Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 9
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 |
---|
exónimos en galego
editarcomo non sei se pór isto en "Técnica" ou en "Políticas", vén para acá.
Podedes ver aquí a noticia dun proxecto da Consellaría de Innovación e Industria e da CRTVG para crear unha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego. Contará coa colaboración do ILG e a RAG, para estabelecer criterios xerais de adaptación dos nomes de lugar estranxeiros e indicacións para a súa pronuncia. Esta base de datos vai abranguer o nome de todos os países e as súas capitais, as principais cidades, provincias e rexións, ademais dos principais accidentes xeográficos, que hán constituír un Atlas Galego en liña.
Penso que isto afectará directamente á galipedia dun modo moi positivo. Poderemos estar de acordo ou non cos nomes do futuro Atlas, pero polo menos unificaranse criterios.
Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:52, 4 setembro 2008 (UTC)
- Si, creo que vai ser de moita axuda. A ver se sae cedo e podemos botarlle unha ollada. --Albert galiza 15:11, 6 setembro 2008 (UTC)
Rematei de elaborar as caixas de lugares de Cedeira e atopei un pequeno problema que paso a comentar. Á hora de facer as caixas consultei o Nomenclátor e decateime que non atopaba Teixido por ningures. Busquei no Ige e atopeino como un lugar da Parroquia de Régoa, porén cando buscas no Nomenclátor parroquias co nome de Teixido si aparece, mais non o fai cando buscas as parroquias de Cedeira. Logo a miña dúbida é Teixido, Cedeira ou Teixido, Régoa, Cedeira? Unha vez tomada a decisión deberiamos anular unha das dúas entradas.--PepedoCouto 09:12, 22 setembro 2008 (UTC)
Pronuncia
editar¿Plantexouse algunha vez a posibilidade de recoller a pronuncia dos títulos dos artigos? Refírome especialmente a nomes de personaxes, etc, estranxeiros. Furagaitas* 01:27, 23 setembro 2008 (UTC)
- Pois creo que nunca se prantexou. Refíreste a unha transcrición fonética? Ademais, tamén dispoñemos de arquivos de audio con algunhas pronunciacións como por exemplo Dostoievski: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Ru-Dostoevsky.ogg
- Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 15:13, 23 setembro 2008 (UTC)
- Vexo que captaches a idea. Eu non pensara no do arquivo de audio, pero tampouco non está mal. A transcrición fonética é un recurso que utilizan algunhas enciclopedias en papel, que me parece interesante, e que non recordo ter visto en ningunha Wikipedia... Furagaitas* 22:11, 23 setembro 2008 (UTC)
- As duas fanse un exemplo, en:Beijing a pronuncia escrita en en, e o arquivo audio en fr:Pékin.ElviraConversa comigo 05:56, 24 setembro 2008 (UTC)
Políticas e Tabernas
editar
Como se nota que é domingo... . O que quero e saber se as nosas políticas e tabernas teñen cor, se non o teñen, poderíamos pasar a facelo, como xa se fai noutras Wikipedias; por exemplo, na Wikipedia en Castelán faise así:
Na Taberna |
Nas Políticas |
E eiquí remato.Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 09:40, 28 febreiro 2009 (UTC)
- Non entendo... Se te refires ó fondo da páxina, na galipedia o espazo de nomes wikipedia (tanto a taberna como as políticas pertencen a este espazo) teñen unha lene cor azulada. As páxinas de conversa teñen unha lixeira cor amarela, etc. En troques non vexo as cores esas que comentas na wikipedia hispanofalante ([1], [2]). Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 18:43, 28 setembro 2008 (UTC)
Reserva da biosfera
editarUn gracioso meteu a zoca varias veces no artigo Reserva da biosfera aínda que logo parece que o reverteu e agora non se visualizan no texto. Aínda así, procedín a bloquealo unha semana. O caso é que esas "gracias" seguen aparecendo ó edita-lo artigo, como se estivesen en formato nowiki. Ademais non se ven as notas, cando sí que está a sección e as "references". Algún administrador con máis coñecementos debería botar un vistazo e solucionalo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:09, 31 outubro 2008 (UTC)
Sondaxe de opinión
editarNa wiki fr atopei isto : [[3]]. Semella estar en varias wikis. Eu conto facelo en fr, agás esista en galego e sexa mellor que o faga en galego se hai unha razón. ? ElviraConversa comigo 18:48, 3 novembro 2008 (UTC)
- Parece que non o hai en galego. Si o hai en castelán, e portugués, para que non entenda o francés. Saúdos, Miguel.lima 21:36, 3 novembro 2008 (UTC)
- Por certo, deixo os enlaces: portugués e castelán. Miguel.lima 21:37, 3 novembro 2008 (UTC)
Bloqueo
editarSolicito o bloqueo da IP 83.167.137.85 Se mirades as súas contribucións limítanse a Vandalismo no artigo Vila de Cruces, introducindo sempre o nome dun persoeiro que non existe. Grazas. --Xas (fálame) 14:40, 12 novembro 2008 (UTC)
- Bloqueeino por andar inserindo o seu nome como persoeiro. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:44, 12 novembro 2008 (UTC)
¿Que significa...?
editarNo artigo corazón, ¿que significa o modelo {{Link FA|zh}}? Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 10 decembro 2008 (UTC)
- Debería significar que foi artigo destacado en zh.wp, que xuraría que é un dos chineses. --Xabier Cid Conversa 00:35, 11 decembro 2008 (UTC)
- Ese modelo fai que nas interwikis apareza o artigo nesa lingua cunha estreliña, en referencia a que é un artigo de calidade nesa wikipedia. Alberte Si, dígame? 11:21, 11 decembro 2008 (UTC)
Valencia
editarNo artigo Valencia quedan uns enormes espazos en branco totalmente antiestéticos. ¿Alguén sabe solucionar este problema? Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 11 decembro 2008 (UTC)
- Si, débense a que antes das subseccións hai un punto e aparte de máis. Para quitalo sóa hai que borrar ese punto e aparte. Alberte Si, dígame? 13:18, 13 decembro 2008 (UTC)
- Perdón, pero referíame ó artigo Valencia - València. Este era no que detectara eses espazos en branco. Bótalle un vistazo, Alberte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:32, 13 decembro 2008 (UTC)
Tradución ó galego de obras en castelán
editarNo artigo Santiago Ramón y Cajal divídense as súas obras en 4 grupos: Científicas, Memorias, Artigos e Monografías, e Outros. Os títulos destas obras están en castelán (ou francés) no apartado de Artigos e Monografías, pero traducíronse ó galego nos outros tres grupos. Como queira que parece seguro que non as publicou en galego ¿é correcto facermos esa tradución? A verdade é que non parece nin coherente (traducir uns si e outros non) nin respectuoso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:44, 12 decembro 2008 (UTC)
- Se non son obras traducidas ó galego o seu nome debera ser en castelán. Se algunha das obras estivera traducida ó galego penso que debería aparece-lo nome en castelán e entre parénteses o nome da tradución ó galego e o autor de dita tradución, aínda que no xeito de facer esto non hai unha práctica uniforme (quizais sería algo interesante, indicar como deben aparece-las obras noutras linguas que teñan tradución ó galego dentro dun artigo, xa que no caso do título do artigo da obra emprégase o nome da tradución). Se se fai habería que engadilo ó libro de estilo. Alberte Si, dígame? 13:23, 13 decembro 2008 (UTC)
- Ups. Non. Se teñen tradución ao galego, deberían poñerse coa tradución ao galego unicamente (aínda que nalgúns contextos se puidese explicar cal é a versión orixinal). Se non a teñen, co seu título orixinal.--Xabier Cid Conversa 15:05, 13 decembro 2008 (UTC)
- Concordo con Xabier.Cid. Non estou segura, pero penso que xa falamos desto noutra conversa. E concordo con Alberte que estaria ben de recoller no libro de estilo unha práctica uniformeElviraConversa comigo 16:06, 13 decembro 2008 (UTC)
- Eu sempre o fixen poñendo o nome en galego se existise a tradución e en orixinal se non a hai. A min (como a Elvira) tamén me soa que xa se ten falado disto. --Toliño Fala aquí comigo 16:10, 13 decembro 2008 (UTC)
- Entón estamos de acordo. O problema agora é busca-lo título orixinal ou confiar en que a tradución que fixo o editor do artigo fose fiel co título orixinal. Podo intentalo eu, pero tócalle a Alberte, por ser quen o propuxo, redacta-la política a aplicar para incorporala ó Libro de Estilo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:28, 13 decembro 2008 (UTC)
- Esperade, unha cuestión non resolta é se estes listados tan amplos de obras dun determinado escritor (ou científico ou o que sexa) teñen sentido na Galipedia. E se o teñen, se o seu sitio é no propio artigo ou nun artigo tipo dos anexos que usan noutras wikis. É tamén o caso de Xaquín Lorenzo e, sobre todo, de Sarmiento, nos que a lista da súa bibliografía resulta excesiva e desequilibra o artigo; non sei se haberá máis casos. Ide pensando nisto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:54, 13 decembro 2008 (UTC)
- Entón estamos de acordo. O problema agora é busca-lo título orixinal ou confiar en que a tradución que fixo o editor do artigo fose fiel co título orixinal. Podo intentalo eu, pero tócalle a Alberte, por ser quen o propuxo, redacta-la política a aplicar para incorporala ó Libro de Estilo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:28, 13 decembro 2008 (UTC)
tradutores automáticos
editarUn exemplo do dano que poden face-los tradutores automáticos cando non son revisados. Nos artigos cromosoma e cromosomas aparece esta frase: "Severo Oita completa o código xenético". Así naceu a forma "galega" do apelido Ochoa (Severo Ochoa). Vivir para ver: a realidade supera a ficción. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:36, 14 decembro 2008 (UTC)
- Outro exemplo, dos mesmos artigos: o cromosoma Y transfómase en "galego" en cromosoma E. Está claro que temos que estar moito máis atentos (redactores e resto de usuarios) porque non se nos poden escapar estas cousas. Pedro --Lameiro (conversa) 16:53, 14 decembro 2008 (UTC)
- Isto podería usalo Alberte para as súas anotacións sobre vandalismos. Vale que non son vandalismos puros e duros, pero o seu toque teñen :-) --GallaecioE logo? 00:51, 31 decembro 2008 (UTC)
Extrasolar, Planeta Extrasolar e Exoplaneta
editarComa non sabia onde facer a miña pregunta pois vai aquí, ben, mirando ó artigo Exoplaneta dinme conta que existían moitas ligazóns a Planeta extrasolar, coma significan exactamente o mesmo e non estaba feito este último, fixen unha redirección de planeta extrasolar a exoplaneta, nada problemático; o problema ben que sen querer atopei Extrasolar, un artigo que o seu editor debeu chamar planeta extrasolar que esta bastante anticuado; pero esto non é todo xa que se un se puxese a mirar cal das dúas versións é o mellor, se Exoplaneta ou Extrasolar, daríase conta que o primeiro é un esbozo e que o segundo coma mínimo carece de moita información (parte dela errada).
Que se fai nestes casos??? --Xabier Cancela (fálame 21:55, 21 decembro 2008 (UTC)
- Podes marcar os artigos para fusionar. Para iso hai que marcar o que vai desaparecer con {{Fusión|nome_do_artigo_que_vai_quedar}} e o outro que vai permanecer con {{Fusióndesde|nome_do_artigo_que_vai_desaparecer}}. Logo tes que combinar os contidos dos dous artigos no artigo que vai quedar (se dis que hai erros no segundo, corríxeos). Unha vez que remates, déixasme unha mensaxe aquí ou na miña conversa para que eu poida terminar o proceso fusionando os historiais das dúas páxinas. Para aforrache parte do choio, marco eu os artigos para fusionar e logo déixocho a ti. Por certo, non sería máis apropiado o nome "Planeta extrasolar" para o título do artigo? (O traslado faríase unha vez liquidado todo o anterior.) --Toliño Fala aquí comigo 17:15, 23 decembro 2008 (UTC)
- Case mellor dáme un par de días e refago o artigo exoplaneta xa que a verdade están bastante escangallados ós dous artigos, cando modifique é poña un pouco "adecentado" ó artigo Exoplaneta, douche un toque na páxina de conversa para que funda-los historiais das páxinas; planeta extrasolar e exoplaneta ben a selo mesmo, aínda que posiblemente sexa un pouco máis explícito o nome de planeta extrasolar, supoño que entón teríase que facer a redirección ó revés, de Exoplaneta a Planeta extrasolar e move-lo contido a este último.--Xabier Cancela (fálame 19:05, 23 decembro 2008 (UTC)
Sobre a palabra alcume
editarNa Galipedia en moitos modelos úsase a palabra 'alcume' como sinónimo de sobrenome ou semellante. No número 88 de 'Un idioma preciso' tratan de 'Alcumes na Internet' nesa páxina din "O 'nome que se lle dá a unha persoa, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias’ coñécese como alcume ou alcuño." Á vista diso creo que deberiamos reconsiderar o uso de alcume co significado de sobrenome. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:59, 23 decembro 2008 (UTC)
- Con todo o respecto que me merece Un idioma preciso, alcume corre como defecto moitas veces pero tamén con calquera outra circunstancia que non ten que ver coas cualidades (xeográfica, familiar, laboral, de orixe, etc.). Unha evidencia do uso normalizado, non pexorativo, dos alcumes en Galicia é a súa aparición nas esquelas como cousa normal e aceptada polo suxeito e a familia sen matiz ofensivo ningún. Iso si, hai alcumes que... manda truco. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:28, 23 decembro 2008 (UTC)
- Non me refiro ao sobrenomes que aparecen como alcumes nos campos da caixas de información (iso si habería que referencialos) senón ao uso xeralizado da palabra alcume para refirirse a eses sobrenomes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 23 decembro 2008 (UTC)
- Si, si, xa te entendo. O que digo eu é que non comparto ese matiz: que sobrenome sexa neutro e alcume despectivo, e para min alcume e sobrenome (e outros) son perfectamente sinónimos. E apostaría algo a que para a maioría dos galegos tamén. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:47, 23 decembro 2008 (UTC)
- Non me refiro ao sobrenomes que aparecen como alcumes nos campos da caixas de información (iso si habería que referencialos) senón ao uso xeralizado da palabra alcume para refirirse a eses sobrenomes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 23 decembro 2008 (UTC)
- Pra min son o mesmo. De feito, uso alcume con normalidade, e a metade das veces non ten nada que ver con defectos. --GallaecioE logo? 00:57, 31 decembro 2008 (UTC)
Categoría:Xitanos
editarO asunto leva ano e pico debatíndose -é un dicir- o borrado desta categoría Categoría:Xitanos. Alberte e mais eu apoiamos o borrado e Hugo propón unha votación, o que fai que non o borre directamente. Eu sigo pensando que non debemos categorizar por razas. De feito raza negra ou amerindio están categorizados en categoría:antropoloxía. Tamén é certo que en español manteñen a categoría Gitanos e en portugués Ciganos, e tamén en francés e inglés estan como Grupos Étnicos de... Insisto porque para tomar unha decisión (manter, borrar) sería bo contar con máis opinións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 23 decembro 2008 (UTC)
- Borrar. Na miña opinión clasificar ás persoas pola súa raza só trae problemas e dá pé a edicións que van contra o punto de vista neutral. Hai certas categorías connotativas que son innecesarias e que ademais resultan pouco apropiadas para un proxecto das características da Wikipedia aínda que nalgún dos wikis doutras linguas puideran admitirse. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:20, 23 decembro 2008 (UTC)
- Comentario (desexando que no sexa necesario Borrar) Por desgracia se se fai unha votación pois eu iria para de borrala a categoría. A causa dos riesgos que leva por falla de madurez entre nós ao relativo as categorías, tanto como para ó que son utiles e para os artigos que deben recoller. Explicoó un pouco na páxina de conversa. ElviraConversa comigo 17:00, 27 decembro 2008 (UTC)
Bo Nadal !!
editarNestas datas tan entrañables quixera mandarlle a toda a comunidade da Galipedia unha aperta moi forte e a miña profunda e sincera gratitude polo ano tan apaixonante que pasei aquí.
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO !!!
--Furado 16:58, 24 decembro 2008 (UTC)
- Grazas e Concordo. A falta dunha boa lotería, contar con amigos coma vós é o mellor regalo que podía esperar. Sede felices e facede felices ós demais. Pedro --Lameiro (conversa) 17:31, 24 decembro 2008 (UTC)
- Bo Nadal, próspero aninovo e, en definitiva felices festas a vós tamén Furado, Lameiro e tódolos demais colaboradores da wiki. Agardo que hoxe vos deixen a todos algún regalo, xa sexa Papai Noel ou o Apalpador. Unha necoriña cae á saúde de todos, hahaha. Bo Nadal! Alberte Si, dígame? 18:22, 24 decembro 2008 (UTC)
- Aínda que son novo por aquí e non me paso moito pola taberna, desearvos felices festas a próspero aninovo a Furado, Lameiro, Alberte e tódolos que cada día facedes un pouquiño máis grande este proxecto. Espero poder deixaros este mesmo mensaxe o ano que ven. Un saudiño ¡¡¡e non bebades de máis!!! --Jordav 19:17, 24 decembro 2008 (UTC)
- Ola Furado. Vaia casualidade, onte mesmo ollando un debate sobre o recoñecemento das licenzas na Wikipedia acabei mirando as túas contribucións no teu novo wiki. Espero que axiña volvas colaborar por aquí aínda que só sexan edicións esporádicas. Boas festas para todos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:35, 24 decembro 2008 (UTC)
- Únome ás felicitacións. Ogallá que o vindeiro ano sexa mellor ca este (pero sempre peor ca o seguinte...). --Toliño Fala aquí comigo 12:17, 25 decembro 2008 (UTC)
- Non son partidaria de festexar o nadal, pero son mui partidaria de compartir alegría ! ElviraConversa comigo 12:22, 25 decembro 2008 (UTC)
- Felices Festas a todos! Agardo pasarme por aquí máis este ano, o meu desexo para este Nadal é que para o ano que vén o tempo me deixe. :P Fryant 19:27, 25 decembro 2008 (UTC)
- Eu espírito de Nadal, cero, pero que carallo, festexar e festexar! --GallaecioE logo? 02:02, 31 decembro 2008 (UTC)
Sobre os artigos solicitados
editarOla a todos. Levo uns días a realizar os artigos solicitados sobre a música (a que me estou dedicando case en exclusiva dende que comencei na Galipedia) que podo ver no portal da comunidade. Como non sei como ni quen escolle estos artigos viña a preguntar aquí (¿é o lugar correcto?) se o artigo que se pide baixo o nome Liet-Laviut se refire a en:Liet-Lavlut, xa que é o unico artigo o que atopei que podería referirse nos outros idiomas. De ser así, habería que cambialo nome (cousa que a día de hoxe non sei como facer). Un saúdo --Jordav 20:38, 27 decembro 2008 (UTC)
- Foi Estevo o que engadiu o artigo (véxase a edición) podes preguntarlle directamente a el. Actualmente non hai ningunha norma que diga que artigos poden ou non poden ser engadidos aí (mencionando que Estevo é un dos poucos que manteñen a páxina actualizada). En canto ao de cambiar o nome das páxinas, quizais aínda non teñas a lapela "mover" no canto superior das páxinas; aparece ao levar tempo editando. Por último, non pasa nada por deixares esta mensaxe aquí pero, ao pedir axuda nela, é mellor dirixirse á sección axuda da Taberna (Wikipedia:A Taberna (axuda)). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:16, 30 decembro 2008 (UTC)
- Veño de ver que a mensaxe xa fora respondida antes por Estevo... na súa conversa. Adiantóuseme! --Toliño Fala aquí comigo 16:17, 30 decembro 2008 (UTC)
Causa do borrado dunha páxina
editarAcabo de borrar "Wikipedia:Categorización de artigos" e por pulsar onde non debía apareceu motivado como "Vandalismo". Que conste en acta que de vandalismo nada de nada. Foi a solicitude do autor, Gallaecio, e a culpa de que constase ese motivo é exclusivamente miña. Laméntoo, amigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 30 decembro 2008 (UTC)
- Sempre podemos restaurar a páxina e volvela borrar coa corrección do resumo (véxase Axuda:Resumo de edición#Cambiar o resumo de edición). Aínda que sempre quedaría o rexistro do primeiro borrado aparecería a corrección a continuación. Pode ser unha solución? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:38, 31 decembro 2008 (UTC)
- ¡Carallo o que sabe este Toliño! Xa está restaurado e volto a borrar co motivo correcto. Non sei se hai que facer algo máis. Sinto o belén onde che metín, Gallaecio, e espero haberche devolto a conduta, pero se fai falta flaxelarme durante 15 minutos, fareino, por burro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:59, 31 decembro 2008 (UTC)