Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 14
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 |
---|
Enrique vs Henrique
editarTemos unha Categoría:Imaxes de Henrique Campo Sobrino na que non sei a que vén ese H. Enrique Campo sempre asinou con E e en toda a bibliografía que levo vista escríbese con E. Vou recategorizar tódalas imaxes nunha nova categoría Enrique, pero prefiro esperar uns días por se hai opinións en contra. Hai un problema paralelo: en Commons tamén están categorizados como Category:Henrique Campo Sobrino. ¿A recategorización en Commons funciona igual que aquí? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:53, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
Funciona igual. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:37, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)
A min paréceme correcto que se manteñan os nomes na forma orixinaria (isto é, o que diga a persoa que responde a ese nome). --Cachaldora 14:20, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
Proposta de colaboración
editarMoi boas compañeiros, hai moito tempo que non participo da Galipedia, o certo é que me resulta moi difícil debido a dous motivos básicos: coñecementos de informática, e coñecementos de inglés. Toleu con estes dous eidos. O caso é que a min gústame moito escribir en galego, pero non dispoño de moito tempo para pelexarse con Edicións-copiar-pegar-enlazar... Somentes quería facervos unha proposta a todos os usuarios:
Eu ofrézome a traducir textos ao galego, ben sexa do portugués, español, francés ou catalán; se alguén quere pode enviarme textos para que eu os vaia preparando en galego, logo devolveríallos e el xa se encargaría de insertalo correctamente na galipedia. Tamén podo supervisar erros de textos xa escritos en galego.
Agardo que poda servir para alguén, e que axude a incrementarmos o número de artigos na nosa galipedia. Non teño claro onde recibiría a(s) resposta(s), ou cando, así que deixo o meu correo electrónico:
fuertescachaldora@gmail.com
Saúdos, Cachaldora (usuario). --Cachaldora 14:17, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Cachaldora, o que propós é infinitamente máis complicado ca o sisteme wiki en si mesmo. Ti traduce o que che apeteza, e pregunta o que non saibas para que che podas axudar. Un par de xornadas intensivas e verás como lle colles o truco a isto. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:20, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Entendo que estou a falar con algún dos administradores ou, no seu defecto, con alguén que ten experiencia abonda nisto de colgar artigos. So unha pregunta; aproximadamente cantos artigos vimos activando ao Dia / ou Mes / ou Ano? É para saber cal é o nivel de actividade. Grazas.--Cachaldora 14:28, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
- 12200 artigos novos este último ano 2010 (plusmarca). É dicir, por volta de 1000 ao mes. Canto ás edicións, a media está nunhas 1100 edicións diarias. Hoxe estamos en pleno reto das 5000, por ser o 10º anversario da Wikipedia. --Atobar (conversa comigo) 14:30, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Para aprenderes pode ser un comezo algún dos artigos que actualmente teñen a etiqueta de "En tradución". En portugués temos boa parte dos artigos O Primo Basílio, A Relíquia, Os Maias e Enzima. Podes traducir as partes que lles quedan. Calquera problema que tiveras estaríamos aquí para axudar. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 15:57, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
- E si vas seguindo as pestanas da Guía da axuda, que é estupenda, nun momento xa lle pillas o truco. Ánimo que é moi doado comezar, en serio :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:30, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)
Votacións
editarPor favor, alguén que sexa máis espilido ca min nisto das votacións pode aclararme se o Usuario:Turonio está capacitado para votar en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Reino de Galicia? Leva sen aparecer por casa dende abril do 2009 e só fixo esta edición, o cal non é moi habitual. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:38, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Para poder votar hai que ter feitas 150 contribucións válidas e unha antigüidade mínima de 60 días, segundo se le aquí, onde non se esixe que a última contribución teña que ser recente. O usuario Turonio ten 367 edicións válidas e unha antigüidade de máis de 4 anos (véxase aquí). Xa que logo, pode votar. --Paradanta (Cóntame) 11:49, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Eu tamén o mirei, para lle rasgar o voto, pero seica non hai ningún problema, pois ten máis de 150 contribucións e leva o tempo requirido como usuario rexistrado. Habería que engadir un punto de ter editado no último trimestre ou algo similar. En fin, a política tiña unha pequena eiva e haberá que aceptar ese voto como válido. --Atobar (conversa comigo) 11:52, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Lendo outra vez a norma, vexo que especifica que as contribucións válidas precisas para votar teñen que ser en artigos (entendo que non valen conversas, categorías e cousas polo estilo). Aínda así pode votar, porque en artigos ten 344 contribucións. --Paradanta (Cóntame) 11:54, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
Artigos sobre castros
editarComo xa expliquei na Taberna (políticas), estou meténdome a revisar a listaxe de Castros de Galicia, coa intención de editar logo os correspondentes artigos de cada un destes castros. Deixando aparte o tema da necesaria convención sobre os títulos destes artigos, quero deixar aquí unha explicación que pode axudar a recadar información útil para elaborar os artigos sobre os castros. Na actualidade existe (ou disque) un inventario de bens patrimoniais da comunidade autónoma de Galicia, que xestiona (ou disque) a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura. Eu tiven que entenderme con estes señores máis dunha vez por temas relacionados co meu traballo, e o mellor que podo dicir deles é que día a día demostran a súa competencia na aniquilación sistemática e intencionada do patrimonio galego. Ademais, e aparte disto, negan o acceso de calquera persoa á información da que dispoñen, entre ela o devandito Inventario que eles (disque) custodian e xestionan. Se ese inventario fose público (públicos eran os cartos que o pagaron) non habería máis que tomar a información que contivese para facer con ela o traballo que nós facemos aquí.
Por outra banda, calquera documento urbanístico de tipo parcial, xeral ou supramunicipal ten que levar incluído, por lei, un catálogo de bens patrimoniais. Este catálogo, entre outros bens que o equipo redactor estime oportuno incluír nel, ten que incorporar os que xa recolla o Inventario da comunidade autónoma. Entre estes están, necesariamente os de xacementos arqueolóxicos. O catálogo de arqueoloxía dun PXOM (por exemplo) pasa a formar parte integrante do propio PXOM. Ben, pois aquí chegamos ó que nos importa: os documentos urbanísticos son públicos, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Colexio de Arquitectos, na época de Touriño e demais xentes, comezaron a colgar os documentos que fosen aprobados e a dixitalizar os máis antigos. Están recollidos na páxina http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/.
Todo isto quere dicir (perdón pola extensión) que, no canto de acudir a un Inventario centralizado que xa existe (disque), é necesario acceder á información que está recollida en cada un dos catálogos de cada un dos concellos (por suposto, a información está case sempre en pdf, de modo que de exportar datos nada). Como a Xunta é como é, para visualizar esta páxina é imprescindible empregar o Explorer de Microsoft. Eu non traballo con nada que se apelide Microsoft, de modo que o único que podo facer é recoller os catálogos daqueles concellos que, ademais, teñan os seus PXOM ou NNSS colgados nas súas propias páxinas. Todo isto explícoo aquí por se alguén se anima a traballar nos artigos que teñan que ver co patrimonio, pois a información que conteñen os catálogos é, moitas veces, suficiente para un artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:23, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)
- É unha mágoa que para unha pouca información que teñen accesible non o sexa para todo o mundo, aínda que menos mal que algo van publicando xa que todo iso faise cos nosos cartos, pero esperemos que o vaian facendo de forma máis xeral e mellor. Eu pola miña banda acabo de mandarlles un correo dicíndolles que o amañen, que si esa información é para todos os cidadáns debe selo de verdade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:31, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)
San Lucas
editarNa es:wiki din que san Lucas é o patrón dos pintores, doutores, cirurxiáns, solteiros, carniceiros, encadernadores, cervexeiros e notarios. Moito padroado me parece a min. Eu só sabía que o era dos banqueiros (¿ou bancarios?). ¿Alguén pode confirmar algo disto? Pedro --Lameiro (conversa) 16:57, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Non sei se esta é válida. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:01, 18 de febreiro de 2011 (UTC)
Modificar imaxe e traducir texto
editarNecesito dúas cousas para un artigo que ando tecendo.
- Que alguén modifique traducindo ó galego os rótulos esta imaxe: File:Ascariasis LifeCycle - CDC Division of Parasitic Diseases.gif
- Que alguén me traduza este texto, para explica-lo ciclo biolóxico do parasito: Adult worms 1 live in the lumen of the small intestine. A female may produce approximately 200,000 eggs per day, which are passed with the feces 2. Unfertilized eggs may be ingested but are not infective. Fertile eggs embryonate and become infective after 18 days to several weeks 3, depending on the environmental conditions (optimum: moist, warm, shaded soil). After infective eggs are swallowed 4, the larvae hatch 5, invade the intestinal mucosa, and are carried via the portal, then systemic circulation to the lungs . The larvae mature further in the lungs 6 (10 to 14 days), penetrate the alveolar walls, ascend the bronchial tree to the throat, and are swallowed 7. Upon reaching the small intestine, they develop into adult worms 8. Between 2 and 3 months are required from ingestion of the infective eggs to oviposition by the adult female. Adult worms can live 1 to 2 years.
- Non é moito pedir, ¿non? Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 21 de febreiro de 2011 (UTC)
- Aí vai a miña tradución:
- Os vermes adultos (1) viven no lumen do intestino delgado. Unha femia pode producir 200.000 ovos ao día aproximadamente, que van coas feces (2). Os ovos non fertilizados pódense comer, dado que non son infecciosos. Aqueloutros fertilizados con embrión vólvense infecciosos logo de 18 días ou varias semanas (3), dependendo das condicións ambientais (humidade, temperatura). Tras tragar os ovos infectados (4), as larvas eclosionan (5), invaden a mucosa intestinal e son transportadas mediante a vea porta e o sistema sanguíneo ata os pulmóns. As larvas maduran nos pulmóns (6) (entre 10 e 14 días), penetran nas paredes capilares, ascenden polos bronquios ata a gorxa e son tragadas (7). Antes de chegaren ao intestino delgado, os vermes medran ata a fase adulta (8). Necesítanse entre 2 e 3 meses desde a inxestión dos ovos infectados para que a femia poña ovos. Os vermes adultos viven entre 1 e 2 anos.
- Agardo que sirva a tradución. A ver se alguén bota unha man coa imaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:07, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Tan só corrixir unha pequena errata, é no lumen do intestino delgado.--Cheluco 15:11, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Non podo afirmar que estea ben nin lumen nin lume. Simplemente optei pola segunda opción por similitude co que pasa con outras palabras que acaban en -umen en castelán e -ume en galego; exemplo: cardumen (es) -> cardume (gl). --Toliño Fala aquí comigo 15:16, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Tan só corrixir unha pequena errata, é no lumen do intestino delgado.--Cheluco 15:11, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Agardo que sirva a tradución. A ver se alguén bota unha man coa imaxe. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:07, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Está recollido no Ir Indo como lumen e aparece no VOLGa, hai que ter en conta é un cultismo polo que é lóxico que a súa evolución sexa diferente a das palabras patrimoniais.--Cheluco 15:21, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Corrixido. OK, grazas! --Toliño Fala aquí comigo 15:21, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Moitas grazas. O do "lumen" é simplemente "luz". A "luz intestinal" é un termo común e aceptado para o interior do tubo dixestivo, onde viven estes bichos. Que eu saiba -pero teño que asegurarme- estes viven soltos entre o contido intestinal,na luz intestinal, mentres que outros, coma as tenias, viven fixados co éscolex na parede do intestino. Agora quédame o problema da imaxe: eu podería copia-la imaxe do CDC, cambiarlle os textos e subila á Galipedia en galego, pero non sei como se poría neste caso a autoría e outros datos da descricióin da imaxe. Pedro --Lameiro (conversa) 21:20, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
A imaxe está en Commons. Na súa páxina de descrición en Commons hai abaixo unha ligazón que di Upload a new version of this file. Polo que eu sei (nunca o fixen) o software liga a imaxe existente coa nova, como diferentes versións da mesma cousa. Eu poñería que ti es o autor da nova imaxe e que esta é obra derivada da que hai agora, e para máis claridade metería unha ligazón que conduza a ela. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:14, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- O enlace que di Xoacas só é para os casos nos que se quere cambiar a imaxe que xa existe para retocala e mellorala. Terá o mesmo nome e substituirá á que había antes. Si queres facer a tradución o xeito máis sinxelo é ir á páxina de cargar ficheiros e coller a opción de "É unha obra derivada dun ficheiro de Commons". Esa opción xa che pregunta cales son os ficheiros dos que deriva a túa imaxe para incluir automáticamente unha referencia a eles na descrición do teu ficheiro. Si non tes moita presa podo tentar facelo eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:30, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Agradeceríacho. A descrición que vexo na imaxe en Commons é complicadísima, e teño medo de meta-la zoca. E logo vén o carallo de categorizala... Boh. Xa teño a imaxe cos rótulos en galego. ¿que fago con ela? Presa non hai ningunha. Irá nun artigo dos que estou preparando para o anniversario así que hai tempo. Mesmo podo poñe-la imaxe en inglés e xa haberá tempo de reemplazala. O caso é que vou necesita-lo mesmo para a triquinose e para a hidatidose. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 23:04, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Elisardo. Á tradución que fixo Toliño mételle estes cambios, que marco en negra:
- Agradeceríacho. A descrición que vexo na imaxe en Commons é complicadísima, e teño medo de meta-la zoca. E logo vén o carallo de categorizala... Boh. Xa teño a imaxe cos rótulos en galego. ¿que fago con ela? Presa non hai ningunha. Irá nun artigo dos que estou preparando para o anniversario así que hai tempo. Mesmo podo poñe-la imaxe en inglés e xa haberá tempo de reemplazala. O caso é que vou necesita-lo mesmo para a triquinose e para a hidatidose. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 23:04, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
- Os vermes adultos (1) viven na luz do intestino delgado. Unha femia pode producir 200.000 ovos ao día aproximadamente, que son expulsados coas feces (2). Os ovos non fertilizados [texto suprimido] non son infecciosos. Aqueloutros fertilizados e embrionados vólvense infecciosos logo de 18 días ou varias semanas (3), dependendo das condicións ambientais (humidade, temperatura). Tras inxerir os ovos infectivos (4), as larvas eclosionan (5), invaden a mucosa intestinal e son transportadas mediante a vea porta e o sistema sanguíneo ata os pulmóns. As larvas maduran nos pulmóns (6) (entre 10 e 14 días), penetran nas paredes alveolares, ascenden polos bronquios ata a gorxa e son tragadas (7). Antes de chegaren ao intestino delgado, os vermes mudan á fase adulta (8). Necesítanse entre 2 e 3 meses desde a inxestión dos ovos infectivos para que a femia poña ovos. Os vermes adultos viven entre 1 e 2 anos.
- Grazas. Pedro
Penso que xa está a imaxe, revisade a tradución dos textos non vaia ser que metera a zoca: File:Ascariasis LifeCycle - CDC Division of Parasitic Diseases-gl.gif.
As categorías son as mesmas que as da imaxe orixinal porque ten a mesma información. Si credes que se lle pode engadir algunha categoría máis, ou cambiar algunha das que ten, fágollo nun momento.
Fixen uns retoques na tradución da descrición, a ver si vos parecen ben, si non cámbiase que iso non é nada: "Os vermes adultos (1) viven na luz do intestino delgado. Unha femia pode producir aproximadamente 200.000 ovos ao día, que son expulsados coas feces (2). Os ovos non fertilizados non son infecciosos. Aqueloutros fertilizados e embrionados vólvense infecciosos logo de entre 18 días ata varias semanas (3), dependendo das condicións ambientais (condicións óptimas: humidade, calor e chan sombreado). Tras inxerir os ovos infectivos (4), as larvas eclosionan (5), invaden a mucosa intestinal e son transportadas mediante a vea porta e o sistema sanguíneo ata os pulmóns. As larvas maduran nos pulmóns (6) (entre 10 e 14 días), penetran nas paredes alveolares, ascenden polos bronquios ata a gorxa e son tragadas (7). Antes de chegaren ao intestino delgado, os vermes mudan á fase adulta (8). Necesítanse entre 2 e 3 meses desde a inxestión dos ovos infectivos para que a femia poña ovos. Os vermes adultos viven entre 1 e 2 anos.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:12, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
- Grazas Elisardo. Cambiei a frase "Aqueloutros fertilizados e embrionados vólvense infecciosos logo de entre 18 días ata varias semanas". Na imaxe puxeches que "non terán desenrolo biolóxico". Terás que cambiar iso por "desenvolvemento", que é a forma galega de "desarrollo". Repito: grazas. Agora vaite atopando tempo para estoutra imaxe: Ciclo biolóxico de Trichinella spiralis. Se hai que aclarar algún concepto técnico xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 18:52, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
- Xa cambiei a imaxe, cando teña un momento póñome coa outra. Saúdos e a mandar, --Elisardojm (conversa) 23:02, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
Boas, a imaxe está modificada, espero que esté todo ben (File:Trichinella LifeCycle-gl.gif). Teño pendente traducir a descrición, a ver si mañá teño un momento. Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) o 8 de marzo de 2011 ás 03:12
- Ah, só un detalle da tradución dos textos da imaxe. Hai dous sitios que pon Carnivorism (non atopei tradución desta palabra), fai referencia a que son carnívoros pero non sabía moi ben como poñelo e de momento puxen Carnívoro. Si vedes algo que lle vaia mellor cámbiollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:13, 8 de marzo de 2011 (UTC)
- Perfecta, Elisardo. Ese "carnivorismo" pretende dicir que as ratas cómense entre elas, ou comen os cadáveres doutras que atopen, por iso debúxao como un ciclo pechado rata-rata. Creo que o termo máis adecuado neste caso sería canibalismo. Digamos que neste ciclo biolóxico, as ratas actúan como reservorios das triquinas, e logo son comidas polos porcos e os xabaríns; e estes comidos polo home. O resto dos textos, sen obxección ningunha. Avisa cando o cambies para copia-la imaxe no artigo que teño preparado para subir o sábado. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 16:38, 8 de marzo de 2011 (UTC)
- Si, eu tamén entendía que se debía referir a iso pero o que me fai dubidar é que canibalismo en inglés é cannibalism e como poñen carnivorism pois non estaba seguro. Non sei por qué poñen carnivorism na imaxe orixinal pero estou dacordo contigo en que debe de referirse ó canivalismo así que cando esté na casa cambio a imaxe e xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:43, 8 de marzo de 2011 (UTC)
- Xa está cambiado o do carnivorismo. Queda para outro día a tradución do texto da imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:14, 10 de marzo de 2011 (UTC)
Acceso gratuíto ó dicionario Ir Indo
editarVin a noticia onte na TVG pero ó final esquecinme de miralo. Resulta que agora nas páxinas web da Xunta pódese facer dobre clic nas palabras para que apareza unha ventá coa definición que contén o dicionario Ir Indo. Este dicionario fíxose de pago hai uns meses e sin rexistro xa non se podía acceder a el, agora con este tinglado pode consultarse de xeito...indirecto e de forma gratuita (agora supoño que seguiremos pagando pero non nos mandan as facturas a casa :). Si non hai outra cousa mellor pode ser útil nalgún momento.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:10, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
- Ocorre o mesmo na edición en galego de Xornal.com (http://www.xornal.com/?idioma=gl)--. HombreDHojalata.conversa 19:08, 4 de marzo de 2011 (UTC)
Acabo de atopar como usar o dicionario Ir Indo na web da Xunta de Galicia, se ides, por exemplo, a esta páxina e nun dos apartados da busca poñedes a palabra que queredes consultar, calquera que querades, simplemente facendo doble click nela xa vos aparece a consulta. O bo é que deste xeito pode consultarse calquera palabra e non hai que facer ningunha busca dentro da web da Xunta como pensaba ó principio. Menos da unha pedra... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:13, 31 de marzo de 2011 (UTC)
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
editarPor si lle interesa a alguén, coma poderosa ferramenta de documentación, o xornal De luns a venres está a anunciar a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD contra reembolso de 9.95 €, máis 6 € de gastos de envío. So hai que cubrir a solicitude (páxina 5) e envialo por fax ó 982 298 106, ou por correo electrónico a distribucion@elprogreso.es Eu pedino o luns e chegoume hoxe, venres. Estiven probándoa e penso que foron dezaseis euros moi ben invertidos. Mais información no 982 298 128--. HombreDHojalata.conversa 19:21, 4 de marzo de 2011 (UTC)
- Home claro que me interesa!. Non o puden pillar cando o venderon con El Progreso, a ver si o consigo agora... Moitas grazas polo aviso HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:00, 4 de marzo de 2011 (UTC)
- Xa teño a miña enciclopedia en DVD en casa, si alguén precisa algún artigo para consultas ou referencias que me avise e mándollo por correo electrónico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:15, 31 de marzo de 2011 (UTC)
Maiúsculas/minúsculas nos títulos
editarNon temos, ou non o lembro, criterios para a forma de escribir títulos de conceptos como "Lugar de importancia comunitaria" ou "Zona de especial protección para as aves", con maiúsculas ou minúsculas. O sentido común pide maiúsculas, como facemos con "Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia" ou con "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira". ¿Alguén ten algunha idea para trasladalo ó libro de estilo? Escribir dunha oiu doutra forma ten consecuencias nas ligazóns internas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:01, 17 de marzo de 2011 (UTC)
- Exemplo: no artigo Fragas do Eume hai unha ligazón a Lugar de Importancia Comunitaria que está en vermello polo feito de estar escrito con maiúsculas, porque o artigo Lugar de importancia comunitaria existe. Pedro --Lameiro (conversa) 19:47, 17 de marzo de 2011 (UTC)
- O que se vén facendo é redireccións para que as dúas liguen ben. Non estou tan convencido de que, por norma, as maiúsculas en cada palabra sexan boa cousa. Sigo dándolle voltas. --Atobar (conversa comigo) 20:46, 18 de marzo de 2011 (UTC)
mover artigo
editarUn traballiño para os administradores. Hoxe, o artigo Complexo Intermareal Umia-O Grove redirixe ó artigo na súa forma completa Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira. Como ben observou Xavier Cid, o normal é que o título do artigo principal sexa na forma máis común e que a forma completa (oficial) redirixa alá. Como facer isto é cousa complicada, déixovos que o fagades vós. Pedro --Lameiro (conversa) 20:25, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Feito!; --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:21, 18 de marzo de 2011 (UTC)
¿Categorías solapadas?
editar¿Que diferenza pretende haber entre as categorías Categoría:Prensa escrita de Galicia e Categoría:Xornais de Galicia? Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 18 de marzo de 2011 (UTC)
A primeira é máis ampla; 'Xornais' son as publicacións periódicas editadas a diario, mentres que 'prensa' en xeral inclúe tamén semanarios, publicacións quincenais, etc. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:19, 18 de marzo de 2011 (UTC)
- Entón amplío a pregunta á categoría:Revistas editadas en Galicia, na que eu pensaba eses semanarios e publicacións que dis. Agora, en Xornais temos cousas como La Voz de Galicia, Faro ou Diario de Pontevedra; semellan ser todos diarios. En Prensa escrita de Galicia temos El Progreso (tan diario como aqueles) e outras publicacións periódicas xa desaparecidas. Non me queda nada clara esta categorización. Pedro --Lameiro (conversa) 20:32, 18 de marzo de 2011 (UTC)
Proposta de elección a burócrata
editarAcabo de engadir unha proposta de elección a burócrata. Sería beneficioso para este proxecto que que a comunidade se manifestase. Invítovos a participar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:00, 21 de marzo de 2011 (UTC)
Marcadores de bandeira
editarDende hai un tempo veño pensando no tamaño das imaxes nos marcadores de bandeira (Categoría:Marcadores de bandeira), primeiro porque nas que levan texto ( Francia) o seu tamaño paréceme demasiado grande (a min persoalmente nalgúns casos ata me é molesto á vista), e segundo porque penso que se debería uniformizar o mesmo coa do marcador sen texto . Que opinades? --Beninho 09:57, 24 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:39, 24 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 12:15, 24 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo. Xusto tiña pensado propoñelo un día destes. Tiña pensado, se vos parece ben, facer un modelo no cal por exemplo se se pon {{bandeira|GRE|1975}} aparecese esta bandeira: e non esta: . Semellante ao modelo da wikipedia inglesa.--Adorian (fálame) 13:02, 24 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo E tamén me parece ben a proposta de Adorian. --Elisardojm (conversa) 14:06, 24 de marzo de 2011 (UTC)
Semella que hai consenso (aínda que só opinasemos 5). Agora habería que decidir que tamaño deixamos, o pequeno de 20px ou o grande de 25. Eu persoalmente voto polo pequeno. Ahh, e tamén estou dacordo coa proposta de Adorian. --Beninho 18:23, 26 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo Voto polo pequeno de 20px. O que tamén se pode facer é que se poida elixir o tamaño do seguinte xeito (ou semellante): {{bandeira|GRE|1975|22px}}. Se non se pon nada que saía co tamaño por defecto que saía da votación.--Adorian (fálame) 20:36, 26 de marzo de 2011 (UTC)
- Tanto me ten o tamaño. O que decidades, ben decidido ha estar. --Atobar (conversa comigo) 21:33, 26 de marzo de 2011 (UTC)
- Eu tamén voto polo tamaño pequeno pero penso que sería mellor facer como di Adorian de indicar o tamaño no modelo. E o modelo tamén debería permitir por un texto ou ningún e así serviría para poñer só a bandeira ou a bandeira cun texto (que podería ser o nome do país ou outro distinto). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:58, 27 de marzo de 2011 (UTC)
- Concordo en xeral, pero non credes que estamos complicando moito un modelo que tiña que ser moi sinxelo? Xa case é máis doado meter a ligazón á imaxe... Optaría pola confluencia que propón Beninho en 20px e mais nada. --Xabier Cid Talk, please 14:51, 27 de marzo de 2011 (UTC)
- Pero o modelo pode ter un par de parámetros básicos obrigatorios para que a use todo o mundo e logo todos os demáis que sexan opcionais, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:33, 27 de marzo de 2011 (UTC)
A proposta de Adorian ten a virtude de solucionar o problema que se presenta cando un país cambia de bandeira varias veces ó longo da súa historia. O resultado non sería un modelo complexo nin difícil de empregar (máis complexo que o actual non é difícil que sexa), e que permitiría seguir empregando a mesma forma de sempre con idéntico resultado, é dicir, sen introducir parámetros. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:00, 29 de marzo de 2011 (UTC)
- se é posible non usar os parámetros, eu diría que ok.--Xabier Cid Talk, please 01:05, 29 de marzo de 2011 (UTC)
Guía dixital de árbores de Galicia
editarNesta páxina acabo de atopar unha guía dixital de árbores, según di coa descrición das 50 especies máis comúns do extremo SW da rexión eurosiberiana. O problema é o que di a páxina principal de Baía edicións de que estará dispoñible por un mes..., pero mentres funcione ó mellor pode servir de consulta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:03, 12 de abril de 2011 (UTC)
Mosteiros e Conventos de Galicia
editarAcabo de atopar unha nova ligazón para referenciar este tema en liña, unha mágoa que non sexa de licencia libre. Está organizado polo Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da UDC e ten ademáis de información, fotos e planos dos monumentos. Póñoo aquí por si lle fose de axuda a alguén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:40, 15 de abril de 2011 (UTC)
Interesante. De todos modos sei por experiencia que as publicacións deste departamento son fiables ata certo punto (están baseadas en traballos académicos de alumnos, ós que se lles esixe colaborar para poder alcanzar o aprobado; eu fun un deles). En calquera caso non coñezo referencia mellor. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:52, 15 de abril de 2011 (UTC)
erro en "Jaime Sánchez Fernández"
editarNo artigo Jaime Sánchez Fernández hai un erro ó aplicar eses cadros da dereita do artigo (biografía, supoño) que nunca acabarei de entender. Botádelle un ollo a ver que signo falta ou sobra. Pedro --Lameiro (conversa) 19:44, 16 de abril de 2011 (UTC)
- O modelo so soporta 10 clubes, haberá que buscalo xeito de meter a información doutra maneira--. HombreDHojalata.conversa 20:19, 16 de abril de 2011 (UTC)
- Ou reparar o modelo--. HombreDHojalata.conversa 20:21, 16 de abril de 2011 (UTC)
Necrópole de Giza
editarNo artigo Necrópole de Giza utilízase unhas veces Queops e outras Queóps, tamén unhas veces Quéfren e outras (máis) Quefrén. ¿Quen sabe dunha referencia válida para colocar no seu sitio eses tiles viaxeiros? Pedro --Lameiro (conversa) 22:01, 16 de abril de 2011 (UTC)
Poliplacóforos
editar¿Alguén -seguro que si- pode conseguir que queden ben alineadas as columnas Autoridade, Nome común, Outra denominación no artigo Lista de poliplacóforos de Galicia? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 16 de abril de 2011 (UTC)
- Eu cambieille un pouco o formato e fixei o ancho das columnas, mira a ver si vale así. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:14, 19 de abril de 2011 (UTC)
¿Como se nos puido escapar?
editarDesde hai cinco anos, o furón figuraba como membro da familia Bovidae. ¿Como se nos puido escapar semellante barbaridade? Temos que dedicar máis tempo a ler artigos e emendar meteduras de pata deste calibre. Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 16 de abril de 2011 (UTC)
- Home..., eu penso que aínda haberá bastantes erros aínda máis gordos dos que non temos nin idea, e que isto pasa incluso nas mellores fami.., digo... wikipedias :). A miña idea é que para mellorar a calidade a única solución é conseguir máis xente que traballe no proxecto porque os que estamos, xa estamos ata as orellas e non damos para máis. Por iso o meu punto de vista é que, dentro do que se poda, deberíamos promocionar e dar a coñecer un pouco máis a Galipedia no mundo real. Hai varios sitios ós que se pode contactar e nos que penso que poderían achegar algúns novos usuarios: as escolas oficiais de idiomas, os departamentos de normalización linguística dos IES, os concellos, asociacións diversas... --Elisardojm (conversa) 13:11, 17 de abril de 2011 (UTC)
- Benvida sexa calquera colaboración e calquera idea dirixida nese sentido. O meu asombro vén de que na Galipedia hai moitos erros derivados de que os editores non somos especialistas nin os artigos son revisados antes da súa publicación. Pero é que hai erros e "herros", e casos coma este claman ó ceo. Por iso a miña chamada a ler e reler artigos para corrixir todo o que se atope. A miña primeira edición na Galipedia foi para corrixir a atribución de ruminante do noso querido burro. Pedro --Lameiro (conversa) 13:52, 17 de abril de 2011 (UTC)
Audio
editarNa páxina de escoitar.org, que algúns xa coñecedes, están dispoñibles algúns ficheiros de audio con licencias compatibles coas da Galipedia. Póñoo porque non hai moitos sons na Galipedia e como esa web está adicada a Galicia ó mellor pode interesarlle a alguén. A pega é que están en formato mp3 e para poñelas en Commons hai que transformalas a formato .ogg instalando un programa adicado a iso... Pero o que algo quere, algo lle costa ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 19 de abril de 2011 (UTC)
Podo crear artigos?
editarOla! Eu son o Prowiki, usuario da Wikipedia en portugués. Teño experiencia con creación de artigos en masa e creei máis de 8 mil artigos. Quere saber se podería crear algunhas centenas de artigos na Wikipedia en galego. Teño unha base de datos sobre campionatos de fútbol de Brasil e de algúns países de Europa, ademais de xogadores de fútbol que disputaron a Copa do Mundo FIFA. Podo crear tales artigos rapidamente. Saúdos. Prowiki 15:53, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Este tema xa ten saído algunha vez anteriormente e a resposta maioritaria foi que non se utilizaran bots de creación masiva de artigos. A miña opinión foi nese idéntico sentido e segue a selo. Prefiro que a wiki sexa máis pequena pero que a cambio os artigos teñan máis revisións, e sexan froito do noso propio esforzo, que é un dos valores máis interesantes que pode haber como membros dunha comunidade internáutica como a galega. Tardaremos un ano e medio en chegar ós 100.000 artigos en vez de dous meses, pero a min tenme moi pouco interese o número de artigos. --Alberte Si, dígame? 17:29, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Estou ó 100% con Alberte--. HombreDHojalata.conversa 18:56, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Grazas pola oferta, Prowiki, mais o tema témolo moi claro dende o primeiro momento: o principal valor desta wiki é que todo sae do noso esforzo. O que podes facer non obstante é creares media ducia deles e a seguir ilos completando co teu traballo manual e achegando o formato que esixe a galipedia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:07, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Concordo cos tres compañeiros a 100%.Elvira (conversa comigo) 22:04, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Grazas pola oferta, Prowiki, mais o tema témolo moi claro dende o primeiro momento: o principal valor desta wiki é que todo sae do noso esforzo. O que podes facer non obstante é creares media ducia deles e a seguir ilos completando co teu traballo manual e achegando o formato que esixe a galipedia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:07, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Estou ó 100% con Alberte--. HombreDHojalata.conversa 18:56, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Entón non entendo para que pides permiso. Podes crear artigos como o pode facer calquera outro. Mesmo usuarios anónimos--. HombreDHojalata.conversa 06:31, 18 de maio de 2011 (UTC)
- Si, pero ten en conta que debes deixalos adaptados ao formato desta wikipedia, é dicir: onde pon Referencias debe ser notas e as ligazóns externas e outros artigos deben ir como subapéndices en véxase tamén. --Atobar (conversa comigo) 09:40, 18 de maio de 2011 (UTC)
- E para artilharia que sexa goleadores. --Atobar (conversa comigo) 09:41, 18 de maio de 2011 (UTC)
Eu penso que habería que revisar un pouco os artigos que se van a crear porque o Exemplo 1 non me parece que sexa un artigo relevante para esta wikipedia, e para ningunha máis que a portuguesa xa que non ten nin un só interwiki... Poden facerse artigos, pero con sentidiño, diría eu. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:46, 20 de maio de 2011 (UTC)
- Esa era unha das miñas preocupacións. Na Wikipedia en portugués, cremos que a Wikipedia é universal e non sobre temas dos países lusófonos. Entón, do mesmo xeito que un campionato estatal de fútbol de Brasil é relevante, será relevante de calquera outro país, sempre que sexa profesional. Sei que esa idea de universalidade pode non prevalecer noutra Wikipedia, aquí por exemplo poderían considerar notorios só temas relacionados con Galicia. Non quero crear artigos para logo velos borrado. Entón decidan se campionatos de fútbol dos estados do Brasil, son relevantes ou non. Unha explicación: non ten interwiki aínda, simplemente porque non foron creados, pero os máis recentes xa ten, coma este pt:Campeonato Paulista de Futebol de 2010.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Prowiki (conversa • contribucións)
- Eu interpreto que cando Elisardojm di : "...Poden facerse artigos, pero con sentidiño...", non esta en desacordo ca frase "... a Wikipedia é universal e non sobre temas dos países lusófonos ...". Concretamenta a Galipedia non sae das bases universais que ten o proxecto WIKIMEDIA. Pero tamén concretamenta cada lingua pode ter regras para identificar a notoriedade. Por exemplo na WIKIFR, hai regras que esplicitan a relevancia enciclopedica das personalidades, notoriedade dos deportistas, esa regra vala para un deportistas chinés, tanto como para un deportista francés, esa regra tamén pode evolucionar, e tamén podese que artigos que non as cumplen queden porque non se pode controlar todo. Agora o que pode occurir é que nas linguas chamadas minoritarias, acetense artigos de xente ou doutros temas sen relevancia tan estrita porqué, cada lingua é un patrimonio da humanidade e é importante conservar na enciclopedia universal artigos polos que non dispoñemos immediatamente as fontes e a esplicaciòn que xustifique ainda cas outras wikis non o admitan aùn. Tamén pode occurrir nas wikis das linguas que non son minoritaris.
- Eu interpreto que cando Elisardojm di : "...Poden facerse artigos, pero con sentidiño...", non esta en desacordo ca frase "... a Wikipedia é universal e non sobre temas dos países lusófonos ...". Concretamenta a Galipedia non sae das bases universais que ten o proxecto WIKIMEDIA. Pero tamén concretamenta cada lingua pode ter regras para identificar a notoriedade. Por exemplo na WIKIFR, hai regras que esplicitan a relevancia enciclopedica das personalidades, notoriedade dos deportistas, esa regra vala para un deportistas chinés, tanto como para un deportista francés, esa regra tamén pode evolucionar, e tamén podese que artigos que non as cumplen queden porque non se pode controlar todo. Agora o que pode occurir é que nas linguas chamadas minoritarias, acetense artigos de xente ou doutros temas sen relevancia tan estrita porqué, cada lingua é un patrimonio da humanidade e é importante conservar na enciclopedia universal artigos polos que non dispoñemos immediatamente as fontes e a esplicaciòn que xustifique ainda cas outras wikis non o admitan aùn. Tamén pode occurrir nas wikis das linguas que non son minoritaris.
- En conclusion interpreto o que di Elisardo que ise exemplo1 non ten relevancia encicliopedica suficiente para calquera lingua. Podese que non teña razon nise exemplo1, pero penso que non se trata ca Galipedia non respete a universalidade.
- E concordo cas ultimas mensaxes de Atobar e HombreDHojalata --Elvira (conversa comigo) 17:00, 20 de maio de 2011 (UTC)
- Non vexo ningún problema, pois falamos de equipos profesionais. Na wikipedia en galego tratamos de ser imbatíbeis no que nos toca de preto, no noso, Galiza. Mais por suposto que isto non quita que sexa a galega unha lingua na que cabe todo e esta unha enciclopedia con tanta capacidade de medrar como calquera outra. Nese sentido, non pode haber ningún problema á hora de creares artigos de equipos profesionais brasileiros. O problema viría coa creación automática sen xeito, pero seica non é o caso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:38, 20 de maio de 2011 (UTC)
Elvira dixo: "ise exemplo 1 non ten relevancia encicliopedica suficiente para calquera lingua." Vexa en:Category:Campeonato Paulista, en:Category:Campeonato Pernambucano en lingua inglesa. it:Categoria:Campionato Carioca en lingua italiana. Elvira, será lamentable que as temporadas dos campionatos dos estados do Brasil non sexan notorias na Galipedia. Xa que son na Wiki-en, Wiki-it e Wiki-pt. Prowiki 05:57, 21 de maio de 2011 (UTC)
- ¿Lamentable? ¿Por que ía ser lamentable que os campionatos de futbol dos diferentes estados de Brasil (ou de calquera outro deporte en calquera outro país) non pasen a formar parte do acervo cultural enciclopédico? Persoalmente, e cinguíndome ós exemplos que se dan, non lles vexo relevancia enciclopédica ningunha. A Galipedia non vai ser mellor por conter estes artigos nin peor por carecer deles. O problema desta discusión é ter que recorrer a exemplos, que non nos deixan ve-lo bosque. Tampouco as comparacións con outras wikis (do estilo de se alí están ¿por que non aquí?. Como para min, o número de artigos non é un criterio de calidade, opino que non debemos entrar nesa dinámica e intentar manter certo un nivel de relevancia social, cultural, científica, histórica, etc. Pedro --Lameiro (conversa) 20:04, 21 de maio de 2011 (UTC)
- Teño visto algúns artigos sobre clubes brasileiros aínda que en fase de bosquexos e podo incluír información dos títulos caso desexen. E Elvira e outros, podo ata incluír as ligazóns de cada Federación estatal de fútbol de Brasil. MarceloRenard2 21:20, 21 de maio de 2011 (UTC)
- Non entendo moi ben o debate creado. Un club de fútbol profesional si ten relevancia enciclopédica, por moito que sexa, como sen dúbida o é, infinitamente menos interesante para nós o contarmos co artigo de equipo X da liga non sei canto do estranxeiro que co das Rías Baixas; mais se alguén o quere crear e se compromete a lle dar o formato esixido, adiante co choio. Coido ademais que ningún dos galipedistas habituais dubidamos da primacía da calidade sobre a cantidade en gl.wiki; con todo e iso, se un usuario, para o caso Prowiki, quere crear artigos de equipos profesionais brasileiros, non sei que problema pode haber en que así o faga. Proba disto é que esta parolada que estamos a botar existe só porque nos comentou a xogada antes de facela, outramente xa habería artigos de clubs brasileiros e todos tan tranquilos. --Atobar (conversa comigo) 22:18, 21 de maio de 2011 (UTC)
- Ninguén critica o proceder de Prowiki. Antes ó contrario, cómpre agradecerlle que, quizais involuntariamente, levantase a lebre sobre un tema do que nunca chegamos a quitar conclusións: ¿qué é o criterio enciclopédico? ¿Onde pomos o linde? O debate non é irrelevante e canto antes resolvamos este tema, menos precendentes haberá establecidos. Aínda máis: é ben probable que xa cheguemos tarde á decisión do que ten ou non contdo enciclopédico. Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 21 de maio de 2011 (UTC)
- Atobar, non digo que sexa imposible crear un artigo deste porte. Quizais, por eu ser brasileiro eu poida simpatizar pola idea e axudar e non cuestiono se un usuario galego ou doutra nacionalidade pode face-lo. Mentres temos que coidar que o artigo ten un mínimo de referencias para dar veracidade da súa información. MarceloRenard2 22:36, 21 de maio de 2011 (UTC)
- Aclaración Non dixen : "ise exemplo 1 non ten relevancia encicliopedica suficiente para calquera lingua." pero dixen :En conclusion interpreto o que di Elisardo que ise exemplo1 non ten relevancia encicliopedica suficiente para calquera lingua. Podese que non teña razon nise exemplo1, pero penso que non se trata ca Galipedia non respete a universalidade.
Segunda conclusion : estamos abrindo un debate que non ten porque estar eiqui. Para min non hai problema para crear ise artigo, tal como dito en particular por Atobar : creacion manual, con respeto dos formatos da Galipedia. Elvira (conversa comigo) 01:58, 22 de maio de 2011 (UTC)
(Conflito de edición) Por onde eu tiraba era polo tema da relevancia. ¿Son relevantes tódolos campionatos de tódolos deportes de tódalas categorías de tódolos anos dun país?. Está claro que non, que as wikis teñan un ámbito universal non quere dicir que se poda facer un artigo sobre calquera cousa. E por suposto que a Galipedia ten un ámbito universal e acepta todo tipo de artigos, pero sempre que sexan relevantes.
Outra cousa é o que apunta Elvira, a relevancia tamén depende do ámbito territorial e cultural no que están integradas as wikis e que teñen que ter en conta, e dentro dese ámbito penso que cada unha pode desenrolarse ó seu xeito. Eu coido que o Campeonato Goiano de Fútbol de 2003 non é relevante para a Galipedia, iso con poñer os 3 datos que ten nunha tabla no artigo Campeonato Goiano de Fútbol (si é que ese artigo é relevante, eu non o sei xa que non controlo das ligas de fútbol de Brasil) vai que chuta e mete gol, outra cousa é que sexa relevante en wp:pt, iso teñen que decidilo eles. Por iso dicía que eses artigos habería que facelos con sentidiño, si todos os artigos van ser coma ese eu coido que non se deberían facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:31, 22 de maio de 2011 (UTC)
"Eu coido que o Campeonato Goiano de Fútbol de 2003 non é relevante para a Galipedia". Entón non vou crear os artigos. Saúdos. Prowiki 03:33, 22 de maio de 2011 (UTC)
- Non sei o que podese pensar da tùa decision. Pero esta claro : todo o dito para contestar a tùa pregunta non che impide de crear artigos na Galipedia, incluido o Campeonato Goiano de Fútbol de 2003 . Hasta Elisardojm cando di "Eu coido que o Campeonato Goiano de Fútbol de 2003 non é relevante para a Galipedia", eso sò implica que na marxe que ten cada wiki para desenrolarse ao seu xeito, e tendo en conta que non se fixo regra na Galipedia sobre a relevancia dise tema, poìs é posible que Elisardojm faga unha proposta de borrado para ca comunidade decida. Penso que é contrario as normas Wikimedia de darlle a un usuario a garantia de acetar o nome da comunidade un artigo de anticipio. Niste caso sempre se lle da consellos. Eiqui tiveches o suficiente para crear artigos, colaborar e ser benvido, e un pouco maìs xa que sabes que para un usuario o Exempl1 non é relevante para a Galipedia. Saùudos--Elvira (conversa comigo) 01:36, 25 de maio de 2011 (UTC)
Elvira, non vou crear artigos para correr o risco de, máis tarde, velos borrado. As temporadas dos campionatos estatais de Brasil son notorias, non só na wikipedia en portugués como tamén na Wiki en español, inglés, italiano, alemán, polaco, e moitas outras. Pero vexo que aquí na Galipedia elas corren risco de ser borradas, xa que hai un usuario que se manifestou contrario. Por iso quixen preguntar antes de crear. Menos mal que fixen iso, pois ía estar moi irritado de ter o traballo de crear para despois alguén indicar para eliminación.
Aínda que eu nunca asistira un xogo de hoquei no xelo na miña vida, xa creei centos de artigos sobre este deporte e estou a traballar para facer un artigo dun xogador que xa morreu hai case 100 anos, que eu non o coñecía, para ser artigo destacado. Iso é universalidade! É dicir, non importa se o tema é habitual para lusófonos, importa se é importante en termos universais. Ese é o espírito de todos os grandes Wikipedias, como a en portugués, e é o que falta na Galipedia, polo menos ao editor Elisardojm.
Reflictan sobre iso. Saúdos. Prowiki 14:40, 30 de maio de 2011 (UTC)
- Déixate de tanto "reflectir" e de tanto "irritar" (por empregar as mesmas palabra que empregaches ti). Se queres colaborar na Wikipedia, en galego, ou en ruso, faino, e se non queres non o fagas. Ninguén cho prohibe. Perdes muito tempo e adicas muito esforzo a crear polémicas inexistentes--. HombreDHojalata.conversa 18:33, 30 de maio de 2011 (UTC)
- Efectivamente. Se queres crear os artigos, adiante. E se non queres, a outra cousa, ti e todos nós. --Atobar (conversa comigo) 19:59, 30 de maio de 2011 (UTC)
Petición de Patrimonio da Humanidade para Wikipedia
editarNesta páxina estase cocendo unha petición de Patrimonio da Humanidade para o proxecto da Wikipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:24, 26 de maio de 2011 (UTC)
- Graciñas polo aviso, Elisardo; Mandei o texto en galego, a ver se o poñen en breve. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:23, 10 de xuño de 2011 (UTC)
Compañeiros, estamos a dous días de cambiar de portada e non hai consenso suficiente para o artigo destacado. Animádevos, colaborade participando nas propostas existentes e/ou facendo algunha nova. Esgótasenos o tempo--. HombreDHojalata.conversa 06:13, 29 de maio de 2011 (UTC)