Benvido á Galipedia Stoni, cada vez somos máis nesta wikipedia para avanzar na mellora do proxecto. Movín as páxinas de usuario que creaches porque na Galipedia os espazos de nome de usuario son User e User talk, agora están no sitio correcto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:16, 23 Xuñ 2005 (UTC)

Benvido Stoni. Agardo verte moito por eiquí. Só un apunte, nesta wiki non temos nada semellante ó proxecto babel (eu propúxeno fai tempo pero ninguén se fixo eco) así que non fai falla que te preocupes por crear esas plantillas nin en engadilo á túa páxida de usuario ;) Un Saúdo --Alyssalover(fálame) 17:24, 23 Xuñ 2005 (UTC)

Concello info editar

  • En Wikipedia:Concello info tes información sobre como funciona o modelo de marcador que utilizamos para as caixas dos concellos, ao mellor hai algunha pequena diferenza coa versión actual, non o lembro, pero en todo caso hai información útil sobre a caixa. Se non se introducen os datos diante do signo | o se se fan certas variacións con respecto ao modelo poden producirse problemas. Nas comarcas non é necesario poñer o texto comarca porque o cadro xa o contempla. Se tes calquera dúbida deixanos unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:38, 2 agosto 2005 (UTC)

Cabeiro editar

  • Ola, vexo que reformaches Cabeiro, Redondela, o problema está que quitaches que a información procedía de fontes do século XIX, calquera que lea o artigo agora pode pensar que son datos actuais, por iso é necesario engadir no artigo que as fontes non son actuais, e canto se poda dar información actual sobre a parroquia, e refundir os datos que figuran agora nun apartado de historia.--Rocastelo(fálame aquí) 15:14, 19 novembro 2005 (UTC)
  • Ola!! As reformas no artigo sobre Cabeiro, Redondela fixenas coa idea aportar datos mais actuais. Resultaba moi interesante toda a informacion historica pero penso que esa debe permanecer unicamente no apartado de Historia, e fora dese apartado os datos deben ser actuais. Espero expandir o artigo no futuro xa que e onde nacin. Ti que opinas?--Stoni(fálame aquí) 16:26, 19 novembro 2005 (UTC)
  • O problema está en que non resulta claro, o apartado historia está redactado en presente, sería mellor poñer por exemplo Situación da parroquia a mediados no século XIX(aínda que seguramente non variaría ata comezos do XX) é máis longo pero queda máis claro, e o partido xudicial poñelo como historia xa que son datos históricos, sen dúbida o artigo quedará mellor cando o amplíes, que de certo terás boa información e actual, e se es afeccionado á fotografía quedaría moi ben algunha foto.--Rocastelo(fálame aquí) 15:41, 19 novembro 2005 (UTC)
  • Dito e feito, xa mellorei algunhas cousas pero se atopas algo que se pode mellorar non dubides en cambialo ti mesmo. Intentarei informarme, xa que este e un bo lugar para que alguns datos non se perdan e se e posible como non tomar algunha foto. Tamen atopei alguns artigos sobre Redondela moi interesantes e con datos unicos froito da investigacion que me gustaria incorporar pero estos contan cunha nota que prohibe expresamente a sua reproduccion. Habera que preguntar a ver se hai sorte.--Stoni(fálame aquí) 16:26, 19 novembro 2005 (UTC)
  • O que non se pode copiar é a redacción nin o estilo do texto, pero os datos, en si, non poden ter copyright (que eu saiba), polo que si podes incorporar os datos, iso si tes que indicar a fonte, contigo os artigos de Redondela seguro que se converterán nun dos mellores da Galipedia, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 16:08, 19 novembro 2005 (UTC)

Commons editar

  • Ola, borrei Plantilla:Commons por que xa existía {{Template:Commons}},--Rocastelo(fálame aquí) 20:47, 20 novembro 2005 (UTC)
  • Moitas gracias tenha pendente miralo mais tarde. Gracias pola correccion. --Stoni(fálame aquí) 22:54, 20 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, vexo que tes coñecementos de hebreo, non sei se vas traballar nalgún artigo de Israel ou de personalidades israelís, hai varios bloqueados por vandalismo reiterado, se vas traballar nalgún deses faimo saber para desbloquealo, saúdos--Rocastelo(fálame aquí) 21:43, 26 novembro 2005 (UTC)
  • En principio non tenho ningun especial interes pola tematica, pero se nalgun momento preparo algo fareito saber. Moitas gracias. PD: Eres humano ou maquina? Semella que sempre estas aqui --Stoni(fálame aquí) 22:57, 26 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, imos por partes Historia de Galiza é anterior á decisión que se tomou de útilizar Galicia nos artigos, por iso leva Galiza no seu título, e en principio non hai porque cambialo. Séculos Escuros é o nome para a historia da lingua e da literatura. En historia emprégase Historia Moderna de Galicia ou Idade Moderna. O Reino de Galicia e Portugal existiu, pero foron poucos anos como para constituír un período histórico e na historiografía galega coñécese simplemente como reino de Galicia, supoño que o que queres poñer no template son períodos históricos, senón o template sería inacabable, iso si o que debe aparecer é a cultura castrexa que si foi un período histórico e ben longo en Galicia. Se queres nos próximos días fago unha lista de artigos para o template e despois os comentamos e nos poñemos de acordo en cales deben ir no template, e que por suposto despois máis xente pode dar a súa opinión.--Rocastelo(fálame aquí) 22:21, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Respecto a séculos escuros que en literatura vai de 1470-1500 ata 1850, supoño que o estudarias en lingua galega. Pero dende logo iso non é o que se estuda na facultade de historia, economicamente os galegos estaban mellor en 1750 que en 1300 (dentro da precariedade). En Galicia o século de Ferro como se coñece a crise que se deu en toda Europa a fins do XVI e comezos do XVII durou menos que noutras zonas e foi menos rigoroso. Foron séculos escuros para a literatura, para o uso culto da lingua e mesmo se queres politicamente, pero non economomicamente, ninguén que compare a Idade Media coa Moderna pode dicir que na Idade Media estaban mellor, creme, supoño que por iso historiograficamente non se coñece como¨Séculos escuros, en realidade historiograficamente séculos escuros son os posteriores á caída do imperio romano--Rocastelo(fálame aquí) 22:32, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Portucale era por Porto, en realidade o título do rei García si era rei de Galicia e Portugal (en latín claro) se non teño enferruxado os meus coñecementos desa época, tería que repasar os apuntamentos e os libros que teño. Os meus coñecementos van máis ben pola historia contempóranea. Farei esa lista, se a podo ter maña, xa a comentamos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:45, 27 novembro 2005 (UTC)

Historia de Galicia editar

  • Galicia - Galiza
1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
2. No caso das páxinas Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de sustituir nunha páxina e outra Galicia por Galiza e o revés. Procurando que os cambios nunha páxina tamén se reflictan na outra).
3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:43, 28 novembro 2005 (UTC)

  • Non cho dixen onte, pero a idea de facer un marcador cos períodos da historia de Galicia pareceume moi boa idea, fixen unha lista, púxena no marcador Template:Historia de Galiza, dime que che parece, pensas que habería que engadir máis, non estás de acordo con algún..., en fin dime que che parece.--Rocastelo(fálame aquí) 21:40, 28 novembro 2005 (UTC)
  • Paréceme ben o cambio que fixeches, todos descenden de Historia de Galiza, e sobrenténdese que son períodos da historia de Galicia.--Rocastelo(fálame aquí) 21:29, 29 novembro 2005 (UTC)

Portal Galicia editar

  • Ola Stoni, queria darche os meus parabéns polo traballo que estás a facer no Portal Galicia da wikipedia inglesa. Agradezoche que esteas contribuíndo á consolidación do proxecto da wikipedia galega coas edicións de artigos nese wiki. É unha colaboración moi importante e valiosa para que mellore e medre o proxecto galego en todas as súas partes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:00, 27 decembro 2005 (UTC)
  • Eu tamén o vin e gostei del! Xosé (✉) 13:02, 27 decembro 2005 (UTC)
  • Ola, Stoni. coido que despois de curiosear pola túa páxina e a Galipedia, o que puxen na en.wikipedia está de máis. Nembargantes, non coñecía o proxecto de traslación e coido que sería cousa de darlle máis difusión. É moi interesante.--Agremon(contacto) 11:53, 24 xaneiro 2006 (UTC)

Trust in Wikipedia editar

this is Cathy from Hong Kong working on a research about trust on Wikipedia. I wonder if you would kindly contact me at researchingmedia@gmail.com? I'd like to chat with you about Wikipedia of your language. Would you kindly drop me your email or IM (Skype, MSN, AIM or ICQ)? It wouldn't take more than ten minutes, but it would help enormously for us to understand the overall trust-based social landscape of Wikipedia. Thank you!

Ola Stoni, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:24, 15 setembro 2006 (UTC)

Antero Rubín editar

Stoni, tivemos que borrar o artigo Antero Rubín que creaches ti, porque un usuario avisou de que procedía de http://www.ipdca.com/internovas/historias/rubin/rubin.htm. Supoño que se trata dalgún tipo de confusión. Se consideras que hai razóns para recuperalo (tecnicamente pódese facer) non tes máis que dicirmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:24, 15 novembro 2006 (UTC)

Grazas por intentares mellorar os artigos. Vinme na obriga de borrar a imaxe por ser unha violación do copyright. A orixe da imaxe sempre debe de constar nos datos das fotos que se suban á Galipedia. De non se engadir a orixe ás imaxes, estas serán marcadas para borrar e, antes ou despois, borradas. A orixe serve para que se poida comprobar que a licenza é certa (que na páxina se especifica esa licenza).

Atopei a imaxe en http://www.benestargaliza.org/presentacion.html e esa páxina non está no dominio público, non permite a realización de obras derivadas nin o uso comercial. Tódalas imaxes que se suban á galipedia teñen que permitir expresamente a realización de obras derivadas nin o uso comercial.

Nota:Segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright (para máis información Wikipedia:Política de uso de imaxes).

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:55, 25 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Stoni. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

Pido disculpas editar

Boas Stoni ! Tes que perdoarme : metin a pata no traballo que estabas a fazer nas categorias, non me decatara que alguén traballa agora niso. Eu metinme pensando (sen controlar os historial) que era traballo antigo. Deixote seguir e perdoname. Saúdos --Elvira (Conversa comigo) 17:30, 30 de maio de 2012 (UTC)

Re: Empresarios galegos editar

Boas outra vez Stoni ! A xerarquia que fixen non corresponde tanto ao que eu penso. Só é unha harmonia e coerenzia na árbore que funciona na Galipedia : a Categoría:Personalidades é unha categoria nai directamente debaixo da Categoría:Índice, polo tanto vai o mismo nivel que Categoría:Arte e Cultura e Categoría:Ciencia . A palabra "personalidade" debemos entendela no sentido "persoa importante" (importante o suficiente para ter un artigo na Galipedia) sen consideracións sobre o eido da sua importancia, nin sobre a localización xeografica. Eu penso que andamos à fazer as categorias por debaixo Categoria: Personalidades de xxx (xxx = pintura, economia, etc) e ainda mais abaixo Categoria: Personalidades de yyy (yyy = pintores, economistas etc). Que che parece ? A lerte --Elvira (Conversa comigo) 17:53, 30 de maio de 2012 (UTC)

Personalidades editar

Ola Stoni, segundo a RAG [1] Personalidade: "s.f. 1. Conxunto de características que constitúen o modo de ser propio dunha persoa ou dunha colectividade, que a individualizan con respecto aos demais. Trazos da súa personalidade. A formación da personalidade comeza na infancia. Un pobo con personalidade propia. cf. carácter , idiosincrasia , natureza . 2. Modo de ser que fai a unha persoa orixinal ou especial, por oposición á xente común. Un home con personalidade. Ten unha forte personalidade. 3. Persoa importante pola súa posición social ou nunha determinada actividade. Agárdase a asistencia de numerosas personalidades. Altas personalidades do ámbito científico van debater a cuestión. sin. persoeiro , personaxe. "

O significado da terceira acepción, é a que empregamos na Galipedia para clasificar as biografías, como sinónimo de persoeiro, personaxe... e co obxectivo de evitar linguaxe sexista (p.ex. "Empresarios galegos" pode asemellar excluínte de "empresarias galegas").

Partimos da base de que alguén que ten artigo nunha enciclopedia é "Persoa importante pola súa posición social ou nunha determinada actividade" para ben ou para mal. Do contrario cumpriría eliminar o artigo. Non si?

Un saúdo, bo trabalo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17:54, 30 de maio de 2012 (UTC)

Funguicultura Muiños editar

Ola Stoni.

Abrín unha votación para borrar Funguicultura Muiños.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12:31, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Aviso na taberna de axuda editar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 22:00 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Stoni. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2019 ás 20:10 (UTC)Responder

atletismo editar

Ola, Stoni! O marcador que procuras é {{en uso}}. Por favor, engade no artigo as referencias das que tomas a información. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de agosto de 2019 ás 14:54 (UTC)Responder

Moitas grazas! --Stoni (conversa) 16 de agosto de 2019 ás 14:57 (UTC)Responder

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A Navalla Suíza editar

Revertín porque nesta web indícase que a empresa leva doce anos funcionando [2]. Outro usuario xa reverteu hai un rato, mencionou que non actualizan o seu perfil de facebook. Eu procurei información e non atopo nada que indique que pechasen. Perdoe se causei algunha molestia. A verdade é que non adoito basearme en redes sociais. --Mark Gasoline (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 13:13 (UTC)Responder

Sí xa, pois xa podían eliminar esa páxina nesa web. --Mark Gasoline (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 13:17 (UTC)Responder
Pois cando unha empresa desaparece non ten sentido que sigan publicando páxinas coma esa, deberían eliminalas. De novo, pido perdón pola reversión, eu vin esa páxina e crín que esa empresa aínda estaba activa. Grazas pola información, ás veces é útil cometer erros. --Mark Gasoline (conversa) 20 de xuño de 2020 ás 14:42 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos editar

Ola Stoni.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2020 ás 23:08 (UTC)Responder

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Stoni. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2020 ás 07:52 (UTC)Responder

gobernos de Galicia editar

Ola, Stoni! Como vai?

Penso que sería interesante unificar os contidos que creaches sobre os diversos gobernos da Xunta nun único artigo, cuxo nome podería ser Goberno da Xunta de Galicia, e ir explicando os cambios que houbo non só nas persoas, senón nas propias consellerías (competencias que pasaron dunhas a outras) nos distintos gobernos. Como o ves?

Quizais tamén queiran opinar Usuario:HombreDHojalata e mais Usuario:‎MAGHOI, amais doutras persoas da comunidade.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de setembro de 2020 ás 10:10 (UTC)Responder

Si, era bo fusionar. Como exemplo, a wikipedia en castelán faino así para varios gobernos autonómicos, inclúen tódalas lexislaturas nunha única páxina. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2020 ás 10:17 (UTC)Responder
Penso que esa opción xeraría un artigo longuísimo e ilexible. Ter en conta que a primeira Xunta de Galicia foi no ano 1978, faltan unhas cantas por engadir do pasado e dentro de 20 anos seguirá existindo a Wikipedia polo cal o artigo terá unha gran lonxitude. Polo tanto migrar a esta estructura era algo que tiña que acontecer máis cedo ou máis tarde. Ademáis creando esta estructura intentei solucionar dous problemas anteriores. O primeiro é que borrouse información. Esta información estaba no artigo de Xunta de Galicia estivese actualizado foise borrando información da composición das Xuntas anteriores. Ademáis a perspectiva temporal do momento facía que por exemplo no ano 2018 se comentasen cambios con respecto ó 2012 e non quedase clara cal era a composición da Xunta tralas eleccións do 2015. Penso que forzar a dividilo por mandatos evita que se abuse da visión a curto prazo dos feitos.
Por outra banda ainda que o artigo de momento soamente refrexa a composición poden engadirse feitos relevantes das actuacións da Xunta de Galicia nese mandato.
Esa é a razón pola que o fixen así. As páxinas da Wikipedia son baratas, non cobran moito por engadir unha máis. Evidentemente outros usuarios poden ter puntos de vista interesantes.
Na Wikipedia en castelán non atopei información de lexislaturas pasadas da xunta. ¿Non mirei ben? Para o Goberno de España si que o fan en páxinas separadas.
-- Stoni (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 10:27 (UTC)Responder
Ola. Estou de acordo con unificalo. Eu vexo como posibilidade estes dous modelos: o de es:wiki (https://es.wikipedia.org/wiki/Segundo_Gobierno_S%C3%A1nchez) ou de ca:wiki (https://ca.wikipedia.org/wiki/Govern_de_Catalunya_2018_-), que son bastante semellantes. Respecto ao título, coído máis acaído o de ca:wiki facen unha referencia cronolóxica (pode deixarse unha redirección en todo caso). Si que me parece importante sobre o contido, o de indicar cuestións meramente formais (cambios nas denominacións, data de nomeamentos...); eu non faría tanto referencia aos feitos da lexislatura, porque sería un traballo enorme e habería que estar actualizando seguido e coido que nos excede bastante. Si que me gusta o formato de táboa con imaxe porque o vexo moi claro e potente visualmente. Pero a parte do formato, hai que buscarlle un título común. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 10:53 (UTC)Responder
MAGHOI falas de unificalo deseño ou unificalos artigos en un so, que é o que suxería Estevo(aei)? Digo porque os examplos que indicas asemellanse máis ó que fixen eu, sendo o que fixen unha versión inicial de mínimos e os que comentas a versión desexable completa, especialmente o de ca:wiki. -- Stoni (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 12:45 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Hai que dicir que estamos a falar, para quen non o saiba, destas páxinas: Xunta de Galicia de 2005, Xunta de Galicia de 2009, Xunta de Galicia de 2012 e Xunta de Galicia de 2016

E a cuestión é si se fusionan todas elas nunha ou non.

Os exemplos dos que eu falei na miña intervención anterior: es:Anexo:Composición del Gobierno de Aragón, es:Anexo:Composición de los gobiernos de Cantabria, es:Anexo:Composición de los Gobiernos de la Comunidad de Madrid, es:Anexo:Gobiernos de la Junta de Extremadura...

Estas son páxinas que inclúen, cada unha delas, tódalas lexislaturas.

Conste que tampouco é que me desagrade moitísimo a separación de lexislaturas por páxinas, pero inda que fose así, claro, hai que afinar o título, dar formato, revisar ortografía, poñer referencias, imaxes... e quizais facer unha caixa de navegación para saltar con axilidade dunha lexislatura a outra.

Falando de memoria, outros usuarios que traballan moito cos artigos dos cargos públicos de Galicia son User:Chairego apc, User:Xas... Talvez queiran engadir algunha cousa. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2020 ás 16:26 (UTC)Responder

Ola de novo. Non me debín explicar antes moi ben. Eu non son partidario de que vaia todo no mesmo artigo; polo que dicía Stoni, sae un artigo enorme e semella máis unha lista que outra cousa. É lóxico, que o fagan en es:wiki igual que aquí podemos facer unha listaxe de alcaldes dun concello pequeno mais non se colocan a tódolos membros da corporación porque se descoñecen ou non aporta suficiente contido relevante, A min gústame o modelo de ca:wiki, onde cada goberno/lexislatura ten o seu artigo. Cando falo de unificar, refírome sobre todo a facer unha mesma estrutura básica para artigo: como dicía antes, onde se expliquen os cambios nas denominacións ou de competencias de cada consellería, datas de nomeamentos e, quizais, o título (non me parece moi representativo "Xunta de Galicia 2005"; quizais "Goberno de..+data, ou "Composición do goberno ..+data"); e unha táboa onde aparezan consellerías, titulares e imaxe. Penso que sería claro e concreto. A maiores, cando se poida ou cando alguén se anime, poderíase facer a crónica da lexislatura; pero iso penso que agora, é unha tarefa que nos excede. Igualmente, tamén sería moi clarificador como apoio noutros artigos a realización de caixas de modelo como en ca:wiki ao final deste artigo (https://ca.wikipedia.org/wiki/Pr%C3%A1xedes_Mateo_Sagasta). Rompe a estrutura clásica do artigo e supón unha ampliación para quen desexe completar máis información. Espero haberme explicado. Pero tamén, efectivamente, xente con máis experiencia, podería opinar. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 16:48 (UTC)Responder

Referencias con Modelo:Cita novas... editar

Ola Stoni.

Cando metas referencias, poderías darlles formato empregando os modelos {{Cita novas}}, {{Cita libro}} etc.

Graciñas un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10 de setembro de 2020 ás 19:11 (UTC)Responder

Help to find user editar

Hello Stoni Could you help to find an user to write the article of Isabelle de Charrière (Q123386) for the Galipedia? It would be appreciated if that article is writteb. Boss-well63 (conversa) 10 de setembro de 2020 ás 22:54 (UTC)Responder