Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 7

Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Maratón wikipédicaEditar

A Consellaría de Innovación e Industria vai organizar unha serie de accións de cara á semana do 17 de Maio, día das Letras e de Internet. Estas accións consisten na celebración dunha especie de party ou maratón wikipédica, consistente por tanto en fomentar o uso e a introdución de artigos na Galipedia. Para a organización, coordinación e desenvolvimento contactaron coa Cooperativa de traballo asociado Cidadania [1]. Cidadania contactou comigo como administrador da Galipedia para levar a cabo esta actividade en colaboración cos usuarios habituais. Piden duas cousas: unhas sesións informativas presenciais, que impartiría eu, en cousas como a natureza da Galipedia, obxectivos e filosofía, normas e principios, historia, retos e necesidades, etc... e a colaboración dos usuarios habituais durante o tempo que dure a actividade para orientar aos novos usuarios e solventar os problemas que teñan e/ou provoquen. Estes usuarios serían en moitos casos persoas non formadas no mundo informático pero interesadas na lingua.

Se non se atopan impedimentos para esta actividade (os pormenores coñecereinos este mércores nunha reunión en Compostela), querería propostas sobre as necesidades que temos actualmente e nas que poden contribuír usuarios novos e sen confianza informática. Suxeríronme que mirásemos temas para artigos, por exemplo. --Xosé (✉) 23:55, 8 marzo 2008 (UTC)

  • Estaría ben, por exemplo, mellorar os artigos de concellos, parroquias e lugares, e que os colaboradores falen do seu lugar. Penso que é un bo comezo, todo o mundo pode aportar cousas diso. E non só nos artigos eses, senón tamén nos relacionados: patrimonio arquitectónico deses lugares, persoeiros, marcadores de eleccións... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:13, 9 marzo 2008 (UTC)

Ola, Xosé. Eu no seu momento fixera un informe sobre problemas, pero malpocadamente xa non o teño comigo. A ver se cho poden pasar dende Cidadanía. Un dos problemas que vexo está relacionado co que di Estevoaei: os contidos sobre lugares están ben, pero tamén son dos que máis problemas presentan de edición na actualidade. Hai dúas regras da wikipedia que non se levan ben con artigos sobre os lugares onde vive un: a neutralidade e a de que a wikipedia non é fonte primaria. Xa sei que no respecto a este segundo punto non fomos ata o de agora hiperesixentes, pero obviamente ese é o camiño cara ao que hai que tirar. Unha cousa que creo que pode ser moi interesante, e quizais máis cós contidos textuais, son os contidos gráficos. Hai moi poucos lugares e parroquias que teñan foto. Pero tampouco temos demasiados arquivos de son, por exemplo. Creo que unha consulta no proxecto semellante que desenvolveron os cataláns é moi necesaria.

Con todo, en xeral toda a iniciativa é bastante problemática. É problemática dende o punto de vista da xestión dos usuarios (deberiamos actuar con eles como cos usuarios dun colexio, supoño, e identificalos como usuarios múltiples. É problemática porque é un feito que pode desbordar as nosas estruturas. E incluso, se me apuras, é problemática como concepto porque a wikipedia se basea en individuos, non en grupos, que actúan movidos en principio por uns obxectivos non demasiado compatíbeis coa acción. Pero tamén creo que, malia todo, isto é mellor que suceda, e que o que debemos facer é prepararnos para o primeiro día das rebaixas. E prepararse ben. --Xabier Cid 01:50, 9 marzo 2008 (UTC)

Ola, Xosé. Coido que algo moi interesante e que deberamos ter a capacidade de xestionar. Na xuntanza de mércores coido que sería cousa de ver exactamente que pretenden e tentar de adaptarnos. Coido que a clave está nos dous puntos que ti pos: formación e temas. En canto ó primeiro, lembra a páxina Wikipedia:A Galipedia, unha ferramenta para a aprendizaxe e o ensino, que ó mellor te ven ben para usar cousas diversas de formación, ou a preparación dunha presentación. En canto ós temas, é certo todo o que xa se leva dito aquí sobre o tentar de facer patria chica nun lugar que non é o que corresponde, pero ó mellor podería usarse unha estratexia como 'mirade o que hai, facede un esquema, enchede co que falta, ...', tendente a obxectivar a información que se meta, procurando a comparación tanto coa información correspondente doutros lugares como engadindo que se debe filtrar por outras presoas que non teñan por que coincidir en ideas con un mesmo (xa sei da dificultade disto, pero...).--Agremon(contacto) 19:55, 9 marzo 2008 (UTC)

Como moitos dos compañeiros da Galipedia quero que o proxecto mellore en calidade e medre en usuarios, así e todo creo que iso non debe producirse a calquera prezo e nunca sen garantir que se respectan os principios da Wikipedia e os procedementos estabelecidos nos proxectos Wikimedia. Non digo nada novo cando afirmo que as decisións sobre o futuro da Wikipedia en galego corresponden aos colaboradores deste proxecto e á Fundación Wikimedia.
Non sei ata que punto é exacta a mensaxe de Xosé, analizandoa hai varios puntos sorprendentes. Na mensaxe dise que a Consellería de Innovación e Industria ten un proxecto que afecta directamente á Galipedia e no canto de porse en contacto coa Wikipedia en galego e/ou a Fundación Wikimedia faino cunha empresa privada. Tampouco me parece que respecte os procedementos da Wikipedia que dita empresa privada acorde cun particular (administrador da Galipedia) ningunha acción que teña repercusións neste proxecto. Interpreto que pode utilizar esa vía para requerir instrucións sobre como proceder non para chegar a acordos. Debe ser no wiki onde os colaboradores (xunto coa Fundación Wikimedia nos puntos que sexa preciso, por ex.: para previr picos de actividade fóra do normal) decidan cales son as liñas a seguir nunha iniciativa desa natureza. Así mesmo chámame a atención que se realicen reunións dese tipo por fóra do proxecto para decidir o que vai ocorrir nel. Aínda que ás veces asumamos como natural que se produzan esas situacións de ningún xeito se pode aceptar a idea de que os usuarios son meros produtores de edicións sen nada que dicir ao respecto.
Creo que a mensaxe de Xosé tamén presenta outro punto crítico e refírese a desligar as actividades privadas de cada un de nós, máis no caso dos administradores, da colaboración coa Wikipedia. Por suposto, calquera pode desenvolver as actividades privadas que considere oportunas pero de ningún xeito debe utilizar o seu status dentro do wiki —sobre todo en determinadas circunstancias— no exterior do proxecto. Supoño que para unha empresa privada é máis operativo seguir certos procedementos por ser máis rápidos para a empresa, pero os administradores da Wikipedia deben ter o foco posto na propia Wikipedia non non intereses que poida ter calquera grupo externo. Para que este proxecto medre é moi importante implicar a máis persoas e as institucións se iso é posible. Porén é igualmente importante transmitir cal é o espírito da Wikipedia, respectar os procedementos de decisión colectiva e as directrices da Fundación Wikimedia. Son consciente de que ditos procesos ás veces son lentos e noutras poden frustar propostas por falta de acordo. Tamén son consciente, sexa con esta ou con calquera outra iniciativa que se decida fóra da Galipedia, de que podemos sentir os efectos no wiki sen ningún tipo de aviso previo. Con esta mensaxe non pretendo augar a festa, nin desanimar ningunha posible colaboración coa Galipedia. En resumo, considero que carecemos de información abonda e que no caso de saír adiante dita inciativa debe reorientarse respectando os procedementos adecuados. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:56, 10 marzo 2008 (UTC)

Despois de ler a contribución de Prevert, coido que, sinxelamente me precipitei no que puxen. Sen cambiar a idea de fondo, é cousa de matizar o que puxen á vista do que puxo el. Un saúdo.--Agremon(contacto) 17:33, 10 marzo 2008 (UTC)

  • Contade co que poida aportar en toda iniciativa que pretenda dar a coñecer a Galipedia. Creo que estaría ben contar con máis datos sobre a xente que vai participar. Si polo que adiantas a xente estaría interesada na lingua, a min xa se me ocurre un módulo de artigos a correxir erros ortográficos e melloras de redación. Perfilar unha serie de módulos coas distintas actividades posibles e exemplos de artigos (por temática, a mapliar, a correxir, a traducir...) nos que traballar podería ser unha base de traballo. Parabéns a Xosé, a Agremón dando charlas sobre a Galipedia, a Xabier Cid ou Lmbuga dando entrevistas para a prensa pola labor que están a facer difundindo a existencia da Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 20:24, 10 marzo 2008 (UTC)
  • Prevert, se cres que estou utilizando o meu status dentro do wiki no exterior do proxecto e que o ligo ás miñas actividades privadas e que iso está mal, non teño nengún problema en dicirlles que non. Eu respostei a esta chamada [2]. Non é a primeira vez que se require a axuda dalguén (esta outra, por exemplo, á que talvez alguén contestou, non o sei: [3]). Tampouco é a primeira vez que se leva a cabo unha iniciativa deste tipo, e con moito éxito por certo, como por exemplo na wikipedia en catalán ([4] -esta é a páxina na que organizan o maratón e esta á do maratón, externa). Por iso non me parece estraño que se convoque aquí tamén - e que dicir precisamente da páxina que Agremon menciona máis arriba? A consellaría ten un proxecto relacionado co galego e a informática que inclúe a Wikipedia e como non teñen os medios necesarios contratan unha empresa privada, o cal non é sorprendente pois é un procedemento habitual na administración pública. Sobre o de transmitir cal é o espírito da Wikipedia, é precisamente para o que me pediron que interviñese (non da parte técnica, que se encargan eles). Para sentir os efectos no wiki desta ou calquera outra iniciativa sen ningún tipo de aviso non fai falta nada: calquera se pode lanzar; pero quéreno facer precisamente sen que nos afecte. Non estou seguro, pero creo que esta é a páxina na que se incluirá o proxecto. O dos procedementos de decisión, pois xa ves, comuniqueino aquí, non sei como se habería de facer doutra maneira. Se podes ser máis explícito no que fai aos procedementos adecuados ou correctos igual entendo mellor as túas prevencións. --Xosé (✉) 23:35, 10 marzo 2008 (UTC)
Xosé, a túa mensaxe paréceme confusa e mestura temas diferentes. O asunto non trata do que eu crea ou deixe de crer, a miña intervención basease na información que achegas. Dis que respondiches a un requirimento na túa páxina de conversa do 26 de febreiro que solicita: "a opinión dos administradores, e segundo a colaboración dun deles durante a realización do mesmo" sobre "un proxecto en Galiza que ten que ver coa Galipedia". Supoño que te decatas de que os usuarios do proxecto non teñen porque facer un seguimento da túa páxina de conversa, de que a continuación desa mensaxe non houbo ningunha intervención túa informando na taberna, de que nin os administradores nin os colaboradores tiveron ocasión de emitir ningunha opinión sobre a iniciativa (nin coñecela) e de que o 8 de marzo publicas un aviso na taberna que presenta uns feitos consumados. Dis que unha empresa "contactou comigo como administrador da Galipedia" que acordou certas cuestións contigo e falas dunha reunión este mércores en Compostela para tratar do pormenores. Todo iso á marxe da Wikipedia en galego.
Tamén citas outra petición na taberna para unha charla en Ordes. Non sei que queres dicir con elo: que respostaches á mensaxe da empresa porque non respostaches á de Ordes? queres dicir que vas ir dar esa charla a Ordes? ou que o maratón wikipédico non ten orzamento? Refíreste na mensaxe ao proxecto da Wikipedia en catalán, non sei se o pós como exemplo ou queres dicir que son o mesmo. Seguindo os enlaces que ti mesmo pós chégase a: Viquiprojecte:Col·laboració amb el Departament d'Educació de la Generalitat de Catalunya, nunha ollada rápida a esa páxina vese que se produciron reunións entre os membros da Wikipedia en catalán e o Departament d'Educació de la Generalitat de Catalunya antes de pór o proxecto en marcha (algo bastante distinto do que sucedeu ata agora neste caso). Por outra banda iso me leva á pregunta: o maratón é unha inciciativa de fondo, puntual ou publicitaria? No proxecto catalán aprecio a simple vista unha diferenza fundamental, trátase dun proxecto relacionado co Departamento de Educación que dura no tempo, no caso galego vexo que é a Consellería de Innovación e Industria para un día (ou semana) concreto. Sinalas a ligazón que puxo Agremon, creo que está claro que trata do proxecto educativo, non deberíamos mesturar temas porque non son o mesmo. A explicación sobre que a consellería actúa así non me parece válida, primeiramente porque ti como administrador debes adoptar o punto de vista da Wikipedia e segundo porque no caso catalán o procedemento foi distinto.
Quedan moitas preguntas, por exemplo: vanse usar os logos da Wikipedia e Wikimedia (para quen non o saiba son marcas rexistradas, coas restricións que iso conleva)?, de cantos usuarios desa iniciativa estamos falando?, que incidencia vai ter iso na asignación de recursos técnicos para a Wikipedia en galego?, vai haber algún tipo de doazón á Fundación Wikimedia?,... En canto ao punto "Para sentir os efectos no wiki desta ou calquera outra iniciativa sen ningún tipo de aviso non fai falta nada: calquera se pode lanzar". Claro que si. Pero non parece moi acorde coa boa fe que alguén lance unha iniciativa dese tipo sen contar cos colaboradores da Wikipedia en galego, por varias razóns: suporía un menosprezo dos membros deste proxecto, unha publicidade negativa para a propia iniciativa e produciría efectos contraproducentes. Imaxina por un momento o problema que suporía que o wiki deixase de responder como consecuencia das accións relacionadas co maratón. É un asunto moi serio que require a intervención dos colaboradores e no que sexa preciso a Fundación Wikimedia. Ninguén pola súa conta pode tomar decisións que afecten dese xeito ao wiki. Pola túa antigüidade no wiki deberías coñecer os límites da acción de administración. Paréceme que fun o suficientemente explícito, se a empresa "contactou comigo como administrador da Galipedia" e chegas a acordos á marxe da Wikipedia estás superando os límites que permite a tarefa de administración. Polo tanto, xa non é unha cuestión de que lle digas que si ou que non a dita empresa, é algo máis grave.
Insisto no dito na primeira mensaxe: considero que carecemos de información abonda e que no caso de saír adiante a iniciativa debe reorientarse respectando os procedementos adecuados. O primeiro paso é que a empresa informe directamente aos colaboradores dun xeito exhaustivo das características do proxecto e os colaboradores teñan a oportunidade de sopesar as implicacións e consecuencias. Para finalizar, quero deixar claro que sigo pensando que é importante que aumente o número de colaboradores e que pode resultar valioso o apoio das institucións no crecemento da Galipedia seguindo para elo os procedementos correctos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:12, 11 marzo 2008 (UTC) (Engadido: Vin que noutra mensaxe das que hai enriba se incluían diversas accións e persoas no mesmo saco, nada máis lonxe da realidade. A confusión o único que fai é enlear os feitos.) --Prevertgl 21:12, 11 marzo 2008 (UTC)
Resposta ao engadido: Vou contestar no mesmo formato que de pasada se contesta a miña opinión. Todas actividades que sinalei non contaron con esa información e participación previa que falas da comunidade, incluso moitas delas fixéronse as costas da comunidade ou parte dela. Eu non estou a falar de persoas senon de iniciativas de divulgación e promoción e non creo que colaborar na difusión da galipedia coa axuda dunha universidade, coa axuda dunha asociación ou coa axuda da consellería a través dunha empresa privada, alumnos de eso, alumnos universitarios, voluntarios da Cruz Vermella, Boy Scouts ou calquera outro sexa analizable pola comunidade como participación válida ou non válida. Non vexo en que se vulnera ningún espíritu wikipédico. Creo que os 4 piares se respetan en todos os aspectos como nas anteriores iniciativas ou accións Lansbricae (Ti dirás) 21:36, 11 marzo 2008 (UTC)
Eu non vexo ningunha acción incorrecta no que fixo o usuario e administrador Xosé, desde o meu punto de vista actuou pensando no mellor para a Galipedia nin houbo escurantismo, utilizou a Taberna para dar conta da súa xuntanza e facer unha maratón para facer ou mellorar artigos non creo que vaia contra as normas ou os intereses da Wikipedia ou da Fundación Wikimedia, máis ben están totalmente dentro do seu espírito. --Arco de Rayne 22:09, 11 marzo 2008 (UTC)

O que piden é isto: unhas sesións informativas presenciais... ,... e a colaboración dos usuarios habituais durante o tempo que dure a actividade para orientar aos novos usuarios e solventar os problemas que teñan e/ou provoquen.

Non vexo onde está o problema, piden algo que desde ningún punto de vista pode ser contrario ao espírito da wikipedia.--Arco de Rayne 22:15, 11 marzo 2008 (UTC)

    • Eu entendo, por non ser o asunto propio desta wiki, que debense distinguir duas cousas. O primeiro caso : pois Funanito usuario e administrador dunha wiki ten o direito e fai mui ben si pasa na tele ou en calquer manifestacion publica falendo da sua experiencia persoal como usuario ou como administrador, e esto que sexa a favor ou en contra da wikipedia. Somos libres do noso xuicio e da nosa opinion, temos alcumes por que nos dan as ganas, pero temen podemos contribuir coa identificacion completa e logo ir falar o que queiramos na praza publica. Podemos ir a tribuna dun congreso pa explicar o que é a wikipedia si o fagemos como ciudadano, podemos axudar xente a navegar nas wikis por ser usuarios da Galipedia ou doutra wiki tanto que somos Fulanito e que collemos responsabilidade persoal. Outra cousa e representar unha wiki da fundacion Wikimedia. Eso é o que eu entendo. Mais non entendo o que son estos proxectos en Espanña. Eu en Francia solo vin o de entrevistas e vexo ven que sempre se especifica ven cando é Wikimedia e cando é testimonio dun ciudadano que resulta ser wikipedista. Por outra banda, non me sinto sin falta de informe, xa que Xosé o fala eiqui. Xosé non é un novato na Galipedia e pa min podese lle ter confianza que analizara ben o que lle piden, e que vira preguntar eiqui o que sexa necesario. Polo proxecto il mesmo, nos feitos, eu vexo que pode ser unha mui boa cousa po futuro da Galipedia, mais non entendo todo o que se di nas ligazons tanto galegas que catalas.Un saudo ElviraConversa con mi 22:46, 11 marzo 2008 (UTC)
  • Por motivos laborais non podo ir mañá e ten que ser o xoves ás 5 da tarde. A reunión é na sede desta cooperativa. Se alguén quere pasar por alí, eu encantado (a min suponme unha hora de coche e logo voltar rapidamente, que teño cousas). Prevert, tes moitas preguntas pero eu ainda non teño as respostas. Non estiven argallando nada a espaldas: a mensaxe é do 26 de febreiro pero eu non respostei até que me escribiron directamente ao meu correo electrónico unha semana despois. Intenta ver as cousas do lado contrario: esta mesma empresa podería ter contactado con calquer usuario da Galipedia que lles atraíse por calquer razón, pagarlle por dar uns cursos e punto. Pero o que queren é, precisamente, contar coa comunidade. Desculpa as torpezas que poidamos ter os demais. Pasadomañá fareilles ver esta páxina e pedireilles que resposten a todas as dúbidas que aparezan aquí. Por outro lado, podemos comezar a mirar o que teñen feito os cataláns para aprender e lograr que esta iniciativa sexa exitosa. Estaría ben, por exemplo, comezar por crear un wikiproxecto para isto, como o que sinalas nunha ligazón. --Xosé (✉) 23:22, 11 marzo 2008 (UTC)

  Discordo coa actividade tal e como foi levada, tal e como está a ser levada e con ela en si por non ser discutida en todos os seus termos.

Se a Xunta desexa facer algo, ten que poñerse en contacto con nós, non cunha empresa. Iso consideraríao adecuado sempre que houbese un común acordo. Se se dese o caso contrario, se acontecese -o que sería normal- que unha empresa fixese unha proposta á Xunta e esta aceptase, antes de facer a proposta, para a elaboración da proposta, a empresa tería que poñerse en contacto con nós. E quero facer fincapé nese "nós".

(Non expreso xa o dito por Prevert, concordo con todo o que dixo.)

Ademais, dirixirme a Xosé: Dislle a Prevert que se cres que estou utilizando o meu status dentro do wiki no exterior do proxecto e que o ligo ás miñas actividades privadas e que iso está mal, non teño nengún problema en dicirlles que non. Eu, dado o teu xeito de proceder (se non o cambias), si penso iso. Diraslles que non? É preferible non facer afirmacións que non se poden cumprir.

O que si podes facer para que mude a miña impresión é traer a proposta enteira á Galipedia, pero sen nomes (sen o teu nome), con nobreza, para ser discutida e que se decida aquí--Lmbuga Commons - Galipedia 14:56, 12 marzo 2008 (UTC)

Por certo, eu si podo ir o xoves ás 5 da tarde, pero só estou disposto a ir sempre e cando non haxa nada acordado que non se expuxese na Galipedia, nin sequera que ti dás as charlas. Envíoche correo para que me respondas e me indiques onde debo acudir. O que sería triste e chegaralí e non ter opinións coincidentes por se ter levado todo isto de pena--Lmbuga Commons - Galipedia 15:09, 12 marzo 2008 (UTC)

  • Pois eu tamén podo facer un oco e achegarme o xoves ás 5, e penso xusto o mesmo que Arco de Rayne e que outros editores comúns, así que se non tendes problema, tamén podo pasarme porque penso que non hai ningún tipo de escurantismo, dáme igual quen de as charlas pero a iniciativa pode ser realmente boa para a Galipedia e daríame certamente pena que polo que me semellan (na miña pequena opinión) problemas de entendemento persoais non se chegue a bo termo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:18, 12 marzo 2008 (UTC)
  • Xa comentei que era na sede da cooperativa, Corredoira das Fraguas nº 5, 1º esq. Xa que ides ti, Lmbuga, e Alma, eu excúsome, que para min supón un engorro terme que desprazar mañá (ademais doutras cousas). Xa aviso de que ides vós e, como queres, retiro o meu ofrecemento a dar as charlas. --Xosé (✉) 15:36, 12 marzo 2008 (UTC)
  • Vexo que Xosé desvincúlase do tema porque di que non se quere que dea el as charlas (non vexo tal), mais o caso é que eu leo que se pide que o primeiro antes de facer nada é coñecermos de que vai o tema, con coñecermos refírome a todos, porque de momento non o sabemos, e sen iso non podemos comezar a decidir en comunidade. Tamén paréceme que se se producen esas reunións para coñecer os detalles os que deberan ir son os administradores, que coido teñen máis capacidade de representar á Wikipedia e os seus valores. Tampouco noto unha falta de entendemento persoal, non sei que base hai para dicir iso, o que hai é a petición de que o proxecto sexa coñecido por toda a comunidade para poder decidir se unha vez coñecido responde a algo compatible coa Fundación Wikimedia ou non. De momento totalmente de acordo co que di Prevert e Lmbuga. AlberteSi, digame? 16:01, 12 marzo 2008 (UTC)
  • Eu retiro o meu interese en participar nesto. Menos de acordo estou en que os administradores teñan máis capacidade de representar á Wikipedia e os seus valores, e moito menos nas acusacións feitas nas mensaxes de máis arriba. Non me gusta esto. Sorte. Lansbricae (Ti dirás) 16:17, 12 marzo 2008 (UTC)
  • Retiro o meu ofrecemento, esto é unha terxiversación absoluta dos feitos (unha máis). Non sei de onde se saca que Xosé se desvincula porque non se quere que el dea as charlas cando falou desde o principio dos problemas que lle supoñía vir a Santiago a reunión e se había outras persoas interesadas mellor, o grave é que se fagan esas afirmacións tan a lixeira, en canto a que os usuarios non somos representativos, non me colle de novo, pero só quero deixar unha reflexión: a Consellería e esa empresa poden montar esa iniciativa sen contar en absoluto con ninguén da Galipedia e non estarían a incumprir nada mentres na páxina que usen non utilicen logos oficiais de Wikipedia. Alguén ten un pouco de coñecemento do que supón a Licenza GFDL e o de editar libremente na Galipedia tanto como ip ou como usuario rexistrado?, quen pode restrinxir que o día 17 desde unha empresa se impulse que os que sexan (5, 10, 50.000) se rexistren e editen. NINGUÉN. Nada máis. A decisión é queremos que se nos teña en conta ou que o fagan igual sen contar con nós? Creo que a Galipedia non é propiedade de nadie, nin dos administradores nin dos editores e nin uns nin outros poden (nin deben) impedir que os que queiran impulsen iniciativas para editar na Galipedia. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:13, 12 marzo 2008 (UTC)
  • Pois eu ofrezo aquí a miña asistencia á reunión. Se vedes pertinente quedarmos antes para levar un acordo, ou algo semellante, ben. Senón, ás 5 na Corredoira das Fraguas. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:23, 12 marzo 2008 (UTC)
Se ven outro "usuario común" entón eu manteño a miña asistencia. Polo que levan dito aquí do que se trata é de escoitar o que conten e pedirlles que o poñan aquí, para que o xulgue a comunidade e aqueles que lles ven tantos problemas, por min ás 5 na Corredoira das Fraguas. Alma (fálame eiquí) 16:32, 12 marzo 2008 (UTC)
          • A ver si entendo, e aproveito pa opinar :
  1. unha organizacion privada e que leva unha mision de servicio publico vai promover a Galipedia, falando dela e praticando con moitos usuarios (rexistrados ou non) edicios === E boa cousa : a)mais lectores pa Galipedia e b)seguramente un aumento posible de usuarios.
  2. unha reunion de isa organizacion con usuarios que so representan a iles mismos como ciudadanos === E boa cousa : esos usuarios despois da reunion inician eiqui un proxecto de modo consesual, o proxecto discutido eiqui so pode ser pa fager edicios (novas paxinas, wikifeo e todo tipo de tarefas habituais dos usuarios, un proxecto de editores).
  3. logo todo o que pode ser convenio que responsabilize a comunidade da Galipedia === E unha cousa mui dubidosa : que eu sepa esta comunidade non é únha entidade xuridica, non xenera ningunha obligacion nin ningun direito os usuarios. Todas as regras que temos e que elaboramos estan feitas pa uso do traballo comunitario. Non vexo que convenio, por ven sencillo que sexa se poida firmar con quen sexa. Podemos pedir diñeiro en doacion pa fundacion, mais logo non podemos xestionalo pa decir que vamos aumentar a capacidade das coneccions internet o 17 de maio. Non podemos firmar nada pa que se usen os direitos das imaxes da fundacion. Podemos por consenso despois da reunion preparar un proxecto de edicion con aspetos pedagoxicos, con temas determinados, podemos comprometernos a andar esos dias por eiqui pa vixiar mais os artigos e ser bastante disponibles pas benvidas e axudas a usuarios. Podemos por consenso fager un traballo de proxecto de esditores que prepare unha gran llegada de usuarios pa semana do 17 de maio. Si os que veñen da reunion impulsan un traballo de editores. Mui ben. Si alguns editores queren o 17 conectarse desde o lugar da manifestacion pa axudar xente, esta mui ben, teñen que fagelo como persoas que son usuarios registrados, eso si, mais non como representantes da Galipedia. Pa representar a Galipedia eu supoño que debese contactar o consello de administracion de Wikimedia. Pero hai xa non sei maís. Eu polo menos non me sinto habilitada a aprobar ningun convenio, e non penso ter ningun direito pa dar representacion a algen. Oin decir que os adeptos das wikis funcionan como anarquistas, pois pareceme que é bastante verdade, temos que autogobernarnos, pa que ninguén nos goberne, e ninguen nos representa. Aceptamos que Wikimedia poña a nosa disposicion un espazo pa construir unha enciclopedia internacional,libre, accesible, colaborativa e de balde ElviraConversa con mi 22:17, 12 marzo 2008 (UTC)
Xosé, non entendo porque refusas informarnos. De seguro que podes responder a algunha das preguntas que formulo. O habitual en calquera negociación entre partes que non se coñecen e que se produzan diversos contactos antes de chegar a un acordo. Ti manifestas que houbo un acordo polo tanto debeuse producir un intercambio de información (lembro que unha das cuestión que tratamos é que dito acordo foi en calidade de administrador da Galipedia, polo tanto o percorrido desta conversa non é se foi unha persoa ou outra e non remata con se se retira ou non). Extrañame, dado que é parte implicada, que en Cidadania Soc. Coop. Galega non estean seguindo este debate e sigo sen entender porque non pode haber unha comunicación directa nesta mesma páxina onde nos expliquen claramente o alcance da súa iniciativa. Falas de que "esta mesma empresa podería ter contactado con calquer usuario da Galipedia que lles atraíse por calquer razón, pagarlle por dar uns cursos e punto", quixera saber que significa esa frase, a negociación trataba nalgún dos seus puntos dunha contraprestación ou incluía algún tipo de transación económica? Vexo unha gran diferenza entre que a Consellería contacte connosco que o faga unha empresa. Paréceme que o obxecto principal das empresas é facer negocio e nós temos que ver como iso pode condicionar o proxecto.Supoñamos por un momento que a empresa fora unha empresa de xogo, de apostas, podería estar interesada en colaborar coa Wikipedia pero iso podería non ser interesante para a propia Wikipedia. Que ninguén tome o exemplo como literal, o único que pretende dicir é que sendo o contacto cunha empresa privada poden surxir condicionantes que leven a considerar que sexa ou non aconsellable levalo adiante. Mesmo podería haber situacións nas que a neutralidade do proxecto estivese en cuestión.
Concordo con Elvire na visión sobre a separación entre a actividade privada e o que significa representar á Wikipedia, tamén concordo con Evire, Arco de Rayne e outros compañeiros no desexo de que aumenten os usuarios, mellorar a calidade e que medre o wiki. Así é todo, penso que temos dereito a coñecer e avaliar como iso pode influír neste proxecto sen necesidade de intermediarios neste momento.
Formular preguntas, como fixen en mensaxes anteriores, non presupón a resposta. Só que é necesario dispor deses datos para saber como vai afectar á Galipedia dita iniciativa. Descoñecemos de cantos usuarios novos estamos falando, mesmo descoñecemos se se trata dun día ou de varios. Evidentemente un asolagamento masivo do sistema require certas prevencións, que entran perfectamente no sentido do proxecto. Hai abondosos exemplos nos que a Wikipedia estabelece diversas restricións en situacións concretas (os proxies abertos, edicións que teñen determinadas orixes relacionadas con certos temas, edicións concertadas entre grupos, etc). Ata podería chegar a ocorrir que os administradores tiveran que bloquear rangos de IP para evitar que os sistema deixase de responder, neste momento non o sabemos, ou que fixeran os programadores sen ter os colaboradores deste wiki ningunha intervención nelo.
Converter este debate nunha extensión do conflito que veñen mantendo Lansbricae e Alma nin beneficia a Xosé, nin a empresa e prexudica ao wiki. Por iso asistir á dita reunión dun xeito que supón violentar os procedementos de decisión habituais semella máis un medio para deteriorar o proxecto que para axudalo. Poñendome no caso da empresa, nesas condicións, se fose eu, mesmo tentaría evitar que a reunión se producise. A imaxe pública para as empresas é un activo moi importante, polo tanto ver o nome asociado a conflitos non é desexable. Se un fai un busca en Google por Cidadanía Soc. Coop. atopará unha entrada sobre unha interpelación no Parlamento de Galicia relacionada coa actividade da empresa. Non entro a valorar o contido. O que quero dicir é que na próxima busca por Cidadanía en Google vai saír esta entrada e a simple vista é do tipo de cousas que inflúen na percepción que se ten sobre a reputación dunha empresa. Así que o mellor é que a empresa informe directamente, se debata o que haxa que debater na propia Galipedia e se evite xerar un conflito que teña novos damnificados. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:15, 13 marzo 2008 (UTC)
  • Que dira a miña opinión neste asunto non implica que extenda ningún tipo de conflicto. Pidoche que deixes de facer acusacións gratuitas sen fundamento e fales da túa opinión e evites interpretar conclusións nin mesturar asuntos que nada teñen que ver. Lansbricae (Ti dirás) 09:07, 13 marzo 2008 (UTC)

Categorías "Patoloxía" e "Doenzas"Editar

Temos, dentro da categoría Medicina, dúas subcategorías: "Patoloxía", cunha única entrada, e "Doenzas" cunha chea delas. Sen que secan termos sinónimos creo que, a efectos de categorizar, veñen dici-lo mesmo, así que habería que unificalas.

Máis. Dentro das "Doenzas" temos xa demasiada cousa e habería que ir dividindo. A miña formación veterinaria é xa vella e non sei se se pode trasladar, así que non me atrevo a facelo, aínda que podo botar unha man.

Máis. Outras subcategorías de Medicina pretenden dividir por sistemas anatómicos (pneumoloxía, dermatoloxía) ou outros criterios (inmunoloxía), e dentro destas subcategorías volven aparecer máis enfermidades. Podo entender a dupricidade de clasificación (que o melanoma estea como dermatoloxía e como patoloxía), pero non sucede así: estan só nunha categoría.

Hái máis observacións que facer pero o resumo é que temos que reclasificar, e moito, esta categoría de Medicina. Pedro --Lameiro (conversa) 16:12, 11 marzo 2008 (UTC)

  • Niste tema non podo serche de ningun consello Lameiro. Mais no que toca a xestion das categorias parece una xestion importantissima nunha enciclopedia. Por moitas razos, é principalmente por que non somos batatantes pa levar con bastante tempo e bastantes especialistas en cada tema (non é por eso que en caso de voto solo falen os especialistas, é que un voto de politica necesita que voten moitos usuarios, pero conta que nas conversas escointense as opinios de varios especialistas), non me parece que se poda por un largo tempo ter unha xestion millor ca actual. Por iso eu aconsellote de fager como Gallaecio, e decir que elabores unha proposta basica pa unha conversa e un minimo de consenso e logo seguir tu ( e aqil que queira traballar con ti) a xestion da categoria Medecina. No caso de Galecio pareceme mui ben, por que il sabe que o apoiamos, e sabe tamen que o seu traballo non e definitivo, que é unha xestion que durara o tempo que dure, mais nise tempo sabemos todos que alguén xestiona e leva orden. e fai cantidade de traballo util po mantemento da estrutura dos coñoceùentos. Non sei si me entendes e si o que digo eche util. Saudos ElviraConversa con mi 21:58, 11 marzo 2008 (UTC)
  • Uf, e por que non fas un desenvolvemento dunha proposta de categorías? Aínda que non sexa perfecto porque como indicas os teus coñecementos de veterinaria non son directamente aplicábeis, ao mellor pode achegar aí alguén algúns criterios... --Xabier Cid 23:28, 12 marzo 2008 (UTC)

Comentario sobre o maratón wikipédico, xa que son en parte responsábel de todo istoEditar

Ola, lamento levar uns catro días completamente desconectado da wikipedia por motivos persoais e laborais. Quería facer unhas aclaracións sobre o tema do maratón wikipédico, que eu creo que poden achegar luz e xustificar a racionalidade e limpeza coa que actuou Xosé. Despois darei a miña opinión ao respecto.

  1. Hai unhas semanas, un amigo meu, responsábel dun determinado proxecto nesa determinada empresa, púxose en contacto comigo. E fíxoo a título persoal, como amigos que somos. Explicoume que dentro das actividades de promoción do galego en internet que pensaba levar a cabo a consellaría, eles, como empresa encargada de levar as accións a termo, cavilaran en facer un maratón wikipédico. Eu, de primeiras, asusteime. Empeceille a ver problemas por todas as partes. O seu interese en falar comigo residía en que eramos amigos, que temos unha certa confianza, que compartimos algúns proxectos profesionais no pasado (e sabemos como traballamos o un do outro) e porque coñecía que eu era andaba no allo wikipédico, e que podía precisamente aconsellalos sobre como enfocar o tema.
  2. Pasoume un proxecto escrito e eu contesteilles cun informe onde sinalaba posíbeis perigos (cualidade fronte cantidade, respecto das regras da wikipedia (a wikipedia como fonte primaria, fundamentalmente), estrutura precaria dentro da wikipedia, receos por parte da comunidade, etc.). Encantaríame poder ofrecervos esa resposta, que fixen a título puramente individual e no marco dunha amizade, pero malpocadamente o proxecto deles e o meu informe pereceron co meu disco duro hai unhas semanas.
  3. Posteriormente volvín falar co meu amigo. Díxome que o proxecto estaba máis preto de ir adiante (negociacións empresariais que a min nada me interesaban) e que estiveran facendo unha planificación máis detallada. No marco desa planificación, necesitaban unha persoa que dese unhas charlas sobre as regras e as formas de traballo na wikipedia. Esas charlas non ían ser a público xeral, senón a uns intermediarios que á súa vez traballarían directamente cos futuros editores dese maratón. Pediume que lle recomendase persoas que cumprisen diversas características, características que obviamente se axustaban ao que eles desexaban e non ao que a min me apetecese. Por exemplo, necesitaban que as charlas fosen presenciais, polo que non lle valía xente que non vivise en Galicia, querían alguén que tivese unha longa experiencia (un administrador, ou alguén semellante) e gustáballes alguén que tivese traxectoria docente. Eu comenteilles cousas das persoas que tiña na cabeza, eles tomaron nota, e despois puxéronse en contacto coas persoas que eles decidiron.
  4. Por iso quero deixar claro que, ata onde eu sei, a actuación desa persoa escollida non é en representación da Galipedia, nin moito menos da Fundación: é unicamente unha persoa que ten experiencia contrastada (en opinión da empresa), e que, loxicamente, é designada pola empresa porque só a empresa sabe qué necesita e para que necesita a esa persoa.
  5. Paralelamente, eu comenteilles á empresa que estaría ben que nos coordinásemos na wikipedia internamente, para poder facer fronte de mellor maneira a esa avalancha de datos que nos puidesen chegar. Con ese obxectivo, e sen ter a confirmación de que o proxecto se ía realizar, púxenme en contacto discretamente cunha administradora da wikipedia catalá, pra preguntarlles como lle saíra a experiencia, cales foran os problemas detectados, etc. Unha vez que vin que a empresa ía escoller unha persoa para dar as charlas, eu, e só eu, volvín a poñerme en contacto coa editora da wikipedia catalá e díxenlle que non a molestaba máis, que seguramente habería outra persoa que levaría o peso do proxecto pola nosa parte, e que xa ela se organizaría. Iso creo que foi o erro máis grande de todo o proceso, e cometino eu.

Paso ás consideracións xerais.

  • O traballo de dar unhas charlas a unhas persoas determinadas debe facelo a persoa que a empresa cre axeitado, pois é a empresa quen presta ese servizo e non a wikipedia. Paréceme bastante infantil que calquera outra persoa, sexa editor ou non da Galipedia, valore ou interveña na decisión da empresa. E aínda é máis ousado postularse pra realizar un traballo sen coñecer os requirimentos que moveron a empresa a escoller a esta ou a aquela persoa, requirimentos que nin sequera eu, que estivo no proceso dende o comezo, coñezo totalmente.
  • Quen dea as charlas, se esas charlas son 5 ou 10, se se fan acompañadas dun manual ou non, se esa persoa as cobra ou non e qué fai cos cartos, non é ámbito de competencia da Galipedia. Alá o (des)afortunado co seu traballiño.
  • Noutro plano totalmente distinto está a forma de artellar o maratón wikipédico. Polo que a min me consta, non existiu vontade de facelo ás agochadas da comunidade, senón que houbo que manter ata o de agora unha certa prudencia política porque non era un proxecto aprobado e contratado. Loxicamente, non podían falar nun foro público de algo que non estaba pechado. Por esa razón eu tampouco o puiden facer público en canto o souben.
  • Se non se puxesen en contacto cos editores da comunidade wikipédica sería unha actuación plenamente lexítima e normal; con todo, existen normas sobre usuarios múltiples (como as que pensamos definir pra colexios e que quedaron no limbo dos textos rexeitados) e poderían ser de aplicación. É dicir, se mañá se rexistran 300 usuarios e comezan a editar masivamente na wikipedia, podemos optar por bloquelos en aplicación desas regras ou non, pero non podemos esixirlles moito máis: tan editores son eses novos editores como os que levamos máis tempo.
  • Agora parece que ese proxecto toma corpo, e agora é cando dende a comunidade wikipédica temos que dar o paso. É cando temos que organizarnos, distribuírnos tarefas e propoñer obxectivos. Claro que tamén podemos pasar do tema, e simplemente agardar a que a xente entre nos grandes almacéns o primeiro día das rebaixas, á carreira. Calquera das dúas posturas é perfectamente lexítima. Pero creo que ordenarnos e planificar tarefas demostra unha maior madurez como comunidade.
  • Non entendo nin as críticas á actuación de Xosé (se alguén foi pouco transparente, fun eu), como tampouco entendo as emendas á totalidade de "ou se fan as cousas contando coa voz da asemblea, ou nada". As cousas vanse facer igual, ou non, independentemente da nosa opinión como vellos editores. E, non sendo que se rompan as normas referidas a múltiples usuarios, pouco temos que dicir. Así que se temos a posibilidade de incidir algo na planificación da actividade debemos facelo, sendo conscientes de que estamos aproveitando unha oportunidade que non tiñamos por que ter.
  • Finalmente, creo que é importante que desvencellemos o asunto que temos entre mans dos valores de "bondade" ou de "maldade". Non sei se organizar un maratón wikipédico é bo ou malo (persoalmente, creo que é malo na situación estrutural da Galipedia hoxe en día), pero en todo caso a opinión da wikipedia ao respecto é irrelevante. O que ten que facer a wikipedia como comunidade é dar unha resposta ao feito, cando se produza. E se a través dunha boa organización conseguimos que ese feito deixe máis beneficio ca prexuízo, teremos acadado un éxito importante. O demais non é senón discutir se son galgos ou podencos e, de paso, atacar un pouco máis a convivencia interna da comunidade. E creo que non é o momento pra darlles carne aos voitres.

Desculpade a lonxitude da mensaxe.--Xabier Cid 00:31, 13 marzo 2008 (UTC)

Xabier, vin esta mensaxe cando ía publicar unha intervención no fío anterior. Polo de agora só quero facer unha precisión tanto na mensaxe na páxina de Xosé que el mesmo cita, como na súa mensaxe de aviso nesta páxina fálase da participación dun administrador da Galipedia e el di facelo como administrador da Galipedia. Polo demais discrepo completamente da túa interpretación e non se trata de "vellos editores" nin de "asemblea". Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:28, 13 marzo 2008 (UTC)
    • Aclaro: vellos editores = un ano, un mes, unha semana. --Xabier Cid 07:35, 13 marzo 2008 (UTC)
  • Coincido con moito do que di Xabier Cid. A actividade que discutimos pode ser de enorme envergadura e supoñer singulares e persoais esforzos. Os administradores somos administradores, non xestores. Nesa reunión non se debe decidir nada, debe traerse o proxecto aquí á Galipedia para ser discutido e aprobado, pois probablemente ese día necesitaremos da colaboración de todos.
Considero a comunicación do proxecto baixo estos termos (A Consellaría de Innovación e Industria vai organizar unha serie de accións de cara á semana do 17 de Maio, día das Letras e de Internet. Estas accións consisten na celebración dunha especie de party ou maratón wikipédica, consistente por tanto en fomentar o uso e a introdución de artigos na Galipedia. Para a organización, coordinación e desenvolvimento contactaron coa Cooperativa de traballo asociado Cidadania [1]. Cidadania contactou comigo como administrador da Galipedia para levar a cabo esta actividade en colaboración cos usuarios habituais. Piden duas cousas: unhas sesións informativas presenciais, que impartiría eu, en cousas como a natureza da Galipedia, obxectivos e filosofía, normas e principios, historia, retos e necesidades, etc...) inadecuada. Dásenos todo por feito e podemos ter moito que aportar, pero todos debemos ter a oportunidade de aportar.
Estou de acordo con que a empresa pode escoller a quen desexe para dar as charlas. Así e todo, podo asegurar que se en privado se me propuxese a min, dado que estaría representando á Galipedia como administrador en resposta a unha mensaxe que se fixo no wiki, teríao comunicado na Galipedia preguntando se parece ben e mesmo abrindo a posibilidade de que fose outro. Faltou esa pregunta. Para moitos de vós poderá ser unha cuestión pouco importante; para min, éo. Os administradores non son xestores.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:25, 13 marzo 2008 (UTC)
Esquecín dicir que considero adecuado que Xosé dea as charlas. Paréceme agora tamén adecuado indicar que eu, desde o momento en que fixen a critica que fixen, fun consciente de que, por precisamente facer esa crítica, non son o usuario adecuado xa non para dar esas charlas, senón probablemente para dar calquera outra charla que puider haber nun futuro, en concreto se se recibe unha remuneración. Iso si, repito, un administrador en representación da Galipedia non pode tomar decisións e que para min actuar nobremente supón non aceptar dar unhas charlas e deixar que a comunidade decida todo.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:33, 13 marzo 2008 (UTC)
Rectifico o expresado no texto que tachei, certamente tras reler as súas contribucións neste asunto non o teño claro--Lmbuga Commons - Galipedia 12:01, 13 marzo 2008 (UTC)
      • Pois con estos comentarios estou tranquila. Que ninguen se desanime ! ElviraConversa con mi 22:42, 13 marzo 2008 (UTC)

Con esta contribución teño o ánimo de pechar este fío sobre a proposta de actividades realizada pola empresa Cidadanía. Creo que é interesante -opinión condicionada a certos parámetros que polo de agora non se cumpriron e que quizais non se cumpran- e que cos datos que se me aportaron na miña conversa con eles -inda que vagos- teño a impresión de que non supón ningún custe técnico ó proxecto e que en xeral temos nós e mais eles o desexo de que o país medre; inda que pola miña parte, desde logo, sen interese lucrativo.

Así a todo, porque se deron unha serie de circustancias que creo de interese da comunidade, desexo facer unha breve descrición -que colocarei en cursiva e con sangrado para que a quen non lle interese poida saltalo- do que pasou antes e na reunión

Cheguei ó lugar media hora antes, dei coa vivenda en que era a reunión e fun tomar un café. Cando volvín, Alma, Lansbricae e Estevoaei estaban na porta. Tras un saúdo moi moi elemental, preguntáronme se era alí, díxenlles que si. Non me estrañou a súa indecisión, pois a cita era nun primeiro andar dun edificio que non tiña nas súas paredes o letreiro da empresa, carecía de letreiro.
Eu tería chamado ó piso, pero non me atrevín en espera de que desen as 5. Xusto ás 5 chegaron xuntos o representante da Xunta (A.P.C.) e un representante de Cidadanía (C.N.C.). Invitáronos a subir amablemente e trasladáronos ó lugar da reunión, unha cociña común cunha mesa no centro e na cal destacaba unha fotocopiadora a color.
Participamos na reunión, ademais de min (L.M.B.S., Lmbuga) e de Alma e Estevoaei, o representante da Xunta (A.P.C.) e dous membros de Cidadanía (C.N.C. e A.I.L.), Xosé tamén, inda que chegou algo tarde, pero a tempo.
Antes de nos dar entrada, para falar, ós representantes (?) da Galipedia, como era normal, falaron eles, o que viña por parte da Xunta e un dos membros de cidadanía. Cando remataron, curiosamente, só falei eu. Iso si, tiven que cortar os comentarios sobre a discusión presente en Wikipedia:A Taberna (xeral)#Maratón wikipédica (tanto os membros de cidadanía como o representante da Xunta estaban debidamente informados) expresando que o que era parte do funcionamento da Galipedia debía desenvolverse na Galipedia. Nos meus comentarios non é que puxese peros, pois dáme a impresión de ser moi boa a iniciativa de Cidadanía; o caso é que ningen dos que alí estaban da Galipedia dixo nada nin aduciu nada en ningún momento. Transmitín todo o que me pareceu transmisible do escrito en Wikipedia:A Taberna (xeral)#Maratón wikipédica inda sen estar de acordo persoalmente con algunhas cousas (levábao anotado porque sentía que estaba representando a alguén), e falei construtivamente, ofrecéndome mesmo a participar deixando claro que era sen ánimo de lucro e que iso era posible cos colaboradores da Galipedia. Falei de neutralidade, verificabilidade, xestión de usuarios, logos, doazón a Wikimedia,...
Cando non tiven máis que dicir, tras gabar a iniciativa da Xunta e dos integrantes de Cidadanía, e intentar conseguir un ambiente prácido (cousa que non conseguín) mesmo con reflexións á miña vida laboral, pechouse a reunión. Os máis baixamos. Xosé quedou falando cun dos membros de Cidadanía, o que estaba no piso, pois xa se coñecían desde fai moito e volveran -creo, case estou seguro do dato, pois alí se dixo- ter relación desde fai tres anos.
Xórdenme moitas preguntas:
  1. ¿Que pasaría se eu non tivese ido? ¿Teríanse ido a tomar un café?
  2. Na mesma reunión aportousenos un dossier de doce folios con datos sobre a actividade que Xosé xa posuía desde fai tempo (canto? Non sei). Aportouse moi avanzada a reunión, comezamos sen nada (incrible, pero certo), e apotouse por solicitude expresa miña. Segundo Xosé, nas catro, cinco ou seis liñas (o meu ordenador é de 17 pulgadas e podo ter menos) do encabezamento de Wikipedia:A Taberna (xeral)#Maratón wikipédica se resumía ese dossier, e inda me increpou dicíndome a ver se era capaz de encontrar algo máis do que el dixera no encabezamento de Wikipedia:A Taberna (xeral)#Maratón wikipédica, e son 12 folios.
  3. Inda algo máis grave -desde a miña perspectiva- Xosé non acepta, e así o espresou, que cando se relaciomou cos representantes de Cidadanía estivese representando a Galipedia. ¿Onde imos?
  4. Con permiso da comunidade, perdoade a licenza pero vou dicir un taco: ¿Que coño pintaban Alma e Estevoaei na reunión? ¿De que van? Mesmo me atrevo a dicir ¿Que coño pintaba Xosé na reunión?
En conclusión, a reunión pareceume que tiña moito de encerrona. Menos mal que me neguei a falar do que pasa dentro do wiki (non saquei eu o tema, sacárono os membros de Cidadanía). Por me eu negar non puido ser unha encerrona e supoño que por iso os meus acompañantes da Galipedia non tiveron nada que dicir en toda a reunión. Non creo que estivesen alí para falar do proxecto que presentaban os de Cidadanía, tiñan que estar para falar doutra cousa, pois sobre o proxecto non dixeron nada.

Aínda con todo o que dixen agora sobre o que foi a reunión, eu entrei a ela con talante positivo e propuxen -tamén foi proposta miña, pois fun o único que dixo algo por parte dos nosos- que se crease un Wikiproxecto (creo que foi Alma quen dixo esa palabra -algo dixo-) sobre esta experiencia. O proxecto é válido en si, por encima de que estea Xosé ou outro.

A pesar de todo, pois non quero protagonismo, propuxen que fose Xosé quen o crease (inda que para min non é un administrador válido) e quen seguise co asunto. Propoño polo tanto a creación dese Wikiproxecto, iso si, sen que a súa creación implique para nada que todos e cada un -ou os mais ou os menos- dos membros da Galipedia esteamos de acordo con colaborar. Iso xa se verá. Coa presenza de Xosé nese proxecto temo que non ten por que ser factible que eu colabore.

Quédame agora mandarlle un correo ós membros de Cidadanía e expresarlles que non somos todos iguais na Galipedia. Que algúns traballamos desinteresadamente. Que algúns teriamos creado un manual e dado as charlas sen cobrar (iso si, ó mellor soliciataría unha doazón ó proxecto Wikimedia), cando menos é o meu caso.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:10, 14 marzo 2008 (UTC)

Antes de gardar esta última mensaxe mandei o correo a un dos membros de Cidadanía e escribín o seguinte: Un último dato. Inda que non saíse ese dato na reunión -que saíu e dixéstelo vós-, xa o sabía, Xosé cóbravos por crear un manual e dar charlas. Eu levaba moito tempo con ansia de facelo e sen ter o motivo que me puidese ter apartado da administración da Galipedia e de Commons que me permitise poder desenvolver ese traballo. Eu faríao, ademais de por pracer, por convición (de aí as miñas críticas a Xosé), sen cobrar nada. Todo o máis cobraría dietas polos desprazamentos ás charlas. E creo que coma min, moitos dos colaboradores da Galipedia. Non todos somos coma Xosé, destes cun mal administrador. Iso si, quizais eu tivese pedido unha doazón ó proxecto Wikimedia, inda que fose mínima.--Lmbuga Commons - Galipedia 01:10, 14 marzo 2008 (UTC)

Que cona pintabamos Alma e máis eu na reuniónEditar

Eu dixen: "Pois eu ofrezo aquí a miña asistencia á reunión. Se vedes pertinente quedarmos antes para levar un acordo, ou algo semellante, ben. Senón, ás 5 na Corredoira das Fraguas."

Alma dixo: "...Polo que levan dito aquí do que se trata é de escoitar o que conten e pedirlles que o poñan aquí, para que o xulgue a comunidade e aqueles que lles ven tantos problemas, por min ás 5 na Corredoira das Fraguas."

¿Que cona pintabamos? Escoitar, oír as propostas, e extendelas á comunidade.

Dado que hai un comentario tan extenso e obxectivo do que aconteceu na reunión, excuso de dar o meu punto de vista. Podería dicir que se o chego a saber, excusaba tamén de terme acercado a Compostela, co gasto económico e temporal que me supuxo. Non creo que me trabuque se digo que tamén supuxo gran esforzo para Alma e Xosé, malia non termos gripe ningún dos tres. Pero non. Non me arrepinto en absoluto de ter asistido.

Non pretendo falar por ninguén, e quizais me trabuque. Só expoño a miña opinión. ¿Que cona pintaba eu alí? Non o sei, pero creo que enterarme de primeira man da idea da Consellaría non estivo de máis. En ningún momento pretendín representar a ninguén, e deixei ben claro que se acaso se prefería "levar un acordo, ou algo semellante", estaba disposto a facelo. Dado que non recibín resposta, asistín como usuario da galipedia, sen voz nin voto, só a escoitar. ¿Fixen mal? ¿Fixen ben? Consciente de mi responsabilidad ante Dios y ante la Historia, preferín non promulgar Principios del Movimiento Nacional, senón simplemente escoitar. Se alguén está interesado en escoitar ou ler o meu punto de vista, fantástico. Pero o certo é que non son un gran redactor. O meu historial de edicións dá boa fe. Igual que como fotógrafo afeccionado prefiro captar as cousas sen necesidade de modificalas, gosto de traducir e correxir, pero non me sinto capaz de aportar cousas novas.

Non entendín moi ben o de "encerrona", e busquei no Xerais (pa algo fixen o ridículo en Cifras e Letras). Non atopei. Busquei no da RAE (que pa algo fixen o ridículo en Palabra por Palabra):

  • 1. Situación, preparada de antemano, en que se coloca a alguien para obligarlo a que haga algo contra su voluntad. Non, non creo que fose iso.
  • 2. Trampa, emboscada. Tampouco.
  • 3. En el juego del dominó, cierre hecho cunado los tantes que quedan en la mano son muchos. Non andaba Fraga polo medio pa botar un dominó.
  • 4. En algunos exámenes, oposiciones, etc., ejercicio que consiste en la preparación, durante un tiempo determinado y en un lugar aislado, de un tema que luego habrá de exponerse ante el tribunal. Nin exames nin tribunal.
  • 5. coloq. Retiro o encierro voluntario de una o más personas para algún fin. Sendo rebuscados, podería dicirse que nos retiramos voluntariamente á sede da empresa para acadar un fin común, pero non hai que ser Philip Marlowe para saber que non era isto ó que se refería Lmbuga.

Conclusión: que me aspen se teño algunha conclusión. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 04:57, 14 marzo 2008 (UTC)

  • Creo que se están a omitir moitas cousas do que aconteceu nesa reunión:
1º- Nesa reunión, algúns (os máis) fumos a escoitar e analizar a información que nos proporcionaban. Desde Cidadanía e desde a Xunta (continuamente interrompidos por Lmbuga) se tentaba explicar que o proxecto foi contratado con esa empresa moito antes de saber nin sequera nin que a Galipedia ía ser o obxectivo final, de feito antes se pensaron noutras alternativas (que non vou expoñer aquí pero quen queira sabelas non teño problema en comentarllas). Cando xa a empresa estaba contratada e logo de desbotar unha iniciativa concreta se pensou na Galipedia e en montar talleres de 20 persoas, como máximo dous talleres funcionando ao mesmo tempo en zonas rurais entre colectivos (normalmente xente xoven -as máis mulleres- ou xente de avanzada idade). O caso é que a empresa está precisamente para organizar a procura deses colectivos en zonas rurais e en organizar na semana das letras galegas esas miniparties de xente introducindo contidos na Galipedia (falouse principalmente de calidade fronte a cantidade).
2º- No medio desa reunión se falou tamén do dossier en formato PDF que se lle enviou a Xosé que non é máis ca un borrador que Lmbuga esixiu a Xosé que porque non o subira a Galipedia ao que os membros de Cidadanía protestaron enérxicamente posto que non era máis ca un borrador e de feito o resumo que Xosé fixera viña a dicir máis ou menos o que alí nesas páxinas se contiña. Sorprendeume que se fixera a acusación de que non era tal tendo o informe diante e sin tan sequera lelo o que o meu entender, deu unha imaxe lamentable.
3º- Desde Cidadanía explicaron que chegaron a Xosé para dar as charlas despois de ir desbotando unha listaxe de posibles candidatos que lles facilitara Xabier Cid, de feito se falou dun candidato que por vivir en Madrid non era o máis idóneo, así que non vexo ese interese persoal que se quere facer ver. Dixeron que eles coma empresa que son preferían dous requerimentos na persoa que as dese: Que fose unha persoa cunha ampla experiencia no entorno wiki (administrador) e con experiencia docente, pero tamén matizaron que igual poderían ter pensado en calquer outro usuario da Galipedia que polo motivo que fose eles o considerasen idóneo e que nese tema, eran eles e non a Galipedia os que tomarían esa decisión.
4º- A qué conclusións se chegaron? Se chegou a conclusión de buscar unha páxina na Galipedia onde desde Cidadanía se puidese achegar tamén información da actividade, xosé e eu falamos do wikiproxecto como alternativa, ao estilo do catalán (como suxeriran na taberna), de feito xosé despois de decidir entre eles que Lmbuga sería o que o fixera por falta de tempo, comentou que o catalán estaba moi ben porque refrexaba os principios da fundación: verificabilidade, neutralidade, cousas que se deben e teñen que constar alí. Tamén o propio Lmbuga alí dixo que consideraba que tiña que ser Xosé o que seguira adiante co asunto (non entendo logo nada do aquí exposto).
5º- Xusto antes de saír da reunión, Lmbuga quedou con Xosé e connosco de traer aquí un breve resumo do acordado (non unha valoración persoal) e montar o wikiproxecto.

En canto a algo que se está a dicir de qué facía eu na reunión (non podo falar por outros, pois non o sei): Fun tendo bastantes cousas máis importantes que facer na miña vida e ir supúxome un gran esforzo persoal a escoitar e trasladar o que se dixo alí, aquí. Como Lmbuga fixo o ofrecemento de facelo, non o fixen onte. Pero eu non represento a ninguén da Galipedia e Lmbuga na reunión tamén dixo que el tampouco, o máis que podía facer era falar por el. Iso mesmo dixo Xosé. Creo que non hai nada incorrecto niso. Escoitar unha proposta e achegala o resto da comunidade con obxectividade e tentando non facer valoracións persoais é o mellor que podemos facer cada un de nós. Non entro nas consideracións sobre o do café ou o da encerrona porque son inentendibles para min. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 09:09, 14 marzo 2008 (UTC)

Xosé debe renunciar de inmediato ao status de administradorEditar

Cada novo dato que coñecemos abonda no comportamento —por dicilo suavemente— irregular de Xosé. Por boca del apenas coñecemos datos e os que coñecemos son contradictorios cos que achega Xabier Cid ou agora sabemos da reunión do xoves 13 de marzo de 2008 pola tarde. Cando un ten un comportamento limpo non ten problema en dar explicacións, todos podemos trabucarnos, pero sendo adultos e con certa experiencia na Wikipedia ninguén pode ignorar que saltarse certos procedementos ou realizar certas accións non ten cabida na Wikipedia, nen sequera na vida cotiá pero ese é outro tema. Agora sabemos que se trata dunha actividade remunerada, que Xosé coñece a un dos membros da empresa de antigo e desde o principio sabemos que actuou como administrador da Galipedia e que nos ocultou información. A Wikipedia non é ningún lugar para medrar nin para facer os propios "negocietes", precisamente os proxectos libres teñen que transmitir unha imaxe de honestidade e limpeza que neste caso queda danada. Falar no nome da Wikipedia para obter beneficios persoais camuflados como axuda á comunidade é un comportamento contrario ao ben do proxecto. Descoñecer iso non é unha torpeza nunha persoa que leva tanto tempo aquí, e moito máis grave e resulta incompatible co status de administrador. Calquera administrador sabe que nunhas circunstancias como as descritas hai que actuar coa máxima prudencia, separando claramente á actividade privada do status no proxecto. Por outra banda na descrición que fai Lmbuga da reunión hai outros aspectos preocupantes que cómpre debullar polo miúdo no tocante á Galipedia (algúns deses aspectos crean crecente inquietude en min, xa non como membro da Wikipedia senón como cidadán, sobre o funcionamento da administración pública). Volvendo á actuación de Xosé é indubidable que debe renunciar de inmediato ao satus de administrador para non continuar prexudicando a imaxe da Wikipedia. Mesmo debería ser bloqueado para transmitir claramente que a Wikipedia non pode amparar de ningún xeito a busca do beneficio propio e ningunha merma da imaxe deste proxecto. Os feitos dos que é protagonista Xosé danan a credibilidade da Wikipedia, transmiten a idea de que o wiki pode usarse como plataforma para o beneficio persoal e confunden a liña que separa a actividade privada do status no wiki. Polo tanto, se ten algún interese por non prexudicar ao proxecto, á Galipedia e a Wikimedia, debe renunciar sen demora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:58, 14 marzo 2008 (UTC)


Como adoita acontecer, non cheguei a entender nin a metade desta historia. Describíde-las cousas como se o lector xa soubese de que van, sentando por sabidas cousas que só sabe quen o escribe ou poucos máis e así non son quen de seguirvos. Pero iso importa pouco e supoño que será problema meu. O caso é que enseguida sacades conclusións que joden a convivencia de mala maneira. E máis cando o fai xente na que un confía e ós que parece xustificado pedir máis sentidiño. É posible que Xosé debería terse explicado mellor, pero tamén o é que Prevert non debería adoptar esa actitude tan negativa. Non sei cómo foi esa reunión pero non entendo a qué ven esa pregyunta ó aire (¿que cona facían aquí estes?). Supoño que cada quen ten as súas formas e que non teñen por que gustar ós outros. Lmbuga ´teríao feito doutro xeito pero ¿iso xustifica esas explicacións tan críticas? ¿e esa conclusión de Prevert pedindo que Xosé dimita?

Teño toda a impresión de que aquí hai mar de fondo, hai cousas por detrás que o explicarían, pero que non se din. Non sei sequera se se deberían dicir aquí, en público. Sei que Xosé é un tipo que traballa moito e ben, logo non podo crer que estea aproveitándose economicamente do seu cargo, máis bén ó contrario (a maioría estamos deixando aquí tempo e diñeiro, e as horas que pasamos diante do ordenador son horas que non dedicamos ó noso patrimonio, á nosa familia e amigos). Xosé ganouse con creces a confianza de todos nós para que agora veñades con esas conclusións.

Grazas a Lmbuga temos unha colección de imaxes ben organizada e documentada. Os seus consellos sonnos imprescindibles en moitas ocasións. As horas que leva metidas aquí, o traballo que leva feito -en cantidade e calidade- fanno merecedor de tódolos respectos, e se di o que di, non pode ser unha tontería ou unha pataleta infantil. Se el veu nisto unha encerrona non podo quedarme impasible.

Prevert fixo durante anos moito e ben, todos o sabemos, pero está raro, raro, raro desde hai moito tempo, nunha actitude que non entendo. Pero por raro que estea, tampouco é ninguén do que poidamos crer que diga tonterías. E se do que sabe saca esa conclusión, haberá que pensalo ben.

Sumemos agora as puntualizacións de Alma, Estevo e Lans. Tampouco teño ningún motivo para dubidar do que din nin pensar en que oculten nin busquen nada raro.

Temos, xa que logo, tres opinións de tres vellos usuarios de toda confianza, con dúas versións opostas duns mesmos feitos. Isto déixame desnortado e cheo de dúbidas. O mal é que non podo opinar, non sei qué explicacións pedir (nin se teño dereito a pedir nada), e non sei se podo suxerir algo. Atrevereime: tranquilizarvos, que ninguén se crea en posesión da verdade nin salvagarda das esencias últimas, que se retire a petición de dimisión. Que somos distintos, grazas a Deus, pero non mellores nin peores. Que a teoría de "eu nunca o faría" non presupoña que quen si o faga, sexa o que sexa, é peor cá min.

Un vello refrán: Non hai peor cuña ca do mesmo pau. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:40, 14 marzo 2008 (UTC)



Contra a ignominia


A situación actual na Galipedia lémbrame ás purgas de Stalin, quen movido pola paranoia e polo poder absoluto, era capaz de ver conspiradores en cada esquina, forzando a morte ou aos gulags a decenas de millons de compatriotas.

Eu xa decidira hai un tempo non editar máis, vendo que a comunidade permitia o insulto e os ataques inxustos, pero agora coido que debo entrar, pois o ataque a Xose é distinto: estase atacando o bon nome dunha persoa con nome e apelidos, por feitos que non teñen ningun peso, manipulando os feitos ata vestilos como graves. As acusacións de Prevert contra Xosé parecenme covardes en estremo: un editor que non descobre quen é adícase a poñer en dubida a honradez doutro editor que se identifica. Isto pareceme, ademais de covarde, totalmente inxusto e indecente: atácase simplemente a alguen por tomar a iniciativa, polo "pecado" de non consultalo antes con Prevert e os seus peóns. É incrible como se manipulan os feitos, acusando a un colaborador tan activo e de tan demostrada integridade de aproveitarse da Galipedia ¿e logo tanto diñeiro lle van pagar por dar as charlas? Por favor! iso non o cre ninguen. Obviamente Xosé é descalificado polo medo de Prevert a que lle faga sombra Xosé como lider. Esta manipulación é infantil e cheira a envexa. Que similar á paranoia staliniana!! Desde logo no meu caso actuaría pola via legal.

Comentario a Prevert: Volviches en Outubro (foi outubro?). Antes de volveres, a convivencia mellorara e isto comezaba a funcionar, pero viñeche e acabouse, porque volviche con actitudes vingativas (por que? ninguen te botara, foraste ti, dicindo ademais que desde había un tempo xa non creias no proxecto). Non vin unha soa contribución túa tendente á concordia, a mellorar a convivencia, e lin ducias delas no sentido contrario. Tampouco como editor fixeches mais que, coa agachada axuda dun bot (non se cambian 8 artigos por minuto doutro xeito), adicarte a modificar paxinas de homónimos. Por iso digo o da volta vingativa, totalmente negativo.

Demostraches ser capaz de dominar aos teus peons (que ti nomeache a administradores, e incluso unha parte deles non che fan caso), pero non demostrache ter a razón, senón o contrario: veuse que a única forma que tiñas de impoñer as túas ideas, de controlar isto era coa man dura, cos bloqueos e descalificacións a todo aquel que che chistara.

Pero a manipulación e as medidas ditatoriais están tendo un prezo moi alto e estao a pagar os galipedistas e a Galipedia enteira; se non te decatas diso é que non ves os problemas, e se te decatas pois peor ainda. Eu pediríache que sexas consciente do pernicioso que estás a ser para a Galipedia e os galipedistas e que renuncies a participar en xuizos sobre galipedistas e sobre politicas da Galipedia, polo ben da Galipedia.

Comentario a Lmbuga: : ¿como é que chegache ao que chegache? ¿como chegache a preguntar iso de "que coño pintaban ali", por varios colegas da Galipedia? ¿non te das conta da prepotencia e do insulto? ¿consideraste ti mellor ca eles? Eles teñen o mesmo dereito ca ti. ¿non te das conta de que se podería ver como manipulado por Prevert e movido por envexa a Xosé ?

non quero presupoñer malas intencións en ti, pero o caso é que, polas razóns que ti sabes, hiper-reaccionas contra a xente (ti recoñecéchelo na Taberna). Iso non é grave se non lle pos freo e descalificas a alguen ou usas as tuas atribucions contra alguen.

Eu pediríache, polo ben da Galipedia, que te absteñas de facer xuízos de persoas, que te limitaras a un traballo técnico que fas ben, renunciando aos teus privilexios de administrador.

Comentario a todos os galipedistas: O que máis me estraña é de que ninguén proteste (de novo similitudes co rexime de Stalin) e se permita que as persoas sexan insultadas. Dalle á xente igual? Non creo. ¿Cren cegamente nas palabras ignominiosas dun "lider"? Non creo ¿Hai taaanto medo? ¿están dispostos a non mover un fio pra non arriscarvos? Non quero crelo.

¿Credes que o caso Xosé será o último? témome que non, que acabarán purgados todos aqueles que despunten un minimo e provoquen a desconfianza de Prevert e dos seus peóns.

Nada máis, supoño que algún dos peóns me bloqueará ou se permitirá como sempre o insulto contra min. A dignidade ten un prezo e paga a pena. Grazas por lerme ata o final. ----Maañón 21:27, 15 marzo 2008 (UTC)

  • Opino que se alguén debe ser bloqueado por participar cun mal ton nesta "discusión" debería empezarse por bloquear a Prevert. Non se pode actuar do xeito en que se está a levar este asunto. Cando acabedes aquí ideslle pedir contas a Sobreira sobre as charlas en Ordes e se vai cobrar ou está a ocultar algo? Espero que sexades conscientes da gravidade das actuacións que se están a levar a cabo presumindo da arbitrariedade como se fose unha ferramenta máis dun administrador e botando acusacións sobre a honorabilidade dos compañeiros. Todo ten un límite. Lansbricae (Ti dirás) 22:13, 15 marzo 2008 (UTC)
    • Lansbricae si por o que ves de fager queres desmostrar que deixar isto : "A situación actual na Galipedia lémbrame ás purgas de Stalin, quen movido pola paranoia e polo poder absoluto, era capaz de ver conspiradores en cada esquina, forzando a morte ou aos gulags a decenas de millons de compatriotas." é unha militancia na Galipedia pa libertade de opinion, pois xa non sei que pensar das tuas boas intencios de levar a Galipedia pa diante, iste tipo de fala contraven ao proxecto wiki sin que se teña que citar ningun texto ElviraConversa con mi 22:36, 15 marzo 2008 (UTC)
  • Non pretendo demostrar nada, só digo o evidente, nesta "conversa" téñense excedido moita xente, e eu que fun bloqueado tres veces non vexo a equidade, quizais sexa un egocéntrico antisistema. Creo que toda esta conversa no seu conxunto contravén ao proxecto wiki sen necesidade de moita dobre lectura. O resultado de momento expulsar a un usuario na súa primeira participación no asunto Lansbricae (Ti dirás) 22:53, 15 marzo 2008 (UTC)
    • Lansbricae, non pretendes, mais volves a editar un texto contrario o proxecto wiki. Nesta conversa, sin falar da intervencion de Maañon, hai algunhas palabras de Lmbuga que se pasan, e que si un administrador o bloqueasa unhas horas non se poderia decir nada. Tu milloraches a tua expression pero houbo temporadas en que falabas mui mal, e non parece que te bloquease nadie, xa que na hora que de seguida estabas editando, non busquo as ligazons, mais hubo casos que eu che comentei o teu mal falar. ElviraConversa con mi 23:22, 15 marzo 2008 (UTC)

Sobre Contra a ignominiaEditar

Pois si, vou comentar algo e desxo non volver a este fio.

  • Eu de boas ganas revertia toda a mensaxe de Maañon, pa que quedesa no historial, pero non a vista permanente, non o fago porque Alberte xa o fixo e debemos pensar a mesma cousa : si se volve facer un revert habra guerra de edicion, e supoño que Alberte pensa como eu : debese evitar eso, sin mirar pa outro lado, quedandose tranquilo.
  • Eu de boas ganas debatia sobre o que pode haber de critica concreta na mensaxe de Maañon, e despois de definir o concreto hasta discutia de boas ganas con Alberte e a comunidade do tempo de duracion do bloqueo, e estou case segura que a Alberte non lle pareceria mal, xa que comprobou noutras ocasios que non é testarrudo.
  • Pois non vexo eso posible por varias razos :
      • 1 hai usuarios que apoian a Maañon, e que no meu sentido son os que han comprendido o que Maañon di de critica concreta , e por iso poden expresalo pa comunidade doutro xeito e logo retirar a mensaxe e decirnos que entenden que ese tipo de fala non se pode admitir, mais que expresa tal e tal cousa que iles entenden ben etc etc e que por eso desexan discutir coa a comundidae dos temas concretos de milloria e por outra banda do tempo de duracion do bloqueo, xa que Maaño emocionose tanto por as suas ideas do proxecto etc.
      • 2 anduven mirando algunhas edicios do usuario Maañon e atopo coa a sua paxina de usuario : Primeira paxina de presentacion 0 19 de agosto do 2007. Logo vese, sexa por as suas edicios nos artigos, nas paxinas de conversa dos artigos, como dos usuarios que Maañon é unha persoa mui cultivada, con moitos conocementos, con moitos proxectos a propor pa millorar a Galipedia e que comparte ideas con usuarios ( o que comparta ideas de milloria con outros usuarios non me pareceme mal por si, todo o contrario). Todo esto pa decir que Maanon non pode benifiar de ignorancia sobre as bases dun proxecto wiki. A entrar na Galipedia con esta frase : "E ademais, despois da caña que lle din a certas “vacas sagradas” desta institucion, .. quen me vai ler de xeito obxectivo?." podese pensar que non é usuario de dialogo, porque seguramento como IP, ou noutra wikipedia pos anduvo con ataques.
      • conclusion Non comento mais porque non vexo nada nesta seccion de concreto pa enfrentar ideas diferentas e contraditorias sobre o funcionamento pa que adiantemos, xa que ai discrepancias e debense loxicamenta enfrentar dialogando. Non podemos ser un tribunal ni pa o administrador que fixo o bloqueo, nin tribunal pa o usuario que portouse de modo que se pon fora pola sua fala, si se vai por ise camiño que cada un queda onde esta ElviraConversa con mi 00:15, 20 marzo 2008 (UTC)



Lameiro, tentarei na medida do posible escribir unha resposta que aclare algunha das túas dúbidas. A Galipedia non é unha illa no conxunto dos proxectos Wikimedia, a maioría teñen os mesmos problemas ademais de contar con directrices comúns. Hai debates, problemas e solucións a eses problemas que se producen ou se ven en Meta, en Commons, na Wikipedia en inglés, noutras Wikipedias cercanas ou que se desenvolven nas listas de correo que marcan as liñas do que se debe ou non debe facer (xunto cos principios fundadores do proxecto). A visita periodica a eses lugares, observar e tomar nota das conclusións do que alí sucede é moi útil para este wiki. Noutras ocasións o intercambio de opinións con administradores, usuarios expertos ou non expertos permite ver como se debe enfocar a solución dun caso. Naturalmente tamén hai situación particulares e casos moi singulares. Cando un leva moito tempo nun wiki hai certas asociacións e comprobacións que se fan de xeito case automático. Mesmo se perciben rapidamente as relacións que se producen entre as edicións de diversos usuarios extraendo datos e conclusións deses feitos. Quero dicir con iso que en moitas ocasións non é preciso dispoñer de información adicional para poder pintar o cadro do que sucede, só atando cabos, coas buscas de todo tipo, coa consulta de documentos pode ser suficiente.

A situación que agora vivimos neste wiki é extremadamente grave e debo dicir que me preocupa profundamente. Se miro a algún dos wikis que temos máis cerca vexo que están inmersos en tremendas convulsións froito de feitos pasados. Nós estamos neste momento nese punto que pode desembocar no que eles agora sofren. É certo que hai conflitos difíciles de comprender e difíciles de explicar neste medio. Nunha conversa cara a cara terían fácil explicación, aquí se un quere xogar limpo hai un límite nas palabras e na expresión. Así e todo non creo que se deba cruzar esa liña (entre a vida física e a virtual). Precisamente o problema no que estamos enmarañados ten que ver coas diversas aristas da falta de separación entre a vida privada e a vida no wiki, sumado á confusión en canto as regras dos wikis da Wikipedia.

Tocante as discusións as persoas non teñen tempo ou non queren inmiscirse en problemas, é natural xa hai dabondo na vida cotiá para vir aquí a enlearse máis. Por outra banda, por regra xeral quen segue o wiki faise unha idea sobre os usuarios pola súa presenza nos cambios recentes. Nesas coordenadas é máis habitual que se valore máis un usuario que fai moitas edicións que outro que faga edicións traballadas que requiran moito tempo e moito máis esforzo, o primeiro é visible mentres o segundo pasa desapercibido. En canto as discusións non hai xeito de impedir que un usuario reclame algo que logo non se aplica a si mesmo. Quen le por riba sen contar con outros elementos non ten medios para comprobar a realidade desas palabras. Por exemplo alguén podería reclamar transparencia e logo andar a actuar ás agachadas. Outro punto a sinalar é a deriva que se produce nos wikis cara a un blog enciclopédico no canto dunha enciclopedia, ou cara un club social, ou mesmo confundilo cunha tasca, ... non hai que desbotar, como noutros proxectos de colaboración, que haxa persoas que tenten resolver problemas propios aproveitando a súa participación ou mesmo como nas ONG e outros proxectos altruístas que haxa quen queira medrar (neste punto e neste momento non me estou refirindo a ninguén en particular, só é unha análise de situación).

O que falei ata agora digamos que foi o previo, entremos no miolo do asunto.

  • Pode un administrador, en calidade de administrador, asumir pola súa conta a representación da Wikipedia en galego e que esa representación supoña un beneficio para si mesmo? Non. Non porque o diga eu, senón porque está actuando ás costas do proxecto e dos principios de Wikimedia.
  • Pode un administrador, en calidade de administrador, xestionar para si mesmo unha ocupación na que reciba unha remuneración económica? Non. É incompatible co seu status, polo menos nas condicións que estamos aquí analizando.
  • Pode un administrador, en calidade de administrador, actuar á sombra e ocultar información sobre as súas xestións na vida real que utilizan como plataforma o seu status no wiki? Non. Neses casos requírese o coñecemento da comunidade, e no caso de que haxa algunha información "sensible" seguir os pasos estabelecidos nas directrices da Fundación Wikimedia e os procedementos habituais para eses casos.
  • Pode un administrador, en calidade de administrador, evitar unha e outra vez responder ás preguntas dos colaboradores refiridas ás súas xestións na vida real relacionadas co seu status no wiki e que afectan ao wiki? Non. Está faltando á confianza que se precisa para realizar a tarefa de administración. Ocultar información sobre a súas xestións ás costas do wiki racha cos límites do que lle está permitido. Ademais nesas circunstancias o seu silencio supón un desprezo aos compañeiros.

Teño que dicir que cando reclamo a renuncia inmediata de Xosé por uns feitos tan graves, non o fago á lixeira, en temas coma este adoito actuar cando vexo que imprescindible facelo. Por poñer un exemplo co mesmo Xosé como protagonista, o pasado 13 de febreiro de 2008 fixo unha edición na que axudou a un usuario bloqueado a saltar un bloqueo. Algo que en condicións normais conleva como mínimo un aviso de bloqueo. A edición case parece inocente pero revela un profundo descoñecemento da tarefa de administración, en paralelo revela outros datos. Prefirín non abrir outra vía de conflito aínda que algún compañeiro ao coñecer agora este dato poida pensar que debía publicarse naquel momento.

Xosé actuou como administrador extralimitandose. Cando a empresa solicitou a opinión dos administradores e a colaboración dun deles, no canto de informar á comunidade negociou pola súa conta valéndose do seu status unha actividade que tiña unha remuneración económica. Presentou no wiki uns feitos consumados. Por outra banda ocultou información, proporcionou información contraditoria con outras versións, ocultou que tiña un coñecemento previo dun dos membros da empresa, tamén que había unha transación económica polo medio. Nesas circunstancias non podia ignorar que o seu proceder era incompatible co seu status no wiki. Tampouco podía ignorar que se presentaba publicamente eses datos os colaboradores non ian aprobar o seu proceder. Negarse a aclarar o que sabia é un agravante do seu comportamento cando sabe desde hai días que nós debe a todos explicacións. Por certo, segundo o relato da reunión tamén nos debe explicacións sobre que cousas tiña que falar á parte cun membro da empresa que non se puideron dicir na reunión. Todo iso xunto co dano á imaxe da Wikipedia fai que deba renunciar de inmediato ao status de administrador. Ademais entre as opcións posibles neste momento é a opción máis favorable para el, por moito que se agoche non lle vai quedar máis remedio que facelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:18, 15 marzo 2008 (UTC)

  • Paso. Paso disto e quédome moi jodido de todo o que leo. Paso olimipicamente, non sen antes dicir que entre tanto mal rollo no que nos estamos metendo, hoxe houbo unha gran noticia: ó Maañón foi por fin bloqueado para sempre. ¡Qué alivio, meu deus! Será isto o que contan do ying e o yang: entre tanta ... que houbo que ler hoxe naceu unha flor. Non é sen tempo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 15 marzo 2008 (UTC)
  • Isto non é un púlpito. Este usuario é a segunda vez que verquendo información intencionadamente parcializada e manipulada exixe a renuncia inmediata e incluso o bloqueo dun administrador. Esto vai contra este proxecto xa que ademais de insistir en obviar os datos aportados por Xabier Cid e outros mais segue a insistir na súa versión no canto de empregrar o procedemento que ten aprobado esta comunidade, a que Prevert non representa por moito que insista en pretendelo. A súa ampla experienza semella que lle pasou unha custosa factura e agora actua como si estivera por enriba de todos nos, dominando o ben e o mal. A gravidade das acusacións. A solicitude feita fora dos cauces que para protexer aos administradores deste tipo de ataques acordou esta comunidade non van con el. A falta de respeto segue a ampliarse a toda a comunidade, se quere quitarlle o status de administrador a Xosé que siga o procedemento indicado. A insistencia en non respetar á comunidade e considerala experimento sociolóxico non é compatible coa Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 22:53, 15 marzo 2008 (UTC)
  • Para Lameiro: A túa ledicia de existir algo de equidade tería que ser motivo dun bo bloqueo tamén. Alégrame que estés contento, debeu rematar a operación quirúrxica a que dixeches adiante. Sactamente estádesvos metendo nun bo choio que como semella evidente xa traspasou o ámbito da Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 22:53, 15 marzo 2008 (UTC)
    • No unico que concordo con Lansbricae é que Lameiro pasouse, tal Lmbuga mais arriba. Pedirlle a un administrador de renunciar o status de administrador e dar explicios amplias non e falta de respeto en nigunha wiki, é resulta nas praticas das wikis menos violento que pór à votacion pa Revogación dos permisos o administrador Xabier.Cid eiqui :Wikipedia:Votacións á administración#Revogación dos permisos sin consultar a comunidade, o que ficheches tu. ElviraConversa con mi 23:22, 15 marzo 2008 (UTC)
  • Primeiramente, pedir desculpas por ter empregado unha expresión (coño) pouco procedente. Desculpade tamén que inda non puidese ler a fondo tódolos comentarios que se realizaron desde a miña última aportación, as vacacións de Semana Santa, dificúltanme maior dedicación. Considero esta miña contribución urxente, polo que a fago independentemente do que se dixera.
En segundo lugar, facer fincapé en que Xosé mentiu: Foi á reunión (Alma, Estevoaei e... estaban esperando a súa chegada) e, ademais, non renunciou a dar as charlas. Seino, porque estiven na reunión coa empresa Cidadanía posterior a esta mensaxe: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_%28xeral%29&diff=prev&oldid=737121.
En terceiro lugar, e principalmente pois é o máis importante (expresareino tamén na súa páxina de discusión): Cambiei radicalmente de opinión logo de lle dar moitas voltas ó asunto, tantas voltas que inda non dei durmido: Rógolle a Xosé encarecidamente que non atente contra o punto de vista neutral, pois estando a pago por unha asociación que desenvolve un proxecto na Galipedia non pode nin ser administrador (cousa que o tempo demostrará, se non me confundo) nin editar, opinar ou votar sobre esa cuestión. --Lmbuga Commons - Galipedia 02:39, 16 marzo 2008 (UTC)

Cambios de opiniónEditar

Non entendo nada do que se pón aquí, non entendo que se ataque a unha persoa esixíndolle explicacións e acusándoa de escurantismo e de agocharse cando esa mesma persoa espuxo na reunión do xoves pasado a imposibilidade de expoñer aquí o resultado da mesma ata o mércores desta semana e se ataca e inxuria a esa persoa por un suposto silencio e escurantismo que non é tal posto que o propio Lmbuga acordou que el mesmo abriría o wikiproxecto ante a imposibilidade de xosé e alí espuxo claramente que sí consideraba que xosé era a persoa que debía continuar co mesmo, non o digo só eu, alí estabamos 7 persoas presentes, posto que entendo que despois de escoitar como o fixemos os demais que xosé foi (polo menos) o terceiro ao que se recorreu dunha listaxe facilitada por Xabier Cid, entendera como o fixen eu que non había nada incorrecto no seu proceder. Xa o dixen antes e o recordo agora: non sei qué pasou para que unhas horas despois Lmbuga pasase xa a non ser capaz de durmir por este asunto como el mesmo afirma. Vid. [5], pero ao igual que outros usuarios manifesto o meu profundo desacordo con todo o que se está a facer xa que ademais de ser mentiras (que se poden demostrar), porqué esta acritude exclusivamente cara a xosé?, o propio xabier cid recoñece que o representante da xunta se puxo en contacto con el (de xeito persoal) cando xa era administrador, foi el o que facilitou a listaxe de persoas aptas para dar as charlas -sen contar coa comunidade-, e que quede claro que en ningún momento penso que fixera nada incorrecto, pero resúltame cando menos sorprendente 1º- que se faga unha acusación deste tipo, 2º- que non se faga sobre todos os que tiveron participación nese asunto, 3º- que se chegue a un suposto entendemento para levar a iniciativa adiante abrindo unha páxina de wikiproxecto e o resultado sexa todo esto. Penso que hai que reflexionar e moito, pero o 1º paso para esto e deixar de descalificar as persoas que por riba de todo non se poden defender (e ademais por parte daqueles que teñen coñecemento deste punto) e retirar as acusacións inxuriosas que danan ao proxecto e ás persoas que o levan adiante. Alma (fálame eiquí) 22:05, 17 marzo 2008 (UTC)


Eu, tras a mudanza de opinión que sufrín, persoalmente, sigo á espera de que algún representate de Cidadanía edite aquí (considero a Xosé un representante da empresa, pois tal e como dixo na reunión cando contactou con ela non representaba á Galipedia) e indique tódolos detalles do proxecto. Evidentemente, pois eu fun á reunión, sei algúns dos detalles, pero os datos que escoitei e os que se me pasaron por escrito en 12 folios son contraditorios (na reunión non se falou de que houbese a actividade do 17 de maio). Sigo á espera e xa vai moito tempo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:20, 19 marzo 2008 (UTC)

  • Eu non comprendo ben o que se debe esperar Lmbuga. A ver si me aclaro, concordo bastante co analisis de Xabier.Cid mais arriba :
    --- Solo pode haber proxecto dentro da Galipedia, con usuarios da Galipedia actuando, colaborativamente si, mais como individuos. Nada empide co proxecto teña conta de informes exteriores. O proxecto solo pode levar directivas do tipo de calquer proxecto, como exemplos Wikipedia:Wikiproxecto Dereitos humanos, Wikipedia:Wikiproxecto Concellos galegos etc. E decir un proxecto que favorece a colaboracion, cada usuario metese dentro o seu gusto o coas suas posibilidades tanto en conocementos de sabedoria, como en conocementos pa manejar as regras basicas pa editar etc. O (ou os proxectos) poden ser sobre un tema, mais poden ser sobre una meta tipo calidade "poxecto wikifiar artigos" (listage de artigos a wikifiquar ....) o outro tipo de meta.
    --- Representastes de Cidadanía podense rexistrar de dous xeitos mui distintos : 1 - tipo o usuario Caixanova na wikipedia en castelan, pa dar informes e por a disposicion recursos cos usuarios utilizan ou non utilizan ou 2 - rexistrarse como usuarios e actuar como usuarios normales
    ---Claro esta que todo proxecto debe levar como idea que nos toca a nos (usuarios "vellos") de preparar a paxina do proxecto con moita pedagoxia pensando que e posible que tal dia vamos a ser moitos a colaborar, e que nos moitos e posble que moitos usuarios pidan axuda. Os proxectos poden aparecer na portada etc etc . Si tal dia non hai monton de usuarios, quen nos impide de seguir co proxecto, porque insito un proxecto wiki e una formula de xuntar e favorecer edicios colaboritivas e de calidade (xa que duas persoas teñen mais capacidades que 1 + 1 !).


Repito o que eu mui claro pa min : a) ningun exterior pode dar directiva de ningun tipo os usuarios da Galipedia, b) calquer persoa pode contribuir na Galipedia cando lle antoxa.
Agora quen ten ideas pa propor un proxecto ? A ver si un usuario abre unha paxina especial anunciada no portal da comunidade pa elaborar un o varios proxectos ? Esto a a unica cousa que eu espero pa contribuir co dia das letras galegas, a Galipedia sexa atrativa e si novos usuarios se presentan en cantidade pois que aumentan as edicios !ElviraConversa con mi 21:00, 19 marzo 2008 (UTC)

RespostasEditar

Atopo moitas cousas escritas nestes dias e en sitios moi diversos. Como foi aquí onde se presentou a proposta, respostarei aquí. A verdade é que a maioría da información xa está na intervención de Xabier Cid de máis arriba polo que, a quen lle interese, recoméndolle lela. Respostando a Prevert, debo reiterar que eu nunca actuei en calidade de administrador da Wikipedia en galego para me abrogar representación nengunha, nen xestionei remuneración económica por actuar como administrador, nen ocultei información. Xa se ten dito que a empresa organizadora procuraba un perfil dalguén con coñecemento da Galipedia e con experiencia docente e así deron comigo, buscando o meu enderezo electrónico en google, e que eu non fun o primeiro. Iso é o que se debe entender co feito de que falasen comigo como administrador: non para que actue como tal senón porque se me presupón experiencia. Non evito responder ás preguntas dos colaboradores nen me agocho; estiven de vacacións até hoxe. Sobre o membro da empresa que coñezo, xa se dixo que había tres anos que non nos víamos, perdéramos o contacto e el non sabía que era eu cando se puxeron en contacto comigo. Sobre o cambio de opinión de Lmbuga, só podo expresar a miña sorpresa. Ás veces parece que estivese ausente na reunión (por sorte estábamos outros 6). Eu non mentín: como dixen na mensaxe que el sinala, telefonei para dicirlles que íades vós. Na reunión xa explicaron a razón que me deron: en vez de con voluntarios, prefiren traballar con unha única persoa e por iso rexeitaron a tua oferta. O escrito que tes nas tuas mans era só un borrador e non sei a que te refires coa actividade do 17 de maio, non menciona nengunha. Na reunión tamén dixen que eu me ia de vacacións até hoxe, por tanto non sei a que ven ese reproche que me fas de que sigues á espera e xa vai moito tempo. A verdade é que é unha mágoa ter unha oportunidade como esta e estragala deste xeito. Como acaba de sinalar Elvire xusto antes, cómpre pór en marcha un wikiproxecto e prepararnos para recibir a xente que, esperemos, atope este proxecto actractivo e decida ficar e colaborar. Por último, sobre a miña renuncia, non considero que teña feito nada negativo para o wiki, ao contrario. --Xosé (✉) 21:44, 19 marzo 2008 (UTC)

  • Xosé entendo case todo. Podes aclarar algunhas cousas :

"Na reunión xa explicaron a razón que me deron: en vez de con voluntarios, prefiren traballar con unha única persoa e por iso rexeitaron a tua oferta." 1 cal e o traballo concreto ? 2 cal e a oferta concreta que lle rexeitaron a Lmbuga ? 3 fas algun traballo concreto pa iles (co teu conocemento da Galipedia) esto non e problema si no no fas en nome da Galipedia ? 4 no caso que fas algo, podes decir que iso non che procura ningun beneficio ? Sen mais Xoxé ElviraConversa con mi 22:09, 19 marzo 2008 (UTC)

    • Elvire: 1) Traballo concreto: revisar a idea xeral e o material didáctico que eles van crear, dar 4 charlas aos dinamizadores da Consellaría (que son os que levarán despois as actividades), estar disponíbel por se os dinamizadores teñen dúbidas e facilitar estatísticas ao final. 2) Oferta de Lmbuga: que o podían facer voluntarios (os usuarios habituais da Galipedia). Rexeitáronno porque non é práctico (non se lles garante que se poida facer) e porque 4): si me queren pagar porque para eles non é aceptábel que cobren diñeiro público e logo lles fagan o traballo de balde. 3): NUNCA fixen nada en nome da Galipedia, trátase exclusivamente de que queren unha persoa que saiba do tema para ese traballo concreto. NUNCA direi que represento á Galipedia. --Xosé (✉) 22:30, 19 marzo 2008 (UTC)
        • Moitas gracias Xosé eres mui claro, e en nada me parece que sexas persoa nin mala, nin dañosa. Unas conclusios son evidentes pa mín outras moito menos :

-- en canto traballas pa iles non podes actuar na Galipedia

-- despois, xa que levaches beneficio pareceme que tampouco,

-- si lle ouveran acetado a oferta a Lmbuga pois il tamen estaba nun caso similar, ainda que fose de balde, un traballo é un traballo.

-- cando se trata de charlas publicas dun usuario que fala en nombre proprio, e co que di e a sua experiencia, sin ser un discuroso de encargo, pareceme que non hai problema

-- os casos mais conocidos son da wikipedia en inglés

-- a ver si alguen ten ligazons, ou si podese informar en media

-- eiqui non se trata de debates pa decisios entre nos, tratase das bases do contrato basico do usuario que se rexitra con todos os proxectos da Wikimedia fundacion. Temos que informarnos. A ver si adiantamos tranquilamente ElviraConversa con mi 23:01, 19 marzo 2008 (UTC)

Grazas pola información Xosé, agora por fin temos as cousas un pouco máis claras. Miguel.lima 00:48, 20 marzo 2008 (UTC)

Opinión persoal sobre a liorta: hai que cambiar este camiñoEditar

Por ser un tema que me preocupa bastante, a dinámica que está collendo de novo este wiki, non quería pasar sin deixar eu tamén o meu punto de vista. Farei un repaso mental de algunhas actitudes/actuacións que me chocaron:

  • Houbo quen se indignou porque Xosé non aparece polo wiki para dar máis información, ou porque aceptou cobrar unhas charlas aproveitando o seu status de administrador. ¿Por que non se lle ocurriu pensar que cando Xosé decía que non estaría ate o mércores, era porque realmente non estaba ate o mércores?. Tamén se puido ver o aceptar dar as charlas como un acto de boa fé, de alguén que pretende que a Galipedia siga avanzando, e considera que dar a coñecer o proxecto é unha moi boa forma de facelo.
  • Houbo quen se indignou porque Xabier Cid deu unha lista de posibles colaboradores á empresa Cidadanía, e comezou as xestións do proxecto, sin consultar coa comunidade. ¿Por que non podemos pensar que a discrección que require sacar á luz pública un proxeto todavía por aprobar, xustifican esas eivas iniciais na información, suplidas logo con detallados reportes?
  • Haberá quen se indigne porque Lmbuga acusa a Alma e Estevoaei de acudir á reunión para "preparar unha encerrona", sen ter, aparentemente, proba ningunha. Podemos preguntarnos, tamén, por que Lmbuga usa expresións despectivas con compañeiros interesados en implicarse no proxecto, tales como ¿Que coño pintaban Alma e Estevoaei na reunión?. Pero tamén podemos tentar poñernos no seu lugar, e entender que alguén vexa a decisión unilateral de "aparecer onde ninguén me chamou" como unha falta de respeto, e comprender que a calquera se lle quenta a boca nun momento de discusión.
  • Haberá quen se enfade porque Lmbuga fixo algo tan de compañeiros, e que da tan boa imaxe sobre a Galipedia, como enviar un correo a Cidadanía, descalificando ao compañeiro a quen escolleron, e no que confiaban, empregando termos como Non todos somos coma Xosé, destes cun mal administrador, e chamándolle pesetero con outras palabras. Máis unha vez, tamén isto se lle pode perdoar, si se esforza un en porse no lugar de alguén que está convencido (todos temos dereito a equivocarnos), de que un compañeiro está traizoando a Galipedia en beneficio propio, coa cantidade de xente que o fariamos de balde. E alguén confuso e indignado en extremo, tamén ten dereito a cometer estos erros.
  • Haberá quen se pregunte por que Lmbuga queda logo da reunión (segundo Alma) en montar un wikiproxecto, e logo non o fai. Bon, no momento de confusión que se xenerou, e cos susceptibles que estaban moitos, se cadra ate fixo ben en agardar.
  • Haberá quen se pregunte que pintaban Alma e Estevoaei nunha reunión á que ninguén os invitou. Pero tamén haberá quen os xustifique, pois como membros activos da comunidade, non teñen porque ter menos dereito que un administrador. E máis tendo en conta que deixaron aviso nesta páxina e a ninguén lle pareceu mal.
  • Haberá quen se ofenda porque Prevert acusou a Lansbricae e Alma de pretender extender un conflicto, antes de que ninguén dos dous usuarios fixese o máis mínimo amago. Pero tamén haberá outros que entendan que o conto ese ven de longo, e ao mellor despois de tanto pelexar xa lle salta o resorte defensivo cada vez que ve un deses nomes de usuario nunha páxina, aínda que a veces se equivoce.
  • Haberá quen se escandalice por que Prevert nos quere dar ordenes os demáis (Xosé debe renunciar ao seu status como administrador), en vez de facer suxerencias, como todo o mundo (propoño consideremos votar a revogación do status de administrador de Xosé, polos seguintes motivos..., por exemplo). Bueno, pois aquí tamén se pode interpretar que, ao seu entender, se estaban violando principios básicos dunha forma tan sangrante que requerían dunha resposta exemplarizante. Tan urxente e exemplarizante que non facía falla nin seguir os cauces democráticos de decisión, pois o propio afectado tiña o deber moral de dimitir. Non sei, cando un ve perigar o bó nome de aquelo polo que tanto loitou, xunto con tantos outros, e ao que tantas horas dedicou, creo que ata ten dereito a entrar en estado shock e tomar medidas que aos ollos dos demáis son desproporcionadas.
  • Haberá quen se pregunte por que Prevert acusa a Xosé de usar a Galipedia en beneficio propio, sen ter demasiadas (ou ningunha) probas. Un, sendo ben pensado, pode preguntarse si o estado de shock que describín arriba lle facía actuar non con mala fé, si non dun xeito errado.
  • Haberá quen se pregunte como fai Maañón para faltar tanto ó respeto nun só comentario. Pero tamén haberá quen se pregunte por que Albert galiza o bloquea para sempre, sen previo aviso, nin explicación, nin consulta coa comunidade.


  • E tamén haberá quen se pregunte ¿¿¡¡porque raio está o Miguel.lima dando outro sermón, decíndolle a cada un o que debe facer!!!?? Pero sempre haberá quen pense: "pero si o fai a boa fé, non vedes que o pobre chaval quere que faighamos as paces todos dunha vez, e perdeu todo este tempo para intentar mostrarnos que se cadra temos moita arte pra vela palla no ollo alleo, e pouco xeito pra vela viga no propio, e así non hai quen se entenda"


Conclusión persoal: Eu, polo pouco que vos coñezo, estou convencido de que a inmensa maioría estamos aquí para sacar isto adiante, e con ganas de colaborar sin ningún tipo de interese persoal malicioso. Non digo que non se poidan facer críticas do que creemos que está mal, pero outra cousa é caer nestas dinámicas de enfrontamentos persoais, nas que parece que estamos á expectativa de que o “contrario” cometa un erro para saltarlle á chepa sin piedade, e poder vingar ofensas pasadas.

Por desgracia, a veces deixamonos caer nunha dinámica contaxiosa onde parece que todos estamos en posesión da verdade absoluta, e os que se equivocan son sempre os demáis. Por eso temos dereito a bloquealos si nos critican, a ordenarlles que dimitan xa, a difamar, a chamarlles "peóns", a chamarlles "Stalin", a facer acusacións gravísimas incluso non tendo probas concluintes.... Que máis dá, non son perfectos coma nós, que nunca nos equivocamos, e só por iso xa o teñen merecido. Miguel.lima 00:46, 20 marzo 2008 (UTC)

Concordo en todo con Miguel Lima, levamos moito tempo en liortas e enfrontamentos, xa non importa cal foi a súa orixe tan só que consome moita enerxía, moitas palabras e sobre todo quita a moitos, ou polo menos a min, as ganas de colaborar, o problema non é que se discrepe ou que se estea en desacordo é o ton, a música de fondo que non leva a ningures.--Arco de Rayne 09:39, 20 marzo 2008 (UTC)


Ola Miguel.lima. Se algo bo saiu deste asunto é que ti mesmo e Arco de Rayne vos implicastes. Subscribo completamente o espírito da túa mensaxe, o que xa non podo subscribir é o seu contido, polo menos na parte que a min me toca (tamén creo que son bastante inexactas respecto a outras persoas). Fanse unha serie de suposicións moi pouco acordes coa realidade, teño que dicir que algunha delas ata me parecen insultantes :-) Xa sei que están ditas para construír a mensaxe pacificadora, por iso igualan comportamentos e asumen certas intencións que non son certas, polo tanto non lles vou dar maior importancia. Nun principio, tiña pensado facer unha resposta minuciosa explicando unha serie de puntos que podían achegar certas claves, desbotei esa liña para evitar novos malentendidos (só dicir que a explicación comezaba citando unha película de Hitchcock: The 39 steps, temos artigo sobre a novela, e a argumentación ia sobre o que se sabe e o que se pode e debe dicir, xunto coa interpretación que outros poden tirar diso). Se non me trabuco con respecto a ti a Arco de Rayne, se permanecedes no wiki o tempo suficiente e se chegades a ter un coñecemento máis profundo do funcionamento da Wikipedia, sei que nalgún momento ides comprender por completo o sentido da miña intervención neste asunto. Oxalá ese coñecemento chegue ata o punto de que vós convirtades en administradores deste proxecto. Teño paciencia e sei que se esas circunstancias se producen ides ter a honestidade de recoñecer quen fixo o correcto. Tamén sei que o fío trata de preguntas que non se formularon, ou sobre insinuacións que pasaron mesturadas con vandalismos e que prenderon (cando intervín xa sabía cales eran as posibles trampas así que non me colleron por sorpresa). Vou aproveitar para pedirche algo: por favor analiza o papel que tivo ata agora cada un de nós neste asunto incluído ti mesmo, por favor analiza as motivacións de cada un, por favor revisa como concorda o meu comportamento co meu perfil de comportamento ata agora no wiki, por favor tenta imaxinar —como hipótese—- se houbo outros elementos de xuízo ou outras accións que non resultaron visibles no wiki e de que xeito puideron influír no desenvolvemento da discusión. Se chegas a facer un análise do papel de cada un de nós nisto e se chegas á conclusión de que a min me moveron intereses persoais do tipo que foran, se chegas á conclusión de que actuei inconscientemente (sen valorar as implicacións e consecuencias das miñas palabras), se cres que fun contra as normas do wiki, se cres que actuei por vinganza ou por calquera outro causa espuria anímote a que me deas canta "caña" consideres oportuna mesmo ata facer "sangue" (naturalmente, non o digo por ningún afán masoquista). Se realmente pensas iso é o camiño que terás que seguir para defender o wiki. Con respecto a Xosé e as súa explicación non vou recuar nin un milímetro, reafirmome en todo o dito, na práctica a secuencia de feitos confirma todo o que se dixo ata agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:05, 21 marzo 2008 (UTC)

Cousas novas sobre a, probablemente mal chamada, Matatón WikipédicaEditar

Procedo a facer un escueto e persoal resumo do documento que teño no meu poder e a aportar sobre a marcha algún dato a maiores procedentes da reunión (algún por fin foi aportado por Xosé, quixen esperar a que fose el quen o dixese). Por último manifestarei algunhas preocpacións:

  1. A empresa cidadanía é unha sociedade coperativa composta por profesionais das ciencias sociais. Está especializada no deseño e impulso de participación social.
  2. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, promovida pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, é unha iniciativa dentro do Plano Estratéxico Galego da Sociedade de Información (PEGSI)..
  3. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria vén desenvolvendo tódolos anos actividades o Día de Internet, 17 de maio.
  4. O documento que comento é un proxecto realizado pola empresa Cidadanía e presentado á Rede de Dinamización da Sociedade da Información e á celebración desas actividades que promove a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria.
  5. O proxecto pretende incidir sobre a Galipedia (facendo unha moi positiva valoración da mesma) e colaborar co proxecto de Wikimedia dinamizando e aumentando a participación.
  6. Obxectivos:
    1. Que a empresa Cidadanía (os seus colaboradores e/ou participantes) e os usuarios da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, sexan usuarios da Galipedia
    2. Incrementar contidos da Wiki.
    3. Promover o coñecemento de Galicia e en Galego.
  7. O proxecto é un proceso. No último momento, no seu momento cumio, como momento máis álxido recolle a celebración dunha especie de "Maratón wikipédica" (folio 6) en que participarían usuarios conectados desde 8 ou 10 centros repartidos en Galicia. Entendo que isto que Xosé di que non aparece no documento, se realizaría o 17 de maio. Así e todo, teño que dicir que na reunión que tivemos isto non se comentou, probablemente decidiron non facelo polas dificultades técnicas que podería supornos. Neste sentido quero incidir sobre a idea de que en ningún momento dubidei do espírito de colaboración que neste proxecto move á empresa, pero que resulta preocupante (máis adiante expresarei por que) que se indique que o proceso deberá servir para formar e dar a coñecer a Galipedia a un número de dinamizadores da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, para que a partir desta experiencia poidan promover a Galipedia de forma continua. Na reunión, díxose que era este proxecto unha proba, unha actividade piloto, eu agora penso que é unha fonda actividade que supón a implicación da empresa Cidadanía e da Rede de Dinamización da Sociedade da Información na Galipedia sen límite ningún.
  8. Tanto no texto como na reunión, houbo unha fonda preocupación por parte de Cidadanía para que especificaramos os contidos ou temas que esta iniciativa podía profundar (só un tema dixeron, partidos políticos). A este respecto indiquei que eran os membros da Comunidade da Galipedia os que debía falar desta cuestión e que os alí presentes non tiñamos capacidade decisoria, iso si, xurdiu un só tema das súas bocas, partidos políticos, e un só tema da miña, pintores.
  9. Preténdese elaborar materiais e dar charlas ós monitores ou dinamizadores, nun inicio para que estes dirixan a actividade do día 17 (entendo que era ese día). Na reunión aclarouse que se darían unhas 4 charlas a monitores (uns 25 por charla) e que uns 20 ou 25 deles desenvolverían actividades entre os días 10 e 16 de maio por toda Galicia (8 ou 10 lugares), máximo dúas actividades diarias cun número de integrantes pequeno que non sería custoso para o sistema.
  10. Nos últimos 5 folios desenvólvense as tarefas que se deben realizar para o éxito do proxecto (non me parece preciso resumilo, se ben, creo que debo facer mención a que a primeira de todas esas tarefas escritas no proxecto de Cidadanía di literalmente (folio 7) "falarase cos administradores ao comezo do proxecto", o que deixa moi ben parado o proxecto, pois intentan facer as cousas ben e moi mal parado a Xosé, quen di que non representaba á Galipedia cando a empresa Cidadanía pretendía poñerse en contacto cos administradores da Galipedia. A isto hai que engadir as palabras que Xosé dixo ó comezo do apartado Wikipedia:A Taberna (propostas)#Maratón wikipédica: Cidadania contactou comigo como administrador da Galipedia e contrastalas coas últimas en que renaga estar representando á Galipedia.

Poderase pensar que os datos que estou aportando son secundarios. Entendo que non son secundarios os datos en negriña, pero tampouco os outros, pois, como administrador da Galipedia e como representante da mesma alí onde vaia (non deixo de selo en ningún momento, non sería ético deixar de selo para primar o meu propio interese), xórdeme unha moi seria preocupación: Imos ter de 20 a 100 monitores da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e ligados á empresa cidadanía, que aparecerán por un proxecto piloto pero de fondo calado se é exitoso, que suporán un importante desembarco de usuarios non independentes (antes ou despois cobrarán dun lado ou do outro) dirixidos por un administrador que di non representar á Galipedia e que -ó meu parecer- non a representa. ¿Estamos dispostos a afrontar ese desembarco sen tomar medidas?. ¿Pode ter dereito ó voto un usuario que cobra e pode ter risco laboral dependendo de qué e cómo edite? E nesta liña, ¿pode un administrador cobrar e ser independente? ¿Desexamos ser independentes? ¿Estamos dispostos a arriscar a ser un brazo da Xunta ou de Cidadanía (quizais non sexa así, pero quen sabe)? Creo que isto é normal que se lle ocorra a calquera administrador cunha mínima experiencia--Lmbuga Commons - Galipedia 21:30, 20 marzo 2008 (UTC)

Cantas veces o terei dito? NUNCA dixen representar á Galipedia (ao contrario que ti, Lmbuga, que o repites ainda no parágrafo anterior). Cando redactaron ese borrador de proposta, os de Cidadanía pensaban que os administradores eran os xestores da Galipedia (non o lembras? pois dixéronno na mesma reunión na que ti e mais eu e mais outra xente estábamos); o que eles realmente precisaban era falar cos usuarios habituais -e ese é o anuncio desta actividade que eu puxen- e, por outra parte, ter alguén que lles explicase algunhas cousas -e por iso falaron comigo. Son dúas cousas distintas, non as mestures. Eu non vin aquí hai tres anos e fixen todo o traballo que levo feito coa ilusión de algún día tirar un beneficio económico. Pero é que, sobre o de cobrar e editar por iso, deberás saber que non está prohibido por nengunha norma, pilar, decisión, precedente, nada, nada, nada. Non hai nada que o prohiba ou algún sitio no que se diga que está mal. É máis, se queres (ás veces sospeito que a túa posición se debe a que non te escolleron a ti) podes ir a esta páxina na que podes cobrar por editar artigos. Tampouco é verdade que eu vaia "dirixir" aos monitores, como dis, só vou dar charlas sobre a natureza da Galipedia, obxectivos e filosofía, normas e principios, historia, retos e necesidades, etc. e eses monitores son funcionarios da Xunta... igual ca ti! Ti tamén es un administrador cunha mínima experiencia e por iso deberias saber, tanto o que acabo de explicar, como que as edicións que tanto temes caen dentro do que denominamos vangloria, ou sexa, algo que coñecemos ben; se se lles explican ben eses límites e se estamos preparados para cando veñan eses usuarios novos aforraremos moitos problemas, que é do que se trata, non de provocalos. --Xosé (✉) 10:33, 21 marzo 2008 (UTC)

    • NOTA BENE esta ligazon cobrar por editar artigos trata dos encargos de traballo (artigos ou outra cousa) que usuarios fan a outros usuarios e esto non ten nada que ver co caso que andamos aclarando. ElviraConversa con mi 11:59, 21 marzo 2008 (UTC)


Xosé, apenas temos información deste asunto por ti mesmo (a pouca que nós deches houbo que sofrir para obtela), tiveron que ser outras persoas quen foran achegando datos. Se non chega a ir Lmbuga á reunión non teríamos a información que ti te negaches a darnos. En canto á afirmación refirida a Lmbuga "ás veces sospeito que a túa posición se debe a que non te escolleron a ti" descalifícase por si mesma porque se hai unha persoa altruísta neste proxecto é precisamente el. Sobre que negues que actuaches como administrador está escrito por ti mesmo desde o principio, sexa porque te traicionou o insconsciente sexa polo que sexa non podes negalo. Tocante a non decatarse da incompatibilidade entre ser administrador (aínda no caso de non ser requirido como tal, non é o caso remítome a todo o falado) é cando menos preocupante. Realmente non sei porque te empeñas en poñer o teu interese persoal por riba do wiki, sabendo que o teu comportamento está sendo lexitimamente cuestionado sería ben sinxelo adoptar as precaucións necesarias para separar a túa actuación privada daquela que se realiza na Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:23, 21 marzo 2008 (UTC)

Prevert, por máis que repitas que eu actuei como administrador non o vas converter en verdade, pois nunca dixen nada do tipo en representación dos administradores/dos usuarios/da Galipedia ou parecido e, como dixen antes, a frase débese entender non para ser administrador para eles senón porque, como administrador, lles daba garantías de coñecemento, ademais do feito de que son docente "na vida real". A información está no parágrafo no que anunciei esta actividade; non está toda, toda, porque era un borrador e nesa reunión se ia concretar a proposta. Non é que teñas a información porque eu me negase a dala senón porque nesa reunión acordamos precisamente que fose Lmbuga quen fixese o resumo (e eu dixen que estaría ausente até o mércores, non me agochei). Lamento a afirmación que fixen antes sobre el e retíroa, foi fruto da irritación que me provoca o que me estades facendo pasar persoalmente: que teñamos unha oportunidade de difusión e creación como esta e que se estea estragando, que aínda non haxa nada preparado aquí e que os colaboradores estean tan cansos deste tipo de disputas tan, tan... galegas :-) e que Lmbuga se transformase totalmente despois da reunión: o que pensaba naquel momento agora di o contrario. Se até ia crear el o wikiproxecto de acollida! Sei distinguir perfectamente ben as miñas actividades "privadas" das que realizo como usuario da wikipedia e nada máis altruísta me move que aceptar esta petición - cres que eu gaño moito con charlas de 50-90 min (ainda non se sabe!) e desprazándome a catro lugares que aínda non sei cales son e tendo que pedir permiso por 4 días de traballo?!! Medio entendo que isto che puidese preocupar ao principio, e que fixeses preguntas, pero a estas alturas, con todas as explicacións que se teñen dado, xa non é razoábel. --Xosé (✉) 13:04, 21 marzo 2008 (UTC)

Xosé, mentes. As probas están aí. Ti mesmo o dixeches onde eu o expresei e agora, vendo que metiches a pata, non che convén dicilo. Por favor, dimite--Lmbuga Commons - Galipedia 17:52, 21 marzo 2008 (UTC)

PD. Por certo, enviei fai días dous correos a un dos representantes de Cidadanía con dúas intencións: a primeira dicirlles que valoraba moi positivamente o seu proxecto e que as lerias que aquí se montasen eran independentes desa valoración, son internas. Segundo, dado que eu monto as lerias, inda que eu sería quen de facer as cousas diferentes, negueime a poder ser o substituto de Xosé. Non acepto traballar para esa empresa, non xa cobrando, que non o aceptaría nunca sen o apoio da comunidade; non o acepto nin sen cobrar, que normalmente sería algo que faría encantado pois precisamente disfruto con que o traballo na Galipedia e nos demais proxectos é desinteresado.--Lmbuga Commons - Galipedia 18:09, 21 marzo 2008 (UTC)
Permiteme un detalle Lmbuga, ainde que sexa de balde, na miña comprension non é neutral de traballar pa un empresa cando se trata dun obxectivo sobre a Galipedia. Pa Galipedia tamen traballas de balde ! Mira a min o de ir a reunion pa coller informes non me parece mal. Hasta me parece moi ben que foses Xosé, tu, Alma y Estovaei. Nesto concordo mui ben con Alma e Estovaei : eles foron escoitar e ficeron ben. Engado : a comunidade non é unha entidade que poda darche ningunha representacion pa facer ningun traballo fora. Esi penso eu. Pa non dramatizar vou imaxinar outra hipotesis de traballo da Galipedia con unha entidade exterior que estée pa promover a Galipedia. O professor da universidade XXX registrase na Galipedia e pedille como traballlo os seus estudantes de editar artigos definidos, e esos artigos seran notados polo professor. O professor non pode editar o artigo sobre il mesmo, eso fareino e ou tu si el merece un artigo. Mais il pode editar todos os artigos que quera si caben nas normas que respetamos todos. Outro exemplo, calquer militante dun partido politico pode por a sua adhesion na sua paxina, mais non debe editar sobre o seu partido, mais pode editar todo o resto que lle conveña. Si eu traballo pa IBM ou Microsoft (que non é o caso !) pois non edito sobre esas empresas. Todo vinculo tacha o punto de vista neutral. Si é oculto e non se sabe, pois que queres que che diga. Hai o caso do ingles que se descubriu mui tarde, e botanrono fora, ainda que todo o traballo que fixo era boo (Si atopo o nome virei engadilo eiqui). Mais o que me parece posible agardando o punto de vista neutral é que nos, usuarios podemos facer un proxeto de cartel coo o logo da Galipedia, (un cartel que di como entrar na Galipedia, rexistrarse cousas esi, de xeito millor cas paxina que temos, e de xeito que espeecifique que é pa celebracion do 17 de maio). Facemos dous ou tres probas, cando temos consenso e que as aprobamos, pois pedimos che permiso a wikimedia e preguntamosche a cidadania si a quer utilizar. Mais os carteles teñen que ser traballo feito enteramente dentro da Galipedia sin ninghuna intervencion de cargo pedido por cidadania (non poden decir por exemplo de por tal cor, pa que lle corresponda a sua imaxen. Ten que ser encargo da Galipedia pa Galipedia, Logo podese propor si desexan utilizalo, mais son iles que din. Si eles queren facer o modo de empleo pa utilizar a Galipedia, non podemos traballar neso con eles. Repitome : podemos ir coller informes, mais si traballomos nun proxecto externo que leva como obxeto utilizar a Galipedia (ainda que sexa pa ou seu ben, de balde como non)) non podemos quedar actuando na Galipedia. Solo podemos traballar dentro da Galipedia, o punto de vista neutral necesita que non poida haber de ningun xeito confito de interes. O tipo de proposta que fixo Agremon a principios da conversa pareceme boa cousa. Quen nos empide de abrir un proxecto especial pa portada. Ten que ser un proxecto da comunidade. E como xa dixen un cartel coo logo e coa autorizacion de wikimedia e si cidadania o quer para as suas charlas pois ben. A ver si falamos tranquilos. ElviraConversa con mi 21:19, 21 marzo 2008 (UTC)

Paz e diñeiroEditar

Creo que vai sendo hora de pechar este tema, bastante estéril e que cae frecuentemente en descualificacións que en nada axudan a wikipedia nin a resolución deste problema en concreto. Imos por partes:

  • Existe un problema relacionado con dar unhas charlas a unhas persoas. Unha empresa vai contratar unha persoa para dar esas charlas. Esa empresa decide a quen contrata porque, que demonios, é ela quen paga. A empresa quere loxicamente pagar, porque tamén quere esixir unha calidade, e supoño que se esa persoa non responde á calidade requirida non lle pagarán, ou o/a presionarán pra que o faga mellor, como calquera outra empresa. Esa persoa debe cobrar, e debe facer o que lle sae de dentro co diñeiro. Eu sei o que faría eu, pero nin se me ocorre insinuar que o meu modelo sexa un modelo válido pra outras persoas. Dende esa perspectiva podemos tomar tres decisións: a) entender que un usuario se está beneficiando economicamente da súa condición de usuario, e pedirlle que deixe de ser usuario; b) entender que se está beneficiando da súa condición de usuario, pero non facer nada e c) entender que é un proceso laboral alleo á wikipedia e, conseguintemente, non facer nada. A miña opción é a c).
  • Existe un problema relacionado con algo que probablemente suceda na wikipedia: unha gran cantidade de usuarios rexistraranse dentro dunhas semanas e van facer artigos e colaboracións. Nós, como "usuarios actuais" da wikipedia podemos facer tres cousas: a) bloquear a iniciativa; b) prepararnos para a iniciativa; c) non facer nada. Eu son partidario da b).
  • É moi necesario crear un clima de paz e cordialidade na wikipedia. Iso neste momento non existe, e é URXENTE recuperalo. Iso non quere dicir que esquezamos os problemas: hai algunhas persoas que entenden que se produciu un grave ataque á wikipedia, aos seus principios e fundamentos, e obviamente é necesario que se así o cren intenten protexer a wikipedia dese ataque. Ora ben, hai que pechar ese debate xa. Hai que determinar se a comunidade cre que se produciu ese ataque ou que non, e actuar en consecuencia. Se seguimos discutindo sobre este tema o único que conseguiremos é facernos sangue, mancarnos persoalmente e danar o proxecto. A miña opinión persoal é que, claramente, non se produciu ningún ataque nin ameaza. --Xabier Cid 11:07, 21 marzo 2008 (UTC)
Comprendo o que dis, todo iso sería válido se as cousas tivesen un decorrer natural, pero non foi así. Un administrador pretendéndonos facer crer que representaba a Galipedia, representaba a unha empresa. Eu son testemuña diso. Pero iso non é o importante. O importante é que se nos aveciña unha activiadade que vai facer a empresa Cidadanía, que eu considero interesantísima e non estamos preparados para o que pode supor porque quen nos debía representar non nos representou. ¿Que facemos cos 20 a 100 monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro desa empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar?--Lmbuga Commons - Galipedia 17:57, 21 marzo 2008 (UTC)
Concordo absolutamente con Xabier Cid, eu estiven presente nesa reunión e sinto dicir que en ningún momento se nos dixo que Xosé representaba á empresa, nin que os monitores fosen a ter un cometido laboral na Galipedia. Creo que se están a dicir moitas mentiras cando se dixo específicamente que a cantidade que a Xunta lle paga a Cidadanía para organizar a actividade durante unha semana é irrisoria, polo tanto, a cantidade que podería cobrar Xosé sería irrisoria tamén. En fin, non vou entrar en máis detalles dos que xa aportei sobre esa reunión, simplemente que sigo sen entender nada de todo e que a imaxe pública que se está a dar da Galipedia é vergonzosa, porque non se pode saír dunha reunión dicindo unha cousa e logo montar todo esto. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:07, 21 marzo 2008 (UTC)

Alma, por favor, responde ó que á Galipedia lle interesa: ¿Que facemos cos 20 a 100 monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro desa empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar? Sobre a túa pertinencia en moitos espazos teriamos moito que falar, pero iso non é cousa de expoñelo aquí--Lmbuga Commons - Galipedia 18:13, 21 marzo 2008 (UTC)

Os monitores da Consellaría non teñen cometido laboral na Galipedia. Simplemente van organizar unhas actividades concretas nas que van explicar como se crea unha conta en gmail, como se procura información en google ou como se edita na wikipedia. Vánselles dar unhas explicacións técnicas porque eles non son informáticos, son dinamizadores culturais. Sobre a pregunta concreta de que facemos con eles: como calquer usuario da wikipedia (é posíbel que algún o sexa xa, non o sei) está claro: non poden editar nada sobre o que estean implicados directamente, ou sexa, sobre a súa consellaría. Para evitar isto pódeselles indicar que, na súa páxina de usuario se identifiquen cun marcador, por exemplo, {{dinamizadorIndustria}}. --Xosé (✉) 18:19, 21 marzo 2008 (UTC)

Re a Xosé (editei ó mesmo tempo ca mensaxe sguinte):Desculpa, pero rógoche que te ausentes desta discusión. As túas palabras non teñen ningunha credibilidade. ¿Alguén pensa posible que haxa monitores sen cobrar (sen pretensións de cobrar sequera) cando dependen da Xunta o de Cidadanía. Dá igual cobrar ou desexar cobrar, non son independentes. E ademais, antes ou despois cobrarán, e cobrarán dependendo do que fagan aquí, na Galipedia; polo que, se hai premisas de actuación, deberán seguilas. Pensar no de {{dinamizadorIndustria}}, xa se nos ocorreu a todos, pero a ti ¿para que se che ocorreu?, para nada--Lmbuga Commons - Galipedia 18:33, 21 marzo 2008 (UTC)

Re a Lmbuga: :O que a Galipedia lle interesa saber é que específicamente dixeron que se había oposición dos administradores da Galipedia non montarían esta iniciativa, a iso ti e só ti contestaches que NON, que pensabas que sairía adiante e que incluso se podía solicitar a colaboración de todos os colaboradores habituais de achegarse a eses talleres/parties ou como os queiras chamar, o caso é que eles explicaron que eso non significaba que aínda así eles precisaban dunha persoa que elaborase un manual (que vai estar a disposición de todos nós) e de 4 charlas -unha en cada provincia- aos monitores que non traballan para cidadanía (incluso chegaron a explicar as probas e os colectivos que a xunta contrataba para eses postos) e que era Cidadanía e non a Galipedia a que buscaría a persoa que máis se axustara ao que eles procuraban. Tamén falaron de que se a iniciativa tiña éxito desde a Xunta se podería apoiar á galipedia nalgunha cousa que a galipedia quixera montar. Sobre a miña pertinencia nos espazos, non entro en descalificacións persoais. Xa expliquei o motivo polo que fun a pesar da cantidade de cousas mais importantes que tiña que facer, pero quería como usuaria da Galipedia coñecer de 1ª man os feitos e cada día que pasa alégrome máis de telo feito. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:28, 21 marzo 2008 (UTC)

Pois eu penso que podese falar desto en paz. Estamos tratando dos enlaces cos usuarios poden ten co exterior. E loxico que teñamos todos ideas diferentes. E loxico que eso se leve a debate. Concordamos todos (polo menos non falou ningen que nesto dixa outra cousa) que e importante ca Galipedia medre en usuarios e que si ese wikimaraton trae usuarios seria una lastima perdelos. Onde non concordamos é nas modalidades que pode ter o vinculo entre o proxecto Galipedia e o proxecto sobre a Galipedia da Xunta e/ou dunha empresa externa. Pareceme mui honorable que falemos deso, non pode ser mala cousa. A ver si o falamos tranquilos. Vou cavilar pa tratar de plantear os puntos que debense aclarar. Deberia ser unha boa cousa e francamente penso que somos todos de boa fé. Dou como proba : Xosé explicou porque lle pagan, é pa il eso non é contraditorio pa ser usuario e administrador (agas que non entendo porque puxo una ligazon da wiki en inglés onde tratase de encargos entre usuariosn e non de cobrar na realidade). Eu penso que si se fai un traballo pa unha empresa que ten un proxecto coa Galipedia (que sexa de balde o remunerado) eso é incompatible. Pensamos diferentemente e polo que vexo o meu concepto é o mismo que Prévert, Lmbuga xa pareceme ser algo diferente, e pareceme que outra postura é a de XabierCid, Alma e Xoxé que deben concordar niste punto. A ver si en debe de rifar, aclaramonos. Como dixen vou tratar no fin de semana de cavilar. Mais seria moito millor que un usuario que domine ben o galego faga unha proposcion de conversa sin dramatizar, exponde claramento os puntos necesarios. A credibilidade intellectual da Galipedia solo pode ganar niste tipo de conversa. ElviraConversa con mi 18:39, 21 marzo 2008 (UTC)
Grazas por introducires serenidade no debate. Sobre o da wiki inglesa: está claro que non ten parecido con esta actividade actual, pero ti plantexache que por colaborar na wikipedia non se podía "obter beneficio" e que "un traballo é un traballo". O que puxen é un exemplo de que isto non é así. Normalmente, se se razoa que alguén non pode facer determinada cousa hai que referirse ás normas que o prohiben. Ti pedías que se buscasen e nos informásemos. Como non existen, busquei un exemplo do contrario. --Xosé (✉) 18:56, 21 marzo 2008 (UTC)
Moitas gracias Xosé, xa o pensaba asi, pero esta millor que o digas tu, tal como apraceme na tua mensaxe poidia levar confusion. Gracias ElviraConversa con mi 19:07, 21 marzo 2008 (UTC)

Continúas nas mesmas Alma, fala da galipedia, non de min. Xa dixen que non me interesa falar de ti (ou suxerino, inda que suxerilo para ti sexa unha descalificación). Centrémonos no que é importante para todos. Iso si, eu creo que tras o visto Xosé debe calar e dimitir. Repito:¿ Que facemos cos 20 a 100 monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro desa empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar?--Lmbuga Commons - Galipedia 18:41, 21 marzo 2008 (UTC)

Para que quede claro: Eses monitores non cobran dependendo do que fagan na Galipedia. teñen unha relación polo que dixeron nesa reunión laboral coa consellaría polo que eles só axudarían ás persoas que se animaran a participar na actividade, pero a súa remuneración penso que quedou ben claro que non depende do que fagan nesa semana. De feito, sigo a insistir, se eles atopan impedimentos a actividade non se vai realizar, e ti estabas presente, e eles falaron das alternativas que valoraran antes da Galipedia. O triste é antepoñer non sei o que a unha moi boa iniciativa. Só contéstame unha cousa, se pensas que Xosé debe dimitir, porqué non Xabier Cid que foi o 1º co que iniciaron o tema, ou non sería mellor pensar que Xabier Cid non podía falar dalgo que non estaba pechado e Xosé tivo que agardar a que Xabier contara o comezo do asunto (o seu papel) para poder explicar a derivación do mesmo. Non falo de ti, falo de que a galipedia estase a converter nun espazo onde se está a perder unha moi boa oportunidade para convertela nun espectáculo lamentable. A min persoalmente dáme moita pena. Alma (fálame eiquí) 18:52, 21 marzo 2008 (UTC)

Esta afirmación é unha ousadía incrible: Eses monitores non cobran dependendo do que fagan na Galipedia. ¿Tes interese no asunto ou formas -perdón polo relativo sarcasmo- parte de Cidadanía? Nada diso se dixo na reunión, nada do que dis e que pretendes que me negue. Se queres plantexo o tema dun xeito hipotético (para así deixármonos de descalificacións e referencias á reunión dunha vez por todas): ¿ Que facemos con monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro dunha empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar? ¿Estamos dispostos a ser gobernados polo desembarco de 100 monitores? ¿Creamos políticas ó respecto?--Lmbuga Commons - Galipedia 18:57, 21 marzo 2008 (UTC)

  • Coñecía xa esa norma, pero o meu interese era que a comunidade decidise sen eu presentar créditos para que decidise nunha liña determinada. O que si entendo é que Xosé saltou unha advertencia dun administrador, e que sendo a súa aportanción positiva, non negativa (para min é neutra, pois non aporta nada novo), dado que con ela expresa o seu desexo e ansia de seguir participando nesta discusión inda que é parte interesada, pois está pagado por unha empresa, procedo a bloquealo por 2 horas: Non se pode estar a cobro por unha empresa e obviar as advertencias doutro administrador para que se respecte o punto de vista neutral diga o que se diga. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:18, 21 marzo 2008 (UTC)

Repítoo de novo, para que quede constancia, pois creo que de cara ó futuro do que sobre todo debe quedar constancia é disto: ¿Que facemos con monitores que poden ter o seu cometido laboral na Galipedia e estar a cobro dunha empresa ou da Xunta? ¿Deixámolos estar? ¿Estamos dispostos a ser gobernados polo desembarco de 20 ou 100 monitores? ¿Creamos políticas ó respecto?

Por outra banda, creo que o meu labor neste caso rematou aquí. Eu nin sequera son o adecuado para dialogar con Xosé sobre a actividade, e el -usuario ou administrador- é o contratado pola empresa. Por favor, que algún administrador se faga cargo desta problemática de aquí en diante. Eu, salvo que a comnunidade poida encomendarme algo, creo que debo xa desaparecer--Lmbuga Commons - Galipedia 01:29, 22 marzo 2008 (UTC)


  Concordo que nesta conversa terian que facer orden (amolar, bloquear, etc ) un usuario e un administrador que non estéen metidos na discussion. Pero non sei si é posible, xa que mui poucos usuarios se meten no mantemento xeral da contruccion da Galipdedia. Segun cousas que se din, entendo que usuarios non se meten porque pensan que todas estas charlas son enerxia perdida. Eso é unha boa lastima. Teño esperanza que mais usuarios deense conta que a construcion da Galipedia vai tanto polos artigos como por todo o traballo comunotario arededor. ElviraConversa con mi 12:20, 22 marzo 2008 (UTC)

  • Só quero aclararlle a Lmbuga na resposta que me da que creo que está a confundir cousas que Sí se dixeron nesa reunión:
-Unha persoa elexida por Cidadanía dará 4 charlas a animadores socioculturais que traballan para a Xunta e que serán os que estén ao fronte das aulas nas que se celebrarán as miniparties.
-Ergo, os que introducen contidos na Galipedia non són eses animadores socioculturais senon os usuarios que se animen a asistir a esas aulas e que é misión de Cidadanía conseguir que diversas asociacións se animen a participar.
-O obxecto das charlas é explicarlle aos animadores o que se pode ou non editar, como funciona a Galipedia, etc. Falouse deso, incluso ti ofreceches que os administradores lle deixaran os seus móviles aos animadores por se xurdían problemas. Xosé falou que tendo unha canle de irc con tal de estar alí xa se lles podía dar asistencia técnica e non era preciso dar os teléfonos.
-O que hai que falar é de feitos non de intencións que se poidan ou queiran presumir nos demais. O feito é que nesa reunión tanto por parte da Xunta como por parte de Cidadanía dixeron que a actividade se levaría adiante se non había a oposición dos administradores da Galipedia, que obviamente para que fose un fracaso non se ía facer.

O único interese que teño é que se fale de FEITOS, das cousas que sí se falaron e que calquera usuario da Galipedia poida valoralos. Na páxina web de Cidadanía están as fotos e os membros desa Cooperativa, existe unha foto miña colgada na Galipedia e se pode comprobar que eu non son ningún deles. Concordo con Elvire en que é preciso que se involucren máis usuarios. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:10, 22 marzo 2008 (UTC)

Conversa sobre Maratón wikipédicaEditar

Ligazón externa (lembre o prefixo http:// ) Sintoo pero non podo (non teño nin as competecias, nin as capacidades) abrir unha paxina sobre iste tema. Si alguen o fai pois contribuirei. Anduven buscando ligazons, pero non sei de ingles ( o minimo necesario pa navegar e saber algo do que trata). Poño eiqui algunhas ligazons de interes variado e en diferentes linguas, sen comentarios :

e inda se poden engadir mais pa que nos axuden a aclarar na Galipedia, entre nós, usuarios, os puntos que necesitan que a comunidade tome concienza do que estamos tratando niste tema do maraton. A min pareceme posible que a comunidade podase salir dos aspetos personales e nagativos, e poida debatir das tarefas de clarificacion que polo momento estan ocultadas por reacciós. Non digo que solo hai reacciós, xa houbo moitisimo razoamento, e bastante expresions de posturas claras. Digo que son as reacions que ocultan e impiden a lexitimidade dun debate que somos capaces de levar a cabo, e que seria de moita dignidade.ElviraConversa con mi 15:55, 22 marzo 2008 (UTC)

Ferramentas pa preparar o Dia de Internet 2008Editar

Retiro da mensaxe que vai arriba todo o que parece ser ferramentas coas que a communidade da Galipedia pode preparar o dia de Internet. Eso non impide incluir informes de cidadania ou de calquer outra fonte. Engado as ligazos que deu Xosé sobre a wikipedia catalana.

O exemplo dos catalans pareceme moi intersesante e podianos servir de modelo, e tratandose dunha wikipedia non hai problemas de direitos pa traducir o que é basico. A ver si opinamos e si algún usuario ten a capacidade e a voluntade de facer unha proposta de traballo, sexa na taberna propostas, sexa nuha paxina especial que estée anunciada na portada da Galipedia ? ElviraConversa con mi 14:39, 24 marzo 2008 (UTC)


Xa que controlei as ligazons que estaban mal, aproveito pa engadir exemplos de publicidade feitos nesta paxina fr: Wikipédia:Promotion/Tract de promotion  : Exemplo de so unha paxina, Exemplo de duas paxinas que podense editar nunha sola folla, Exemplo de presentacion que si se imprenta podese plegar, Unha ferramenta pa editar (non sei utilizala),

- eventos en frances meta:http://meta.wikimedia.org/wiki/Presentations/fr - un evento aleman que non entendo do que se trata [6] que liga con esta paxina meta:http://www.wikipediatag.ch/ - por si quere un especialista ! meta:http://meta.wikimedia.org/wiki/Presentations/speakers

Xa o dixen varias veces, podemos facer ferramentas (dentro da Galipedia, cos usuarios da Galipedia) po noso colexio, a nosa cidade, unha universidade, un evento nacional galego etc e deixalo a disposicion dos que o necesiten. Podemos ir facer charlas donde queremos pa promocionar a Galipedia. O que me parece incompatible é que o que se pon nos documentos que van ser difundidos, e que o contido das charlas sean encargos de fora da wikipedia. Eso non impide que collamos informes sobre o publico a quen esta destinado o documento ou a charla. En esto a miña opinion é a misma desde que empezaron estas charlas sobre o dia de internet. Xa digo esto no ultimo mensaxe desta seccion Wikipedia:A Taberna (xeral)#Cousas novas sobre a, probablemente mal chamada, Matatón Wikipédica cito o final "Solo podemos traballar dentro da Galipedia, o punto de vista neutral necesita que non poida haber de ningun xeito confito de interes. O tipo de proposta que fixo Agremon a principios da conversa pareceme boa cousa. Quen nos empide de abrir un proxecto especial pa portada. Ten que ser un proxecto da comunidade. E como xa dixen un cartel coo logo e coa autorizacion de wikimedia e si cidadania o quer para as suas charlas pois ben. A ver si falamos tranquilos. ElviraConversa con mi 21:19, 21 marzo 2008 (UTC...."" Esi que por mín si hai usuarios que queren traballar po dia de internet e favorecer o proxecto de cidadania, non vexo moito porque se fala de tantos problemas onde eu solo vexo da miña parte falta de tempo a dedicar e incompetencias persoales pa facer certas cousas. Sen mais, saudos pa todos ElviraConversa con mi 00:10, 1 abril 2008 (UTC)

Maratón ... de letura. Un par de reflexiónsEditar

Permitide que sexa irónico: recibín unha petición de que botara unha ollada á taberna por mor da polémica, desviacións e demáis. Boteina e o primeiro que fixen foi imprimir as diversas conversas para relacionalas, etc (método de traballo anticuado, pero método de traballo). O resultado: máis de corenta páxinas, ás que eu teño contribuído con tres liñas. Como quedei trasposto e sei que non me vai ser doado lelas ista mañá (xa veremos pola tarde...), só algunha pequena reflexión: Todo grupo necesita discutir ideas, pero nalgún momento hai que cortar para podelas levar á prática. O primeiro que se me viu á cabeza é pensar se os que estades a escribir sobre o tema controlades todo o material. En caso positivo, noraboa, tedes adicado un bo tempo. Pero, non sería máis rendible doutro xeito? No verán estalou unha polémica que coido que é a xeradora/o xerme de máis enfrontamentos posteriores. É dicir, levamos xa con polémicas agrias (pode ser forte e non agria) dende o tempo dun embarazo. É hora de parir. Unha imaxe. Mentras unha muller está embarazada necesita máis coidados dos habituais. Soe haber outras persoas, homes e mulleres, que llos dan con cariño. Por desgraza non sempre é asi. debido a iso, o resultado pode non ser bo, como por exemplo un neno non querido, ou aínda un aborto. Así, mentras, resíntese o volume e nivel de edicións, a Galipedia colle mala prensa, pérdense editores e déixanse de gañar outros novos (xa me atopei con algúns casos), e saímos perdendo todos. Sería posible facer unha proposta de non editar na taberna máis de 5 minutos por cada dúas horas de edición de artigos comúns? E unha cousa máis: noto que as contribucións na taberna teñen peor calidade de escritura (con faltas moi a miúdo, por exemplo) que as contribucións dos artigos normais. Quizáis iso sexa un síntoma de que na taberna pónse moito sentemento e pouca razón, e que teñamos que facer un esforzo de reequilibrio para procurar esa calidade doutros artigos tamén aquí. Saúdos e perdón... aínda non comecei a ler o que imprimín.--Agremon(contacto) 09:26, 25 marzo 2008 (UTC)

Vexo que en todo o día non houbo unha soa edición na taberna, o que case me bota para atrás de editar eu sobre algo que parece que se está a calmar. De calquera xeito, como quedei en facelo, aí vai, de xeito curto e sen ter rematado de ler todo (falta pouco, pero é xa tarde para min) O primeiro, despois de darme unha pequena panzada de letura, reitérome case punto por punto no que dixen pola mañá, incluído o dos 5 minutos que eu hoxe non puiden cumprir. Tampouco teño unha idea totalmente estruturada (coas ventaxes e inconvintes que conleva), polo que non será raro que solte cousas sen aparente conexión unhas coas outras. Alomenos para min, téñena (se é necesario, noutro momento parareime máis, pero repito que a ista hora non dou moito máis nin teño moito máis tempo). Vexo abondo claro que quen queira traballar coa wikipedia terase que amoldar á wikipedia, ainda que ista poda facer tamén concesións a raíz do trato. Pero, comezar alguén externo con normas propias non me parece o máis adecuado: está claro que a comunidade remata revolvéndose. Pode que o quid esteña precisamente aí: tentar montar algo sobre un proxecto en marcha partindo de cero e coa idea de 'chegar e encher', sen antes pararse a ver algo do proxecto e ir pouco a pouco. As entidades oficiais e as empresas ás veces actúan así, co resultado do elefante na cacharrería. A petición de renuncias cruzadas fíxome sorrir: van a algures? Claro que despois houbo algo máis que petición de renuncias, pero foi a descalificación subsecuente a que case me fai chorar de pena, rabia e impotencia. Pena por nós, rabia polas limitacións que temos e aceptamos ó ter como ferramenta base o wiki e que nos limita en relación como persoas (ó mellor tampouco se amañaba nada con máis relación, pero...) e impotencia porque tendo ideas moi opostas (digamos, ó tempo, unha mistura de ácrata e individualista), ás veces gustaríame poder ser ditador pensando en que ó mellor así solucionaba algo. O que me levou un paso máis aló: nas discusións ás veces esquecemos que non só nós somos persoas, senón que somos persoas porque as outras persoas tamén o son. Parece de perogrullo, pero é a relación a que nos remata de facer persoas, e se esquecemos esa función da relación, pasa a ser un medio digamos, 'doutro xeito'. E temén un medio para insultar, descalificar, tentar amolar, ... (poñede aquí moitas máis cousas que non deben ter cabida baixo ningún concepto na Galipedia) Houbo polo medio algo que me fixo lembrar unha tempada na que lle daba voltas a iso de depender dunha 'fundación extranxeira', pero a verdade, substituíla por unha 'Xunta' ... substituíla por unha fundación 'nacional'? Rematei deixando o tema á unha beira (se ben ó mellor como complementaria, por exemplo, axudaría a facer algunha cousa que 'así' non é nada doado facer) Hai algúns momentos das discusións (son varias que se misturan, por se facía falla aclaración) nos que se fala de 'versións opostas'. Eu vin máis ben visións ou interpretacións diferentes, pero dos mesmos feitos. Pode ser útil facer a distinción, pois deste xeito pártese dunha base para tratar. Se hai versións opostas non hai tal base. Non vin contestación nin defensa como tal do ataque sobre o perigo de facerlle sombra a Prevert. Podo equivocarme (eu tampouco sei quen é) pero coido que o de facer sombra na Galipedia implica só deixarse facer sombra: nun medio tan móbil coma iste, as sombras son difíciles de manter; nos dominios da Galipedia non se pon o Sol, facendo uso dun vello dito do imperio, e iste móvese, co que é doado estar nunha posición na que outro non poda tapar o Sol, é dicir, facer sombra. Un dos principios nos que coido que se basa a Galipedia é o de confianza. Limitada, revisable, ... pero confianza. Non só para temas de edición, senón para ter unha resposta rápida que ás veces se ten que dar. si, as limitacións desa confianza e a súa propia natureza implican que despois hai que dar contar das actuacións e procurar o consenso ou buscar novas políticas e xeitos de actuación para outros casos semellantes que se podan presentar no futuro. Pero as decisións, repito, ás veces hai que tomalas rápido. Se son erróneas, aí está a comunidade/aí estamos para facer a corrección e adiantarse a novas actuacións no mesmo sentido. Por exemplo e en relación ó anterior, podería aceptarse un bloqueo intermedio de poñamos, ata 3 días, antes de proceder a un 'bloqueo infinito'? Coido que o exercicio de ler as cousas en diferido é un bó exercicio para ter algunha cousa máis clara. Por favor, aínda que xa sei que volo sabedes por ter participado de xeito direito, antes de poñer nada máis sobre controversias direitas entre membros, facede unha revisión de varias seccións precedentes cun exercicio extra: lede pensando tanto que vai contra vós como que sodes vós quen o escribíchedes. Pode ser duro. Representar non é o mesmo que presentar. Ó longo das discusións hai máis dunha volta na que se chegan a confundir ambos termos, outras veces tan claramente diferenciados. En fin, paro, que xa vai máis do que quixera e non tan claro como o quixera. Queda unha precisión sobre o das 'fontes primarias' e continuar despois das 'cousas novas sobre a "matatón" :-) wikipédica' Por certo, mañá case de seguro que terei que comer en Santiago, por se alguén se anima a tomar un cafetiño non moi longo. Por non deixar o teléfono aquí (mañá saio de madrugada), podedes contactar deixándome un aviso na casa, que xa vos chamo... (na páxina hai datos para o teléfono)--Agremon(contacto) 00:21, 26 marzo 2008 (UTC)


::   Comentario Non quero polo momento seguir o debate xeral. Xa o dixen mais arriba alguen ten que abrir debate tema por tema pa que a comunidade aclarese e poido seguir traballando tranquilamente.

  • O debate sobre unha política sobre bloqueos, pois MiguelLima xa empezou eiqui Wikipedia:A Taberna (propostas)#Comezar a debatir unha política sobre bloqueos. Il xa demostrou que sabe levar debates e fagolle confianza que esto vai pa diante.
  • Quedan os outros por abrir, eu estou lista pa participar, mais non teño a competencia pa abrir e levar pa diante.
  • Por o de "depender duhna fundacion estranxeira", non sei si entendo ben o que dis Agremon, as cousas son esi : wikipedia é un dos proxectos da fundacion Wikimedia, e cando editas na Galipedia, pois editas en unha lingua do proxeto Wikipedia, que é un proxeto da Wikimedia fundacion que ten sede en Estados Unidos e que esta rexida polo direite do lugar da sede. Esto é unha realidade. Un grupo pode, metamos por hypotesis, un grupo nuha lingua pode llegar a desribar a natureza do proxecto, esto vai ser mui probable cos as linguas minoritarias. Eu non concordo pa eso, porque son unha usuaria do proxecto wikipedia na sua dimension internacional, e concordo cos fundamentos propostos por Wikimedia. Si se queren facer compromisos o pé da letra pareceme mais oportuno de coller o formato wiki e de abrir outra enciclopedia, e ter outro proprietario, copiando os contidos dos artigos xa que estan con licenzia de dominio publico. Si o desribe llega a quedar na Galipedia, pois esto xa se vera co tempo.
  • O punto de vista neutral é un piar do proxecto. Téoricamente non se pode discutir. Praticamente é mui boo debatir das consecuencias que leva, xa que somos unha comunidade é loxico que necesitemos debate pa aplicar os piares. Un conflito de interes, cal que sexa o modo que presenta non respeta o punto de vista neutral. Concretamente no caso de Xosé : ou renuncia a facer traballo pa cidadania, ou si fai traballo pa cidadania pois renuncia a Galipedia e podese discutir de canto tempo e de que forma, e si el nun se aclara pois debese levar a debate o seu caso e ca comunidade decida. A pedida que lle fixo Prevert e lexitima do punto de vista dun usuario.
  • Os ataques contra Prevert : é una base de non responder a ataques persoas, loxicamente cando hai un ataque persoal, non se vai defender o atacado e il non ten que responder( il ten que seguir falando do feito que provocou resposta violenta e explicarse millor), loxicamente os adminostradores toman medidas sobre os ataques. E verdade cos nosos administradores non teñen moitas regras e fan o que poden. Esto deberia millorar co traballo que inicio Miguel Lima. Cando hai ataques personales que abarcan un verdadeiro debate, pois un usuario que non esta na discrepancia e /ou un administrador con alguns bloqueos pa calamr a tension, volve coller o asunto e levan o debate cos dous ou tres que rifaron e abrenno a comunidade. O millor eiqui tamen seria ter unas politicas estruturales (bombeioros, comites de arbitraxe etc). Non somos bastantes a estar interesados pa ter tempo e enerxia pa construir estas politicas. Pero podemos utilizr a taberna e ir adiantando.
  • Eu non son nin policia, nin abogado, nin xuez , nin nada dese tipo representando Wikimedia. Levo un ano traballando do millor que poido nas wikis en lingua francesa e galega, nas duas edito en artigos, participo o mantemento xeral dos artigos e trato de contribuir nas decisios das duas comunidades. Nas duas wiki collo tempo pa ler historiales e vixiar paxinas a fines de comprender e participar do millor xeito que podo. Non represento ninguen e estou lista pa colaborar con todos. Ainda un detalle : claro que somos humanos e temos sentimentos, que esto vexase un pouco nos debates non é problema. O que é problema e que esto drrumba moito. Pa apacigarnos podemos utilizar o correo electronico (vale millor queixarse a un usuario de outro usuario e logo volver eiqui, cando recobrase tranquilidade, tamen temos as xutanzas pa desabafar un pouco (haber si como dito faise unha pa fines de abril o principios de maio). Sen mais por hoxe

ElviraConversa con mi 12:24, 26 marzo 2008 (UTC) Booro porque veño de ver a proposta de Miguel.Lima e esta mui ben. Xa volverei pa participar na paxina que il propon Debate pechado concordo. Gracias Miguel ElviraConversa con mi 12:30, 26 marzo 2008 (UTC)

Ben, aquí vai a miña opinión: o proxecto a desenvolver en maio (é en maio ou é un proxecto continuado? a verdade, non o sei ben) é mooooi interesante e bo para a Galipedia. Sobre a conveniencia do proxecto coido non hai discusión, de momento ninguén se amosou en contra, e certamente non creo que ninguén o vaia facer. Partindo do interesante do proxecto, hai que recoñecer que a traída da información á taberna foi algo desastroso, o tema xestionámolo moi mal. O tema da actuación de Xosé foi discutido, na miña opinión Xosé non levou ben a situación até o do momento, é a miña opinión. Agora ben, nin sequera se sabe ben en que vai consistir a súa laboura de docencia, así que non vou entrar a valorar. Na miña opinión Xosé é o indicado para dar as charlas (coñecemento técnico moi amplo, ampla experiencia), agora ben non sei como se podería compaxinar iso co seu traballo para a empresa. Somos unha wikipedia pequena, carente de ter algunhas políticas por escrito, mais que procura seguir o máis exactamente posible o espírito da fundación (isto para min é o principal). Supoño que dentro do noso tamaño, respecto á actuación de Xosé non faría falla traducir políticas doutras wikis, xa que coido que Xosé aceptaría de bo grado voluntariamente ter certas restricións respecto ó seu labor neste proxecto de maio, estou pensando en, por exemplo, a non participación en votacións referentes a este proxecto (sempre e cando vaia ter un soldo, senón o vai ter entón sería un máis), así evitaríase unha posible interferencia co Punto de Vista Neutral. Insisto, isto sería falalo con Xosé a ver que pensa, coido que aceptaría esta solución durante o tempo do proxecto, e así solucionamos o tema sen burocracia.
Dito isto gustaríame coñecer máis información respecto do proxecto, en que fase está, se é un proxecto de proxecto ou se xa é definitivo ou é un borrador. Dependendo disto poderíamos facer un planning de tarefas a realizar, como pode ser esa páxina especial para os novos usuarios que explique brevemente as regras principais, espírito da wikipedia e algunhas propostas de traballo (artigos para facer, para mellorar, guía para a suba de imaxes, e eu insisto no interesante desta proposta de Lameiro. Nesto podemos usar as ligazóns que amablemente nos proporcionou Elvire, para ver como fixeron estas cousas noutros sitios). O que tamén quero dicir é que se isto vai adiante imos necesitar moita axuda, catro gatos non imos dar feito (ademais eu xa teño á porta os exames do segundo parcial e finais co cal tentarei adicarlle o máximo tempo posible a isto pero non estarei o tempo suficiente) así que necesitamos o compromiso de xente para axudar, senón podemos facer unha graaaaan chapuza, e o proxecto é demasiado interesante para perdelo por non dar feito. Resumindo: creo que necesitamos información sobre o proxecto (a ver se circula rápido, isto é un chamamento a Xosé) para poñernos canto antes mans á obra. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 23:22, 26 marzo 2008 (UTC)

Alegrame que fales un pouco Alberte ! Sobre todo que concordo bastante co que dis. Saudos ElviraConversa con mi 23:58, 26 marzo 2008 (UTC)

Pechar o debateEditar

Parece que o debate quedou parado neste punto. Quizáis en parte por culpa de comentarios como o meu, que pedindo tranquilidade, e centrándose bastante nas formas, o que conseguiron foi parar o debate de fondo. Está ben que deixasemos de editar para non facernos máis dano do que nos estabamos a facer, pero este tema non pode quedar así, pechado en falso, pois vexo que ningunha das partes achegou a súa postura á outra.

Como coincido plenamente con Xabier Cid, en que isto hai que pechalo xa, e con Agremon, niso da "maratón de lectura", decidín perder un pouco de tempo en tentar plantexar o debate en torno a un par de votacións, coa idea de poder vislumbrar un fin ao mesmo. A páxina sería a seguinte: Wikipedia:Incompatibilidades coa administración Nin que decir ten que si credes que deberiamos votar outras opcións, ou engadir/borrar votacións, hai está a páxina de conversa para valoralo. Estas son as primeiras que se ocurriron para ir desbloqueando temas pouco a pouco, e definindo posturas comúns.

Outro dos puntos que saiu nesta liorta foi o dos bloqueos, que tamén haberá que comezar a traballar nilo (non pensedes que me esquecín da proposta que puxen na taberna).

O dito, a pechar isto!. E tede en conta que maio está ahí, e que todolos esforzos que adiquemos en prolongar o debate non poderemos adicalos a preparar a actividade que se nos ven enriba. Saudos Miguel.lima 12:22, 26 marzo 2008 (UTC)

Un apuntamento: cando falo de pechar o debate, refirome a poñernos de acordo sobre o que un administrador pode ou non pode facer, e a representación da Galipedia no exterior, para que no futuro non nos enfrentemos a malentendidos coma este. Sobre o outro debate sobre a mesa, si Xosé debe dimitir ou non, o único que podo dicir é que mentras non me demostren o contrario, ten a miña confianza. E si hai cando menos tres usuarios que pensan que non debe seguir, o que se debería é abrir a votación de revogación de permisos, para que opinemos todos, e pechar este outro tema dunha vez. O dito, para min o tema Xosé é un tema que dou por pechado, mentras tres usuarios non abrán a votación de revogación, e decidamos todos que facer co seu status de administrador.Miguel.lima 13:26, 26 marzo 2008 (UTC)

Un comentario persoal e algunha propostaEditar

Remato de ver o de Miguel: apúntome.

Pero, despois dunha conversa a cara vista con Alma (que aceptou o café que propuxen na miña intervención pasada), quizais poda/deba facer algunha proposta complementaria. Antes, un comentario: despois de voltar a intervir sen editar outros artigos, deixarei de visitar a taberna alomenos 10 días para noncaer na tentación de facer edicións aquí. Polo tanto, as propostas estarán á consideración de todos alomenos ese tempo sen que volte intervir.

P1. Xuntanza de galipedistas en SantiagoEditar

Recollo unha vella proposta que ó final non fixen. Póñoa tal como estaba redactada hai cousa de dous meses, despois doutro café con Lansbricae (o único que se sumara daquela a outra proposta cafetera) e aclarando que a redacción foi cousa miña. Fáigoo sendo consciente de que habería cousas que cambiar, pero así precisamente ninguén a pode coller como unha proposta 'rematada' nin 'actual':

"Xuntanza de galipedistas en Santiago.

Aclarar que non está discutido nos foros propios da Galipedia pois non é máis que unha xuntanza informal que sucede a un par de ceas (a xa mantida en Santiago e outra prevista en Pontevedra) e outros encontros menores de xente relacionada co proxecto. É dicir, alí non se poderán tomar decisións senón que sinxelamente será unha xornada de contacto e discusión. De calquera xeito, é cousa de facela con tempo abondo para que se poda sumar a maior cantidade de xente posible, así como ter previsto un pouco de orde de cara a facer unha convocatoria:

Xornada: A Galipedia, unha motivación

10:00.- 'Catering' presentación

Comezo das discusións:

- Difusión / potenciación / filiación

- Resolución de conflitos

- Estrutura

- A administración, cuestión de todos

- A comunidade de asiduos

14:00.- Remate

Posteriormente, os que queran, comida en conxunto.

O obxectivo da xornada é achegar opinións, sen procurar o consenso propio para o funcionamento, que ten os seus canles na web.

Procurarase que cada tema non dure máis de 40 minutos e sexa encabezado por algunha(s) presentacións curtas.

O evento será difundido na prensa por ...

Prégase a opinión para ter un moderador e para dispor dunha gravación de vídeo ou de voz da xuntanza." Agremon

  •   Concordo Eu apúntome a esa xuntanza, sempre e cando teña un mínimo de asistencia. Si somos moi poucos non tería sentido algo tan formal, e acabamos antes facendo unha "cenanza" ou "xantanza" e charlando de forma máis informal. Propoño que a xente que lle pareza ben se vaia apuntando, para estimar cantos seriamos. Miguel.lima 09:41, 1 abril 2008 (UTC)

P2. Proposta de iniciativa nosa nos telecentros.Editar

Coido que nestes momentos a Galipedia ten unha imaxe moi mellorable diante da Xunta e abonda xente que se ten achegado. Sería posible coller e facer, de xeito individualizado, un achegamento dos galipedistas que quixeran ós seus telecentros próximos para ofrecer ós responsables dos mesmos unha sesión de ilustración sobre a Galipedia. cada quen podería montala ó seu xeito, acordando cada cousa cos responsables do telecentro correspondente. Coido que podería ser posible e unha experiencia que podería servir logo para unha cooperaciòn máis estruturada.

P3. Formación dunha asociaciónEditar

A formación dunha asociación. Pódese facer 'por dentro' ou 'por fóra'. É dicir, a partir da estrutura que hai na propia Galipedia ou como grupo de apoio sen relación con administración e demáis, mesmo con cláusulas de non intervención interna. Evidentemente, non se trataría de facer a competencia a wikimedia nin nada diso. (nin ten que ver co comentario que fixen noutra entrada sobre a dependencia da fundación wikimedia ou da Xunta.

Saúdos a todos e perdón polas molestias. Ata dentro de máis de 10 días, a pesares de todas as meteduras de pata que poida ter cometido nesta entrada.

  •   Comentario
    • as xuntanzas sempre e boa cousa
    • asociación por dentro : eso llamse proxecto que sexa sobre contidos "histoira", "concellos" etc ou sobre mantemento de politicas xerais ou politicas de estruturacion (categorias, regras de nomear etc). E unha mui boa forma de traballo colaborativo. Eu cando poda apuntareime nistes tipos de colaboracion.
    • asociación por fora eso claro que é posible, ninguen o pode prohibir. Persoalmente non estou interesada Galicia sendo "mui pequena". Explicome co de "mui pequena" : desconfio moito de todo o que se pase fora, xa que o galego representa unha lingua minoritaria a posibilidade de que se vincule a wikipedia a interes de promocion de Galicia, que co tempo pode alborotar a calidade enciclopedica. Pero esto é un punto de vista persoal : a min gostariame que deiqui dous ou tres anos os estudiantes das universidades galegas consulten a wikipedia en galego con animo, sin pasar automaticamente pola inglesa (ou a española).

No meu xuicio a axuda da Galipedia o porvenir da lingua galega pasa pola credibilidade enciclopedica que se lle pode dar. A promocion da Galicia actual e dos galegos vivos pasa por outros canles. Misturar isos dous obxectivos non me parece posible. E engado que somos moi poucos a traballar dentro pa ir perder enerxia traballando fora. Temo un pouco que se confunda promocion de Galicia e promocion da Galipedia e que eso non sexa boo pa enciclopedia que redactamos. ElviraConversa con mi 23:49, 26 marzo 2008 (UTC)

Artigo GaliciaEditar

¿Hai pouco interese en mellora-lo artigo Galicia e corrixir e completa-lo seu contido ou é que me estou perdendo algo? Véxase, por favor, a páxina de conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 11:08, 29 marzo 2008 (UTC)

Lameiro eu vin ben que traballas neso (é non debo ser a unica) é vixio a paxina. Persoalmente pouco podo contribuir, maís non te preocupes, cando vexa que podo decir algo que sexa construtivo, ou dar algun dato non me esquecerei. Fas un boo traballo tes que continuar Lameiro ! ElviraConversa con mi 11:35, 29 marzo 2008 (UTC)
  • Polo de agora estoume a dedicar a darlle unha estrutura que sexa máis bonita visualmente. Máis adiante verei se podo aportar algo de meu ao artigo. Douche tamén os meus parabéns, Lameiro! --Toliño Fala aquí comigo 11:47, 29 marzo 2008 (UTC)
  • Eu tamén intentarei aportar un pouco, pero non teño case tempo. Aproveito tamén para dar os parabéns a todos os que estades traballando nel. AlberteSi, digame? 04:06, 30 marzo 2008 (UTC)

Solucionemos o problema de fondoEditar

Concordo co positivo reencauce do debate sobre as incompatibilidades de administración por miguel.lima. Igualmente concordo coa petición de Agremón de "ler máis ca escribir" (síntese miña).

Tamén concordo en que, mentres que o debate improdutivo debe morrer, ao mesmo tempo non debemos deixar podrecer os problemas. Ademais, un debate ben levado é sempre positivo. Nun debate deben, iso si, estar representadas todas as opinións, a diversidade é enriquecedora. Non creo que sexa o camiño adecuado silenciar os problemas, ou a quen ten unha opinión distinta.

Por iso dá mágoa ver que unha parte da comunidade estea silenciada. Non me refiro soamente aos 2 editores (Maañón e Lansbricae) que están bloqueados, senón tamén a todos os que se "autobloquearon", aqueles que non expresamos a opinión por medo a ser difamados e/ou bloqueados. Por suposto, é imposible facer unha estimativa de cantos son os "autobloqueados", pero o que si vexo é que os editores que opinan son cada vez menos, e iso é moi preocupante.

Non vexo que o problema de fondo sexa a incompatibilidade dun editor ou administrador entre os seus intereses e os da Galipedia, nin o ton de certas voces disconcordantes (e.g. Lmbuga) ou concordantes (e.g. Maañón). Aínda que se resolva o das incompatibilidades, mañá unha nova difamación podería vir por calquer outra causa.

Non debemos esquecer tampouco o dano feito á imaxe externa da Galipedia, incluído fronte á Xunta de Galicia.

O problema segundo eu o vexo é moito moito máis profundo, e farei unha tentativa de análese:

os síntomas da enfermidade son:

  1. un administrador que discordou publicamente con certas accións tomadas por outros administradores é difamado publicamente e esíxeselle a reununcia. Que a acusación de "pesetero" se leve a cabo publicamente paréceme indicador de problemas personais -como mínimo serían de comunicación, pero dado a acusación gravísima o problema debe ser moito maior entre o que acusa (Prevert nun primeiro momento, logo Lmbuga tamén) e o acusado, neste caso Xosé. Que fose bloqueado en canto comenzou a explicarse é tamén significativo.
  2. segundo síntoma da enfermidade é o silenciamento dos que discordan, vía difamación (Alma, Xosé) e/ou vía bloqueo (Maañon, Lansbricae, Xose).
  3. o terceiro síntoma é a case total falta de pronunciamento do resto da comunidade, nin a favor nin en contra. Eu vexo esta abstención indicadora dunha importante desmotivación e/ou medo.

o diagnóstico da enfermidade é:

  • Falta total de pluralidade que leva ao mal rollo e ao menoscabo da autoridade (autoridade no sentido de recoñecemento). Esta falta de autoridade leva á necesidade da actuación punitiva e/ou difamatoria contra as voces discordantes para poder impoñer as súas decisións. Esta actuación punitiva/difamatoria resta aínda máis autoridade, resta aínda máis pluralidade e crea aínda peor "rollo" ... e volta ao ciclo.

O remedio que eu vexo é sinxelo: "reconciliación".

  1. Recompoñer o espírito de equipo: Potenciar o consenso. Nunha comunidade onde en teoría debería primar o consenso, temos que ser capaces de incorporar opinións

distintas.

  1. Devolver a Pluralidade: desbloqueamento de Lansbricae e a Maañón, con bloqueos que nunca foron explicados, pese á gravedade que teñen e pese á insistencia miña e doutros editores en pedir que tales bloqueos fosen explicados en detalle ou revertidos. Eu coido que ambos editores deron innumeras mostras de boa fe. Se quixeran facer dano real xa poderían o ter feito expoñendo os seus casos fóra da Galipedia e non o fixeron. Soamente por isto xa creo que merecen unha oportunidade, xa sen ter en conta á importante aportación que levan feita en artigos.
  2. disculpas a Xosé por ser acusado sin probas, cun xuízo sobre intencións e non sobre feitos.
  3. Facer equipo, repito. Demostrar que se conta con todos.

Veña, voltemos ao bon rollo, todos.

--QuatriNauta 09:53, 30 marzo 2008 (UTC)

  • Non dudo QuatriNauta que as tuas intencios comas de Agremon sexan mui boas pa Galipedia. Mais temo moito que estades a facer propostas que no meu sentido estan fora do que é o traballo dos usuarios nun proxecto wikipedia(exemplo dunha frase Wikipedia é mantida e administrada pola fundación, sen fins de lucro, Wikimedia). Por non meterme en escribir mais que leer só comento unas cousiñas :
  1. a tua entrada dá mágoa ver que unha parte da comunidade estea silenciada. : eso cabe como opinion persoal, mais non cabe como motivo de plantear un problema. Desde principios do 2007 vexo moitos usuarios que non volven, sempre andan parando algúns, en setembro 2007 pararon bastantes ou volven poucos (por exemplo Prevert, que se pode comprobar co seu traballo en varios anos foi construtivo, opinion miña). Cada usuario que non sigue (agás os bloqueados) ten a responsabilidade persoal do que fai.
  2. Xosé non foi acusado de nada : Prevert pidioulle de dimitir de administrador, eu dixenlle que non se pode traballar sobre a Galipedia dentro e fora. Si Xosé quere que a comunidade lle otorge permiso pa que axude cidadania no seu proxeto coa a Galipedia pois eso non esta comentado, no meu sentido a comunidade non esta habilitada pa dar ese tipo de permisos. Formamos un colectivo de colaboracion, non somos unha entidade representativa da wikimedia fondacion.
  3. Non estamos nun monasterio, mais tampouco estamos eiqui pa debatir dos humores dos usuarios, eso si podense decir e comentalos, pero nada mais, non poden ser obxetos de debate, solo pode haber debates sobre o que se fai nos artigos e das modalidades que utilizamos pa aplicar os cinco piares que resultan ser o contrato basico que temos co proprietario do portal.
  4. O teu final Veña, voltemos ao bon rollo, todos. : a mín o rollo pareceme boo : Galicia, Wikipedia:A Taberna (xeral)#Artigo Galicia, xa andan usuarios traballando - os bloqueos Wikipedia:A Taberna (propostas)#Comezar a debatir unha política sobre bloqueos, debese empezar por traducir algo e debatir pa escribir o da Galipedia (eu non sei falar ben o galego e non domino o castelan, mais si ninguén se pon acabarei por meterme, non podra ser antes do vrau) - o "mal estar cos administradores" Wikipedia:Incompatibilidades coa administración, non concordo co xeito dista proposta pero recoñozco que ten moitos meritos e que pode aclarar moito, xa que non leva queixas, nin xuicios anticipados e ca sua meta é de compartir o sentido do proxecto.
  5. Concretamente sobre os dous bloqueos : Lansbricae , o bloqueo sera excesivo, mais visto todas veces que foi agresivo, sendo un usuario que por duas veces foi proposto ou pidiu responsabilidades tecnicas, o seu caso pode esperar que veñan regras, e en espera xa se vai ver si volve e si fala doutro xeito. Maañon, o administrador Alberte, que o bloqueo fixoo de boa fé, e estou convencida que Alberte esta listo pa debater, mais non estara listo pa soportar queixas que lle piden regras que ainda non existen na Galipedia e il ando facendo o traballo de administrador soportando (e o que vexo desde outubo 2007 que me metin nos traballos comunitarios) moito. Persoalmente eu penso que un bloqueo definitivo solo sepode facer con consenso da comunidade. E por eso, que en espera de regras pareceme co caso do bloqueo definitivo de Maañon podria somerterse a debate, é o millor seria que Alberte o propoña.
  6. En conclusion Quatrinauta : si podes propor a debate cousas concretas estou lista pa dar a miña opinion, mais non estou lista pa un texto tan xeral como o deiqui arriba. Repito non somos un consello da administracion con politicas propias, so temos que redactar as polticas que corresponden os cinco piares da wikipedia e logo aplicalas coa a meta final cos cinco piares esteen reflexidos nos artigos, non hai ninguna politica que se poda basear en un dos cinco piares pa preocuparse de cos usuarios queden ou non a editar. Estou lista pa colaborar no concreto da Galipedia e dentro da Galipedia, co que esta falado dentro da Galipedia.ElviraConversa con mi 11:11, 30 marzo 2008 (UTC)

Ola a todos e todas,

Fai uns días envielles este correo ás persoas que coñecín na reunión con motivo da proposta de obradoiros da Galipedia, solicitaronme que si podía a enviara á Taberna, sigo reiterando o meu ofrecemento para colaborar no posible nas actividades que nos plantexedes, retomar esta proposta máis adíante ou facernos ecos nos diferentes portais da Consllería das actividades que organicedes, en concreto si así o desexades no portal que activamos con motivo do día de internet e día das letras: [7] Unha aperta Antonio.


Ola a todos e todas,

Queriavos informar persoalmente as persoas que asistichedes á reunión do pasado 13 de marzo con motivo do obradoiros na Galipedia de que dende a Consellería temos decidido deixar este proxecto, polo menos por agora.

O obxectivo do mesmo era por unha parte introducir unha valiosa ferramenta, e proceso social, como é a Galipedia entre os usuarios e usuarias da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, e por outra parte colaborar dende a Consellería en que se fortalezan, no posible, os Contidos Libres,de Galiza e en Galego, así como destacar o importante esforzo que fai a Comunidade en apoiar os mesmos mediante proxectos como a Galipedia.

Pero precisamente por que creo que os procesos sociais son máis importantes que os propios obradoiros que queriamos realizar e ao non existir consenso na Comunidade sobre este proxecto, creo preferible aprazalo até que se considere oportuno, si é que se chega a un acordo.

Indicar que en todo momento o proxecto tiña por obxectivo o aquí indicado,parecedonos interesante difundir a Galipedia mediante estes obradoiros dada a coincidencia na data do día de internet e o día das letras galegas no 17 de Maio, non existindo outros obxectivos distintos dos expresados na reunión.

Por último agradecervos o tempo que dedicachedes a que o proxecto fora viable, así como ofrecervos a colaboración para retomar este proxecto ou calquera outro que consideredes de interese (xornadas, obradoiros, ...), lamentando que nesta ocasión no fose posible.

Unha aperta, Antonio Pérez Casas. DX de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. --Anpeca 18:44, 31 marzo 2008 (UTC)

Unha verdadeira mágoa, persoalmente considero que perdemos unha oportunidade importante.--Arco de Rayne 19:37, 31 marzo 2008 (UTC)
Si, unha mágoa, mais considero que había consenso sobre a realización do proxecto, cando menos ninguén se pronunciou contrariamente. Agardo que nun futuro próximo sexa máis viable o proxecto, certamente a Galipedia é a definición perfecta de + galego + internet. AlberteSi, digame? 20:06, 31 marzo 2008 (UTC)
Persoalmente non vexo problema, solo vexo xente que ten medo de ca lingua galega perda algo por carencia de un proxeto no cual a Galipedia non se mete. A ver si se pode identificar algo concreto, solo comentando unha frase de Antonio, alias Anpeca :

"Pero precisamente por que creo que os procesos sociais son máis importantes que os propios obradoiros que queriamos realizar e ao non existir consenso na Comunidade sobre este proxecto, creo preferible aprazalo até que se considere oportuno, si é que se chega a un acordo."

  1. os propios obradoiros que queriamos realizar : supoño que pa animar os obradoiros podedes pagar xente que teña competencias pa formase rapidamente analizando un pouco as paxinas da Galipedia (todoo necesario par rexistrarse, editar, e respetar un minimo de regras e facil de ver pa un profesional en pouco tempo e finalizar unha axuda formativa) e sabendo que os proxectos wikis estan abertos a toda persoa do mundo, por demais o formato wiki é facil Nada e ninguen impiden que realizen vostedes eses obradoiros. Nada se opon a que vostedes favorezan que xente rexistrese pa editar, si é claro que a persona fai as edicios en responsabilidade persoal. Esto que estou dicindo pode comprenderse por lectura simple da acollida noraml das wikipedias.
  2. ao non existir consenso na Comunidade sobre este proxecto : donde se ve ca comunidade non leva consenso ? Ningun usuario expressou que estaba contra os obradoiros. Algun usuario dixo que non estamos preparados pa unha acollida de 20 ou 100 llegadas, mais non dixo en que plan. Eso non esta en contra. Todos os que se espresaron dixeron que o voso proxecto é moi bonito. Hai consenso dos usuarios co proxecto, hasta hoxe polo menos.
  3. creo preferible aprazalo o voso proxecto vai pola vosa responsabilidade.
  4. até que se considere oportuno, si é que se chega a un acordo : cal oportunidade ? cal acordo ? Prealable : os usuarios e administradores non son unha entidade, esto posto queda que hai usuarios e administradores que fan o mantemento cotidiano das edicions, e solo nesto pode haber colaboracion sencilla. Coma xa dixen no punto un, o voso proxecto pode formar animadores de obradoiros sin vir buscar usuarios ou animadores con un acordo que no meu sentido non ven o caso. Agora ben si necesitades un administrador pa darlle un traballo de preparacion e evaluacion technica, e concretamente estamos falando do usuario administrador Xosé. Pois xa o expressei bastante e repito : Xosé, (por demas sendo administrador dispon de certas ferramentas) ten que deixar a Galipedia pa ir coo voso proxecto porque hai conflito de intereses. Sin eso a porta esta aberta a toda suspicion : que vai facer ? vai facer estadisticas pa vosa conta ? o que vai facer durante esa temporada no mantemento da Galipedia ? é pa vosa conta ? como se vai poder saber ? un usuario non é inspector pa investigar, eu non conto facelo, e non podo imaxxinar que ainda que se me propoña un listaxe do que vai facer pa vos e o que vai facer pa Galipedia, e o que se comprometa a ta ou tal cousa, eu non podo imaxinar que sexa o meu traballo de usuario de vixiar outro usuario en tal situacion.
  5. Conclusion A = segun o ~que foi dito por XabierCid, Xoxé e todos os da reunion comprendese que sois profesionales e co voso proxecto e un boo proxecto ben preparado, non vexo que problema podes ter pa organizar e animar jornadas, obradoiros e outras cousas que animen a xente a contribuir na construcion dunha enciclopedia en galego, na rede, de balde e na que calquer pode sencillamente compartir os seus conocementos.
  6. Conclusion B = Eu xa dixen que concordo pa que se abran paxinas que faciliten o dia de internet, temos o modelo da wiki en catalan. E é verdade que non comprendo como se fai que ninguen empezou a daptar algunha paxina da wiki catalana para poder por a vostra disposicion unha paxina de entrada mais especial dise dia sin que fale de vos especialmente, despois sempre se lle pode cambiar o titulo. E eso debe ser que non temos tempo, pero non e falta de consenso. De todos modos, si un dia llegan 20 usuarios ou cen, que pase o que pase non pode ser grave .... agás que haya problema de connexion tecnica posible ... e niste caso non pode ser alguen que traballe pa vos que o arranxe, esto é un problema propio do proxecto wikipedia.

Comentario 1 : non entendo ben como é posible que por unha banda semella que tedes un boo proxecto ben preparado e contando cun administrador da Galipedia e que hoxe estemos en situacion de perdirnos que os propoñan os usuarios da Galipedia de organizar obradoiros, xornadas ??? pero non pido contesta, non dudo que haiga explicacion e que todo sea de boa fe. Lea un pouco a portada da Galipedia, o portal da comunidade e xa vera, todo é mui facil. Non dudo que vostede poida organizar manifestacios que favorezan co dia de internet pasese mui ben. Comentario 2 dirixido os outro usuarios : non dou entendido que é o que se pode perder : seria que pensades que debemos permitir que Xosé faga un traballo especifico quedando na Galipedia que se permita que usuarios vallan animar obradoiros nun proxecto que non é o proxecto wikipedia ? E quen empide que eses obradoiros, charlas e xornadas se fagan si a contribucion dun administrador e de usuarios ? Por que pensades que cando elaboraron o proxecto contaban cos recursos nosos ? Eu eso non no penso. Que lle sexa mais facil ter un administrador contratado e usuarios pa facer charlas, claro que lle pode resultar mais facil, pero sin mais. Eu non me sinto culpable de impidir nada de boo. Cal é o voso proxecto : que a Galipedia sexa conocida ? (cando se consulta google, si temos artigo, apracemos en seguida), que veñan mais usuarios ? (eso seria unha boa cousa, e si podo facer algo coas miñas contribucios, encantada !). Agora donde se atopa esa idea de que podemos, por demais de usuarios, ser comerciales e recrutadores ? Saudos a todos ElviraConversa con mi 23:03, 31 marzo 2008 (UTC)

Xosé como administradorEditar

Non quería volver sobre este tema, que pensei que xa quedara aparcado. Pero vexo que aínda hai usuarios que siguen cuestionandose si a comunidade fai ben en seguir confiando nel ("seria que pensades que debemos permitir que Xosé faga un traballo especifico quedando na Galipedia...", etc.) Entendo que os usuarios que formamos parte do proxecto somos soberanos para decidir que administradores escollemos, e cando os revogamos. Si hai alguén que non esté de acordo, pode plantexalo sin ningún problema, ninguén llo impide. Pero, na miña opinión, chegado un punto, debería seguir adiante co proceso acordado pola comunidade en Wikipedia:Elección_de_administradores#Revogación_dos_permisos_de_administrador, ou asumir que a súa idea non é compartida pola maioría, e respetando o feito de que os demáis usuarios poden ter un punto de vista distinto, deixar de cuestionar continuamente a lexitimidade do administrador.

Eu supoño que se pasou o esforzo de debatir e consensuar esa política, que ademáis é unha das políticas oficiais da comunidade, precisamente para evitar situacións coma esta, co cal pediría que fose respetada por todos. Eu, non concordando coa súa revogación, casi prefiro que abrades a votación de revogación, se diga todo o que se teña que dicir sobre o caso, a comunidade decida, e todos asumamos esa decisión. E si preferides non abrir a votación, deixamos o tema para sempre. O que non podemos é seguir pechando polémicas en falso, e seguir metendo lastres no pasado, que xa bastante hai. Non quixera ver que no futuro este fose un tema recorrente, e cada certo tempo alguén o sacase cada vez que houbese algunha discusión. Iso xa está pasando con outras cousas, e non me gustaría seguir engadindo máis. Miguel.lima 09:32, 1 abril 2008 (UTC)

Penso que tes moita razón Miguel.lima. Pero tamen penso que si Prevert lle pidiu de demitir e que eu expresei puntos a aclarar, esperaba unha postura de Xosé. Polo momento, deixo de meterme nas conversas xerales porque non estou segura de saber todo o que hai que saber, e non estou segura de comprender a donde usuarios tan respetables como tu, Xabier.Cid etc queredes ir. Pareceme que Prevert non volve, (Prevert pa min representa un usuario con moito conocemento do funcianamento dos proxectos, sin que por eso sexa perfeto) e eu non vexo cal é o papel que me corresponde. Non dou entendido cal é esa meta tan importate que se sigue, ou que se perde, non vexo donde hai tanto drama. Esique, cando teño tempo vou seguir editando nos artigos, como fixen o principio e nada mais. O meu prazer e de contribuir. Saudos a todos e facer polo millor. ElviraConversa con mi 11:30, 3 abril 2008 (UTC)
Vin que tiña pendente responder a esta mensaxe porque fai referencia a miña petición de renuncia como administrador de Xosé. Quero manifestar que me reafirmo nesa petición. Así mesmo quero lembrar que seguirei defendendo os principios da Wikipedia, por ese motivo para min dita petición segue vixente porque considero que afecta a un principio fundamental deste proxecto algo que é irrenunciable. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:10, 15 abril 2008 (UTC)