Abrir o menú principal

O Crime do Padre Amaro

O Crime do Padre Amaro é unha das obras do escritor portugués Eça de Queirós máis difundidas por todo o mundo. Trátase dunha obra polémica, que causou protestas da Igrexa católica, cando foi publicada en 1875, en Portugal. é considerada un documento humano e social do país e da súa época e tamén a primeira realización artística do realismo portugués. Eça de Queirós aproveitou a súa condición de administrador do concello de Leiria para, durante seis meses, coñecer e estudar o que sería o escenario da súa obra.

ArgumentoEditar

Trata do romance entre Amaro e a nova rapariga Amélia, que xorde nun ambiente no que o propio papel da relixión está sometido a discusión e a moralidade de cada un é posta a proba. Namentres a tráxica historia de amor se desenvolve, personaxes secundarios manteñen instigadores debates sobre o papel da fe.