Isabelle de Charrière
compositora neerlandesa
Isabelle de Charrière, nada o 20 de outubro de 1740 e finada o 27 de decembro de 1805, coñecida como Belle van Zuylen nos Países Baixos, e nada como Isabella Agneta Elisabeth van Tuyll van Serooskerken, foi unha escritora e música neerlandesa.
Isabelle de Charrière | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Isabella Agneta Elisabeth van Tuyll van Serooskerken |
Alcume | Belle de Zuylen e Abbé de la Tour |
Nacemento | 20 de outubro de 1740 e 1740 |
Lugar de nacemento | Slot Zuylen |
Falecemento | 27 de decembro de 1805 e 1805 |
Lugar de falecemento | Colombier |
Nacionalidade | Provincias Unidas e Suíza |
Ocupación | tradutora, compositora, novelista, escritora, dramaturga, poeta, ensaísta e filósofa |
Pai | Diederik Jacob van Tuyll van Serooskerken |
Nai | Jacoba Helena de Vicq |
Cónxuxe | Charles Emmanuel de Charrière de Penthaz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Realizou a súa produción literaria en francés. Viviu de preto a Revolución francesa, a cal reflectiu na súa obra. Nos seus escritos interroga sobre a situación das mulleres e a posición que a ideoloxía dominante lles reserva.[1] Defendeu a educación das mulleres, cuestionando o determinismo da natureza defendido por Jean-Jacques Rousseau e sostivo que as desigualdades entre homes e mulleres non se debían á natureza senón ás desigualdades sociais que acaban marcando os roles diferentes.[2]
ObraEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
NotasEditar
- ↑ Arnould, Jean-Claude. Femmes et l'écriture de l'histoire (Les) (en francés). Publication Univ Rouen Havre. p. 173. ISBN 9782877756969. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ "Libro: Mujeres, varones y filosofía. Historia de la filosofía". www.octaedro.com. Octaedro. 2009. ISBN 978-84-8063-983-5. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabelle de Charrière |