Matinando ao abeiro dun cogumelo, un tradicional cerrote, non pensedes noutra cousa, decidín facerme ponteiro. Vaia, que me adico a argallar tecnoartigos co último berro seco turrando para adiante. E se vos fixades, o tempo sempre retorna á orixe: porque agora que se impón a investigación nas nanotecnoloxías, é a volta ao pequeno, ao país do que non se ve pero atravesa todo o que si se ve: a nova versión de nós, a nova versión dos trasnos.

Vaime levar (porque se teñen que por dacordo varias circunstancias aleatorias a un tempo), facer certo un soño absurdo, pero un soño ao cabo, como é por na definición do aturuxo unha gráfica co seu espectro acústico.

Que lle queres, unha doenza laboral coma outra calquera.

Se ollades a definición do láser e a comparades coa que fan os de Madrid, eses que deturpan arbitrariamente (ás veces si ás veces non) a nosa toponimia, e impeden a súa corrección na súa wikipeido; pois se comparades é o que me gostaría que ocorrese con todos os artigos. Neste caso (o do láser) o deles é unha trapallada deslabazada con algunha que outra trola, e o noso deféndese con dignidade.

E por certo, seguimos a ser a única Wikipedia coa definición do autocorrelador. Igual non lle interesa a moitos, pero como non a tiña ninguén, para ir cunha palla no cu.

Para os máis románticos, o arco da vella estavos ben.


saúdos.

  • Moitas calendas dispois do anterior veño de descobrer que estando por riba dos 12600 artigos, aínda non temos o furancho na Galipedia, que triste pode ser a vida sen o furancho!, haille que por remedio xa.