableza unha política sobre o tema. Paréceme un avance que Albert galiza traballe na definición desa política. Por outra banda, coido que é importante contar co que ten feito Fryant, deixareille unha mensaxe avisandolle de que se reabriu o debate. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:06, 19 marzo 2007 (UTC)
  •   Comentario Ola! O primeiro, grazas a Prevert por avisarme do debate, e o segundo, pedir perdón por non continuar cos artigos que deixen por rematar, e pola proposta de Artigos Destacados. A enfermidade do meu pai está a prolongarse máis do esperado, e estou sen tempo apenas para facer nada por mor dela. Ben, respecto ó tema este, está claro que necesitamos un regulamento serio sobre os artigos destacados, e niso era no que estaba a traballar eu. Para sermos sinceros, eu non tiña moito feito, xa que o que quería facer era traduci-los criterios que se usan nas Wikipedias peninsulares mais a inglesa, para despois presentar a miña proposto, que ía ser moi semellante a esta última e tamén á paxina que presenta Albert galiza como exemplo. Eu comprométome a botar unha man cando se solucionen os problemas estes, que espero que sexa pronto xa. De tódalas formas, a miña opinién é semellante á de Prevert, coa salvedade de que aínda que nós non teñamos aínda un criterio definido, sí que deberíamos marcar xa os que son destacados noutras Wikis coa estreliña no interwiki ó estilo da inglesa.--Fryant 20:07, 21 marzo 2007 (UTC)


Posto que semella haber acordo sobre a activación das estreliñas para o interwiki incluín o código preciso para que se visualice. Iso implica que a partires de agora hai que comprobar que efectivamente cada referencia que inclúa o modelo de artigo destacado debe verificarse para comprobar que é correcta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:29, 30 marzo 2007 (UTC)

  •   Comentario Insisto en non esquecer os artigos sobre Galicia. Se algo pode aportar a Galipedia non só é a defensa e promoción da nosa língua, se non tamén a nosa cultura en xeral. Semella que os artigos sobre Galicia teñen un tratamento secundario, e si se esquecen nesta proposta axudará a afondar nas diferenzas. Nun mundo globalizado como é no que vivimos o noso caracter diferencial é o noso principal aporte. Xa o noso sistema educativo (alomenos no que eu me criei) fixo bastante por analfabetizarnos sobre as nosas orixes, o noso patrimonio, a nosa historia, a nosa música, os persoeiros, a nosa etnoloxía... Viaxamos ao extranxeiro buscando a beleza e minusvaloramos o que está a carón noso. A língua é a excepción, amarrámonos a ela como fundamento da nosa cultura, pero ela sola non fará que o pasar por diante de obras mestras saibamos aprecialas, que cando estemos nun lugar non saibamos que fai centos de anos ocorreu un feito que fixo que a nosa sociedade tomase un camiño diferente os doutras sociedades e foran conformando un sentir e forma de ser que fai na actualidade que nos consideremos galegos esteamos onde esteamos. ¿Cómo imos dar a coñecernos si nos mesmos non nos coñecemos?. (A mais, o feito de que un artigo sexa orixinal da Galipedia tería que ser un factor moi importante a ter en conta para destacar un artigo). No meu caso, por exemplo comecei a colaborar ca Galipedia (exclusivamente) con artigos sobre Exipto e outros temas, pero co tempo o pouco desenvolvemento de artigos sobre Galicia, non os xeográficos e administrativos moi ben cobertos, os culturais fixo que decidira dedicarme a colaborar nestes. Por esto pido se teñan en conta no momento de facer boas propostas xerais e non marxinalos ou secundalos como acompañamentos...É só unha opinión inda que pareza moi sentida, pero falta fai que traballemos tamén cos sentimentos, sempre dende un posicionamento de respeto o traballo dos demais.... Parabéns o inmenso traballo que está a realizar Alberte e espero non se tome esto como crítica si non como elemento de reflexión. Cordiais saúdos. --Lansbricae 14:04, 1 abril 2007 (UTC)
  • Estou totalmente de acordo contigo Lansbricae. Todos queremos que a Galipedia contribúa a espallar a nosa cultura alén do noso lar, eu o primeiro. O que estou a facer é unha aproximación sobre os artigos destacados, un punto de partida a partir do cal podamos poñernos todos de acordo. Pero eu penso que para que un artigo sexa destacado e leve a estreliña debe cumplir os criterios (que aínda non fixemos, tan só esbocei) tanto se é sobre Galicia coma se non. Mais repito que estou totalmente de acordo co que dis, hai que fomentar a nosa cultura.AlberteSi, digame? 14:15, 1 abril 2007 (UTC)
A portada da Galipedia precisamente pretende recoller a idea que manifesta Lansbricae, e toda a Galipedia. O que dis recolle perfectamente un dos impulsos que nos anima para sacar adiante este proxecto. Os artigos sobre Galicia da portada son tamén artigos destacados, como di Albert galiza unha vez aprobada a política deben cumprir os mesmos requisitos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:31, 1 abril 2007 (UTC)

Lista de vixilanciaEditar

É unha pregunta algo chorras, pero alguén sabe o que significan os números entre parénteses que aparecen nos datos de vixilancia? Poño un exemplo: Robert Louis Stevenson‎; 21:42 . . (+119) . . Xabier Cid (Talk | contribucións). --Xabier Cid 07:35, 23 marzo 2007 (UTC)

  • Creo que o número de caracteres da última edición feita no artigo que se trate. --Lansbricae 07:40, 23 marzo 2007 (UTC)
É como di Lansbricae, son os caracteres que se engaden ou eliminan dun artigo. Entre outras cousas serven de axuda para controlar algún tipo de vandalismo, como os que eliminan o contido do artigo, os que fan spam... Tamén axudan a ver a evolución dos artigos. Acabo de configuralo para que apareza como en Commons e en Meta que teñen a opción configurada en cor para que sexa máis visible, e diferencie entre engadir e eliminar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:54, 23 marzo 2007 (UTC)

Entrada duplicadaEditar

Atopei unha entrada duplicada: López Abente e Gonzalo López Abente Como son novo na galipedia e non sei como facer, déixovos aqui a mensaxe para que alguén o solucione. --Xas--xas 11:05, 8 abril 2007 (UTC)xas

Marqueino para combinar, as instrucións están en Mantemento, fusións. Agora o procedemento consiste en combinar os textos de ambolos dous artigos nun só (Gonzalo López Abente). Unha vez feito iso un administrador ten que combinar os historiais de edicións dos dous artigos para que quede constancia de todos os usuarios que editaron neles. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:42, 9 abril 2007 (UTC)

Demasiadas ligazóns a homónimosEditar

Estiven botándolle unha ollada á páxina Special:Disambiguations e quedei abraiado coa inxente cantidade de ligazóns que hai a páxinas de homónimos. Non é que isto seña un problema excesivamente grave ou prioritario (o meu parecer), pero quizáis mais adiante si o seña. Creo que deberíamos concienciar ós novos usuarios (e aos que levamos algo máis aquí, e incluso aos administradores e usuarios que leven moito tempo), eu incluído, de correxir estas ligazóns nos artigos novos que se creen ou se se atopa algunha nalgún artigo xa creado, a ver si pouco a pouco en vez de ir a máis reducimos este problemilla. Un saúdo a todos. BaNjO tell me 17:10, 20 abril 2007 (UTC)

BielorrusoEditar

Ola, esta é unha mensaxe curiosa, non relacionada directamente coa Galipedia. Nos últimos días estiven observando movementos estraños dos bots en relación co bielorruso e un estraño bielorruso antigo, que tamén se chama ruteno... Por se alguén máis o detectou e ten a mosca detrás da orella como teño eu, velaquí unha mensaxe onde se informa sobre o que está pasando. Ao parecer hai un conflito normativo en bielorruso (tan lonxe, tan preto), e existe unha clara desputa entre os partidarios do bielorruso rusificado e o bielorruso clásico (que tamén quizais poidamos chamar bielorruso actual e bielorruso ortodoxo, conforme nos posicionemos nun lado ou noutro). --Xabier Cid 08:30, 10 maio 2007 (UTC)

Iso vén de m:Requests for new languages/Wikipedia Belarusian normative e m:Requests for new languages/Wikipedia Belarusian. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:06, 10 maio 2007 (UTC)

Problemas en CommonsEditar

En Commons:Ferrol e en Commons:Category:Ferrol varios usuarios (entre eles Commons:User:Phil MacKracking) están incorporando imaxes que non se corresponden para nada coa cidade ou provincia. Ás veces -frecuentemente- son imaxes doutros continentes.

Phil MacKracking ademais pode ser agresivo. Rogo que me comuniquedes calquera actuación que vexades improcedente. Entre as imaxes que tende a incorporar (xa as borrei dúas veces da páxina) están

Image:El Corte Inglés Lisboa 2.jpg
Image:Eindhoven4.jpg
Image:The Cardigans.jpg
Image:Ferrolterra, Fragas do Eume - Pontedeume.JPG
Image:Mosteiro de Monfero (detalle).jpg
Image:Spanish aircraft carrier Principe de Asturias.jpg

Grazas ----Lmbuga Commons - Galipedia 20:35, 27 xuño 2007 (UTC)

Uso de toponimos castelans por galegos e viceversaEditar

Estimados señores: Acabo de comprobar o seu uso do toponimo Xixón nesta wikipedia. Lexos de querer censurar o seu uso, quero pedir que apoyen vostedes o dereito da wikipedia española de usar os toponimos en castelan, tales como poden ser La Coruña, Orense, Irijoa, etc. Co mesmo dereito co que vostedes usan un toponimo traducido o galego como e Xixón por Gijón creo que non se pode discutir o uso de toponimos traducidos o castelan na wikipedia española. Moitas gracias pola sua atencion. Poden encontrarme na wikipedia española baixo o apelativo de "Der Kommandant"

  • Resposta efectuada na páxina de discusión deste usuario[1], se alguén quere sumarse e expoñelo seu punto de vista, podeo facelo aqui nesta páxina. Grazas --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:25, 31 xullo 2007 (UTC)
  • Antes que nada hai que aclarar que Xixón é topónimo oficial desa localidade xunto con Gijón, así está recollido no decreto 105/2006 de oficialización da toponimia tradicional asturiana.--Alex 16:23, 31 xullo 2007 (UTC)

-Certo. Acepto o meu erro con respecto o termino Xixón. Pero non retiro a miña opinion sobre outros terminos como poden ser Alacante, Douro, Teixo, Jaen, etc. Persoalmente creo que seria moi positivo para ambas wikis formar un bloque comun para a defensa. Estou a preparar un escrito para os xefes das wikias española e galega no cal exporia a miña idea, que seria basicamente que cada wikia apoyaria a outra no caso do uso de toponimos, con fin de que tengo o beneplacito da outra con respecto o uso de toponimos en idioma propio da wikia. Segun creo eso poderia reducir bastante os actos vandalicos, pois cada wikia teria o beneplacito da outra. Moitas gracias. -- Der Kommandant PD:Disculpen os meus posibles fallos da lingua galega, pois ainda que son galego de nacemento e vivo en ourense non uso moito o idioma e teño alguns fallos, sobre todo trala nova normativa

Preparation of Fundraiser 2007Editar

Hi, this is just a first introduction message to tell you: there is more to come. I am dealing with the Project Management of the Fundraiser 2007 and therefore will search for contacts of wikimedians who can help us to do our tasks on all projects. I am actually also building the structure for the fundraiser on Meta. We will need people who help to design buttons, translate texts of buttons, documents, sitenotices etc. Should you feel you want to co-operate please let me know. You can reach me on my meta user page or by e-mail at scretella (at) wikimedia (dot) org. If you wish to notify us that you would like to co-operate on translations, it would be nice if you used e-mail and copied the e-mail to me and Aphaia (aphaia (at) gmail (dot) com). Thank you for your attention and I hope to meet you soon! Cheers :-) -- 4 September 2007 Sabine

Caixa de navegaciónEditar

(Poño isto aquí porque non sei onde máis o podo pór).

Quería facer unha pregunta xeral: non sei se é un erro só do meu ordenador ou afecta a todos, pero que lle pasa á caixa de navegación que está situada debaixo da icona da wikipedia? Eu leo as primeiras ligazóns ben (Portada, Portal da comunidade, Actualidade, Cambios recentes, Páxina aleatoria...), pero ao chegar a Axuda e Doazóns eu leo Help e Donations. Que é o que vedes vós? É un erro do meu computador? --Toliño (Fala aquí comigo) 18:10, 18 setembro 2007 (UTC)

  • Si tamén me pasa. E que eu recorde xa ten pasado. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:16, 18 setembro 2007 (UTC)
    • Tamén me pasou a min arredor da mesma hora que escribides. Revisei as mensaxes por se os de MediaWiki actualizaran o software pero todo estaba correcto. Supoño que foi un fallo da base de datos. Cando vexades algo asi, sen corrixir (ou mal traducido), avisade no taboleiro dos administradores para que o corrixamos. Se queredes dar un paso máis, podedes procurar cal é a mensaxe correcta que está mal traducida. Todas as mensaxes do sistema están aqui. --Xosé (✉) 00:05, 19 setembro 2007 (UTC)

¿monobook?Editar

¿Que significa iso que vexo de cando en vez -agora mesmo con Toliño, por exemplo- que di: "Changing status to offline, using monobook-suite"? ¿Que significa ese 5 que aparece se dou ó enlace? Graciñas. Pedro --Lameiro 13:25, 20 setembro 2007 (UTC)

  • Existen unha serie de programas que se poden incorporar á túa páxina de usuario para facer distintas cousas. Eu, por exemplo, teño un que me permite ver o contido dun artigo con só pasar o rato por riba del e que ademais me permite desfacer unha edición desde un pequeno menu que me aparece (fai-no el todo, mesmo deixa a mensaxe, cunha referencia ao programa, que se chama "pop-ups"). No caso que dis, os usuarios que empregan este programa dispoñen dese indicador con botóns na súa páxina de usuario. Asi avisan se están conectados nese momento ou non. O programa non detecta se se está conectado, é o usuario o que debe actualizar o seu "estado". 5 significa "desconectado". "Monobook" é a aparencia predefinida da Wikipedia (podes experimentar outras aparencias na túa páxina de preferencias, na pestana "aparencia"). Estes programas colócanse nunha páxina de usuario (por exemplo User:Toliño/monobook.js). Podes ver exemplos que ti mesmo podes empregar en pt:Wikipedia:Software/Scripts. --Xosé (✉) 13:44, 20 setembro 2007 (UTC)