Abrir o menú principal
Folión no desfile de entroido de Viana do Bolo.

Un aturuxo,[1] agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego, que é emitido polo público ou os intérpretes nun intre dado, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aturuxo.