Abrir o menú principal

Conversa categoría:Xitanos

There are no discussions on this page.

Xa que vai dentro de grupos étnicos de Europa propoño cambiarlle o nome a Etnia xitana, se é que realmente é necesaria esta categoría, que considero que non. AlberteSi, digame? 21:25, 13 agosto 2007 (UTC)

  • decidinme a que é mellor borrala. NA Galipedia non categorizamos por relixión ou raza (se tiveramos que andar con category:Caucásico... os imaxinades a category:Caucásico en Castelao, Otero Pedraio e miles de biografías? Eran risas). AlberteSi, digame? 09:33, 12 setembro 2007 (UTC)
    • ¿Pero non quedáramos hai tempo en eliminar esta categoría? Non me parece que a cuestión estea en chamarlla "Xitanos" ou "Etnia xitana", senón na improcedencia de clasificar como tal. Pedro --Lameiro (conversa) 19:25, 25 xuño 2008 (UTC)
      • Home creo que polo menos debería haber unha votación non? Eu creo que está ben categorizar mentres achegue algo ao artigo. Por exemplo categorizar a escritores galegos como brancos non achega nada porque sobrenténdese que o son. Porén as categorías que definen minorías como Galegos de Arxentina ou Xudeus alemáns si achegan algo que pode "enriquecer ao artigo", polo tanto, xa que existen categorías como Pintores franceses, non vexo porqué non vai existir Xitanos de Francia, ou escritores de Etnia xitana--Hugo22 19:50, 25 xuño 2008 (UTC).
    • Pola mesma razón de que non temos categoría para Negros americanos nin Brancos de Sudáfrica. Porque a categoría (no sentido de clasificar non de valorar) non está no feito de ser xitano, xudeu, branco ou negro, senón ser escritor, galego, pintor, por seguir cos teus exemplos. Por outra banda creo que "as categorías non achegan nada ós artigos", as categorías agrupan artigos que teñan algo en común: neste caso, a súa raza. O dato de ser xitano, xudeu, branco ou negro pode figurar no artigo, se iso identifica dalgunha maneira ó biografado, pero agora estamos falando de categorizar, de categorizar pola raza. ¿Votación? se procede, adiante con ela, pero é que estamos dándolle voltas ó mesmo desde hai practicamente un ano. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:15, 25 xuño 2008 (UTC)

As categorías que describían ás persoas pola súa crenza (xudeus alemáns, pintores xudeus, actores xudeus) xa foron eliminados atendendo ó que se debateu nas súas páxinas de conversas. AlberteSi, digame? 20:25, 25 xuño 2008 (UTC)

Non quería incordiar a ninguén sintoo--Hugo22 21:52, 25 xuño 2008 (UTC).

Hai unha cultura xitana, e tamén hai unha cultura xudea. Vese que esto resulta dificil de entendelo nas wikis. Polo de momento os tres artigos que recolle esta categoría corresponden ben a cultura xitana. Maís eu se habia que votar votaria para borrala a categoría. Lembro personalidades que tiñamos categorizadas como xudeas e siguo sen entender os argumentos de Hugo :

  1. Eu creo que está ben categorizar mentres achegue algo ao artigo (dixit Hugo) : poís eu diria que é o artigo que debe achegar algo a categoría, se Charles de Gaulle ou Xoan Carlos I son catolicos esta bén que se diga se é necesario na biografia dentro do artigo pero non vai ser a categoría que o diga. Por outro bando por mín podese categorizar Mahatma Gandhi na categoría Categoría:Hinduísmo, xa que é representaivo do desenvolmento desa relixión no seculo XX, maís o de categorizalo é para co lector poida atopar artigos sobre ise tema, é no corpo do artigo onde debe esplicarse a relación de Gandhi co hinduismo. A categoría é para navegar ao interior dun tema, non para sustituirse ao contido do artigo. Polo menos penso eu.
  2. Por exemplo categorizar a escritores galegos como brancos non achega nada porque sobrenténdese que o son (dixit Hugo) : pois sera verdade que todos escritores galegos teñan a pel branca, pero dame que pensar que poida esto sobrentenderse. Otelo tiña a pel negra e era veniciano, Alexandre Dumas tiña a pel bastante oscura (por parte da sua nai) e era un escritor mui francés, hoube e sigue habendo alcaldes bretón coa pel negra (fr:Raphaël Élizé, elixido no 1929, fr:Kofi Yamgnane elixido en 1989, tamén sei doutro, máis non lembro derastora o seu nome). Podese por eso facer unha categoría de alcaldes negros de Bretaña ?
  3. En respeto co punto de vista neutral podemos facer categorías de escritores por países, por linguas, por culturas e por pobos porque eso esta admitido polas diferentes comunidades cientificas (universidades e outros organismos) e non porque o pense eu. Agora ben a categorización por país e por lingua e bastante facil nas wikis (ainda que sempre se atopa algunha conversa confictiva para certos casos), en cando a categorización por culturas e pobos (agás culturas e pobos antigos que non sobreviven) poís os criterios para considerar co escritor pertenece a tal pobo ou a tal cultura é muito máis dificil. No caso de categorizar un artista, unha personalidade dentro dunha cultura ou dun pobo que non ten estado deberiase só ter en conta que a obra do artista, os feitos relevantes da personalidade son considerados polas comunidades cientificas representativos da cultura ou do pobo do que se fala. De non ser asi caese nun dos tipos de prexuízos prohibidos polo respeto ao PVN.. E moitos usuarios das wikis, como semella ser o caso de Hugo mesturan o que é o estado do coñocemente e o que lles parecede ser a verdade. Poís os proxectos wikis non pretenden buscar a obxectividade, nin a verdade, a verdade por exemplo é propia de cada ideoloxía, de cada relixión ... e de cada persoa ! Os usuarios que colaboramos podemos ter cada quen a nosa verdade ou adérir a verdada da ideoloxía que nos conven.
  4. En resumo, repito por falle de ter ben aclarado na comunidade os conceptos de culturas e pobos antigos que sobreviven no mundo actual e que plantexan moitos problemas co respeto do punto de vista neutral e voto para borrar esas categorías (Ainda que me doi niste caso por ter a categoría hoxe en día tres artigos mui acertados). Saúdos ElviraConversa comigo 20:13, 27 decembro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Xitanos".