Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 2

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

HistorialEditar

Copio aquí o historial da páxina Diplomacia que por ser unha páxina baleira, sen contido salvo enlaces interwiki, polo momento ten que eliminarse segundo as regras de Wikipedia:Eliminación rápida. Rexistro aquí temporalmente o historial porque deu lugar a presentación dun novo usuario barsileiro. --Prevert(talk) 17:46, 9 Xan 2005 (UTC)

   *(actual) (derradeira)  15:58, 9 Xan 2005 Xelo2004 (benvida)
   *(actual) (derradeira) 15:40, 9 Xan 2005 201.9.188.107
   *(actual) (derradeira) 15:35, 9 Xan 2005 201.9.188.107
   *(actual) (derradeira) 15:30, 9 Xan 2005 201.9.188.107

Unha CorreccionEditar

  • Correxino e voulle deixar unha mensaxe a Rabalde que foi quen fixo a páxina para que o revise. Saúdos. --Prevert(talk) 16:16, 9 Xan 2005 (UTC)


Traslado aquí unha mensaxe dun usuario barsileño por ser este o lugar apropiado. Procede dunha páxina de discusión dun artigo que vai desaparecer, Saúdos. --Prevert(talk) 17:35, 9 Xan 2005 (UTC)

Mensaxe dun novo usuario brasileiroEditar

Prezados amigos, sou brasileiro e tenho uma grande simpatia pela língua galega. Sempre que escrevo uma página em português, busco indicar o correspondente em galego. Gostaria de colaborar com a Galipedia. na pt.wikipedia sou Arouck]. um abraço. --201.9.188.107 14:30, 9 Xan 2005 (UTC)

  • benvido. Ante todo tes que rexistrarte pois nos sabemos se o teu nome de "Diplomacia" ou tes algun outro co que traballas normalmente. decirche que xas tes por eiqui algun compañeiro traballando (Joao Xavier) de dende logo non o fai mal. Coma consello podes seguir os consellos que aparecen no "portal da Comunidade" e se tes dudas ou queres consultar algo ademais de propoñer podes poñerte en contacto a traves da "Taberna". Un saudo --Xelo2004 14:58, 9 Xan 2005 (UTC)

Textos que necessitam revisãoEditar

Olá, amigos! Nos últimos dias, fiz uma grande ampliação no texto sobre o estado de Sao Paulo e, principalmente, sobre a cidade de São Paulo. Criei também, há poucos dias, os textos sobre constitución e república. São textos com muita informação, porém que precisariam de uma revisão gramatical. Uma vez revisados, posso abrir links para criar novos artigos (por exemplo, sobre escravidão, imigração, cidadão, Fórmula 1, etc). O texto sobre a cidade de São Paulo é bastante extenso, porém dá uma visão, acredito eu, razoavelmente boa sobre como é a cidade (comparando-se o meu texto com o de outras Wikipedias). Agradeço aos amigos se puderem revisá-los. Modéstia à parte, nossa Galipedia está de parabéns, pela quantidade e qualidade dos nossos textos. Um grande abraço a todos, e que tenhamos sucesso neste empreendimento! Joao Xavier 22:08, 10 Xan 2005 (UTC)

Cambio de posicionEditar

  • supoñe que xa veriades que tiven que facer un cambio no esquema de Abadin (en cuanto os datos do concello) e é que observei que a barra de advertencia donde se indicaba o seguinte texto "Por non dispor dos datos no IGE do censo da poboacion do 2004, a densidade media farase cos datos do 2003, asimesmo a distribución dos habitantes nas aldeas de cada parroquia." vinme na obriga de situala no apartado de "sociedade e economia" pois senon o cadro do concello.inf tapaba parte dista informacion. Aparte deixei colgado unha biografia de Camilo Xosé Cela (a mais completa que puiden) a cales faltan alguns arranxos, aquila persoa que os queira facer son os seguintes: ligazons (nas datas e donde vexa convincente), foto, e darlle un aspecto un pouco mais atractivo. Polo demais, felicitarvos polo que se esta a facer co dos concello (como Abadin); e mais nada, seguirei co de Baleira coma estaba previsto, haber se en próximos dias o colgo. un saudo--Xelo2004 23:28, 25 Xan 2005 (UTC)
  • Non entendo a primeira parte do aviso, a densidade é a poboación dividida polos km² , e tendo os datos de 2004 só hai que dividir (para o conxunto do concello). Na segunda parte dos lugares é na que non hai os datos. Estou nun erro? Saúdos. --Prevert(talk) 23:39, 25 Xan 2005 (UTC)
    • Tentareimen explicar. Referiame a que habia deixado un cadro que principaba con iste texto: "Por non dispor dos datos no [...] habitantes nas aldeas de cada parroquia." no cal reflexaba que o non dispoñer dos datos do 2004 (me estaba a refirir para dentro das aldeas e non do concello), neste termo expreseime mal. dende logo xa o seu que non concello podemos empregar datos de poboacion do 2004, pero este termo queda suspendido agora de distribuilos nas aldeas de cada parroquia (aqui teñen que ser do 2003, por mor de non habe-los mais actuales). coido que agora esta claro?. outro aspecto era que este cadro informativo (do que non entendias o que queria dicir) viase tapado polo de Concello.info (tes un exemplo de onde esta situado antes en Alfoz) por iso o desplacei cara abaixo; pasou dende o apartado de Xeografia para o de Sociedade e economia. nada mais. un saudo--Xelo2004 16:39, 26 Xan 2005 (UTC)
  • Creo que podemos sacar ese cadro da páxina principal do concello ao referirse as parroquias, xa que nos artigos delas están especificados que os datos son de 2003. Saúdos. --Prevert(talk) 17:45, 26 Xan 2005 (UTC)

Protesta oficial á English WikipediaEditar

Fixen pública a seguinte protesta n'A Taberna da English Wikipedia:

Me (and in fact all the collaborators of Galician Wikipedia) are no happy with the related translation made for "Galician" in the wikipedia languages list performed above. The real translation for Galician in Galician is "GALEGO", not "gallego". Even wherever you may see the mistaken "gallego", never has been a Galician word. I only ask to whom who may concern to change please this error (as I don't know how to change it). Many thanks and best wishes.

Sobreira User

Espero que esteades de acordo comigo e estaría ben vixiar cando o mudan se algún día pasamos por alí. Estou facendo algunhas achegas sobre lingüística, pero non sei como implementar subcategorías (inda que de momento non parece importante porque non hai aínda unha gran cantidade de páxinas do tema nin están moi desorganizadas). Estaría ben facelo máis adiante segundo o modelo de Lingüística. Por outra banda, pronto informarei sobre o PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, presentado no Pazo de Congresos de SdC onte sábado 22 de xaneiro. Co gallo deste PXNLG se fixo coincidir os VIII Encontros para a Normalización da Lingua Galega organizados polo Consello da Cultura Galega. ¿é interesante meter algo disto? ¿onde?

Grazas, User:Sobreira

Unha de escudosEditar

  • estou a poñer alguns escudos que tiña baixo man, e achome con que alguén puxo xa un escudo no concello de ourensan de Ramiras http://gl.wikipedia.org/wiki/Ramir%C3%A1s no sei como foi para ahi. Adianto de anteman, que o demais escudos (polo menos na metade deles non son de caracter definitivo, pois pode haber discrepacias. co tempo e a medida que se vaian inxerindo os artigos, de seguro que alguns deles hay que cambialos. un saudo--Xelo2004 21:09, 10 Feb 2005 (UTC)
  • Xelo2004 sube o que teñas que subir ti que xa retiramos ese, esta aí posto porque non o subiron co nome correcto. Hai dúas opcións volver a cargar ese co nome correcto ou subir o teu como dicía antes. Saúdos. --Prevert(talk) 21:20, 10 Feb 2005 (UTC)

unha de mapas de parroquiasEditar

na paxina de Baleira teño xa incorporado un Mapa coa situacion das parroquias. Votadelle unha ollada haber que bos parece xD. un saudo--Xelo2004 22:56, 31 Xan 2005 (UTC)

  • Procuraremos haber se podo ter os de abadin e alfoz o antes posible. Namenntres se hai algunha suxerencia, benvida sexa (dito sea de paso este mapas son moi laboriosos).--Xelo2004 23:19, 31 Xan 2005 (UTC)
  • Un gran mapa, moi bo traballo Xelo2004. Felicítote. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:11, 31 Xan 2005 (UTC)
  • Xa se ve que hai moito traballo detrás. O resultado é extraordinario, estou seguro que vai ter éxito e que comezarán a reproducir os teus mapas noutros sitios. Saúdos. --Prevert(talk) 23:28, 31 Xan 2005 (UTC)

sobre o 2 de xaneiro e un aspecto moi importanteEditar

Aqui lanzo a o remate desta efemeride no apartado de outros ¿haber que vos parece), suliño ademais que proximamente incorporo y vida de San Basilio o Grande (so que o voa a facer o estilo beato, para que a xente no se queixe de que tratamos nesta galipedia o artigo dende "lexos", que vexan que tamen no sabemos "acercar un pouco". Coma anecdota chistosa e sen animo de ofender. vin moitos libros que tratan dos temas sexuais e atreveriame a dicir que só un 5% diles presentan foto dos organos xenitais (home ou muller) e a maioria (incluindo as enciclopedias) soen recurrir os debuxos, e pouco mais (nalgun caso na que a enciclopedia este en cd's unha vision esquematica aloooo por lexos). Noso amigo rocastelo animouse a mais (puxo unha foto), e dende o meu punto de vista no criterio de información esta moi ven, (pode verse neste artigo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Cl%C3%ADtoris) pero temos que ter en conta que a galipedia podena visitar dende xente de idade ate nenos (e istes ultimos se lles coincide estar cos seus pais ou titores) podennos tachar de pornograficos (a persardes de estar no seculo XXI seguen a haber demasiado puritanismo e tabu no aspecto relixioso). Isto podernos acarrear problemas coas asociacions de pais de alumnos por lo que é mellor advertir de anteman que esta galipedia pode conter material fotografico non acto para menores de 16 anos e cardíacos (salvo con fins de consulta e coñecemento e con consentimento dun maior -no caso dun neno-). A proposta esta feita (quixais no lugar non adecuado) e cabe a proposicion de debati-la. Pola miña parte e manteñome a favor xa que unha deterninada remodelación do artigo pode advertir que a foto é orientativa, con fins da formacion cultural e non de caracter relixiosa nin puritana. un saludo--Xelo2004 14:34, 13 Feb 2005 (UTC)

  • Evidentemente puxen a foto con afán informativo, non pretendía crear polémica, de feito está noutras wikis sen problema ningún, eu non considero pornográfico o corpo humano, pero por suposto pode ser motivo de debate e se a maioría o decide así haberá que retirar a foto (tirada de Commons). Hoxe o que ven os nenos (e non tan nenos) en calquera telexornal é moito peor (mortos en guerras, nenos combatindo, prostitución infantil, discriminación por razón de raza, xénero, relixión ou lingua). E a educación sexual debería formar parte do currículum educativo de calquera neno, a ignorancia só serve para aumentar os embarazos non desexados, a propagación da sida....--Rocastelo 14:51, 13 Feb 2005 (UTC)


  • Antes de entrar no tema unha pequena reflexión de tipo técnico sobre xeito máis habitual en que os lectores acceden aos materiais da Galipedia. Pode ser:
→ Desde a Portada: a) seguir as ligazóns das categorías ou dos artigos, b) buscar na caixa de procura, no caso de por o termo exacto amósase o artigo directamente ou se non unha páxina cunha serie de artigos que conteñen a palabra da procura.
→ Procura nun buscador, chegar a esa páxina depende dos termos introducidos na caixa de búsqueda.
→ Desde ligazóns de páxinas externas. (Neste momento hai moi poucos enlaces cara a Galipedia).
En consecuencia para chegar a esa páxina en concreto compré facer unha búsqueda precisa, e iso implica a vontade implicita e certo esforzo e coñecemento para chegar ata aí.
Chegados a este punto a cuestión a valorar é se o coñecemento almacenado nesta enciclopedia pode ser ofensivo para alguén. A resposta pola miña parte é que está relacionada co contexto, se colocaramos a imaxe en portada un usuario non avisado podería dicir que accedeu a un contido non desexado (pero tal como está agora non pode utilizar ninguén esa excusa), creo que non temos que poñer ningún aviso, é maís iso incluso podería representar un punto de vista non neutral. Revisei as ligazóns a outras wikipedias e nas wikipedias occidentais usan imaxes tan explícitas como esa ou esa mesma no artigo citado, e aínda que o que outros fagan é só indicativo -podería ocorrir que ningunha wikipedia usara a imaxe e nós decidiramos facelo- e unha axuda sabelo.
Penso que o que chama a atención desa imaxe fronte a outras imaxes explícitas (por chamalas dalgún xeito) que usan noutras wikipedias e que normalmente as imaxes dese tipo tentan ser completamente asépticas. Nesta imaxe hai dous aspectos que destacan: as uñas pintadas e as cores vivas, non obstante se aceptamos o argumento da ofensa sempre podemos atopar persoas que argumenten iso en calquera momento, ao ser un sentimento enteiramente subxectivo. En canto aos nenos, ese argumento tamén o vexo perigoso e moitas veces encobre a incomodidade dos adultos fronte a certos temas e o xeito de comunicalos. O obxecto desta enciclopedia é o coñecemento, polo tanto, debemos facer aquelo que contribúa a melloralo, resultarían máis ofensivos entón os erros, as inexactidudes, a falta de imparcialidade o descoido nos artigos que transmitir datos certos e verificables.
Certo é que a fotografía e máis rechamante porque hai pouco texto e polas razóns que citei antes, iso resólvese (se se quere asumir esa precaución) aumentando o texto e engadindo algún gráfico máis para que a imaxe non apareza en primeiro lugar. Bastaría con tomar un dos esquemas gráficos doutra wikipedia e profundizar no artigo (sobre todo porque o artigo trata dun tema bastante descoñecido non só para o gran público se non para a propia profesión médica, baste dicir que nos manuais de estudo de anatomía do século vinte aparecen e desaparecen as representacións gráficas segundo as sucesivas edicións. Hai unha doutora australiana -experta en anatomía- que podería engadir moito sobre iso e hai un programa moi clarificador da cadena Arte emitido en 'La noche temática' de TVE2 sobre o tema titulado El sexo de las mujeres).
Propoño que o que pode ser un problema se convirta nunha vantaxe facendo un artigo amplo e ben documentado. Saúdos. --Prevert(talk) 11:59, 15 Feb 2005 (UTC)
  • Estou dacordo con Prevert, vaime levar un tempo para reunir ma máxima documentación sobre o tema, unha vez posta coido que valera a pena, do momento reseño o artigo como apartado de "Obras".--Xelo2004(talk) 00:16, 11 Mar 2005 (UTC)
  • Aínda que xa cheguei tarde, poño o meu grao: unha mesma ilustración pode ser pornográfica ou didáctica segundo o entorno. Certo que a foto parece máis do primeiro que do segundo, pero, que ilustración se poñería en sadomasoquismo? Ou debera condearse sen ilustrar? Ninguén se fixou no erotismo de moitos museos? Podemos permitirnos o luxo de non transgredir (sen agredir)? Coido que, coa debida medida, debe ilustrarse o que é ilustrable.

Falta CorrexirEditar

Esta ve esposto o apartado de Xeografía (dende que entras pola portada), entendese que os artigos estean por orde alfabética, pero o de "Xosé A. Cornide Saavedra e Folgueira", soa máis a un nome que a un accidente xeográfico (e entrndolle dentro o artigo o que expón nada ten que ver co de fora)´. un saudo--Xelo2004 20:34, 21 Feb 2005 (UTC)

Entendo que a clasificación de Cornide é automática, e que tes razón. Paso a renomear o artigo. Revisa, porfa.--Agremon 09:26, 11 Mar 2005 (UTC)


Festas -- CelebraciónsEditar

Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega; antonte foi o Día Internacional da Muller. Nas efemérides o lugar para colocalos é en "Festas", que evidentemente non os descrebe ben. Propoño mudar o nome desta sección para "Celebracións", que pode englobar isto e máis as festas, tanto relixiosas como gastronómicas como populares, etc. Xosé 21:17, 10 Mar 2005 (UTC)

  • Parece boa idea, pero gustaríame saber o que opina Xelo2004 que leva traballado moito nas efemérides. Saúdos. --Prevert(talk) 21:46, 10 Mar 2005 (UTC)
  • Estoy dacordo contigo, aunque polo de agora estou a traballar pouco na galipedia, e so entro en contadas ocasions xa que non podo descuida-los demais deberes da familia (cando un é novo, cuidano os pais, pero cando éste xa van vellos, o novo nonlle queda mais remedio que deixar de ser fillo e coidar dos seus maiores coma se fora un pai). Parece que non pero repercute nas miñas aportacións a este proxecto, xa que o teño medio parado. De opinión para opinión, que vos parece se respetamo-lo apartado de "Festas" pero sen borralo apliamos a "Festas e Celebracións". un saudo--Xelo2004(talk) 23:54, 10 Mar 2005 (UTC)
  • Apoio a sabiduría de Xelo. Por completo.--Agremon 09:26, 11 Mar 2005 (UTC)
  • Parece-me ben. "Festas e celebracións". Xosé 13:31, 11 Mar 2005 (UTC)
  • Tamén estou de acordo. Saúdos. --Prevert(talk) 17:11, 11 Mar 2005 (UTC)
  • Pareceme boa idea. ¿Hai que ir un por un? Estou metendo todos os días internacionais establecidos pola ONU. --Goresqui 15:06, 18 Mar 2005 (UTC)

Aviso de erro nos códigos postais dos cadros das páxinas dos concellos de Lugo e OurenseEditar

Decateime que cometín un erro en moitos dos cadros dos concellos nos apartado do código postal. Esta mensaxe é para avisar diso e para indicar que se tome o dato con precaución (como posiblemente trabucado aínda que non o sexa en todos os casos) mentres non revise todas as caixas para introducir o dato correcto. Desculpas. Saúdos. --Prevert(talk) 13:35, 20 Feb 2005 (UTC)


BabelEditar

Pensáchedes en facer algo similar ó proxecto Babel da wiki española? Para os que non o sabedes, o proxecto Babel consiste en que cada un categorice a súa páxina de usuario dependendo das linguas que fale, facendo máis doada a comunicación entre usuarios. máis información (en castelán) eiquí

DivisiónEditar

PD- había que pensar en dividir esta páxina en subpáxinas porque estase facendo moi grande (xa via polos 81 kilobytes) --Alyssalover(talk) 08:43, 10 Mar 2005 (UTC)

Apoio a idea, cunha ligazón ó comezo.--Agremon 09:26, 11 Mar 2005 (UTC)

  • Estou dacordo con Agremón, haberá que proba-lo para ir dosificando os contidos--Xelo2004(talk) 15:33, 11 Mar 2005 (UTC)

Os seus cambios...Editar

¡Ola!

Como non sei onde hai que cambialo o escribo aquí. Despois, se alguén me di como se pode modificar, xa me encargarei eu.

Nos parágrafos que aparecen debaixo dos caracteres especiais emprégase a terceira persoa do singular agás en 'Por favor, toma nota de que todas...', ¿non sería mellor escribir tome nota?

Outra: Do mesmo xeito, 'compromése a que', ¿non sería comprométese?

Última: ¿Coa nova modificación da RAG a forma correcta é grazas, gracias ou ambas as dúas son aceptadas?

Grazas ou gracias ;)

--Luisinho 22:58, 13 Mar 2005 (UTC)

  • Segundo a norma a forma correcta é grazas.--Rocastelo 17:05, 14 Mar 2005 (UTC)
  • ¿E sobre as outras?--Luisinho 00:01, 15 Mar 2005 (UTC)
  • Xa están corrixidos os erros do texto que hai debaixo da caixa de edición. Saúdos. --Prevert(talk) 14:40, 15 Mar 2005 (UTC)

Redireccionar os artigos dos países Moldavia e BielorusiaEditar

Gostaría saber como se redirecciona un artigo, xa que creei estes dous artigos e tenho que redireccionalos aos artigos cos nomes nos seus idiomas propios. Se alguen pode axudarme ... un saúdo. --Porto 20:19, 19 Mar 2005 (UTC)

  • Para redirixir tes que escribir o seguinte: #REDIRECT [[nome do artigo]] --Rocastelo 20:31, 19 Mar 2005 (UTC)
  • Pero, ¿onde o escribo? e ¿onde poño o artigo o cal quero que quede redireccionado?
  • Ben en realidade, supoño que o que queres é mover o artigo, o que tes que facer é premer mover na cima do artigo e poñer o nome onde queres mover o artigo, neste caso Moldavia - Moldova.--Rocastelo 20:59, 19 Mar 2005 (UTC)

Imaxes de Consellerías e MinisteriosEditar

Alguén sabe se as imaxes propias que aparecen nas webs de consellerías e ministerios son dominio público (como pasa en Estados Unidos), ou teñen copyright, imaxino que en España será esta última opción, pero quen sabe.--Rocastelo 16:50, 27 Mar 2005 (UTC)

  • Entonces van de caral... toda-las imprentas que as utilizan estarían en quebra; seralmente selle agrega a palabra "Subvencionado", "Patrocinado" ou "Coa colaboración de;". Polo demáis se é para formar un historial sobor desa institución coido que no faria falla (senón xa teríamos apañado algunha denuncia por empregar os escudos dos concellos que é os que polo de agora estou a refirir en canto a logotipos, imagotipo e anagramas. Pero se te refires a empregar algunha imaxe contida nunha páxina web das consellerías ou ministerios, soen estar protexidas (aunque hai xente que pasa desas proteccións e as publica igual). Para que unha imaxe quede desprotexida do seu CopyRight hai que tratala (case sempre se aplia unha zona concreta e se recorta o resto). Pero despois de todo, se é posible, o mellor que se pode facer son dúas cousas: 1º) Pedir autorización a que corresponda e 2º) Irse cunha cámara fotográfica (se é posible e coincide a zona) e facer unhas cantas fotos do lugar. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 17:27, 27 Mar 2005 (UTC)
  • Toda actividade subsidiada pola administración debe levar esta información nun lugar destacado. A tal fin proporcionan-se-lle á entidade convocante os elementos de identidade corporativa precisos, incluídas as dimensións, cores pantone, incompatibilidades, etc., ou sexa que as imprentas fan o que deben. O único problema deste tipo que recordo foi o dun indivíduo que rexistrou ao seu nome o "Pelegrín". A imaxe corporativa da Xunta recolle-se nesta páxina. Eu penso que se se incluen as imaxes na Galipedia non hai problema porque nen se infire participación da Xunta no proxecto nen crea confusión por parte da Galipedia respecto á nosa identidade. Pensade nas bandeiras de todos os países que hai xa!! Xosé(Falarlle) 17:46, 27 Mar 2005 (UTC)
  • Non bou a discutir que o que Xosé refire esta bén eu seino pois traballo nese sector das artes gráficas, so que no me quixen explaiar tanto, pero para as outras imaxes soemos utiliza-lo truco xa expresado e, polo de agora non houbo queixa. Cabe dicir que xeralmente a maioría das consellerías e ministerios están a favor de que se extenda o galego e, sobor de todo, que se utilice coma fala de cotio en calquera lugar. Suliñar ademáis que existen subvencións para fomentar este tipo de traballo (sexa publicacións, sexa o que sexa) pero que estea feito ou publicado no idioma normativo galego--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 17:56, 27 Mar 2005 (UTC)

Sobre WikisourceEditar

Para propoñer que un artigo vaia ao wikisource galego hai un proceso establecido en Wikipedia:Mantemento mover a wikisource. Hai tempo creei unha categoría chamada galego para agrupar os artigos na nosa lingua. En wikisource non temos administradores, polo tanto, de vez en cando hai que pasarse para desfacer os vandalismos, editando manualmente. Evitei poñer unha ligazón desde outras partes de wikisource á versión galega por falta de material. Se se decide enviar o material do antroido de ribadeo para alí, debería ser Agremon quen tería que aparecer no historial como creador desas páxinas. Se o fai outra persoa que non sexa él, debe indicar exactamente a orixe do documento, día e hora e autor. Paréceme que facelo así e un modesto xeito de homenaxear a aqueles que contribuiron a que a Galipedia sexa o que é hoxe, e sen Agremon nunca o teríamos conseguido. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:15, 29 Mar 2005 (UTC)

Remato de ver o anterior (debeu ser escrito nunha desas tempadas que non practico de galipedista) Onte propúxome Rocastelo tomar mans á obra e mover a Wikisource, e quedamos de facelo en conxunto. O material do Antroido debe ir alí, e o de citas a Wikiquotes. Pero aínda non somos moitos, e hai que facer as cousas con coidado e orde (eu en concreto teño a tendencia ó desorde). É dicir, imos adiante coa Wikisource en galego, pouco a pouco.

E gracias por louvar unha labor de fai tempo. Se me permitides un comentario, moitas veces asino co lema un 'un máis, un menos, pero un'; é dicir, ás veces mellor, ás veces peor, pero intentando estar presente. E eso creo que é o que tentamos facer todo o equipo, o máis do tempo, de xeito inconsciente. Tomar conciencia deso pode parecer unha tontería, pero pouco a pouco pode axudar a vérmonos como equipo e á nosa labor a longo prazo... ainda que pasemos tempadas con pouca ou nula actividade.--Agremon(contacto) 19:31, 15 maio 2005 (UTC)

Vexo que aparece a proposta de petición co nome de 'wikisource'. Propoño pasar a 'Wikifontes'.--Agremon(contacto) 20:33, 15 maio 2005 (UTC)

  • Engado aquí un enlace a unha discusión que tivemos sobre wikisource hai unhas semanas A Taberna (propostas) Sobre Wikisource. Tamén quero engadir que eu estou de acordo co nome que se decida, pero como dixen naquela discusión se temos Galipedia, Galizionario, Galilibros..., e estamos considerando o conxunto do proxectos como un todo tamén debemos considerar se continuamos o camiño que comezou Agremon galeguizando os nomes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:58, 16 maio 2005 (UTC)

permiso de concesión de utilización de imagenes aéreasEditar

xa cursei a solicitude de permiso para concesion de imaxénes aéreas, para ilustrar parroquias, vilas e concellos. Para elo dirixinme a seguinte paxina e espuxen o seguinte texto (en castelán): consulta sobre utilización de imágenes: Hemos visto la página de Sigpac y la multitud de información que ello abarca. Somos usuarios que colaboran con una enciclopedia de modo voluntario y sin ánimo de lucro. Puede verlo en la seccion gallega (y en idioma gallego) la portada de este proyecto (del cual nos abalan Google como Yahoo) http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada. Nuestra pregunta es la siguiente: (que por lo que se ha observado no estan actualizadas, ya que las de region gallega son del 2003; y desde aquellas a hoy hay infraestructuras que ya han cambiado) ¿Se puede utilizar las imágenes proporcionadas por el visor para ilustrar algunos articulos de Parroquias, Villas o Aldeas, mencionando si se desea de que fuente son procedentes?. Aclaro que no estamos interesados en las medidas y las delimitaciones de los terrenos ni las propiedades en sí. simplemente la fotografía aérea con fines de ubicación e ilustración de los mencionados articulos. Por favor, si esta pregunta no corresponde a esta sección agradecemos que nos indique a que sección debemos de dirigirnos para formular la petición. Quedamos a la espera de su respuesta y su posterior beneplácito (si se decide la concesión). A/A los adminitradores. O indicarlle a tecla "grabar" encontreime coa mensaxe que que os texto non debe de sobrepasa-los 1000 carácteres. En previas voltas non vin esa mensaxe por nengures, polo que é moi provable que no esté completo todo o de arriba exposto e haxa que repeti-la operación de novo. Vamos a esperar unha semana haber se responden o buzon de Gmail (que xa está en castelán) e podemos deducir que facer. Saudos, se alguén ten alguna proposta para resumir este termo o que piden, que o espoña na taberna/propostas. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:23, 16 Abr 2005 (UTC)

  • Esperado tempo prudencial volvin a cursar de novo a solicitude de permiso das imaxes do sigpac. Resumindo o texto do segunte xeito "consulta utilización imágenes:

Hemos visto página de Sigpac y la multitud de información que ello abarca. Somos usuarios que colaboran en una enciclopedia de modo voluntario sin ánimo de lucro. Puede verlo en la seccion gallega (en idioma gallego) la portada de este proyecto (avalado por Google y Yahoo) http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada. Nuestra pregunta es: (ya que no estan actualizadas, las de Galicia son del 03; hoy las infraestructuras han cambiado) ¿Se puede utilizar las imágenes proporcionadas por visor para ilustrar articulos de Villas, Aldeas y otros, mencionando si desea la fuente de procedencia?. No se esta interesado en medidas y delimitaciones de terrenos y demas. Solo la fotografía aérea con fines de de ilustración de los mencionados articulos. Por favor, si esta pregunta no corresponde a esta sección agradecemos nos indique donde dirigirnos para formular la petición. Quedamos a espera de respuesta y/o posterior beneplácito (si decide la concesión). A/A adminitradores.". Agora a paxina xa me deu a indicacion de que o gardara correctamente, tan só cabe espera haber se hai resposta. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:13, 1 maio 2005 (UTC)

  • Tardouse en recibir resposta, pero xa temos unha, que se ven se mira nos devolve o punto "0" no que estabamos nun principio. Transfiro textualmente a seguinte responta:

RESPUESTA:

Para los usuarios privados, a fecha de hoy no se ha establecido un procedimiento concreto para la cesión de material, siendo este asunto objeto de debate por parte de la Mesa de Coordinación del SIGPAC. En cualquier caso, puede remitirse una solicitud por escrito debidamente justificada a la Subdirección General de Armonización Normativa y Sistema Integrado del FEGA, c/. Almagro, 33, 20004 - Madrid. En cuanto se haya establecido el procedimiento mencionado, se procederá a dar el curso que corresponda a dicha solicitud.

Se antes estábamos coas mans cruzadas, polo de momento temos que seguir namentres non haxa alguna nova máis. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:04, 10 xullo 2005 (UTC)

Resaka das letrasEditar

Dende a facultade das CC da Comunicación de Pontevedra estamos a organizar a II Resaka das Letras Galegas que consiste nun concurso para premiar as mellores webs en galego e promocionar ao mesmo tempo o idioma na rede. Calquera persoa pode entrar e propoñer algún candidato (eu proporei a galipedia ;)). Todavía non temos totalmente acabada a páxina da organización pero podedes visitala en www.resakadasletras.es.vg

Grazas pola vosa colaboración!!! --Rubi 19:15, 13 maio 2005 (UTC)


Índices e "Táboas de contidos"Editar

  • Nos artigos que teñen seccións crea-se automaticamente unha caixiña na que se listan, numeradas e con vínculos, as seccións. Esas caixiñas chaman-se "Táboa de contidos". Este nome é unha tradución incorrecta do inglés, polo seguinte:
    • En inglés, Table of Contents ou, simplemente, Contents é o que en galego se chama Índice, ou sexa, unha lista dos capítulos, apartados, etc. dun texto.
    • Index é o que en galego se chama Índice analítico, ou sexa, unha listaxe de termos específicos do tema que se trata no texto e as páxinas nas que aparece. Coloca-se habitualmente como un apéndice nos libros.

Desafortunadamente, a confusión entre estes dous termos extendeu-se nos últimos anos debido a unha má tradución nos procesadores de textos (nomeadamente, no MS-Word). Con efeito, se nun procesador con esta tradución deficiente ides a "inserir índice" veredes que non é precisamente un índice o que se crea, senón un índice analítico.

Propoño que se corrixa esta tradución defectuosa. Xosé(Contacto) 18:31, 25 maio 2005 (UTC)

  • Considero que debemos ser serios nas traducións e corrixir os desperfectos producidos no pasado, parabéns para o Xosé, con quen concordo totalmente --Xoán Carlos Fraga 22:43, 15 agosto 2005 (UTC)

VacaciónsEditar

Por fin rematei os malditos exames e mañá marcho de vacacións. Estarei fóra de circulación ata finais de agosto así que deséxovos un bo verán a todos ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 8 xullo 2005 16:19 (UTC)

E2mb0tEditar

Colegas de wikipédia, desculpem-me se escrevo em português. Sou um colega da wikipédia em português. Gostaria de pedir a avaliação da comunidade da wikipédia em galego sobre mais um bot, o User:E2mb0t, que será usado principalmente para cuidar dos interwikis. Acredito que deveria haver uma integração muito maior entre nossas duas wikipédias e pretendo fazer um pouco disso com o bot. Obrigado pela atenção e sucesso para vocês. --E2m 00:52, 15 xullo 2005 (UTC)

Galicia en CommonsEditar

  • Como consecuencia dunha mensaxe que me deixou un colaborador portugués na miña páxina de discusión comecei a crear a estrutura de categorías de Galicia en Commons. E carguei algunha das imaxes de Alyssalover alí, para garantir que se seguen os toponimos en galego mentras non volve de vacacións. Sería importante que comezaramos a bótarlle un vistazo a commons para que non se fagan desfeitas, por exemplo alguén creou unha categoría chamada La Coruna. O que hai por agora é a páxina commons:Galicia, e eu creei hoxe as categorías commons:Category:Maps of Galicia, commons:Category:Maps of A Coruña, commons:Category:Maps of Lugo, commons:Category:Maps of Ourense e commons:Category:Maps of Pontevedra. Por outra parte nas páxina podese escribir unha liña cun texto en galego precedida de {{galego}}. Finalmente penso que é moi importante para a Galipedia ter presencia nos proxectos internacionais e por iso sería moi valioso para nós que de vez en cando ollarades Galicia en Commons. Por certo Agremon fixo a portada galega. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:23, 22 agosto 2005 (UTC)

Comunidade galegofalante en commonsEditar

Xa hai o xerme da comunidade galega en Commons, na páxina Commons:A Taberna está a páxina de discusión. Anímovos a rexistrarvos en commons e aumentar a participación galega alí. A vosa colaboración non é preciso que sexa aportando imaxes, tamén é necesario traducir moitos artigos ao galego e axudar na clasificación das imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:40, 24 setembro 2005 (UTC)

Localized date formats need to be verifiedEditar

Dear Wikipedians,

I need your help to look at date formats for your language. I created a large list of formats here. Please take a look and fix any mistakes or add any new formats. This will help interwiki bot to match en:April 1, fr:1 avril, ru:1 апреля, zh:4月1日, and all other sites together.

What's needed: Look here at every format for your language, fix any mistakes, note any exceptions (some languages have 1st, 2nd, 3rd, etc naming schemas, or year 1 is written as '1 (year)' unlike all other years).

Also, I would like to receive a bot status on your site for my bot User:YurikBot. It will be mostly involved in interwikies.

Thank you!!!

You can contact me at en:Yurik (--70.192.56.68 21:59, 24 setembro 2005 (UTC))

Galipedia.orgEditar

  • Acabo de ver que unha "Asociación Ciclo" rexistrou o dominio galipedia.org e que este redirecciona para gl.wikipedia.org. Máis información, alguén? Xosé (✉) 21:09, 10 outubro 2005 (UTC)
  • Parece que é así e iso pode supor un problema para o proxecto, posto que non temos ningunha información sobre as condicións dese rexistro, e non se fixo por ninguén relacionado coa Fundación Wikimedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:05, 15 outubro 2005 (UTC)

Bos días, son novo aquí e teño algunhas dúbidasEditar

Lin a axuda e os arquivos de benvida pero non teño claro o funcionamento da enciclopedia. Por exemplo, no artigo de Beethoven gustaríame corrixir algunhas cousas e engadir outras. ¿Téñoo que poñelo na parte de discusión para que alguén o corrixa ou o fago eu mesmo? Perdón por facer esta pregunta porque supoño que estaredes fartos dela. User:Toulousain

HalloweenEditar

Bos días, son novo nestes lares, (ainda non estou rexistrado), pero advertín que na sección de música figura o grupo Halloween como Helloween, polo que propoño que se cambie. Quixen facelo eu mesmo, pero non sei cómo editar a palabra que figura como entrada. Un saúdo

  • Non hai ningún erro no título do artigo podes comprobalo na versión en inglés que contén unha imaxe do grupo en:Helloween. Tamén en en:Halloween (disambiguation) din que con frecuencia chamanlles co nome trabucado Hallowen. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:05, 26 outubro 2005 (UTC)

Problemas con WikisourceEditar

Artigos coma o de Galiza e Mendinho presentan ligazons a Wikisource. Estas apuntan a version inglesa en lugar da galega polo que non estan operativos. Asi todolos estos enlaces quedarian correxidos o instante. --Stoni(talk) 23:15, 19 novembro 2005 (UTC)

Galipedia - Brazo político del BNG?Editar

Se define "El Bierzo" como "parcialmente galegofalantes", lo cual es cierto, aunque debería engadirse que sólamente lo es en un cuarto del territorio berciano. Sin embargo, nada se dice acerca del leonés en Valdeorras. Esto no es enciclopédico y convierte a la Galipedia en un brazo mediático del nacionalismo gallego, y como tal será denunciado ante la opinión pública.

  • Estimado anónimo, non pretendo anoxarte con este comentario, pero isto é posíbelmente o máis absurdo que oín na miña vida. Este é un proxecto libre no que calquera pode colaborar. Se ves que falta ou é incorrecto algún dato non tes máis que editar o artigo e engadir o que creas conveniente. E se non sabes escribir en galego normativo non tes máis que deixar as túas ideas para o artigo na súa correspondente páxina de discusión que de seguro calquera colaborador estará encantado de traducilo e integralo no artigo. Sobre as ideoloxías dos distintos colaboradores, seguramente saberás (e senón dígocho eu) que existe unha cousa chamada Constitución Española, no artigo 16.2 da mesma así como no artigo 7 da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal comprobarás que Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas, polo que considero zanxado o tema. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 09:54, 13 decembro 2005 (UTC)
  • 212.128.181.126 = 81.172.65.12 Vandalismo reiterado nos proxectos da wikipedia en galego + Troll en diversos proxectos wikipedia. --Moderador 10:03, 13 decembro 2005 (UTC)

1. Nosoutros en nengún momentu pidimos a negún miembru d´esta wikipedia que me dixera cuála ye la sua filiación política. Asina que nun fales de la Constitución Hespañola. Dixi namái - y calténgulu- que muitos de los artículos fuenun manipulaos mediáticamente por tesis que nun fican mui llueñe de las anesionistas del BNG.

2. Sobru´l vandalismu creigu que siempres tá inxustificáu. Outra cousa ye que seya entendible nuna wikipedia tan favoratible a tesis ultranacionalistas comu ye ésta.

3. Nun esiste lu que chamáis "galego estándar". Ou ye que nun hai deillas versiones de la escrita gallega (hespañolista y llusista)?.

4. Nun podéis dicire que´l Bierzu fala gallegu cuandu cenciellamente ye mentira nun 75%. Esu ye anesionismu de mena nacionalsocialista.

Un saludu (you entaméi en castellán, vosoutros sigisteis en gallegu, you respondivos en llionés, nun vos paezca mal)


  • Mira Xariegu, vou ser claro. A Galipedia non está para botar discursos políticos, se tes referencias de estudos lingüísticos onde se afirme que en Valdeorras se fala leonés ou que se falou, entón dá as fontes e inclúe os datos, pero mentres tanto en cumprimento de que a wikipedia non pode ser unha fonte primaria non poderemos admitir o dato que en Valdeorras se fala leonés por non ser certo, é mentira, así de claro.--Rocastelo(fálame aquí) 17:42, 13 decembro 2005 (UTC)
  • Dende cando se viu que a Galipedia era o brazo político do BNG?. De feito a xente a esta a colaborar no proxecto faino de xeito neutral, non se nos está permitido facer apoios a nengún partido politico ou propagandas polo estilo; pero de chegado o caso, a este usuario que se expresou en Llionés nunha wiki que non se corresponde co seu idioma recordarlle un par de cousas. Se para tí non existe o galego estandar (cousa que no é ser estandar senón normativo) en zonas de Castela-León (e sen ofender a xente) tampouco tedes llionés estandar, xa que é unha lingua ramificada do galego e do bable con asosiacións do castelán. Asi que un respecto os demáis. ë ben certo que arriba habia un texto en castelán, pero o "anonimo" que o deixou tampouco dixo que se lle respondera na mesma. E no trocante os partidos políticos (xa que insinúas o tema do BNG) recordarte que cando foron as eleccións a presidencia do goberno español as bandeiras que había fronte a sede do PSoE, tiñan (segundo os comentarios dos xornalistas) cor bermella coa rosa branca; todo o contrario ocorreu na sede do PP, xa que a xente alí exposta tiña a bandeirola de españa. Onde estaba a bandeirola branca coa súa gaivota azul?. Así que deixádebos de anarquismo e de querer arragla-la casa dos demáis que coido, candaseu ten moito que barrer na de un mesmo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:13, 13 decembro 2005 (UTC)


PreguntiñaEditar

apreciados amigos, pareceremos cansones e todo pero lles rogamos que nos perdoen e axúdennos a saber sobre o articulo de : Tona, Santander, Colombia.

queremos saber quen o borro, e se tamén nos podrian proceder a enviar unha copia, non é que saibamos quen fixo tal artigo, tampouco nos atribuímos a súa autoria, pero queremos colaborar tanto coa wiki asi mesmo como cos municipios pequenos a manter a súa presenza enciclopedica neste sitio, e pois como tamén somos santandereanos desexamos reeditarlos e republicarlo asi como complementarlo , para maior contribucion a todas as partes.

moitas grazas.

e perdoen a nosa linguaxe sinxela

NOTA; isto documento foi traducido por: http://sli.uvigo.é/tradutor/ , polo tanto non nos facemos responsabels de calquera erro xurdido froito da traduccion. grazas pola súa paciencia.


--[[User:DGDIC| DGDIC [[ User Talk: DGDIC| (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre)]]]] 22:53, 18 decembro 2005 (UTC)

Mover o curso de galego a GalilibrosEditar

Ola,

Que vos parecería mover o curso de lingua galega da Galipedia a Galilibros? Cando engadín as páxinas á Galipedia, Galilibros non existía

Saúdos, Roberto --Rabalde 16:53, 21 decembro 2005 (UTC)

  • Moi ben, titulándose curso de ... é claramente un Galilibro, máis do que un artigo enciclopédico. Outra cousa sería que o seu contido se aproveitase para elaborar o artigo de Gramática da lingua galega. un Saúdo --Nanotrasno 16:56, 2 febreiro 2006 (UTC)
  • Esquecín comentalo antes, tamén estou de acordo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:08, 8 febreiro 2006 (UTC)
  • Comecei o travase. Véxase b:Curso de lingua galega en wikibooks--Lmbuga 11:40, 12 febreiro 2006 (UTC)
  • Aínda que poida parecer que xa está todo trasvasado, non é así. Deixarei aquí mensaxe cando estea todo trasvasado--Lmbuga 21:33, 19 febreiro 2006 (UTC)
  • Rematei de pasar a wikibooks o presente en Curso de lingua galega (wikipedia). Marquei algunhas páxinas para seren eliminadas. Procedo agora a crear ligazóns ás páxinas do curso de wikibooks nos artigos correspondentes, se existen, da wikipedia--Lmbuga 22:22, 22 febreiro 2006 (UTC)