A Relíquia é unha novela do escritor portugués Eça de Queirós, publicada en 1887. O autor deulle como subtítulo, a agora célebre frase sobre a nudez forte da verdade – o manto diáfano da fantasía.

A Relíquia
Autor/aJosé Maria Eça de Queirós
OrixePortugal
Lingualingua portuguesa
Data de pub.1887
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A Relíquia comeza coa presentación do narrador e protagonista da historia, Teodorico Raposo, que busca explicar ao lector o que o motivou a escribir as súas memorias. A principal motivación está no feito de que tanto el como o seu cuñado, Crispim, coinciden en que aquelas memorias conteñen “unha lección lúcida e forte” da vida, que son merecedoras da inmortalidade que só “a literatura propicia”. A narración concéntrase nunha viaxe feita por Teodorico a Exipto e a Palestina, logo dunha decepción amorosa. Buscando fuxir do modelo de “guía de viaxe”, Teodorico cóntanos con suposta “sobriedade e sinceridade” os sucesos que provocaron mudanzas significativas na súa vida, principalmente no que atinxe á herdanza que supuña merecer.

"Decidi compor, nos vagares deste verão, na minha quinta do Mosteiro (antigo soar dos condes de Lindoso), as memórias da minha vida - que neste século, tão consumindo pelas incertezas da intelixencia e tão angustiado pelos tormentos do dinheiro, encerra, penso eu e pensa meu cunhado Crispim, uma lição lúcida e forte.
Em 1875, nas vésperas de Santo Antonio, uma desilusão de incomparável amargura abalou o meu ser; por esse tempo minha tia, D.Patrocínio das Neves, mandou-me do Campo de Santana onde morávamos, em romagem a Jerusalém; dentro dessas santas muralhas,num dia abrasado do mês de Nizam, sendo Poncio Pilatos procurador da Judéia, Élio Lama, Legado Imperial da Síria, e J. Cairás, Sumo Pontífice, testemunhei, miraculosamente, escandalosos sucessos;(...)"
A Relíquia (1887)

Na realidade a narrativa de Teodorico ten outro obxectivo, a saber, procurar unha corrección no libro que o seu amigo letrado, Topsius, que participara daquela viaxe, escribira sobre Xerusalén. Naquela obra, titulada “Jerusalém Passeada e Comentada”, Topsius afirmaba que Teodorico levaba en dous embrullos de papel os “restos dos seus antepasados”. Tal afirmación preocupaba a Teodorico en relación á burguesía local, xa que iso podería acarrexar problemas para o seu futuro, porque só por medio da burguesía se tiña aceso ás “coisas boas da vida”. Teodorico desexaba explicar a natureza e o verdadeiro contido daqueles paquetes.

Teodorico acaba por nos contar non só o que sucedera na malfadada viaxe senón tamén varios aspectos relativos á súa vida anteriores á viaxe, como por exemplo a historia do encontro dos seus pais, ou tamén, o momento posterior á viaxe no que se decidiu pola escrita das súas experiencias de vida.

Teodorico comeza por nos falar de seu avó paterno, Rufino da Conceição, sacerdote, teólogo e autor dunha obra chamada Duma Devota Vida de Santa Filomena. Despois preséntanos á súa avoa, Filomena Raposo, doceira, coñecida por Repolhuda, que vivía en Évora co fillo, Rufino da Assunção Raposo, afillado de Nosa Señora da Asunción e pai de Teodorico.

Rufino traballaba no correo e escribía, de cando en vez, no periódico Farol do Alentejo. En 1853, durante a visita dun importante bispo a Évora (Gaspar de Lorena), Rufino escribiu un artigo laudatorio á presenza de “tão insigne prelado” e con iso gañou a simpatía do bispo. Simpatía que aumentou aínda máis cando o bispo soubo que Rufino era “afillado carnal” do Padre Rufino da Conceição, o seu amigo de estudos no seminario. O Bispo agasallou ao pai de Teodorico cun reloxo de prata e o nomeou “escandalosamente, director da alfândega de Viana”.

Traballando en Viana, o pai de Teodorico coñeceu un rico cabaleiro de Lisboa, o comendador G. Godinho, que pasaba o verán na súa quinta, o Mosteiro, con dúas sobriñas: a devota Dona María do Patrocínio e a gordiña e trigueira Dona Rosa. Rufino da Conceição habituouse a tocar a súa viola para Dona Rosa e o amor entre os dous non tardou en chegar. Así, namóranse e casan.

Teodorico entón cóntanos que el naceu nunha tarde de venres da paixón e que Dona Rosa, a súa nai, morreu na mañá seguinte, sábado de aleluia. Foi criado polo pai, distante do avó materno, o influente comendador G. Godinho e da súa tía, Dona María do Patrocínio. O avó materno do neno morreu despois dalgúns anos e pouco tempo despois, seu pai, de modo que quedou orfo de pai e nai. Aos sete anos, a súa tía, Dona María do Patrocínio mandou un empregado, o Sr. Matias, buscar o pequeno Teodorico a Viana.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar