Información Babel do usuario
gl Este usuario é galegofalante.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
it-3 Quest'utente può contribuire con un Italiano di livello avanzato.
en-2 This user can contribute with an intermediate level of English.
ca-2 Aquest usuari pot contribuir amb un nivell mitjà de català.
Procurar usuarios por lingua

Ola! Son Turonio, concretamente turonián. Nado en Turonio. Cheguei a estes lares por peripecias casuais da vida en Agosto de 2006 e non sei canto estarei por estes lares.

Que sexa para ben!


Son unha persoa interesada na lingua e na súa correción. Falar con propiedade non significa facelo como espello da escrita, á miña maneira de ver.

Estou desexando que se publique por fin un dicionario galego dotado de contidos fonéticos para todas as súas entradas. Non é certo que o noso sistema vocálico comprende 7 fonemas diferentes?

Pois por qué non temos unha normas claras para que as persoas que adquiren o noso idioma como segunda lingua ou lingua extranxeira teñan que ir inventando onde van semiabertas e onde van semipechadas?

Normalmente pregúntanche de onde es para dicirte como tes que pronunciar pero se naceches en Palermo, Madrid ou Capetón... Cómo debo dicir "sogro", coa tónica semiaberta (trazo oriental) ou coa tónica semipechada (trazo occidental)?

Gramática prescritiva para falantes nativos non, pero os neofalantes non teñen que suplir coa súa imaxinación (ou estudando unha filoloxía) as inexactitudes actuais dos nosos métodos de aprendizaxe.

  • Se non podemos ensinar ben a nosa lingua, a nosa lingua non vale para nada.
Este usuario apoia o recoñecemento oficial da Nación Galega.